Cástor e Pólux

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dióscuros»)

Cástor e Pólux no Capitolio de Roma, obra de Michelangelo.

Na mitoloxía grega e romana, Cástor e Pólux (en grego antigo: Κάστωρ, Kástôr; e Πολυδεύκης Polydeúkês, "moi doce") foron os fillos xemelgos de Leda con Tíndaro e Zeus respectivamente, irmáns de Helena de Troia e Clitemnestra, e medio irmáns de Timandra, Febe, Heracles e Filónoe. Eran coñecidos colectivamente como Dióscuros (en grego antigo: Διόσκουροι, Dióskouroi, "fillos de Zeus"), ou como os Xemelgos (Gemini) ou Castores.[1]

Segundo o mito, os xemelgos comparten a mesma nai, porén teñen pais diferentes - o que significa que Pólux, por ser fillo de Zeus, era inmortal, mais Castor non o era. Cando Cástor foi asasinado, Pólux pediu ó seu pai que deixase que o seu irmán tamén tivese a inmortalidade, e así foron transformados na constelación Xémini. Os dous son tidos como patróns dos navegantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parramon i Blasco, Jordi (1997). Diccionari de la mitologia grega i romana. Barcelona: Edicions 62. ISBN 8429741461. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Burkert, Walter (1985). Greek Religion. Cambridge: Harvard University Press. pp. 212–13. .
  • Kerényi, Karl (1959). Thames and Hundson, ed. The Heroes of the Greeks. pp. 105–12 et passim. .
  • Maier, Bernhard (1997). Boydell & Brewer, ed. Dictionary of Celtic Religion and Culture. .