Saltar ao contido

Conversa:Domingo Fontán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Visitas á páxina deste artigo nos últimos 30 días

Estatísticas detalladas de tráfico

Borrar apartado descendencia

[editar a fonte]

Vista a ligazón que engadiu HombreDHojalata no artigo, eu penso que ese apartado debe ser eliminado porque non ten referencias de calidade que o apoien. E claro, se o quitamos de aquí, tamén haberá que quitalo nos artigos dos supostos "descendentes". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 02:19 (UTC)[responder]

Si. Na Wikipedia en castelán xa tiveron guerra de edicións sobre este tema.
Temos catro opcións:
A.- Incluír a versión de Francisco Javier Moldes Fontán.
B.- Incluír a versión da Fundación Domingo Fontán.
C.- Incluír as dúas versións.
D.- Non incluír ningunha das dúas.
Eu inclínome pola opción "D", que, sospeito que é o que fan outras obras de referencia, como a EGU, a GEG, a DEGU, o DS21... (inda non o comprobei). Ao fin e ao resto, é dudoso o interese enciclopédico desa información. --. HombreDHojalata.conversa 30 de novembro de 2016 ás 08:41 (UTC)[responder]
HombreDHojalata acabo de atopar isto que creo que pode ser definitivo. Eu, se queres, podo consultar a GEG pola noite, intentei consultar o DS21 en Google pero non está dispoñible a páxina de Fontán. Tamén opto pola opción "D" claramente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 11:30 (UTC)[responder]

Foto da casa natal

[editar a fonte]

Estaría ben conseguir unha foto da súa casa natal e da placa que ten alí, pode verse aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2018 ás 13:14 (UTC)[responder]

Feito! Feito! por Estevoaei, moitas grazas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2018 ás 01:36 (UTC)[responder]