Clitemnestra

Na mitoloxía grega, Clitemnestra ou Clitemestra (en grego, Κλυταιμήστρα)[1] é unha raíña mítica de Micenas, nai de Electra e Orestes e esposa do heroe Agamenón, a quen asasinou para poder estar co seu amante, Existo.
Nacemento[editar | editar a fonte]
Leda foi seducida por Zeus en forma de cisne, mais a mesma noite na que xaceu con el tamén o fixo co seu esposo Tindáreo. Como resultado, puxo dous ovos, dun dos cales naceron Cástor e Clitemnestra, que eran fillos de Tindáreo, e do outro, Helena e Pólux, que eran fillos de Zeus. Ademais, outras irmás de Clitemnestra eran Febe, Timandra e Filónoe.[2][3]
Voda con Agamenón[editar | editar a fonte]
Casou en primeiras nupcias con Tántalo, fillo de Broteas ou, segundo outras fontes, de Tiestes. Tralo asasinato do seu esposo e o seu fillo acabado de nacer a mans de Agamenón, este foi obrigado polos Dioscuros a casar con Clitemnestra. Como esposa de Agamenón, tivo catro fillos: Electra, Ifixenia, Orestes e Crisótemis.[4] Porén, nalgunhas tradicións dise que Ifixenia era en realidade filla da súa irmá Helena e de Teseo, mais que foi criada por ela.[5]
Sacrificio de Ifixenia[editar | editar a fonte]
Cando toda a frota aquea estaba no porto de Áulide disposta a partir a loitar na guerra de Troia, Agamenón gañou a cólera da deusa Artemisa. Por mor disto, a frota estaba detida sen poder partir pola ausencia de ventos favorables.
O adiviño Calcante foi interrogado para saber como aplacar á deusa, e a resposta foi que había que sacrificar á filla máis fermosa de Agamenón en nome da deusa Artemisa, para que esta os deixase partir. Nun principio, o rei negouse, mais presionado polo seu irmán Menelao, tivo que enviar unha mensaxe a Clitemnestra para que mandase chamar á súa filla Ifixenia dende Micenas até Áulide co pretexto de casala con Aquiles. Logo, Agamenón tratou de impedir o sacrificio enviando secretamente outra carta a Clitemnestra n que lle dicía que non enviase á súa filla, mais esta carta foi interceptada e non chegou ao seu destino. Ao non haber outra solución, Agamenón consentiu facer o sacrificio.
Nalgunhas versións, Clitemnestra acompañou a súa filla nesa viaxe. Segundo conta a versión máis coñecida, cando Ifixenia chegou e o sacrificio se ía realizar, a deusa apiadouse da moza e puxo no seu canto unha cerva. Levou a Ifixenia a Táuride, onde a converteu na súa sacerdotisa.[6][7][8] Segundo conta Hesíodo, Artemisa salvou a vida de Ifixenia e converteuna na deusa Hécate.[9]
Porén, existen variacións sobre o tema: segundo a versión de Sófocles, o sacrificio si ocorre, e xustifica que Clitemnestra, en vinganza pola morte da súa filla, mate a Agamenón ao volver da Guerra de Troia.[10]
Vinganzas[editar | editar a fonte]

Agamenón puxera a Clitemnestra baixo a vixilancia dun aedo, mais Existo, curmán de Agamenón, levouno a unha illa deserta e seduciu a Clitemnestra, que se converteu así na súa amante.[11] Clitemnestra fora predisposta a cometer adulterio debido a que Nauplio percorrera Grecia para difundir novas a diversas raíñas de que os seus maridos estaban a tomar concubinas durante a guerra de Troia.[12]
Cando Agamenón regresou a Micenas, ámbolos dous asasinárono, mentres este puña unha túnica que carecía de orificios para os brazos e a cabeza. Logo asasinaron a Casandra, unha princesa e adiviña troiana que Agamenón trouxera canda si.
Clitemnestra e Existo reinaron en Micenas e tiveron unha filla, Erígone, mais varios anos máis tarde morreron a mans de Orestes, que fora posto a salvo pola súa irmá Electra e vingou así a morte do seu pai.[13]
Tumba de Clitemnestra[editar | editar a fonte]

