María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
María Cristina de Borbón-Dos Sicilias, reina de España.jpg
Ramón Cabrera
Nacemento 27 de abril de 1806
Lugar Palermo
Falecemento 22 de xullo de 1878 e 22 de agosto de 1878
Lugar O Havre
Soterrado Cripta Real do Mosteiro do Escorial
Nacionalidade Reino de Italia
Relixión Igrexa católica
Ocupación rainha consorte
Cónxuxe Fernando VII e Agustín Fernando Muñoz
Fillos Isabel II de España, Luísa Fernanda de Bourbon, Maria Amparo Muñoz e Bourbon e Agustín Muñoz, 1st Duke of Tarancón
editar datos en Wikidata ]
Retrato de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias. Franz Xaver Winterhalter, 1841.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, nada en Palermo o 27 de abril de 1806 e finada en Sainte Adresse (Francia) o 22 de agosto de 1878, foi unha nobre italiana, raíña consorte de España polo seu matrimonio con Fernando VII e raíña rexente durante a minoría de idade de Isabel II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

ca.1870

Era filla de Francisco I Dúas Sicilias e de María Isabel de Borbón[1], e casou co seu tío, Fernando VII, en Aranjuez o 11 de decembro de 1829. Actuou como rexente durante a enfermidade e a morte do seu esposo, até que a súa filla Isabel acadase a maioría de idade e puidera chegar ao poder.

Para preservar os dereitos da súa filla ao trono de España, María Cristina apoiouse nos políticos liberais moderados, para facer fronte ao opositor da súa filla Carlos María Isidro de Borbón, que estaba apoiado polos sectores do absolutismo.

Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á Primeira Guerra Carlista. Tratou de gobernar o país por medio dun Estatuto apoiándose na figura dun liberal moderado como Martínez de la Rosa, pero a insurrección de La Granja obrigouna a volver ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra (1848) xustamente ao remate da Primeira Guerra Carlista. Ademais, durante a súa rexencia no 1833, disólvese a Xunta Superior do Reino de Galiza, dividindo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a Carta Xeométrica de Galicia, que elaborara o xeógrafo Domingo Fontán.

Renunciou á rexencia e marchou a Francia, deixando en España as súas fillas (Isabel e Luísa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara en segredo (28 de decembro de 1833), en matrimonio morganático, co sarxento Agustín Fernando Muñoz, con quen tivo oito fillos desa relación, o que lle supuxo unha boa parte da súa impopularidade cando finalmente se fixo público.

Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeneral Espartero e promoveu o levantamento frustrado de 1841. Coa caída de Espartero volveu a España, influíu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que o seu descrédito e o odio popular se estenderan.

Coa revolución de 1854 evitou o xuízo grazas á axuda de Espartero, que a permitiu fuxir. Dende aquel momento fixou a súa residencia en Sainte Adresse (Francia), onde morreu o 22 de agosto de 1878.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV., AA. (1844). Vida militar y política de Espartero. Vol. I. Madrid: Imprenta de la sociedad de operarios del mismo arte. p. 96. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]