Conversa usuario:Estevoaei/2023

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Moving files to Commons[editar a fonte]

Hello and a late Happy New Year! I noticed that you have not been working on files very much for some time. Is there any reason other than too much to do and too little time? Is there anything that needs to be done before files can be moved to Commons? --MGA73 (conversa) 13 de xaneiro de 2023 ás 08:09 (UTC)[responder]

Hi, @MGA73:! Effectively, the main reason is too little time. Most of remaining pictures have the information. Thanks for remind me this, I'll try to retrieve the project. Kind regards! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xaneiro de 2023 ás 09:01 (UTC)[responder]
Hi! Lack of time is a very good reason. Let me know if you find anything you think I can help with. --MGA73 (conversa) 13 de xaneiro de 2023 ás 18:45 (UTC)[responder]
Also lack of time that these are not deleted Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons or is there a problem? --MGA73 (conversa) 28 de febreiro de 2023 ás 12:51 (UTC)[responder]

Depuración de moluscos[editar a fonte]

Pediches referencias para o artigo Depuración de moluscos. Mira ver se xa ten referencias abondo e saca, se procede, o marcador. Pedro Lameiro (conversa) 20 de xaneiro de 2023 ás 23:27 (UTC)[responder]

Grazas polas achegas, @Lameiro:. O artigo quedou fetén :) --Estevo(aei)fálame aquí 22 de xaneiro de 2023 ás 09:14 (UTC)[responder]

Rev. edición[editar a fonte]

Ola, Estevo. Motivara a reversión na conversa: [1] Saúde! --Atobar (conversa comigo) 7 de febreiro de 2023 ás 16:17 (UTC)[responder]

Marga Gil Roësset e Carlos Martínez-Barbeito[editar a fonte]

Bos días.

Entendo a túa reedición na entrada de Marga Gil Roësset pero creo que o roubo e reaparición do diario de Marga Gil estaba bastante motivado para merecer un epígrafe propio ou algún tipo de destacado: son feitos posteriores á morte de Marga Gil e no que entra xente non relacionada nin con Juan Ramón nin con Marga Gil anteriormente, e explican a traxectoria do diario.

Igual digo para a reedición de Carlos Martínez-Barbeito e a súa participación no saqueo da casa de Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí. É algo máis que a traxectoria literaria e profesional, non?

Un saúdo!

@195.254.149.12: Ola! O habitual é incluír na sección xenérica "Traxectoria" os feitos vitais en orde cronolóxica, máis alá de que non sean específicos da carreira artística ou profesional (por exemplo, no artigo de Francisco Fernández del Riego trátase a súa participación na guerra civil española), polo que seguín ese criterio ao modificar os contidos no artigo do Martínez-Barbeito.
No caso da Marga Gil, como xa había unha sección "Relación con Juan Ramón Jiménez e morte" incluín o saqueo do diario nese apartado, ao estar directamente relacionado con JRJ por acontecer no seu piso. Dito apartado xa incluía feitos posteriores á morte da escultora (publicación póstuma en 1933), polo que entendo que tamén ten cabida o saqueo. Como o ves?
Anímote a te rexistrares cunha conta de usuario, para facilitar a comunicación :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 9 de febreiro de 2023 ás 12:30 (UTC)[responder]
Moitas grazas! E si, rexistrareime 195.254.149.12 9 de febreiro de 2023 ás 12:48 (UTC)[responder]

Revision[editar a fonte]

Boas tardes. Estou creando a paxina sobre Mia Bardolet, e me gustaria que lle botaras un ollo, para que vexas como vai. Mais que nada por si vai ben asi redactado, ou polo contrario se me estou recreando demais O que me queda por poñer son as taboas de resultados nas probas que participou Icaro106 (conversa) 10 de febreiro de 2023 ás 15:57 (UTC)[responder]

Ola, @Icaro106: A estrutura do artigo vai ben, pero lembra a importancia de citar a orixe da información. É importante indicar as fontes nas que baseas o texto. Engade as táboas, e cando remates bótolle un ollo á ortografía, o formato e as categorías, paréceche? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de febreiro de 2023 ás 16:57 (UTC)[responder]
Perfecto. Alguns detalles que puxen, son palabras do propio piloto, e dos copilotos, en conversa persoal con eles. De todas formas toda a informacion de citas que poida poñer a poño Icaro106 (conversa) 10 de febreiro de 2023 ás 17:38 (UTC)[responder]
Xa esta listo. Botalle un ollo cando teñas tempo.
Un saudo Icaro106 (conversa) 11 de febreiro de 2023 ás 17:52 (UTC)[responder]

