Cistite
Aparencia
| Cistite | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Histopatoloxía dunha cistite glandular nunha biopsia citoscópica. Tinguidura con hematoxilina e eosina. | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||
|
Síntomas
| |||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
hexametilenotetramina (pt)
levofloxacin hemihydrate (en) sulfamethoxazole / trimethoprim (en) fosfomicina (pt) enoxacina tosufloxacin (en) Cefpodoxima marbofloxacin (en) nitrofurantoína (pt) ciprofloxacina (pt) carboprost (en) ofloxacina (pt) moxifloxacina (pt) gatifloxacina (pt) norfloxacino (pt) anfotericina b (pt) orbifloxacin (en) | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
A cistite[1] (do grego κύστη, "quisti", e "-itis", "inflamación da vexiga") é unha inflamación, case sempre unha infección bacteriana de Escherichia coli ou Staphylococcus saprophyticus, da vexiga urinaria. A condición afecta con máis frecuencia as mulleres, pero pode afectar ambos os sexos e de todas as idades. Pódese complicar como infección de uréteres e riles ou entrada na corrente sanguínea. Tamén se pode referir a inflamacións causadas por menciñas, radioterapia, secundaria a outras doenzas ou por potenciais irritantes, tales como produtos de hixiene, espermicidas ou o uso dun catéter por longos períodos.[2]
Síntomas
[editar | editar a fonte]- Presión na parte inferior da pelve.
- Dor ó ouriñar (disuria).
- Micción frecuente (polaquiuria), ou necesidade urxente de ouriñar (urxencia urinaria).
- Necesidade de ouriñar durante a noite (nicturia, semellante ó cancro de próstata ou HBP).
- Cor ou aspecto anormal dos ouriños (terbola), semellante a unha infección urinaria.
- Sangue nos ouriños (hematuria) (semellante ó cancro de vexiga).
- Cheiro forte ou desagradable dos ouriños.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cistite.
- ↑ "mayoclinic.org". Consultado o 24 de xuño de 2011.
