Saltar ao contido

Comunidade Económica dos Estados da África Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Comunidade Económica dos Estados da África Occidental
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Westafrikanische Wirtschaftsgemeinschaft Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Economic Community of West African States
Communauté économique des États de l’Afrique de l’Ouest
Comunidade Económica dos Estados da África Ocidental Editar o valor en Wikidata
 Campo de traballo
Implicados
 Presidente/a
Bola Tinubu 9 de xullo de 2023
Umaro Sissoco Embalo 3 de xullo de 2022 - 9 de xullo de 2023
Nana Akufo-Addo 2 de xuño de 2020 - 3 de xullo de 2022
Mahamadou Issoufou 29 de xuño de 2019 - 2 de xuño de 2020
Muhammadu Buhari 31 de xullo de 2018 - 29 de xuño de 2019
Faure Gnassingbé 4 de xuño de 2017 - 31 de xullo de 2018
Ellen Johnson-Sirleaf 4 de xuño de 2016 - 4 de xuño de 2017
Macky Sall 19 de maio de 2015 - 4 de xuño de 2016
John Dramani Mahama 17 de febreiro de 2013 - 19 de maio de 2015
Alassane Ouattara 17 de febreiro de 2012 - 17 de febreiro de 2013
Goodluck Jonathan 18 de febreiro de 2010 - 16 de febreiro de 2012
Umaru Musa Yar'Adua 19 de decembro de 2008 - 18 de febreiro de 2010
Blaise Compaoré 19 de xaneiro de 2007 - 19 de decembro de 2008
Tandja Mamadou 19 de xaneiro de 2005 - 19 de xaneiro de 2007
John Kufuor 31 de xaneiro de 2003 - 19 de xaneiro de 2005
Abdoulaye Wade 21 de decembro de 2001 - 31 de xaneiro de 2003
Gnassingbé Eyadéma 1999 - 1999
Alpha Oumar Konaré 1999 - 21 de decembro de 2001
Abdulsalami Abubakar 9 de xuño de 1998 - 1999
Sani Abacha 27 de xullo de 1996 - 8 de xuño de 1998
Jerry Rawlings 1994 - 27 de xullo de 1996
Nicéphore Soglo (en) Traducir 1993 - 1994
Abdou Diouf 1992 - 1993
Dawda Kairaba Jawara 1991 - 1992
Blaise Compaoré 1990 - 1991
Dawda Kairaba Jawara 1989 - 1990
Ibrahim Babangida 27 de agosto de 1985 - 1989
Muhammadu Buhari 1985 - 27 de agosto de 1985
Lansana Conté 1984 - 1985
Ahmed Sékou Touré 1983 - 1984
Mathieu Kérékou 1982 - 1983
Siaka Stevens 1981 - 1982
Gnassingbé Eyadéma 1980 - 1981
Léopold Sédar Senghor 30 de setembro de 1979 - 31 de decembro de 1980
Olusegun Obasanjo 13 de setembro de 1977 - 30 de setembro de 1979
Gnassingbé Eyadéma 29 de xullo de 1975 - 13 de setembro de 1977
Yakubu Gowon 28 de maio de 1975 - 29 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata
 Secretario/a
Omar Touray 3 de xullo de 2022
Jean-Claude Kassi Brou (en) Traducir 1 de marzo de 2018 - 3 de xullo de 2022
Marcel Alain de Souza 4 de xuño de 2016 - 1 de marzo de 2018
Kadré Désiré Ouedraogo (en) Traducir 1 de marzo de 2012 - 4 de xuño de 2016
James Victor Gbeho (en) Traducir 18 de febreiro de 2010 - 1 de marzo de 2012
Mohammed Ibn Chambas (en) Traducir 1 de febreiro de 2002 - 18 de febreiro de 2010
Lansana Kouyaté (en) Traducir setembro de 1997 - 31 de xaneiro de 2002
Édouard Benjamin (en) Traducir 1993 - 1997
Abass Bundu (en) Traducir 1989 - 1993
Momodu Munu (en) Traducir 1985 - 1989
Aboubakar Diaby Ouattara (en) Traducir 1 de xaneiro de 1977 - 1985 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 En sociedade con
Datas
 Fundación / creación
28 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
Identificadores
VIAF149919603 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121833325 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0967f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Ecowas.Cedeao Twitter: ecowas_cedeao Youtube: UCJBEr-975-PKlVtgoms9Qvw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Membros no continente africano

A Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (en francés CEDEAO) é unha unión política e económica rexional da África Occidental. Colectivamente, estes países abranguen unha área de 5 114 162 km2 e unha poboación en 2015 de máis de 349 millóns de persoas.

Considerada un dos bloques rexionais da Comunidade Económica Africana, o seu obxectivo é acadar unha autosuficiencia colectiva para os seus membros creando un único bloque comercial amplo construíndo unha unión económica e de comercio plena. A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, en que se afirmou a misión de promover a integración económica da rexión. Unha versión revisada do tratado foi asinada o 24 de xullo de 1993 en Cotonou.