Ola, Estevo. Podes botarlle unha ollada á ficha xeral en Commons para a entrada de Álvaro Cunqueiro e confirmar se ese nome que lle adxudican é correcto ou produto dun vandalismo? Dígoo non polo Álvaro Cunqueiro Mora senón pola apostila Carrión De la Ghetto. Non sei, non sei... Grazas! --Atobar (conversa comigo) 3 de marzo de 2023 ás 19:35 (UTC)[responder]

@Atobar: Era un vandalismo; un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de marzo de 2023 ás 19:38 (UTC)[responder]

Ilves Naiset Akatemia[editar a fonte]

Boas Estevo! Grazas por revisar os artigos que vou creando e arranxar cousas cando é preciso. Eliminei o marcador "sen interwikis" do artigo do Ilves Naiset Akatemia, efectivamente non ten interwikis porque non os hai, o artigo só está na Galipedia. Graciñas, Piquito (conversa) 7 de marzo de 2023 ás 23:27 (UTC)[responder]

@Piquito: Grazas por comprobalo! Por favor, ao creares artigos novos sen correspondencia noutras Wikipedia, créalles tamén o elemento en Wikidata, para que se algún día alguén redacta un artigo sobre tal elemento noutra lingua, o poida ligar. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de marzo de 2023 ás 01:05 (UTC)[responder]

Logotipo do Team Kuortane[editar a fonte]

Boas compañeiro! Veño de subir o Ficheiro:Team Kuortane logo.png, que segundo o subido na Wikipedia en lingua inglesa ten dereitos de autoría... con todo, o que vexo eu é que o logo non é máis que o logo do Comité Olímpico Finlandés (que non ten dereitos) cun texto á dereita, polo que na miña opinión o fai apto para subirse ao proxecto. Cal é a túa opinión? Se concordas, poderías pasalo a Commons? Graciñas! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 22:37 (UTC)[responder]

@Piquito: Movido a Commons. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de marzo de 2023 ás 07:44 (UTC)[responder]

Axuda con Wikidata[editar a fonte]

Ola, Estevo. Preciso axuda con Wikidata. Tentaba crear a Categoría de Profesores da Universidade Aberta de Cataluña e vin que estaba creada a de "Personalidades da Universidade Aberta de Cataluña". Como estaba con dous artigos abertos e vin que esta páxina tiña o marcador seniw, cruzáronseme os cables, e liguei Categoría:Personalidades da Universidade Aberta de Cataluña, con Categoría:Profesores de la Universidad Abierta de Cataluña; de es:wiki. Tentei desfacer todo o lío pero no dou modificado ou eliminado o número de wikidata e, polo tanto, non podo ligar Categoría:Profesores da Universidade Aberta de Cataluña (do noso wiki) co do wiki español porque, evidentemente, aparece que xa está ligado.

Espero haberme explicado. Podes ti desensarillar todo isto? Grazas infinitas, porque xa levo un cacho e cada vez o entendo menos.En fin, animaliño. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 15 de marzo de 2023 ás 18:26 (UTC)[responder]

