Xogos Olímpicos de 1908: Diferenzas entre revisións
Liña 32: | Liña 32: | ||
* Por primeira vez, na cerimonia de apertura os atletas desfilaron por estados, visto que a maioría dos países enviou equipos nacionais. |
* Por primeira vez, na cerimonia de apertura os atletas desfilaron por estados, visto que a maioría dos países enviou equipos nacionais. |
||
[[Ficheiro:Dorando Pietri.jpg|200px|dereita|miniatura|[[Dorando Pietri]] na chegada do [[maratón (atletismo)|maratón]] dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.]] |
[[Ficheiro:Dorando Pietri.jpg|200px|dereita|miniatura|[[Dorando Pietri]] na chegada do [[maratón (atletismo)|maratón]] dos Xogos Olímpicos de Londres de 1908.]] |
||
* O italiano [[Dorando Pietri]] protagonizou o máis dramático momento destes Xogos, que a historia preservou como a maior lembranza dos Xogos de [[Londres]] de [[1908]], ó vencer completamente exhausto e desorientado ao [[maratón (atletismo)|maratón]] e ser desclasificado logo, por ser axudado a cruzar a liña de chegada polos fiscais de pista, caíndo desmaiado a seguir. A [[fotografía]] que eternizou o momento da súa chegada é considerada o primeiro |
* O italiano [[Dorando Pietri]] protagonizou o máis dramático momento destes Xogos, que a historia preservou como a maior lembranza dos Xogos de [[Londres]] de [[1908]], ó vencer completamente exhausto e desorientado ao [[maratón (atletismo)|maratón]] e ser desclasificado logo, por ser axudado a cruzar a liña de chegada polos fiscais de pista, caíndo desmaiado a seguir. A [[fotografía]] que eternizou o momento da súa chegada é considerada o primeiro gran [[símbolo]] fotográfico dos deportes no [[século XX]]. |
||
* Nestes Xogos, o [[maratón (atletismo)|maratón]] foi disputada por primeira vez na distancia de 42.195 m -que se mantén até hoxe- para que a familia real puidese acompañar a saída da proba dos xardíns do Palacio de Verán, facendo así que a distancia a ser percorrida polos maratonistas, gañase máis 2.195 m alén dos 40 kms orixinais. |
* Nestes Xogos, o [[maratón (atletismo)|maratón]] foi disputada por primeira vez na distancia de 42.195 m -que se mantén até hoxe- para que a familia real puidese acompañar a saída da proba dos xardíns do Palacio de Verán, facendo así que a distancia a ser percorrida polos maratonistas, gañase máis 2.195 m alén dos 40 kms orixinais. |
Revisión como estaba o 4 de agosto de 2014 ás 00:48
Xogos da IV Olimpíada | |
---|---|
Londres 1908 | |
Estados Participantes | 22 |
Atletas | 2008 |
Eventos | 110 en 22 deportes |
Cerimonia de Apertura | 13 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 31 de outubro |
Apertura oficial | Rei Eduardo VII |
Local | Estadio White City |
Despois da realización dos xogos intermedios de 1906 en Grecia, considerados non oficiais e que non tiveron os seus resultados computados polo Comité Olímpico Internacional, os Xogos da IV Olimpíada foron realizados en Londres, Gran Bretaña, entre o 27 de abril e o 31 de outubro de 1908. Orixinalmente deberían ter sido realizados en Roma, mais unha erupción do volcán Vesuvio obrigou ás autoridades italianas a usar todos os seus recursos económicos para combater os efectos da traxedia e a desistir de albergar os Xogos, que acabaron por ser transferidos á capital británica.
Considerados os primeiros Xogos realmente ben organizados para un evento desta envergadura, despois dos fracasados e improvisados Xogos de París e Saint Louis, a pesares de ter novamente a súa duración alongada por máis de seis meses, obtiveron o empeño persoal do Rei de Inglaterra para a súa realización e se desenvolveron no primeiro complexo olímpico construído, o Shepperd’s Bush Stadium, en White City, suburbio de Londres, con capacidade para cen mil espectadores e que constaba de estadio de fútbol, pista de atletismo, piscina, pista de ciclismo e instalacións para a ximnasia e a loita.
Inaugurados polo Rei Eduardo VII, os Xogos tiveron a participación de 22 estados e 2.008 atletas, entre eles 37 mulleres, que disputaron probas en tres deportes diferentes: tenis, ximnasia e patinaxe no xeo, embrión dos futuros Xogos de Inverno, do total de 24 modalidades. Foi nestes Xogos nos que Gran Bretaña, por primeira e única vez, liderou o cadro de medallas nunha olimpíada, nun total de 145 sendo 56 de ouro, máis do dobre dos seus entón máis férreos adversarios, os norteamericanos.
Curiosidades
- Por primeira vez, na cerimonia de apertura os atletas desfilaron por estados, visto que a maioría dos países enviou equipos nacionais.
- O italiano Dorando Pietri protagonizou o máis dramático momento destes Xogos, que a historia preservou como a maior lembranza dos Xogos de Londres de 1908, ó vencer completamente exhausto e desorientado ao maratón e ser desclasificado logo, por ser axudado a cruzar a liña de chegada polos fiscais de pista, caíndo desmaiado a seguir. A fotografía que eternizou o momento da súa chegada é considerada o primeiro gran símbolo fotográfico dos deportes no século XX.
- Nestes Xogos, o maratón foi disputada por primeira vez na distancia de 42.195 m -que se mantén até hoxe- para que a familia real puidese acompañar a saída da proba dos xardíns do Palacio de Verán, facendo así que a distancia a ser percorrida polos maratonistas, gañase máis 2.195 m alén dos 40 kms orixinais.
- Debido ás protestas da delegación dos Estados Unidos, que se recusou a aceptar a anulación da primeira proba dos 400m lisos no Atletismo e a disputar nova carreira, o inglés Whyndam Halswelle conquistou a medalla de ouro desta proba correndo só.
- Os arqueiros Charlotte Dod e William Dod, foron os primeiros irmán e irmá en recibiren medallas olímpicas.
- Oscar Swahn, entón con sesenta anos, foi o atleta máis vello en gañar unha medalla de ouro, na competición de tiro.
- O norteamericano Ray Ewry gañou, por terceira vez, as probas de salto de altura e salto en distancia sen impulso (modalidade que xa non existe), manténdose até a data no único atleta en gañar oito medallas de ouro só en probas individuais.
- Nunha demostración do espírito deportivo dos Xogos Olímpicos, a final de loita greco-romana entre Frithiof Martensson e Mauritz Andersson foi adiada para permitir que Martensson se recuperase dunha pequena lesión. Martensson acabaría por gañar a final.
Modalidades disputadas
Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Reino Unido | 56 | 51 | 38 | 145 |
2 | Estados Unidos | 23 | 12 | 12 | 47 |
3 | Suecia | 8 | 6 | 11 | 25 |
4 | Francia | 5 | 5 | 9 | 19 |
5 | Alemaña | 3 | 5 | 6 | 14 |
6 | Hungría | 3 | 4 | 2 | 9 |
7 | Canadá | 3 | 3 | 10 | 16 |
8 | Noruega | 2 | 3 | 3 | 8 |
9 | Italia | 2 | 2 | 0 | 4 |
10 | Bélxica | 1 | 5 | 2 | 8 |