Nana Akufo-Addo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nana Akufo-Addo
Nana Akufo-Addo 2017-06-07.jpg
Nacemento29 de marzo de 1944
Lugar de nacementoAccra
NacionalidadeGhana
Relixióncristianismo
Alma máterNew College, Universidade de Gana, Lancing College e City University
Ocupacióndiplomático, avogado e político
PaiEdward Akufo-Addo
CónxuxeRebecca Akufo-Addo
FillosValerie Obaze, Gyankroma Akufo-Addo, Adriana Dukua Akufo-Addo, Edwina Nana Dokua Akufo-Addo e Yeboakua Akufo-Addo
PremiosOrder of the Volta, Grand Cross of the National Order of the Lion, Order of the Pioneers of Liberia, Order of the Mohammedi, Grand Cross of the National Order of the Ivory Coast e Order of Excellence of Guyana
editar datos en Wikidata ]

Nana Akufo-Addo, nado en o Accra o 29 de marzo de 1944, é un político ghanés, actual presidente de Ghana desde 2017.[1] Anteriormente, foi procurador xeral de 2001 a 2003 e ministro de Relacións Exteriores de 2003 a 2007,[2] so a administración liderada polo presidente John Kufuor.

Eleccións presidenciais[editar | editar a fonte]

Nana Addo concorreu por primeira vez á presidencia en 2008 e novamente en 2012, ambas como candidato do Novo Partido Patriótico (NPP), mais foi derrotado en ambas as ocasións polos candidatos do Congreso Nacional Demócrata: John Atta Mills en 2008 e John Dramani Mahama en 2012, despois da morte de Mills.[3] Foi escollido como candidato presidencial do Novo Partido Patriótico por terceira vez para as eleccións xerais de 2016 e desta vez, conseguiu derrotar o presidente titular John Dramani Mahama na primeira rolda, vencendo co 53,85% dos votos,[4] que foi a primeira vez nunha elección presidencial ghanesa que un candidato gañase por maioría absoluta na primeira quenda.[5]

O 4 de decembro de 2019 Akufo-Addo anunciou a súa candidatura á reelección en 2020; enfrontándose co expresidente John Dramani Mahama, sendo a terceira vez que Akufo-Addo e Mahama se enfrontaban nunhas eleccións, obtendo de novo a maioría absoluta na primeira volta das eleccións, co 51,59% dos votos.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nana Akufo Addo Is the New President for Ghana – Here’s His Inauguration Speech". www.ghanastar.com. 7 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  2. "Nana Addo Dankwa Akufo-Addo, Presidential Candidate". www.ghanaweb.com. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  3. "Nana Akufo-Addo". www.akufoaddo2012.com. Consultado o 31 de agosto de 2013. 
  4. "Ghana state television: President John Mahama has conceded defeat to longtime opposition leader". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  5. "Ghana: Akufo-Addo wins presidential election". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  6. Frimpong, Enoch Darfah. "Akufo-Addo elected president of Ghana for second term with 51.59 per cent of valid votes cast". Graphic Online (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  7. Dontoh, Ekow; Dzawu, Moses Mozart (8 de decembro de 2020). "Ghana's President Akufo-Addo Wins Second Term by Slim Margin". Bloomberg News. Consultado o 8 de decembro de 2020. 
Predecesor:
John Dramani Mahama
Presidente de Ghana
2017 - presente
Sucesor:
-