Ove, Ribadeo
Ove | |
---|---|
Hórreo no núcleo da igrexa de Ove | |
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°31′00″N 7°03′00″O / 43.51666667, -7.05 |
Poboación | 366 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 34[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.
Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.
Historia
[editar | editar a fonte]A freguesía pertenceu á antiga Diocese de Britonia e figurou nun documento do ano 1128 baixo a nomenclatura de "Sanctus Joanne de Euve".[2] En canto a outros autores din que recibe o seu nome do río que a limita: Euve, o actual Eo que dá orixe á ría de Ribadeo, e co que compartiría o significado de 'auga corrente'.[3] A -u- de Euve converterase en -o- pola atracción da semiconsoante seguinte, o -v-, dando orixe ó nome evolucionado Eove. Ó estar normalmente precedida da preposición de, ...San Xoán de Eove..., prodúcese un falso corte do E- inicial e a súa desaparición, ó confundirse co -e da preposición de. Queda, pois, así a súa forma actual Ove ou Obe, xa que entre o -v- e o -b- prodúcese unha vacilación por betacismo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa é do século XVII, con retablo rococó no presbiterio, de dous corpos. Nas naves laterais, outros dous do mesmo estilo. Sufriu varias reformas posteriores. No lugar da Graña encóntrase a capela de Santo Estevo, cun retablo barroco dun corpo e tres fornelas; tamén se atopan as capelas de Santa Cruz, San Lázaro e Santo Estevo, e na aldea da Frieira está a capela de Santa Lucia.
Da prehistoria conserva o Castro das Cárcovas, na Capela.[4]
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais de Ove celébranse o día 24 de xuño, na honra a San Xoán.
Tamén é moi coñecida a Festa de Santa Cruz na honra da Virxe da capela do monte, o 25 de abril. Antigamente a romaría adoitábase facer no monte do mesmo nome onde unha procesión, ademais dos penitentes de peregrinos acoden a realizar a coñecida Xira da Santa Cruz (que na actualidade se fai o primeiro Domingo de agosto e se lle atribúe á parroquia de Ribadeo); porén esta parroquia acostuma facer a Xira homenaxe á Gaita, que está declarada de interese turístico.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Santa Cruz, Ove, Ribadeo, 'Portas ao campo'
-
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Vilaoudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ove
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ove no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
As Aceñas | Acevedo | A Capela | As Casas Novas | O Chao de Ove | O Covo | A Eirexa | A Escaleira | A Estación | A Faxarda | Frieira a Nova | Frieira a Vella | Os Garitos | A Graña | Grañol | Os Guildeiros | Os Malatos | Ove | A Palmeira | Pastoriza | A Pega | Reme | O Río de Ove | O Río de Ramos | Río Pequeno | San Lázaro | Santa Cruz | Seixadelo | As Travesas de Ove | O Valín | A Veigadaira | Vilar | A Vilavella | O Xardín |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf
- ↑ Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.