Saltar ao contido

Marqués de Sade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Donatien Alphonse François de Sade»)
Modelo:BiografíaMarqués de Sade

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Donatien-Alphonse-François Sade Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1740 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1814 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Saint-Maurice, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza infecciosa Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCharenton asylum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMarqués de Sade
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÉtica, estética, filosofía política, Prosa e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, dramaturgo, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoIlustración Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoErotismo, filosofía, Prosa e ficción gótica Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosofía occidental Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente xeneral Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaSade family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRenée-Pélagie de Sade Editar o valor en Wikidata
FillosLouis-Marie de Sade, Armand de Sade, Madeleine Laure de Sade Editar o valor en Wikidata
PaisJean-Baptiste de Sade Editar o valor en Wikidata  e Marie Eleonore de Maillé Editar o valor en Wikidata
Condenado porsodomía Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSmall Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0211381 Allocine: 37063 Allmovie: p314485
BNE: XX988739 Bitraga: 1746 Musicbrainz: 2df4165a-731c-4433-a7c2-c965d0035a1e Discogs: 755410 WikiTree: De_Sade-2 Find a Grave: 17315316 Editar o valor en Wikidata
Retrato do Marqués de Sade por Charles-Amédée-Philippe van Loo (1761).

Donatien Alphonse François de Sade, máis coñecido polo seu título de Marqués de Sade e chamado polos seus admiradores "o Divino Marqués". Naceu en París o 2 de xuño de 1740, e morreu en Charenton-Saint-Maurice, Val-de-Marne, o 2 de decembro de 1814. Foi un aristócrata, escritor e filósofo francés, autor de varias novelas que aúnan os relatos pornográficos coa exposición dun sistema filosófico materialista e ateo. A súa filosofía é a da liberdade extrema, sen o freo da moral, a relixión ou as leis, coa busca do pracer persoal como principio máis elevado. Escribiu a maior parte das súas obras durante os 29 anos da súa vida que pasou en prisión. Do seu nome procede a palabra sadismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Imperioso, colérico, irascible, extremo en todo, cunha imaxinación disoluta como nunca se viu, ateo ó punto do fanatismo, aí me teñen nunha casca de noz... Mátenme de novo ou tómenme como son, porque non cambiarei.
Última Vontade e Testamento
Marqués de Sade

Infancia e adolescencia

[editar | editar a fonte]

Sade naceu no Hôtel Condé en París, no seo dunha antiga familia aristocrática. Era fillo do conde Jean-Bastiste François Joseph de Sade e da súa esposa, Marie-Eléonore de Maillé de Carman, dama de compañía da princesa de Condé. Educouse na Provenza, na abadía de Saint Léger d'Ebruil baixo a tutela do seu tío, o abade de Sade, erudito e libertino, biógrafo de Petrarca e correspondente de Voltaire, que máis tarde sería arrestado nun bordel. En 1750 regresou a París, onde estudou no Instituto Louis-le-Grand, dirixido polos xesuítas e dedicado especialmente ós fillos de aristócratas. Seguiu a carreira militar e participou na guerra dos Sete Anos, onde acadou o grao de capitán. Foi desmobilizado en marzo de 1763, instalándose no castelo familiar, en Lacoste (Vaucluse). Quixo casar coa señorita de Laurais, castelá de Vacqueyras, pero a súa familia opúxose e arranxou o seu matrimonio, o 17 de maio de 1763, con Renée-Pélagie de Montreuil, filla dun rico maxistrado con poderosas relacións na corte. O matrimonio tivo dous fillos, Louis-Marie e Donatien-Claude-Armand, e unha filla, Madeleine-Laure.

Escándalos e encarceramento

[editar | editar a fonte]

Nos anos seguintes protagonizou unha vida de libertinaxe, con repetidos abusos a prostitutas mozas e empregados de ambos sexos no seu castelo en Lacoste, en ocasións incluso coa axuda da súa esposa. O seu comportamento caprichoso incluía un amorío coa irmá da súa esposa, que fora vivir ó castelo.

