Aix-en-Provence
Aix-en Provence, en occitano Ais de Provença ou Ais de Prouvènço en grafía mistralenca, é unha comuna do departamento de Bocas do Ródano, da rexión Provence-Alpes-Côte d'Azur, Francia. En 2010 tiña 141.438 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Aix (Aquae Sextiae) foi fundada no 123 a.C. polo cónsul romano Sextius Calvinus sobre unha antiga localidade celta. No ano 102 a.C. nos seus arredores librouse a batalla de Aquae Sextae, cando os romanos dirixidos por Gaius Marius venceron aos Cimbros e Teutóns,. No ano 477 a cidade foi ocupada polos visigodos, durante o século VI foi capturada polos francos e longobardos e no 731 pasou a mans dos árabes.
Durante a Idade Media, Aix, foi a capital do condado de Provenza. No século XII acada o seu cénit como centro artístico e cultural.
No ano 1487 pasou co resto de Provenza á coroa francesa. Luís XII estableceu aquí o Parlamento de Provenza que existiu ata 1789.
Na cidade naceron Eleanor de Provenza, muller de Henrique III de Inglaterra e Paul Cezanne.
Administración[editar | editar a fonte]
A súa alcaldesa (2014) é Maryse Joissains-Masini, da Unión por un Movemento Popular[1].
Patrimonio[editar | editar a fonte]
- Catedral de Saint-Saveur (Saint Sauvari) construída entre os séculos V e XVII en numerosos estilos arquitectónicos, destaca a portada en estilo gótico; a plante ten tres naves en estilos diferentes: románico, gótico e barroco.
- Igrexa de Saint-Jean-de-Malto, século XIII
- Casa do Concello, século XVII
- A cidade é coñecida como a cidade das mil fontes, e entre elas destaca a Fontaine des Quatre Dauphins (1667)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aix-en-Provence |