Parlamento do Reino Unido
O Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte é a institución lexislativa suprema no Reino Unido e nos Territorios Británicos de Ultramar (os cales só teñen Soberanía parlamentaria). Á cabeza está o Soberano. É bicameral, incluíndo unha Cámara alta, chamada Cámara dos Lores, e unha Cámara baixa, chamada Cámara dos Comúns do Reino Unido.
A Cámara dos Lores inclúe dous diferentes tipos de membros: Os Lores Espirituais (os clérigos sénior da Igrexa de Inglaterra) e os Lores Temporais (membros da nobreza). Os membros desta cámara son elixidos pola nobreza, antes eran herditarios, pero na actualidade só dous postos son herditarios. Doutra banda, os membros da Cámara dos Comúns son elixidos democraticamente. A Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns reúnense en Salóns separados no Palacio de Westminster (comunmente coñecido como as Cámaras do Parlamento), en Londres a capital británica (máis precisamente, no municipio; e cidade;coñecida como Cidade de Westminster). Por convención constitucional, todos os ministros de goberno, incluíndo ao Primeiro Ministro son elixidos dende a Cámara dos Comúns ou da Cámara dos Lores.
O Parlamento desenvolveuse a partir do antigo concilio que aconsellaba ao Soberano. En teoría, o poder non é do Parlamento senón da Raíña "Queen-in-Parliament" ou do Rei ("King-in-Parliament"). A miúdo dise que a Raíña ten autoridade soberana, con todo esta posición é debatible. Nos tempos modernos, o poder real está nas eleccións democráticas das Cámara dos Comúns. O Soberano actúa só como unha figura decorativa e os poderes da Cámara dos Lores están amplamente limitados.
O Parlamento Británico é a miúdo chamado a "Nai dos Parlamentos", dado que os poderes lexislativos de moitas nacións; os máis destacados, son os membros da Commonwealth; adoptaron este modelo. Con todo, esta é unha frase de John Bright, quen remarcou o 18 de xaneiro de 1865 que "Inglaterra é a Nai dos Parlamentos" no contexto de apoiar as demandas para os dereitos ao voto nun país que iniciara o goberno parlamentario.
Notas[editar | editar a fonte]
- Blackstone, Sir William. (1765). Commentaries on the Laws of England. Oxford: Clarendon Press.
- Davies, M. (2003). Companion to the Standing Orders and guide to the Proceedings of the House of Lords, 19th ed.
- Farnborough, Thomas Erskine, 1st Baron. (1896). Constitutional History of England since the Accession of George the Third, 11th ed. Londres: Longmans, Green and Co.
- "Parliament." (1911). Encyclopædia Britannica, 11th ed. Londres: Cambridge University Press.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parlamento do Reino Unido ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- O Parlamento do Reino Unido. Sitio web oficial.
- O Parlamento do Reino Unido. Parlamento en Live.
- The British Broadcasting Corporation. (2005). "A–Z of Parliament."
- The Guardian. (2005). "Special Report: House of Commons."
- The Guardian. (2005). "Special Report: House of Lords."
- Parliamentary procedure site at Leeds University
- Obras de the Parliament of the United Kingdom no Proxecto Gutenberg