Lacoste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lacoste é unha empresa francesa fabricante de roupa, reloxos e maletas, entre outros artigos, principalmente de luxo ou destinados a clientes de alto poder adquisitivo. O seu produto máis famoso, é a súa camisa polo, feita de material piqué, un tecido similar ao algodón cordado. A peza de roupa chamada polo, tomou o seu nome do xogo do polo, moi popular en Inglaterra.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Fúndase en 1923 polo tenista francés René Lacoste, do equipo que chamaban popularmente como Os mosqueteiros, da Copa Davis.

Lacoste foi alcumado 'Le Crocodile', por unha aposta sobre unha bolsa de pel de crocodilo, que non gañou. Cando iniciou a súa liña de roupa deu o seu apelido á marca e como insignia utilizou un crocodilo verde, sendo a primeira empresa de moda que puxo a marca por fóra.

A compañía Crocodile Garments, con sede en Hong Kong rexistrou nos anos 40 en Asia un logotipo de crocodilo, rexistrado en Francia en 1933. A longa disputa terminou en acordo nos 90. Crocodile aceptou mudar o logotipo, variando os ollos e elevando a cola.[1]

Desde 1943, Bernard, fillo do fundador, presidiu a compañía até a súa morte o 21 de marzo de 2006, aos 74 anos. Cinco anos despois, en 2010 a marca decidiu investir 50 millóns de euros para promocionar a súa nova campaña de publicidade global, "Uncoventional Chic", e renunciou ás celebridades recorrendo a fotos de modelos como Jon Kortajarena.[2]

Lacoste vestiu nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro ao Comité Olímpico Nacional de Francia nos xogos celebrados no Brasil.[3]

5th Avenue, NYC, 2013.

Controversias[editar | editar a fonte]

  • Lacoste foi obxecto dos informes de Greenpeace, Dirty Laundry 1 e Dirty Laundry 2,[4] de malas practicas ambientais, despois de que a investigación encargada pola organización revelase que a súa roupa está fabricada con nonilfenol etoxilato (NPE). Os NPE, que se usan como surfactantes na produción téxtil, descompóñense posteriormente para formar nonilfenol tóxico (NP). O nonilfenol é un produto químico persistente con propiedades de alteración hormonal que se acumula na cadea alimentaria e é perigoso mesmo a niveis moi baixos.
  • Lacoste retirou o seu patrocinio ao premio anual entregado polo Museo Elysée de Lausana, Suíza. A empresa foi denunciada polo feito de exercer presións para censurar a obra da artista palestiniana Larissa Sansour. Fora selecionada entre os oito finalistas, porén o seu nome desapareceu da listaxe e cando a revista Art Review publicou os traballos a súa composición fotográfica intitulada “Estado Nación” xa non apareceu. A dirección do museo suízo informou que Lacoste consideraba o seu traballo “demasiado pro palestino” e que demandara a súa retirada.
  • Após o cambio na estratexia da xestión de marca, Novac Djokovic foi nomeado embaixador da empresa. En 2022 Lacoste pediulle explicacións pola súa actitude polémica sobre as vacinas en Australia. [5]
  • En 2011, Lacoste tratou de impedir que o asasino Anders Breivik usase a súa roupa. [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CNN.com - Crocodile tears end logo fight - Oct. 31, 2003". edition.cnn.com. Consultado o 2022-01-27. 
  2. "Lacoste invierte 50M € en su nueva campaña global". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  3. Lacoste y Hervé Leger pasean en Nueva York. Publicado a 13 de setembro de 2015, La Nueva España.es
  4. "Greenpeace - Lacoste Polo Shirt.". www.media.greenpeace.org. Consultado o 2022-01-27. 
  5. Telemadrid (2022-01-22). "Lacoste podría abandonar a Djokovic tras su polémica en Australia". Telemadrid (en castelán). Consultado o 2022-01-27. 
  6. BBC, Da (2011-09-09). "Lacoste quer impedir atirador da Noruega de usar marca, diz jornal". Mundo (en portugués). Consultado o 2022-01-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]