Só cinco meses despois do matrimonio, o 29 de outubro de 1763, foi encarcerado por primeira vez, no castelo de Vincennes por excesos nun prostíbulo. Quedou en liberdade quince días despois, pero foi obrigado a instalarse fóra de París, no castelo de Échaffars, en Normandía, propiedade da familia da súa esposa. Regresou a París en 1764. Durante os anos seguintes tivo varias amantes.

En 1767 morreu o seu pai, legándolle varios feudos, así como o título de conde de Sade. Porén, preferiu seguir utilizando o seu título de marqués, que xa fora utilizado pola súa familia, aínda que nunca se constituíu legalmente o marquesado de Sade. O seu primeiro fillo, Louis-Marie, naceu o 27 de agosto dese ano. Por entón a súa reputación de libertino estaba xa solidamente establecida, e era obxecto de vixilancia policial desde 1764.

En 1768 foi acusado pola mendiga Rose Keller de atraela con enganos á súa casa de Arcueil, onde a flaxelou. Sade foi retido no castelo de Saumur, desde onde foi despois trasladado a Pierre-Encise, cerca de Lión e, posteriormente, á Conciergerie de París. Estivo en prisión uns tres meses.

Despois dun episodio en Marsella, onde varias prostitutas foron intoxicadas coa supostamente afrodisíaca mosca española (ninguén morreu), foi sentenciado a morte por sodomía e envelenamento en 1772 pero fuxiu a Italia. Foi executado en efixie en Aix-en-Provence o 12 de setembro. Volveu ser detido pouco despois, o 8 de decembro, en Chambéry (Savoia) —entón parte do reino de Sardeña— por orde do rei de Sardeña, e foi recluído no castelo de Miolans. Logrou evadirse de alí e regresou a Francia, onde se instalou de novo no seu castelo de Lacoste en 1773. A súa sogra, que se convertera na súa máis férrea inimiga, obtivo unha lettre de cachet, que implicaba prisión incondicional por orde directa do rei, para lograr o seu arresto.

Regresou a París en 1777 e o 13 de febreiro dese ano foi finalmente arrestado e encarcerado no calabozo de Vincennes. Exitosamente apelou en contra da súa sentenza de morte en 1778, pero debeu permanecer encarcerado a causa da lettre de cachet. Fuxiu e regresou a Lacoste, pero volveu ser capturado pouco despois e ingresado de novo en Vincennes. En prisión, comezou a escribir. Alí coñeceu a Honoré Gabriel Riqueti que tamén escribía relatos eróticos, pero a ningún dos dous lle agradaba o outro.

En 1784 pechouse a prisión de Vincennes, e Sade foi trasladado á Bastilla, en París. O 2 de xullo de 1789, gritou desde a súa cela á xente que estaba fóra que ían a degolar ós prisioneiros, provocando disturbios e incitando á Revolución. Dous días despois, foi levado ó manicomio de Charenton, onde ingresou. A toma da Bastilla, feito que desencadeou a Revolución francesa, ocorreu o 14 de xullo, cando Sade non se encontraba xa alí. Estaba traballando na súa obra magna, Les Cent Vingt Journées de Sodome ou l’École du libertinage e entrou nun estado de desesperación ó perder os seus manuscritos durante o traslado. Con todo, puido volver a escribir a obra.

Foi liberado de Charenton en 1790, despois de que a nova asemblea nacional constituínte abolise a lettre de cachet. A súa esposa conseguiu o divorcio tempo despois. Sade quedou nunha difícil situación económica.

A Revolución

[editar | editar a fonte]

Durante o seu período de liberdade (comezos de 1790), publicou anonimamente varios libros. Entre 1790 e 1791 estreou algunhas obras de teatro en diversos escenarios parisienses. Coñeceu a Marie-Constance Quesnet, ex-actriz e nai dun neno de seis anos, que fora abandonada polo seu esposo; Constance e Sade estarían xuntos o resto da súa vida. Desde a súa estancia en prisión, Sade padecía unha extrema obesidade, acompañada de graves problemas respiratorios.