Ola, @MAGHOI:. Feito! Feito!! Primeiro desliguei Categoría:Personalidades da Universidade Aberta de Cataluña de d:Q20877770, e logo enlacei Categoría:Personalidades da Universidade Aberta de Cataluña con ca:Categoria:Professors de la Universitat Oberta de Catalunya, co que de forma automática xa se ligou a través de Wikidata coa correspondente categoría en es.wiki. Agora cumpriría facerlle o Q correspondente a Categoría:Personalidades da Universidade Aberta de Cataluña, que volve estar sen interwikis, pois ningunha outra Wikipedia ten categoría semellante. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de marzo de 2023 ás 19:54 (UTC)[responder]
Grazas. Estevo. Sobre o de colocarlle o "Q", diso, non teño nin idea. Onde se pode mirar. Por certo, como consguiches desligar? Saúdos. MAGHOI (conversa) 15 de marzo de 2023 ás 20:31 (UTC)[responder]
Se entras en d:Q20877770, na parte inferior (ou á dereita se tes pantalla grande) aparéceche o enlace aos proxectos Wikipedia (neste caso, ca, es e gl); se lle dás a "editar", aparéceche a icona dun caldeiro do lixo, e podes eliminar o link correspondente. Ou ao revés, podes engadir outro, e xa engadirías de forma automática as interwikis, mais isto tamén o podes facer desde a propia Wikipedia; na columna da esquerda, na parte inferior, onde aparecen as interwikis (eu manteño a visión antiga), se non ten ningunha interwiki (por exemplo Categoría:Personalidades da Universidade Aberta de Cataluña) aparéceche en cor gris "engadir ligazóns"; clicas aí, e dislle o link correspondente noutra lingua e xa enlaza co resto. Non sei se me expliquei ben. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de marzo de 2023 ás 20:38 (UTC)[responder]
Grazas de novo. Saúdos. MAGHOI (conversa) 16 de marzo de 2023 ás 11:33 (UTC)[responder]

Bom dia, querido Estevoaei, como estàs? Gracias por ter-me contatado. Procurè colocar la tu indicaciòn na Discusiòn, mas o link fica rojo, potquer? Podrias ajudarme tu? Grazie mille e buen final de semana. Rei Momo (conversa) 24 de marzo de 2023 ás 10:03 (UTC)[responder]

@Rei Momo: Ola! Empregou mal o modelo; fixen mudanzas para axeitar a sintaxe. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de marzo de 2023 ás 10:08 (UTC)[responder]
Grazie mille!!! Se tienes ocasiòn de passar por Caselle Landi, yo abito à 500 metros de la plaça principal (una sola)!!! Rei Momo (conversa) 24 de marzo de 2023 ás 10:32 (UTC)[responder]

Foto en Compostela[editar a fonte]

Boa tarde, Estevoaei! Si, non te preocupes, a ver se a podo facer mañá ou o luns, que é cando volvo á Catedral. Se por calquera cousa ves que tardo en contestar, relembramo porfa. Ah, e xa sabes que a cámara do meu móbil non é moi boa, así que te pido desculpas por adiantado polo resultado. Apertiñas! Castelao (conversa) 20 de abril de 2023 ás 15:55 (UTC)[responder]

Buenas dias, querido Estevoaei, como estàs? Yo muy bien.

He abierto esta nueva pagina, con tambièn el modelo traduciòn en la pagina Discusion. Por favor, tendrias 3 minutos por un contextito rapido? Grazie mille por todo y hasta luego!!! Rei Momo (conversa) 27 de abril de 2023 ás 07:55 (UTC)[responder]

Cine Imatra[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Entre outros artigos ando a traballar no do Cine Imatra que ardeu en Tampere en 1927, o caso é que non vexo imaxes libres da época para ilustalo, polo que teño varias preguntas. Facer unha captura da portada dun xornal da época onde sae a nova é posible? E a última e que máis me interesa: se copio as letras do cine (eran características) as podo subir sen problema? Graciñas, Piquito (conversa) 3 de maio de 2023 ás 10:28 (UTC)[responder]

Ola @Piquito:! En Finlandia unha foto de 1927 estaría en dominio público se a persoa autora morreu antes de 1953. segundo en:List of countries' copyright lengths. Se sobes a Commons un xornal da época (c:Category:Newspapers of Finland) mételle {{PD-old}}. Respecto á tipografía, entendo que entraría como {{PD-text}}. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de maio de 2023 ás 11:17 (UTC)[responder]

Sherwood Foresters, Gran Hermano (España) e Triciclo[editar a fonte]

Na miña defensa direi que eu so os mexorei, antes eran todos bosquexos, e agora xa están medio decentes. Pero entendo as tuas preocupecions e intentarei arreglarlos. Destructo 21 (conversa) 19 de maio de 2023 ás 14:35 (UTC)[responder]

Hey Estevoaei!

There are around 180 photos from Lugo in Categoría:All_free_media. I can't rename them locally (I do not have the user rights to do so).