A Comunidade tamén serve como forza de mantemento da paz na rexión, e os membros envían ocasionalmente forzas militares conxuntas para intervir nos países do bloque en tempos de inestabilidade.[1][2]

O 28 de xaneiro de 2024, Níxer, Malí e Burkina Faso anunciaron a través dunha declaración conxunta que se retiraban da CEDEAO "sen demora",[3] un feito sen precedentes desde a creación da CEDEAO, alegando en particular a falta de axuda da organización ante o terrorismo e acusándoa de estar baixo o influencia de potencias estranxeiras.[4]

En febreiro de 2017, a Comunidade tiña quince membros; oito deles son de lingua oficial francesa, cinco de lingua inglesa e dous de lingua portuguesa. Todos os membros actuais foron membros fundadores, agás Cabo Verde, que ingresou en 1977.[5][6]

O único antigo membro da Comunidade é Mauritania, un dos membros fundadores en 1975, que decidiu abandonala en decembro de 2000.[5] Mauritania asinou en agosto de 2017 un acordo para converterse en membro asociado.[7]

Marrocos solicitou oficialmente o ingreso na Comunidade en febreiro de 2017.[8] A solicitude foi en principio aceptada na reunión dos xefes de estado en xuño de 2017,[9][10] mais finalmente o ingreso de Marrocos foi postergado.[11]

Malí foi suspendido o 30 de maio de 2021, tralo segundo golpe militar en nove meses.[12] Guinea tamén foi suspendida o 8 de setembro de 2021, pouco despois do golpe de estado que tivo lugar no país.[13][14] Establecéronse sancións a ambos os países o 16 de setembro.[15]

A Comunidade fomouse inicialmente por antigas colonias francesas, británicas e portuguesas e Liberia, tralo proceso de independencia da rexión que tivo lugar nas décadas de 1960 e 1970.

A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, que dispuxo a misión de promover a integración económica da rexión. O 24 de xullo de 1993 asinouse en Cotonou unha versión revisada do acordo.[16]

A Comunidade cobre unha área que foi coñecida como "cinto dos golpes" e desde a década de 1990 intentou defender o avance da rexión cara á democracia en contra dos ataques autoritarios. Porén, o grupo foi citado polas débiles e pouco efectivas respostas a principios da década de 2020, cando tres membros sufriron golpes de estados militares, dous en Malí, un intento en Níxer e un en Guinea.[13][14]

  1. Adeyemi, Segun (6 de agosto de 2003). "West African Leaders Agree on Deployment to Liberia". Jane's Defence Weekly. 
  2. "The 5 previous West African military interventions". Yahoo News. AFP. 20 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  3. "Mali, Burkina Faso and Niger quit ECOWAS – DW – 01/28/2024". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-01-28. 
  4. Brexit à l’africaine: la Cédéao ébranlée par le départ des pays sahéliens Consultado o 29 de xaneiro de 2024
  5. 5,0 5,1 Pazzanita, Anthony (2008). Historical Dictionary of Mauritania. Scarecrow Press. pp. 177–178. ISBN 978-0-8108-6265-4. 
  6. Odeyemi, Temitayo Isaac (2020). Oloruntoba, Samuel Ojo, ed. Regional Integration and the Political Economy of Morocco's Desire for Membership in the Economic Community of West African States (ECOWAS). Pan Africanism, Regional Integration and Development in Africa (en inglés) (Springer International Publishing). pp. 97–123. ISBN 978-3-030-34295-1. doi:10.1007/978-3-030-34296-8_6. 
  7. Okanla, Karim. "Like a magnet". D+C, Development and Cooperation. 
  8. "Afrique". Diplomatie.ma. 24 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019. 
  9. "Togolese president Faure Gnassingbe takes the reins of the ECOWAS Authority of Heads of State and Government". 7 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2017. 
  10. Odeyemi, Temitayo Isaac (2020). Oloruntoba, Samuel Ojo, ed. Regional Integration and the Political Economy of Morocco's Desire for Membership in the Economic Community of West African States (ECOWAS). Pan Africanism, Regional Integration and Development in Africa (en inglés) (Springer International Publishing). pp. 97–123. ISBN 978-3-030-34295-1. doi:10.1007/978-3-030-34296-8_6. 
  11. Imru AL Qays Talha Jebril (13 de febreiro de 2020). "Morocco-ECOWAS: Good intentions are not enough". Moroccan Institute for Policy Analysis. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2020. Consultado o 07 de novembro de 2021. 
  12. "ECOWAS suspends Mali over second coup in nine months". Al Jazeera. 31 de maio de 2021. Consultado o 12 de setembro 2021. 
  13. 13,0 13,1 Samb, Saliou; Eboh, Camillus; Inveen, Cooper (9 de setembro de 2021). Heritage, Timothy; Orlofsky, Steve; Pullin, Richard, eds. "West African leaders due in Guinea as post-coup calm pervades Conakry". Reuters. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 "West African leaders suspend Guinea from Ecowas following coup," 9 de setembro de 2021, BBC News, consultado o 9 de setembro de 2021
  15. Christian, Akorlie; Samb, Saliou; Felix, Bate; Inveen, Cooper; Prentice, Alessandra (17 de setembro de 2021). Cawthorne, Andrew; Choy, Marguerita; McCool, Grant, eds. "West African bloc resorts to sanctions over Guinea and Mali coups". Reuters. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  16. Odeyemi, Temitayo Isaac (2020). Oloruntoba, Samuel Ojo, ed. Regional Integration and the Political Economy of Morocco's Desire for Membership in the Economic Community of West African States (ECOWAS). Pan Africanism, Regional Integration and Development in Africa (en inglés) (Springer International Publishing). pp. 97–123. ISBN 978-3-030-34295-1. doi:10.1007/978-3-030-34296-8_6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]