Adaptouse axiña á nova situación política que seguiu á Revolución Francesa. Facéndose chamar "cidadán Sade", chegou a desempeñar varios cargos públicos malia a súa orixe aristocrática. Escribiu varios panfletos políticos. Membro dun tribunal, cando a familia da súa antiga esposa se presentou fronte a el, deulles un trato favorable, aínda cando foran os responsables de tódolos anos que pasara en prisión. Incluso foi electo para a Convención Nacional, onde representou á extrema esquerda.

Aínda que aterrorizado polo Reinado do Terror, en 1793 escribiu un eloxio de admiración a Jean-Paul Marat para asegurar a súa posición. Logo renunciou ós seus cargos, foi acusado de "moderantismo" e encarcerado durante cerca dun ano. Escapou por pouco da guillotina (probablemente por un erro administrativo) e foi liberado en outubro de 1794, logo de que coa execución de Robespierre concluíra definitivamente o Reinado do Terror. Esta experiencia probablemente confirmou o seu odio de toda a vida á tiranía estatal e especialmente á pena de morte.

O feito de que, por erro, aparecese nas listas dos emigrados, foi aproveitado pola súa esposa e o seu fillo Donatien-Claude-Armand para apoderarse de tódolos seus bens. En 1796 tivo que vender o seu castelo en Lacoste, que fora saqueado en 1792 (as ruínas foron adquiridas en 1990 polo deseñador Pierre Cardin, organizador na actualidade de festivais regulares de teatro no lugar, ademais de eventos sociais).

Últimos Anos

[editar | editar a fonte]

En 1800, Sade publicou Zoloé, presentado como obra anónima, na que facía referencia, por medio de anagramas como d'Orsec (Corse= o Corso), a Napoleón Bonaparte e o seu contorno. Isto valeulle, en 1801, unha orde de detención ditada polo entón Primeiro Cónsul.

Foi arrestado na oficina do seu editor e encarcerado sen xuízo, primeiro na prisión de Sainte-Pélagie e logo, acusado de intentar corromper ós seus novos compañeiros de cela, no forte de Bicêtre. A instancias da súa familia foi declarado demente en 1803 e trasladado unha vez máis ó manicomio de Charenton. A súa ex-esposa e fillos ocupáronse de pagar os gastos de manutención.

Permitiuse que Constance vivise con el en Charenton. O liberal director da institución, o abade de Coulmier, animouno a que representara varias das súas obras con algúns dos reclusos como actores, para ser presentadas ó público parisiense.

Sade comezou un amorío con Madeleine Leclerc, unha empregada de trece anos de Charenton. A relación durou catro anos, ata a morte de Sade o 2 de decembro de 1814. Deixou escrita a súa última vontade: desexaba ser enterrado na súa terra de Malmaison, sen cerimonias, e nun outeiro de árbores, pedindo que se plantasen landras sobre ela para que "... as pegadas da miña tumba desaparezan da superficie da terra, como me xacto de que a miña memoria debe borrarse da mente dos homes". Porén, foi enterrado en Charenton. O seu cranio foi exhumado posteriormente para estudos frenolóxicos. O seu fillo queimou tódolos seus manuscritos inéditos, incluída unha obra en varios volumes, Les Journées de Florbelle.

Moitas das obras de Sade conteñen explícitas —e decotío repetitivas— descricións de violacións e innumerables perversións, que en moitas ocasións inclúen violencia e mesmo chegan a traspasar os límites do posible. Os libertinos que protagonizan as obras de Sade fundan a súa filosofía nun resolto desprezo das normas morais e no odio á ética relixiosa. Na natureza, afirman, o forte gaña e o débil perde. Polo tanto tódalas leis e éticas, deseñadas como son para protexer ó débil, son vistas como contranaturais.

Ilustración nun impreso holandés de Juliette, c. 1800

En 1782, mentres estaba en prisión, escribiu o relato curto Dialogue entre un prêtre et un moribond, no que expresa o seu ateísmo mediante o diálogo entre un sacerdote e un vello moribundo, que convence ó primeiro de que a súa vida piadosa foi un erro.

A novela Les Cent Vingt Journées de Sodome ou l’École du libertinage, escrita en 1785, aínda que non terminada, cataloga unha ampla variedade de perversións sexuais perpetradas contra un grupo de adolescentes escravizados. É o traballo máis gráfico de Sade. Crese que o manuscrito se perdeu durante o asalto á Bastilla. A obra non se publicou ata 1904.

