Salò o le 120 giornate di Sodoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Salò o le 120 giornate di Sodoma
Ficha técnica
Título orixinalSalò o le 120 giornate di Sodoma
DirectorPier Paolo Pasolini
ProdutorAlberto Grimaldi
GuiónPier Paolo Pasolini
Sergio Citti
Baseado enOs 120 días de Sodoma do Marqués de Sade
IntérpretesPaolo Bonacelli
Giorgio Cataldi
Umberto Paolo Quintavalle
Aldo Valletti
Caterina Boratto
Elsa De Giorgi
Hélène Surgère
Sonia Saviange
Inès Pellegrini
MúsicaEnnio Morricone
FotografíaTonino Delli Colli
MontaxeNino Bragli
Tatiana Casini Morigi
Enzo Ocone
EstudioLes Productions Artistes Associés
DistribuidoraUnited Artists
EstreaFestival de París: 22 de novembro de 1975
Duración116 minutos
145 minutos (corte orixinal)
OrixeItalia Italia
Flag of France.svg Francia
XéneroDrama
RecadaciónSEK 1 786 578

Salò o le 120 giornate di Sodoma é un filme franco-italiano escrito e dirixido por Pier Paolo Pasolini que foi estreado en 1975.[1][2] Está baseado no libro Os 120 días de Sodoma do Marqués de Sade. A historia está dividida en catro anacos, inspirados na Divina Comedia de Dante: o Anteinferno, o Círculo das Manías, o Círculo da Merda e o Círculo do Sangue. Contén varias referencias e diálogos extraídos do libro Zur Genealogie der Moral de Friedrich Nietzsche, do poema Os Cantos de Ezra Pound e de À la recherche du temps perdu de Marcel Proust. Foi o derradeiro filme de Pasolini xa que foi asasinado pouco despois da estrea de Salò. Por mor da representación de mozos menores sendo obxecto de violencia, sadismo, depravacións sexuais e asasinatos, o filme foi extremadamente controvertido dende a súa estrea, e segue a estar prohibido en moitos países.

A historia céntrase en catro ricos e libertinos fascistas despois da caída da Italia de Benito Mussolini en xullo de 1943. Os libertinos secuestran dezaoito rapaces e sométenos a catro meses de extrema violencia, sadismo e tortura sexual e mental. O filme explora os temas da corrupción política, do abuso do poder, do sadismo, da perversión, da sexualidade e do fascismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "C I N E B E A T S :: Pupi Avati". Cinebeats.blogsome.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2009. 
  2. "DVD Savant Review: The House with Laughing Windows". Dvdtalk.com. Consultado o 24 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]