Febe (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Febe
Giocatrici-di-astragali.JPG
PaiUrano
NaiXea
CónxuxeCeo
FillosAstéria, Latona, Lelantos, sen etiquetar e Leto
editar datos en Wikidata ]

Na mitoloxía grega, Febe (en grego antigo Φοίβη, Phœbē, que significa 'brillo', era unha das Titánides, filla de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra). Hesíodo descríbea como coroada de ouro [1]. Outros epítetos que se lle aplican son a áurea Febe ou Febe a brillante.

Febe no relevo do Altar de Pérgamo que representa a Xigantomaquia

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Casou con Ceo, con quen tivo dúas fillas: Leto e Asteria[2]. Leto uniuse a Zeus e procreou a Apolo e Artemisa.

"Febe, pola súa parte, acudiu ó moi amado leito de Ceo; logo a deusa, tras quedar embarazada, deu a luz a Leto, de escuro peplo, sempre suave... Tamén pariu á famosa Asteria, á que en certa ocasión Perses levou á súa gran casa para facela a súa esposa".
(Hesíodo: Teogonía 404-411)

Recibiu de Temis o control do oráculo de Delfos, e posteriormente regalouno a Apolo no seu aniversario [3].

Outros[editar | editar a fonte]

Co nome de Febe coñécese tamén unha filla de Leucipo de Mesenia, esposa de Pólux; e unha das fillas de Helio (o Sol).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Despois Xea, deitándose con Urano procreou a Océano..., a Febe, coroada de ouro, e á amable Tetis" (Hesíodo: Teogonía 135-136).
  2. "Os descendentes dos Titáns foron... de Ceo e Febe: Asteria e Leto" (Apolodoro: Biblioteca mitolóxica Libro I, 2, 2).
  3. Esquilo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitolóxica, Alianza editorial. 3 ed. 2016.