En 1787, Sade escribió Les Infortunes de la vertu, unha primeira versión de Justine ou les Malheurs de la vertu, que foi publicada en 1791. Describe as desgrazas dunha rapaza que elixe o camiño da virtude e que non obtén outra recompensa que os repetidos abusos ós que é sometida por varios libertinos. Sade escribiu tamén Histoire de Juliette (1798), que narra as aventuras da irmá de Justine, Juliette, que elixe rexeitar as ensinanzas da igrexa e adoptar unha filosofía hedonista e amoral, o que lle proporciona unha vida chea de éxito.

A novela La Philosophie dans le boudoir (1795) relata a educación lasciva dunha moza privilexiada. Está estruturada como unha obra teatral e é concisa, aguda e atractiva. Os personaxes arquetípicos de Sade son, aquí, usados eficazmente. O libro contén un longo panfleto político ¡Franceses! ¡Un esforzo máis se desexades ser republicanos! no que Sade recomenda un socialismo utópico. Declara que as leis contra os ladróns son absurdas: protexen ós ladróns orixinais, os ricos, contra os pobres que non teñen outra opción que roubar. Argumenta ademais que o estado non ten dereito a prohibir o asasinato, xa que provoca asasinatos en forma de execucións e guerras. As leis en contra da blasfemia son vistas como sen sentido: non son necesarias se Deus non existe, e se é que existe, seguramente non lle dará importancia a ataques insignificantes. O panfleto foi republicado e distribuído durante a revolución de 1848 en Francia.

En Aline et Valcour, ou le Roman philosophique (escrito en 1786 e publicado en 1795) contrasta un brutal reino africano co relato da illa de Tamoe, un utópico paraíso. Este foi o primeiro libro que Sade publicou co seu verdadeiro nome.

En 1800 publicou unha colección de catro volumes de relatos titulada Les Crimes de l'amour, Nouvelles héroïques et tragiques. Na introdución, Ideas sobre as novelas, dá un consello xeral ós escritores, e fai tamén referencia ás novelas góticas, especialmente a O monxe de Matthew Gregory Lewis, que considera superior ó traballo de Ann Radcliffe[1]. Un dos relatos da colección, Florville et Courval, está considerado tamén como pertencente ó xénero "gótico". É a historia dunha moza que, contra a súa vontade, termina enredada nunha intriga incestuosa.

Mentres estaba encarcerado novamente en Charenton, escribiu tres novelas históricas: Adelaide de Brunswick, Isabel de Baviera e La Marquise de Gange.

Tamén escribiu varias obras de teatro, se ben a maior parte delas permaneceron inéditas. Le Misanthrope par amour ou Sophie et Desfrancs foi aceptada pola Comédie-Française en 1790, e Le Comte Oxtiern ou les effets du libertinage foi representada no Teatro Molière en 1791.

Conserváronse e publicáronse varias das cartas que escribiu á súa esposa desde prisión. Algunhas delas amosan unha estraña e paranoica obsesión co significado oculto dos números.

Obras principais

[editar | editar a fonte]

Novelas e contos

[editar | editar a fonte]
Justine ou les Malheurs de la vertu

Textos perdidos ou destruídos

[editar | editar a fonte]
  • Les Journées de Florbelle.

Nota: Zoloé et ses deux acolythes foi impresa en 1867 baixo o nome de Sade, pero seguramente non é o autor.

Recepción da súa obra

[editar | editar a fonte]

Numerosos artistas, especialmente os preocupados pola sexualidade, foron repelidos ou atraídos pola obra de Sade.

A principios do século XX o poeta Guillaume Apollinaire editou as obras do marqués de Sade[2], ó que consideraba "o espírito máis libre que existira xamais". Os surrealistas reivindicárono, considerándoo un dos seus principais precursores.

En Francia un gran número de intelectuais prestaron atención á figura de Sade despois da segunda guerra mundial: Pierre Klossowski (Sade mon prochain, 1947), Georges Bataille (A literatura e o mal), Maurice Blanchot (Sade et Lautréamont, 1949), Roland Barthes e Jean Paulhan entre outros. Gilbert Lély publicou en 1950 a primeira biografía rigorosa do autor.

