Domingo Fontán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1788 Porta do Conde, España |
Morte | 24 de outubro de 1866 (78 anos) Cuntis, España |
Lugar de sepultura | Panteón de Galegos Ilustres |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | matemático, político, topógrafo |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Manuela Ribas y Gómez |
Domingo Fontán Rodríguez,[1][2][3][4] nado en Porta do Conde (Portas) o 17 de abril de 1788[5][6] e finado en Cuntis o 24 de outubro de 1866,[7] foi un ilustrado galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta xeométrica de Galicia. Foi secretario da Deputación Provincial de Galicia, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago. Os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres.[8]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia acomodada, os seus pais foron Rosendo Fontán Oliveira e Sebastiana Rodríguez Blanco. O seu pai e toda a familia Fontán é orixinaria de Briallos, parroquia de San Cristovo de Briallos (hoxe Concello de Portas).[9]
Foi o segundo de cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Domingo e Andrés, o seu irmán máis vello, foron educados por un tío materno, cura párroco en Noia.[10]
Pasou boa parte da súa vida vencellado á Universidade de Santiago de Compostela, onde primeiramente cursou os estudos de Filosofía, matriculándose ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias exactas e Teoloxía e foi discípulo de José Rodríguez González, "o matemático de Bermés". En 1811 comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de Retórica e durante o curso 1813-14 substituíu o titular da cátedra de Lóxica e Metafísica. Foi procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos.[6]
En 1817 comezou os seus traballos de medición para realizar a Carta xeométrica de Galicia, labor ao que consagrou dezasete anos da súa vida e polo que é lembrado hoxe en día. Durante o Trienio liberal foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En 1834 rematou os traballos da carta e presentouna oficialmente á Raíña Gobernadora, María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, quen mandou imprimila, se ben non se puido realizar esta tarefa ata o ano 1845 en París.[6] Este foi o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas.
Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano no que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo. Non obstante, o seu liberalismo valeulle a perda da súa cátedra universitaria até en dúas ocasións.[11] Foi bibliotecario primeiro e presidente despois (de 1860 a 1861) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago.[12]
Tivo parte, por herdanza, nunha fábrica de papel no Castro, Lousame, que en 1863 chegou a ser enteiramente da súa propiedade.[13][14] Traballou tamén no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago de Compostela con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois.
Finou nun balneario en Cuntis, por mor dunha cistite aguda.[6] Os seus restos foron soterrados no cemiterio xeral de Santiago e, o 30 de decembro de 1988, trasladados ao chan do Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval.[15]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]En 2015 a Editorial Galaxia publicou a novela de Marcos S. Calveiro, Fontán, baseada na súa vida.[16]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]A Real Academia Galega de Ciencias designouno como Científico Galego 2018.[17]
Levan o seu nome rúas de varias cidades: Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Poio e Madrid.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Retrato na Real Sociedade de Amigos do País de Santiago.[12]
-
Carta geométrica "...Con el trazado de ferro-carriles y carreteras kilometradas, año de 1917".[18]
-
Carta geométrica de Galicia, en PDF (exemplar da biblioteca do Museo Naval).
-
Estatua en Portas, feita polo canteiro de Caldas de Reis Xavier Touceda.
-
Placa na súa casa natal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fontán Rodríguez, Domingo". Diccionario enciclopédico galego universal 28. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 94. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Fontán Rodríguez, Domingo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 107.
- ↑ "Fontán Rodríguez, Domingo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 924. ISBN 978-84-8288-942-9.
- ↑ "Fontán Rodríguez, Domingo". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 225. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Méndez Martínez, Gonzalo (2005). "Fontán Rodríguez, Domingo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Apuntes biográficos" Fundación Domingo Fontán (en castelán).
- ↑ "Ficha no Congreso". congreso.es. Arquivado dende o orixinal o 13-04-2020. Consultado o 08-11-2017.
- ↑ Xema Aguiar: "Domingo Fontán, el ilustre olvidado", Galiciaé. 20/5/2008.
- ↑ Arquivo familiar
- ↑ Suso de Toro: "Domingo Fontán, matemático sublime" El País, 1/4/2011.
- ↑ Miguel-Anxo Murado (2008). Otra idea de Galicia, p. 11. Debate. ISBN 978-84-8306-771-0.
- ↑ 12,0 12,1 "Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2016. Consultado o 02 de decembro de 2016.
- ↑ "Fontán polifacético" Fundación Domingo Fontán (en castelán).
- ↑ Asociación Galega do Patrimonio Industrial 31/1/2010 (en castelán).
- ↑ Xosé Lois Vila Fariña: "As súas cinzas"
- ↑ "«A novela reivindica a figura de Fontán e o papel da ciencia»" La Voz de Galicia, 27/1/2016.
- ↑ "Recursos sobre Domingo Fontán". Blog Carta xeométrica. 14 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias… en Galiciana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Fontán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV (1946). D. Domingo Fontán y su mapa de Galicia en el primer centenario de la publicación. Con intro. de Otero Pedrayo. IEGPS.
- Cores Trasmonte, Baldomero (2008). Domingo Fontán no parlamento. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-293-0.
- Díaz-Fierros, F.; Fraga, X. A.; Mato, A., eds. (2018). Álbum da ciencia: 30 nomes e as súas achegas. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 978-84-92923-94-6.
- Méndez Martínez, Gonzalo (2005). Domingo Fontán. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4166-9.
- Méndez Martínez, Gonzalo (2013). "Domingo Fontán Rodríguez, un ilustre descoñecido". Revista Grial (196): 112–129.
- Domingo Fontán – Carta Geométrica de Galicia 1817-2017. Santiago de Compostela: Teófilo Comunicación. 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018. (en galego).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Domingo Fontán
- Barral, Margarita. "Domingo Fontán Rodríguez. O home que puxo a Galicia no mapa" Álbum da ciencia, CCG.
- As causas das cousas, capítulo de Historias de Galicia na TVG.
- Domingo Fontán e a Carta Xeométrica. Recursos
- Unidade didáctica do Consello da Cultura Galega
- Personalidades do ensino de Galicia
- Matemáticos de Galicia
- Xeógrafos de Galicia
- Personalidades da empresa de Galicia
- Nados en Portas
- Nados en 1788
- Finados en 1866
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Cartógrafos de España
- Día da Ciencia en Galicia