But I wonder if we (you) should just rename them from Ficheiro:100 1600.JPG to Ficheiro:Lugo 100 1600.JPG (so just adding "Lugo" to all the file names. If you rename all the files the same way I think it should be easy to change the local usage to the new name.

Most files have a location but it may be a little off. So there is a risk that naming the file Ficheiro:Lugo, 2 Rúa Armórica.JPG is not 100 % correct. But if you prefer we (you) could also go for the more descriptive name.

I can rename files when I move them to Commons. But I think you once said you prefer to rename locally so the file name on gl.wiki and Commons is the same. --MGA73 (conversa) 21 de maio de 2023 ás 18:17 (UTC)[responder]

Hi, @MGA73: I think it's a good idea; I'l' start remaning the files in gl.wiki according your suggestion. I'll do it in groups of 5, or so, fixing the links to the files. One more time, thanks a lot for your help. --Estevo(aei)fálame aquí 22 de maio de 2023 ás 12:06 (UTC)[responder]
Great! Then the files can soon be moved to Commons. --MGA73 (conversa) 22 de maio de 2023 ás 13:24 (UTC)[responder]
I moved some of the files not from Lugo to Commons. I think some may not be accepted on Commons so I added a reason in {{Non verificada}}. When you have some time you can reade it and either fix the problem, delete the file or ignore it and keep it locally for now. --MGA73 (conversa) 23 de maio de 2023 ás 14:28 (UTC)[responder]

It seems to work fine that you rename the files :-) --MGA73 (conversa) 29 de maio de 2023 ás 17:09 (UTC)[responder]

I noticed that there are 4 files without a license. For some of the files there were a license but it was removed. Probably because it was not thought to be the correct license. See Usuario:MGA73/Sandbox2. We ould add he old license but I do not think the files would be okay for Commons. --MGA73 (conversa) 2 de xuño de 2023 ás 12:52 (UTC)[responder]

Yay! All Lugo-files are done! If someone have time to spare there are 700 files in c:Category:Files from gl.wiki to check. The best would be if someone check the files (description and category) and remove the category once checked.

Anyway I added a {{Non verificada}} to the 4 files without a license and all the remaining files are in Categoría:Imaxes por tema. I think there are nothing left for me to do here because the last files can't be moved to Commons.

It was fun being a part of the cleanup project. :-) --MGA73 (conversa) 3 de xuño de 2023 ás 17:48 (UTC)[responder]

Dear @MGA73: one more time, thanks a lot for your help. You deserve a fair-style octopus if you ever come to Galicia. I'll try to fix or delete the 27 remaining pictures. Kind regards! --Estevo(aei)fálame aquí
Happy to help! Actually I never tasted octopus :-) --MGA73 (conversa) 4 de xuño de 2023 ás 10:15 (UTC)[responder]

Consulta técnica[editar a fonte]

Ola, Estevo. Que tal vai todo? Deixei na Taberna, no apartado técnico, unha consulta pero por se tes idea sobre como resolver ese problema cho indico tamén a ti. Está aquí. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 25 de maio de 2023 ás 18:44 (UTC)[responder]

Hip hop e música afroamericana[editar a fonte]

Boas @Estevoaei! Como vai?

Estou dándolle unha volta aos artigos de Rap, Hip hop e relacionados. Teño unhas dúbidas que puxen en Conversa:Hip hop e Conversa:Música negra, aínda sen reposta. Se me puideras botar unha man con iso estaríache moi agradecido!

Saúdos!


O Breixo (conversa) 30 de maio de 2023 ás 16:36 (UTC)[responder]

