Reino de Sardeña
| Regno di Sardegna (it) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| Capital | Cagliari (1324 (Gregoriano)–1720) Turín (1720–1798) Cagliari (1798–1814) Turín (1814–1861) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.167.000 (1857) | |||
| Lingua oficial | lingua italiana lingua francesa | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 73.810 km² | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
Cronoloxía | ||||
| Disolución | 1861 | |||
| Sucedido por | Reino de Italia | |||
| Organización política | ||||
| Forma de goberno | monarquía absoluta monarquía constitucional | |||
| Moeda | Sardinian scudo (en) | |||
| Este artigo é parte da serie: |
![]() |
| Por período histórico |
|
| Por tema |

O Reino da Sardeña foi un estado que existiu na illa da Sardeña de 1297 a 1861. Tivo inicio formalmente en Roma –na antiga Basílica de San Pedro– en 4 de abril de 1297, cando o Papa Bonifacio VIII, para resolver a disputa entre os condes de Anjou e a coroa de Aragón, investiu o rei de Aragón como jus invadendi sobre a Sardeña e a Córsega. O Reino da Sardeña e Córsega foi o precursor do reino de Italia. Durante a dinastía Savoia conseguiuse a reunificación italiana baixo a súa coroa arredor de 1860. O 17 de marzo de 1861 o Reino de Sardeña integrábase no Reino de Italia.
Historia
[editar | editar a fonte]Reino de Sardeña e Córsega
[editar | editar a fonte]O Regnum Sardiniae et Corsicae (Reino de Sardeña e de Córsega), foi creado en 1297 polo papa Bonifacio VIII para solucionar os conflitos entre a casa de Anjou e de Aragón sobre o Reino de Sicilia, conflitos orixinados a partir das Vésperas sicilianas. Así pois naceu como reino de compensación, asignado a Xaime II de Aragón.
Reino de Sardeña-Piemonte
[editar | editar a fonte]Esgotados polas loitas con España, os Savoia non puideron evitar que a nova ofensiva francesa conseguise someter outra vez o Piemonte (1631). As tentativas para reconquistar a liberdade foron numerosas; en 1706 os Savoia, coa axuda austríaca conseguírono, o que lles permitiu aumentar os seus territorios e comprar Sicilia, que máis tarde cambiaron por Sardeña (de aquí o novo título para os Savoia de Reis de Sardeña).
En 1718, despois do Congreso de Londres, Sardeña pasou a Vítor Amadeo II de Savoia.