Existía a tradición de que a tumba de Clitemnestra estaba situada, como a de Existo, nun lugar fóra do recinto das murallas de Micenas.[14]
A comezos do século XIX descubriuse fóra das murallas de Micenas unha tumba de cúpula que fora datada no século XIII a. C. e que máis tarde foi chamada «tumba de Clitemnestra». Esta tumba atópase ao sueste do chamado círculo de tumbas B.[15]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A forma «Clitemnestra», que se impuxo no uso, é en realidade unha deformación serodia de época bizantina, e é debida a unha falsa conexión etimolóxica co verbo «μναoμαι»: «lamentar». (Orestíada; edición na Loeb Classical Library de Alan Sommerstein, introdución, p.x, 2008).
- ↑ Biblioteca mitolóxica III, 10, 6 e 7.
- III, 10, 4 - 7: texto francés.
- III, 10, 6 e 7: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; ed. de 1921 de James Frazer na Loeb Classical Library. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- 6; 7.
- III, 10, 6 e 7: texto grego en Wikisource.
- 6; 7.
- III, 10, 6 e 7: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; ed. de 1921 de James Frazer na Loeb Classical Library. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- III, 10, 4 - 7: texto francés.
- ↑ EURÍPIDES: Ifixenia en Áulide 50.
- Texto español no sitio InterClassica, da Universidade de Murcia; tradución de Germán Gómez de la Mata.
- Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus Na parte superior derita atópanse os rótulos activos "focus" - para cambiar ao texto grego de 1913 de Gilbert Murray (1866 - 1957) - e "load" - para o texto bilingüe -.
- Texto español no sitio InterClassica, da Universidade de Murcia; tradución de Germán Gómez de la Mata.
- ↑ Biblioteca mitolóxica: Epítome II, 16.
- II, 10 - 16: texto francés.
- II, 16: texto inglés no Proxecto Perseus, coas características sinaladas antes.
- II, 16: texto grego en Wikisource.
- II, 16: texto inglés no Proxecto Perseus, coas características sinaladas antes.
- II, 10 - 16: texto francés.
- ↑ Pausanias: Descrición de Grecia II, 22, 6.
- II: texto español.
- II, 22, 6: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; trad. de 1918 de W.H.S. Jones et al. publicada na Loeb Classical Library. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- II, 22, 6: texto grego en Wikisource.
- II, 22, 6: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; trad. de 1918 de W.H.S. Jones et al. publicada na Loeb Classical Library. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- II: texto español.
- ↑ Epítome III, 21 e 22.
III: 21; 22.
- III, 21 e 22: texto grego en Wikisource.
- ↑ Hixino: Fábulas (Fabulae).
- 98: Ifixenia (Iphigenia).
- Texto inglés no sitio Theoi.
- Texto latino no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
- Ed. de 1872 en Internet Archive: texto latino en facsímile electrónico.
- Texto inglés no sitio Theoi.
- 98: Ifixenia (Iphigenia).
- ↑ Ifixenia en Áulide.
- ↑ Véxase o artigo adicado a Ifixenia.
- ↑ Sófocles: Electra.
- ↑ Odisea III, 256.
- 253 e ss.: texto español en Wikisource.
- 250 e ss.: texto grego en Wikisource.
- 253 e ss.: texto español en Wikisource.
- ↑ Epítome VI, 9.
- VI, 5 - 11: texto francés.
- VI, 9: texto inglés, coas características sinaladas antes.
- VI, 9: texto grego en Wikisource.
- VI, 9: texto inglés, coas características sinaladas antes.
- VI, 5 - 11: texto francés.
- ↑ Epítome VI, 23 - 25.
- VI, 23 - 25: texto francés.
- VI: texto inglés, coas características indicadas antes.
- 23; 24; 25.
- VI, 23 - 25: texto grego en Wikisource.
- 23; 24; 25.
- VI: texto inglés, coas características indicadas antes.
- VI, 23 - 25: texto francés.
- ↑ Descrición de Grecia II, 16, 6.
- II: texto español.
- II, 16, 6: texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
- II: texto español.
- ↑ SPAZARI, Elisavet; PETROPOLU; Kelli: Corinto - Micenas - Nauplión - Tirinto - Epidauro.