Ola, @Breixo:! No caso de Música negra comprendo os teus argumentos, e coido que o movemento ten sentido. Sería guai termos na Galipedia os dous artigos, distinguindo ambos os aspectos. Respecto a Hip hop, anímote a mover o artigo actual a Cultura hip hop e a crear o artigo Música hip hop, co cal podería quedar a entrada actual como páxina de homónimos. UN saúdo, e grazas polas túas achegas! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de maio de 2023 ás 19:42 (UTC)[responder]
Grazas pola resposta @Estevoaei.
Estiven facendo uns cambios no artigo de gl:MC agora gl:mestre de cerimonias, e descubrín que as categorías en:Category:Rappers, es:Categoría:Raperos ou pt:Categoria:Rappers na galipedia está como Categoría:Mcs e Categoría:Mcs de Galicia. Penso que a palabra "rapeiro/a" e ben máis común en Galicia ca MC, que responde máis ben a orixe dos rapeiros.
Propoño cambiar a: Categoría:Rapeiros e Categoría:Rapeiros de Galicia.
Non sei se debería propor esto por aquí, nin se podería facelo eu persoalmente, ainda non conseguín entender ao 100% como funciona o sistema das categorías.
Un saúdo e grazas por todo! O Breixo (conversa) 7 de xuño de 2023 ás 16:12 (UTC)[responder]
Ola, ~@O Breixo:. Pois efectivamente ten sentido o que comentas. Anímote a modificarlles o nome. Se abres Categoría:Mcs podes ver nunha das lapelas superiores a opción "mover", que serve para lle mudar o nome mantendo de forma automática as propiedades. Cumpriría despois, iso si, mudarlles a categoría aos artigos nela incluídos, pero para iso podes axudarte da ferramenta Cat-a-lot, que podes activar seleccionándoa nas túas preferencias de usuario. Se queres proba a facelo ti mesmo para ir aprendendo, e se acaso tes algún problema bótoche unha man. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xuño de 2023 ás 19:18 (UTC)[responder]

Helsingin Jalkapalloklubi[editar a fonte]

Boas Estevo. Sei que che gusta o fútbol e tes visto partidos cando viaxas, poderías darlle unha revisión ao artigo do Helsingin Jalkapalloklubi que traducín hai uns meses a ver se a terminoloxía está ben? E non teño moita idea, de feito nin sequera vin nunca un partido do HJK (nin de ningún outro equipo finlandés) nin en directo nin na tele, jajaja. Saúdos! Piquito (conversa) 20 de xuño de 2023 ás 13:42 (UTC)[responder]

Ola, @Piquito: Boteille un ollo en diagonal; retirei algunhas oracións en pasiva e algúns "ter + infinitivo" innecesarios, e tamén mudei algúns antepretéritos por subxuntivo (-ara -> -ase). Respecto á terminoloxía especificamente deportiva coido que non ten demasiado aquel, pero hei mirar con vagar por se renxe algunha cousa. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de xuño de 2023 ás 14:13 (UTC)[responder]

por se interesa[editar a fonte]

Saúdos Maria zaos (conversa) 5 de xullo de 2023 ás 15:18 (UTC) Maria zaos (conversa) 5 de xullo de 2023 ás 15:59 (UTC)[responder]

consultas lugares[editar a fonte]

Sobre o que consultabas, mira Petscan. Déixoche os SPARQL por se queres buscar outras cousas.


SPARQL lugares sen coordenadas: https://w.wiki/6$xf e artigo en glwiki https://w.wiki/6$xx

SPARQL lugares con coordenadas https://w.wiki/6$xf e artigo en glwiki https://w.wiki/6$xt

Petscan

25341625.coordenadas en Wikidata, pero sen {{coordenadas} {coordenadas de Wikidata} en wikipedia gl

25341655 coordenadas en Wikidatada e {coordenadas} en wikipedia gl

25341669.non ten coords en Wikidata e si {coordenadas} en wikipedia gl

Saúdos


Maria zaos (conversa) 11 de xullo de 2023 ás 16:21 (UTC)[responder]

Problema[editar a fonte]

Ola Estevo. Acudo outra vez a ti, porque desta volta metín a zoca ben metida. Estiven comprobando o artigo Patxi Xabier Lezama Perier que tiña un feixe de referencias de calquera maneira e, ás veces, sen relación directa co contido. Cando xa case estaba, quixen comprobar as se había máis información noutros wikis e saiume un outro artigo Fran Lezama Perier, que tamén estaba en galego polo que deducín -erroneamente- que eran o mesmo (o curioso era que coincidía gran parte do contido e había algunha inconsistencia; ademais Patxi, en éuscaro, é unha forma de denominación de Francisco, igual que Fran). Como tiña que marchar, pensando que estaba repetido, deixeino coa marca de Fusión para outro momento.

Esta mañá, levei a cabo a fusión dos artigos e, os poucos, un usuario, dun dos artigos me indicou que en realidade eran dous irmáns. Intenteí desfacer a fusión pero non dou. Recuperei o artigo de Patxi Xabier Lezama Perier coas correccións (eleiminado o contino que non lle corresponde) pero non sei como recuperar o de Fran Lezama Perier, non sendo copiando e pegando o contido, co que se perdería o historial.

