Pierre Cardin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierre Cardin
Nome completoPietro Costante Cardin
Nacemento2 de xullo de 1922
Lugar de nacementoSant'Andrea di Barbarana
Falecemento29 de decembro de 2020
Lugar de falecementoHospital Americano de Paris e Neuilly-sur-Seine
SoterradoCemiterio de Montmartre
NacionalidadeItalia e Francia
Ocupacióngrand couturier, deseñador de moda e empresario
Premioscomendador da Lexión de Honor, Commander of the National Order of Merit, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Orden da Amistade, Order of Merit (Ukraine), 3rd class e Order of Francisc Skorina
Na rede
https://pierrecardin.com/en/ e https://pierrecardin.com/fr/home/
IMDB: nm0136467 Allocine: 144750 Allmovie: p159007 IBDB: 25217
Facebook: PIERRECARDINOFFICIAL Twitter: pierrecardin Instagram: pierrecardinofficiel Musicbrainz: b510c209-2159-418c-8a12-7d3d7e6635be Discogs: 635804 WikiTree: Cardin-361 Find a Grave: 220344361 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pietro Costante Cardin, nado en San Biagio di Callalta (Véneto) o 2 de xullo de 1922 e finado en Neuilly-sur-Seine o 29 de decembro de 2020,[1] foi un deseñador de moda francés[2] de orixe italiana coñecido como Pierre Cardin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cardin naceu preto de Treviso no norte de Italia, fillo de Maria Montagner e Alessandro Cardin.[3] Os seus pais eran ricos mercadores de viño, mais perderan a súa fortuna na primeira guerra mundial.[4] Para escabar dos camisas negras marcharon de Italia e establecéronse en Saint-Étienne, Francia en 1924.[4][5][6] O seu pai quería que estudase arquitectura, mais desde a infancia interesouse na confección de roupa.[7]

Trasladouse a París por problemas económicos en 1945. Alí, estudou arquitectura e traballou con Jeanne Paquin ao ramatar a guerra e despois con Elsa Schiaparelli ata que se converteu no xefe do atelier de Christian Dior en 1947. Cando o rexeitaron para traballar en Balenciaga,[8] decidiu fundar a súa propia casa en 1950.[9] Así, Cardin iniciouse na alta costura en 1953.[10]

Fíxose coñecido na década de 1950 polo seu estilo de vangarda e na de 1960 polos seus deseños futuristas inspirados na era espacial. Prefería as formas e os motivos xeométricos, con frecuencia ignorando a forma feminina. Innovou ao deseñar a primeira moda unisex, comprobando que esta era ás veces experimental, e non sempre práctica, e tamén nos anos setenta puxo de moda a alternancia de saias "mini" (ata a metade da coxa) e "maxi" (longas ata os nocellos) e a combinación de minisaia con abrigo, blusa ou casaca moi longas.[11]

Cardin foi o primeiro deseñador que exportou ao Xapón, un novo mercado para a alta costura, cando viaxou aló en 1959.

En 1959, foi expulsado da Chambre Syndicale polo lanzamento dunha colección prêt-à-porter ("listo para poñer", modelos máis baratos fabricados en serie, ao contrario da "alta costura" con caros modelos exclusivos feitos a man), para os grandes almacéns Printemps, o que se consideraba inapropiado para a época xa que era considerado o primeiror couturier (costureiro) en París, mais axiña foi reintegrado. Non obstante, retirouse da Chambre Syndicale en 1966 e comezou a mostrar as súas coleccións no Espace Cardin do que se sentía orgulloso e que foi inaugurado en 1971 en París, onde anteriormente estaba o Théâtre des Ambassadeurs, preto da Embaixada dos Estados Unidos. O Espace Cardin tamén se empregou para promocionar novos talentos artísticos, como grupos de teatro ou músicos entre outros.

Cardin foi unha das primeiras casas de moda que expandiu a outros mercados a súa marca alén da moda, os complementos e a perfumaría, ao incluír un contrato con American Motors (AMC),[12] tralo éxito de Aldo Gucci, que deseñara o interior dos vagóns do Hornet Sportabout. Os automóbiles AMC Javelin incorporaban no seu interior deseños de Cardin[13] que resaltaban a audacia e a extravagancia, termos que definían exquisitamente o deseñador; estes automóbiles estiveron dispoñibles en 1972 e 1973. Un total de 4152 coches recibiron un acabado interior que combinaba faixas chinesas en varias cores creando un conxunto sobre fondo negro.[14] Este foi un dos primeiros vehículos estadounidenses que ofrecía un paquete especial que permitía personalizar os asentos quitando os forros, idea creada polo entón xa célebre deseñador de moda.

