Real Observatorio de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 40°24′30″N 3°41′15″O / 40.40833, -3.68750

Fachada do observatorio.

O Real Observatorio de Madrid é unha institución científica que se atopa na cidade de MadridEspaña. Foi construído en 1790, e dende entón fíxose cargo do traballo realizado previamente polo observatorio da armada da costa de Cádiz.

É a sede do bservatorio Astronómico Nacional de España e do Observatorio Xeofísico Central, ámbolos dous administrados polo Instituto Xeográfico Nacional de España (a través do departamento de Astronomía, Xeofísica e Aplicacións Espaciais).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Reconstrución do telescopio de William Herschel, no edificio anexo para a súa exposición.

O edificio principal do Real Observatorio de Madrid, deseñado por Juan de Villanueva, comeza a construírse en 1790 no antigo cerrillo de San Blas. Situado a carón do actual Parque do Retiro na rúa de Alfonso XII. Encárgase ó astrónomo William Herschel a construción dun telescopio reflector cun espello de 60 cm de diámetro. Dada a carencia dunha tradición astronómica no país, os primeiros astrónomos do Observatorio inician a súa aprendizaxe en diversos países europeos. Porén, este empuxe inicial remata coa guerra contra Francia, que supón a dispersión do persoal e a destrución de equipos, biblioteca e edificacións provisionais. En 1834 a raíña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias nomea Director do Real Observatorio de Madrid ao ilustrado Domingo Fontán, autor do primeiro mapa (de Galicia) realizado en España con métodos científicos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Visitas al Real Observatorio" (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2016. 
  2. "Observatorio Astronómico y Meteorológico.". ISSN 1579-1076. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]