Simone de Beauvoir no seu ensaio Faut-il brûler Sade?, aparecido en Les Temps modernes, en decembro de 1951 e xaneiro de 1952, e outros escritores, intentaron localizar vestixios dunha filosofía radical de liberdade nos traballos de Sade, precedendo ó existencialismo nuns 150 anos.

Un dos ensaios en Dialéctica da Ilustración (1947) de Max Horkheimer e Theodor Adorno titúlase "Juliette, ou a Ilustración e a moral", e interpreta o comportamento da Juliette de Sade como unha personificación filosófica da Ilustración. Do mesmo modo, o psicanalista Jacques Lacan postula no seu ensaio "Kant avec Sade" que a ética de Sade foi a conclusión complementaria do imperativo categórico postulado orixinalmente por Immanuel Kant.

Andrea Dworkin veía a Sade como o exemplar pornógrafo que odia á muller, apoiando a súa teoría na que a pornografía inevitablemente guía cara á violencia en contra da muller. Un capítulo do seu libro Pornography: Men Possessing Women (1979) está dedicado á análise de Sade. Susie Bright afirma que a primeira novela de Dworkin Ice and Fire, rica en violencia e abusos, pode ser interpretada como unha versión moderna de Juliette.

Traballos acerca de Sade ou os seus libros

[editar | editar a fonte]
  • 1899 - Bloch, Iwan: Marquis de Sade: his life and works.
  • 1950 - Lély, Gilbert: Le marquis de Sade.
  • 1963 - Gorer, Geoffrey: The life and ideas of the Marquis de Sade. Hai tradución ao español: Vida e ideas del marqués de Sade. Buenos Aires, La Pléyade, 1969.
  • 1971 - Barthes, Roland: Sade, Fourier, Loyola (Tradución ó inglés en formato PDF). Tradución ó castelán: Sade, Fourier, Loyola. Madrid, Cátedra, 1997.
  • 1979 - Carter, Angela: The Sadeian Woman. Tradución ó castelán: La mujer sadiana. Barcelona, Edhasa, 1981.
  • 1986 - Verger Michael, Colette: The Marquis de Sade: the man, his works, and his critics: an annotated bibliography.
  • 1988 - Wilson, Colin: The Misfits: A Study of Sexual Outsiders
  • 1989 - Verger Michael Colette: Sade, his ethics and rhetoric
  • 1991 - Lever, Maurice: Marquis de Sade: A Biography. Tradución ó castelán: Donatien Alphonse François, marqués de Sade. Barcelona, Seix Barral, 1994.
  • 1993 - Paz, Octavio: Un más allá erótico: Sade. (reseña)
  • 1995 - Moore, Thomas: Dark Eros: The Imagination of Sadism
  • 1995 - Airaksinen, Timo: The philosophy of the Marquis de Sade
  • 1998 - Bongie, Laurence L.: Sade: A Biographical Essay. (recensión)
  • 1999 - Schaeffer, Neil: 'The Marquis de Sade: a life.
  • 1999 - Plessix Gray, Francine de: At Home With the Marquis de Sade: A Life
  • 2003 - Hayman, Ronald: Marquis de Sade: the genius of passion

Películas

[editar | editar a fonte]

Non é de estranar que a vida e as escrituras de Sade sexan irresistibles para os directores de cine. Mentres que hai numerosas películas pornográficas baseadas nos seus temas, aquí se amosan algunhas das películas máis recoñecidas baseadas na súa historia ou nos seus traballos de ficción.

  1. [1]
  2. L'Oeuvre du marquis de Sade, París, Bibliothèque des Curieux, 1909

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brouard, Isabel: "Introducción", en Marqués de Sade: Justina o los infortunios de la virtud. Madrid, Cátedra, 1985. ISBN 84-376-0518-0.
  • Paz, Octavio: "Un más allá erótico: Sade", en Obras completas 10. Ideas y costumbres II. Barcelona, Círculo de Lectores, 1996. ISBN 84-226-3502-X.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]