O Cardin Jaballins tamén chegou co emblema do deseñador na fronte e tiña unha selección limitada de cores exteriores para coordinar coa personalización especial dos interiores.[15]

O seu compañeiro deseñador, André Oliver, que se uniu a el en 1971 e asumiu a responsabilidade das coleccións de alta costura en 1987, faleceu en 1993.

Cardin foi membro da Chambre syndicale da Haute Couture e do Prêt à Porter e da Maison de Haute Couture de 1953 a 1993. Ao igual que outros deseñadores contemporáneos, Cardin decidiu mostrar en 1994 a súa colección só a un pequeno círculo de clientes e xornalistas seleccionados.

Faleceu o 29 de decembro de 2020[16] aos 98 anos, no Hospital Americano de París en Neuilly-sur-Seine.[17][18] Non se informou da causa da morte.[19]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

En 1981 adquiriu os restaurantes Maxim's e axiña abriu sucursais en Nova York, Londres e Pequín (1983). Tamén foi dono dunha cadea de hoteis con ese nome e obtivo a licenza dunha ampla gama de produtos alimenticios coa mesma marca.

Cardin era propietario das ruínas do castelo en Lacoste Vaucluse que no seu tempo foi habitado polo Marqués de Sade. Renovárao parcialmente e periodicamente organizaba festivais de teatro alí.

En 1991, Cardin foi nomeado Embaixador de boa vontade da Unesco.[20]

En 2003, Cardin convidou ao ballet de nenos chechenos Lovzar a bailar no espectáculo musical Tristán e Isolda, que realizou en Moscova.

O 16 de outubro de 2009, Pierre Cardin foi nomeado Embaixador de boa vontade da FAO.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biography" (PDF). pierrecardin.com. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  2. "Biography". pierrecardin.com. 
  3. Myers, Marc (18 de agosto de 2020). "Pierre Cardin Sent Fashion Out of This World". wsj.com. 
  4. 4,0 4,1 Snodgrass, Mary Ellen (2013). World Clothing and Fashion: An Encyclopedia of History, Culture, and Social Influence. Routledge. ISBN 978-0765683007. 
  5. "Pierre Cardin - fashion designer". Itay On This Day. Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  6. Hesse, Jean-Pascal (2010). Pierre Cardin: 60 Years of Innovation. Assouline. ISBN 978-2-7594-0424-7. 
  7. "Savannah College of Art and Design". library.scad.edu. 
  8. FashionUnited (2014-11-12). "Eternal futurist of fashion Pierre Cardin opens new museum at 92". fashionunited.uk (en inglés). Consultado o 2020-12-29. 
  9. Steinberg, Marty (29 de decembro de 2020). "Pierre Cardin, ground-breaking fashion designer and master marketer, dies at 98". CNBC. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  10. "Pierre Cardin, Fetish for the Bubble". Aganutacouture.com. 26 de xullo de 2015. Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  11. "Pierre Cardin: A Trailblazer of Fashion". Indigobluestyle.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  12. "Pierre Cardin Goes Industrial". Business Week: 44. 1972. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  13. "Introducing the Cardin Javelin". New York Magazine (New York Media): 45. 20 de marzo de 1972. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  14. Cranswick, Marc (2012). The Cars of American Motors: An Illustrated History. McFarland. pp. 112, 125, 247. ISBN 978-0-7864-4672-8. 
  15. Foster, Patrick. "Pierre Cardin Meets the Javelin" Hemming's Classic Car Magazine, #31, abril de 2007.
  16. "Pierre Cardin: French fashion giant dies aged 98". BBC News (en inglés). 29 de decembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  17. "Muere el legendario diseñador de moda francés Pierre Cardin". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  18. "Le couturier français Pierre Cardin est mort". BFMTV. 29 de decembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  19. Ferla, Ruth La (29 de decembro de 2020). "Pierre Cardin, Designer to the Famous and Merchant to the Masses, Dies at 98". The New York Times (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2021. 
  20. "UNESCO Celebrity Advocates: Pierre Cardin". United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2009. Consultado o 2 de xullo de 2010. 
  21. "Get Involved: Pierre Cardin". 3 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]