Academo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Academo. Heroe mítico ático que, segundo a tradición axudou aos espartanos Castor e Polideuces a atopar á súa irmá Helena, que fora raptada por Teseo. O seu sartego tiña culto nunha localidade próxima a Atenas, onde foi construído un ximnasio que foi máis tarde a sede da Academia de Platón.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.