Saltar ao contido

Angela Carter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAngela Carter

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1940 Editar o valor en Wikidata
Eastbourne, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1992 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPutney Vale Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xuíza do Premio Booker
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Bristol (pt) Traducir
Streatham and Clapham High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFeminismo, actividade literaria, xornalismo, teatro radiofónico, guión cinematográfico, literatura infantil e xuvenil, poesía, Drama e tradución Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista , escritora de literatura infantil , escritora , dramaturga , guionista de cinema , escritora de ciencia ficción , tradutora , xornalista , guionista , novelista , poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor en Wikidata - 1992 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sheffield (pt) Traducir
Universidade de Anglia do Leste Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAngela Olive Carter Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Páxina webangelacarter.co.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0141462 BNE: XX1038650 Bitraga: 1047 Dialnet: 266077 Musicbrainz: 06fc69eb-5775-40ae-999a-c1d4106dfc47 Discogs: 922964 WikiTree: Stalker-413 Find a Grave: 188207274 Editar o valor en Wikidata

Angela Olive Carter, de solteira Angela Olive Stalker, nada en Eastbourne, Sussex o 7 de maio de 1940 e finada en Londres o 16 de febreiro de 1992, foi unha xornalista e novelista británica, coñecida polas súas obras feministas e de realismo máxico e picaresco. O seu libro máis coñecido é A cámara do sangue, publicado en 1979.

En 2008, The Times clasificouna no décimo lugar na súa lista dos 50 mellores escritores británicos dende 1945.[1] En 2012, Nights at the Circus foi seleccionada como o gañador do James Tait Black Memorial Prize.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Angela naceu en Eastbourne, no condado de Sussex, ao sur de Inglaterra. Por mor dos bombardeos alemáns durante a segunda guerra mundial, foi evacuada ao norteño condado de Yorkshire, onde pasou varios anos coa súa avoa materna. Ao final da guerra, instalouse coa súa familia en Londres, onde o seu pai, Hugh Alexander Stalker, atopou traballo como xornalista. Na súa adolescencia, Angela tivo problemas de anorexia.

Tras deixar a escola, aos dezanove anos comezou a traballar como xornalista no diario Croydon Advertiser. En 1960 contraeu matrimonio con Paul Carter, e instalouse con el en Bristol. Na universidade desta cidade estudou literatura inglesa. A súa ampla bagaxe literaria é claramente perceptíbel na súa obra, na que abundan referencias a autores clásicos da literatura en lingua inglesa, como Chaucer, Shakespeare, Wordsworth, Coleridge, Blake, Keats, Dickens, Carroll, Stoker e moitos outros.

Carter publicou a súa primeira novela, Shadow Dance, en 1966. Ao ano seguinte apareceu The Magic Toyshop, 1967, na que xa está presente o interese de Carter polos contos infantís de tradición oral e pola psicanálise. A obra foi galardoada co Premio Jon Llwellyn Rhys. Coa seguinte, Several Perceptions, 1968, obtivo o Premio Somerset Maugham, dotado con cincocentas libras, que empregou en viaxar ao Xapón, deixando en Inglaterra o seu marido, de quen terminaría por divorciarse en 1972. Viviu durante dous anos en Toquio, onde traballou como camareira nun bar. Reflectiu as impresións da súa estancia na capital xaponesa en varios artigos xornalísticos para New Society, máis tarde recollidos no volume de ensaios Nothing Sacred: Selected Writings (1982).

En 1972, de regreso en Inglaterra, instalouse en Bath, onde escribiu algunhas das súas obras máis coñecidas, como The Infernal Desire Machines of Doutor Hoffman, 1972; Fireworks: Nine Profane Pieces, 1973; The Passions of New Eve, 1977; e A cámara do sangue e outros relatos, 1979).

Contraeu de novo matrimonio en 1976, con Mark Pearce, e comezou unha frutífera carreira como profesora de escritura creativa. Nas décadas de 1970 e 1980 traballou en varias universidades do Reino Unido, Estados Unidos e Australia, Estas experiencias tiveron unha grande influencia nas súas obras posteriores. Morreu en 1992 de cancro.

Escribiu varios artigos para xornais como The Guardian, The Independent e New Statesman.

As obras máis coñecidas de Angela Carter adoitan considerarse como pertencentes á literatura fantástica. Os seus innovadores procedementos narrativos e as súas frecuentes referencias intertextuais relaciónana co posmodernismo anglosaxón. Gran coñecedora da lingua e a literatura francesas, existe na súa obra unha importante débeda co surrealismo, así como con autores franceses como Sade ou Bataille.

Dúas das súas obras foron levadas ao cine: a novela The Magic Toyshop, en 1987; o seu relato The Company of Wolves, nunha película homónima, en 1984.

  • Shadow Dance, 1966
  • The Magic Toyshop, 1967
  • Several Perceptions, 1968
  • Heroes and Villains, 1970
  • Love, 1971
  • The Infernal Desire Machines of Doutor Hoffman, 1972
  • The Passions of New Eve, 1977
  • Nights at the Circus, 1984
  • Wise Children, 1993

Antoloxías de relatos breves

[editar | editar a fonte]

Coleccións de poesía

[editar | editar a fonte]
  • Five Quiet Shouters, 1966
  • Unicorn, 1966
  • Unicorn: The Poetry of Angela Carter, 2015

Conmemoracións

[editar | editar a fonte]
  • En 2008, a British Library adquiriu a Biblioteca de Angela Carter, unha gran colección de 224 arquivos e volumes que contiñan manuscritos, correspondencia, diarios persoais, fotografías e casetes de son. [4]
  • En setembro de 2019, English Heritage colocou unha placa azul na derradeira casa de Carter no 107, The Chase, en Clapham, ao sur de Londres. Aló escribiu moitos dos seus libros durante os dezaseis anos que viviu nela. Tamén titorizou alí a un mozo Kazuo Ishiguro.[5]
  1. Redacción (5 de xaneiro de 2008). "The 50 greatest British writers since 1945". thetimes.co.uk (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  2. Flood, Alison (6 de decembro de 2012). "Angela Carter named best ever winner of James Tait Black award". theguardian.com (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  3. Imaxe da portada de Venus negra, Xerais
  4. "Angela Carter Papers". searcharchives.bl.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  5. Flood, Alison (11 de setembro de 2019). "Angela Carter's 'carnival' London home receives blue plaque". theguardian.com (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Krapoth, Mirjam (2010). Auf der Suche nach Weiblichkeit. Geschlechterkonstruktionen bei Angela Carter. Paderrborn: Verlag Peter Ewers. ISBN 978-3-928243-32-2 (en liña).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]