Lamento moitísimo esta desfeita e espero que teña amaño e non che cause moita perturbación. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 12 de xullo de 2023 ás 16:50 (UTC)[responder]

Ola, @MAGHOI:; coido que acabo de desvestir un santo para vestir outro. Recuperei unha edición vella do artigo de Patxi para recuperar o contido de Fran Lezama Perier, pensando que podería despois recuperar no historial o de Patxi Xabier Lezama Perier. Diría que non vai quedar outra que copiar e pegar, e deixar un aviso na páxina de conversa. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de xullo de 2023 ás 20:55 (UTC)[responder]
Boas, Estevo. Coido que así quedou perfecto, tanto un como outro artigos. O de Patxi xa case estaba, agora amañarei o de Fran. Grazas de novo. MAGHOI (conversa) 13 de xullo de 2023 ás 09:19 (UTC)[responder]

Colección Destinolibro[editar a fonte]

Ola Adrián.

Fixen "Destinolibro", pero teño lagoas.

Por un casual, non serías ti quen de completar algúns títulos?: números: 292, 308, 356, 357, ... (son uns 20).

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 2 de agosto de 2023 ás 12:39 (UTC)[responder]

Bo día, @HombreDHojalata:! Estiven fedellando pero non atopo ren; busquei tamén se é que existen o 498, 499 e 500, pero tampouco atopei. En fin, parabéns polo traballo de todos os xeitos, que a lista quedou fetén. Teño pendente desde hai anos facerlle o artigo a varios deses libros, entre eles os de autores como Cela, Cunqueiro, Torrente Ballester ou Alfredo Conde, mais tamén outros como La torre herida por el rayo, El Jarama ou Nada, e quizais me anime agora a darlle. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de agosto de 2023 ás 07:01 (UTC)[responder]

Grazie mille, querido amigo!!! Hasta luego!!! Rei Momo (conversa) 6 de agosto de 2023 ás 08:12 (UTC)[responder]

You have been a medical translators within Wikipedia. We have recently relaunched our efforts and invite you to join the new process. Let me know if you have questions. Best Doc James (talk · contribs · email) 12:34, 2 August 2023 (UTC)

Vandalización con insultos[editar a fonte]

Bo día Estevoaei! Que tal? Vin que recibín o aviso dunha mensaxe que un usuario puxo na miña páxina de conversa o insulto "tú eres gilipollas" a continuación da primeira mensaxe de benvida que me enviaras tu cando empecei a contribuir na galipedia. Non me explico por que esa persoa me enviou esa mensaxe.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 22 de outubro de 2022 ás 14:50 (UTC) Grazas!--MJSB73MP (conversa) 22 de outubro de 2022 ás 14:54 (UTC) Tu eres gilipollas.

Como podo evitar esas mensaxes e eliminala da miña páxina? Penso que non se deben permitir insultos a ninguén e menos se se contribúe con artículos ben estruturados, con fontes, traducindo artigos, etc seguindo as normas de estilo da Galipedia, xa que quitan as ganas de seguir contribuíndo. Un saúdo!--MJSB73MP (conversa) 17 de agosto de 2023 ás 08:01 (UTC) PD: Acabo de ver que teño unha mensaxe indicando que MAGHOI eliminou o insulto. Graciñas! --MJSB73MP (conversa) 17 de agosto de 2023 ás 08:06 (UTC)[responder]

Ola, @MJSB73MP: Como che comentou @MAGHOI:, non hai que darlle maior importancia. Como podes ver aquí, as únicas dúas achegas desde esa IP foron insultos, a ti e mais a fr:Utilisateur:Vatekor. É posible que sexa a mesma persoa que de forma recorrente vandaliza o artigo Pontevedra desde diferentes IPs. Eu non lle daría maior importancia. Moito ánimo, e mil grazas polas túas achegas ao coñecemento libre. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de agosto de 2023 ás 09:42 (UTC)[responder]
Grazas Estevo(aei)! É triste que haxa xente así, esperemos que esas condutas pouco cívicas non se reproduzan! MJSB73MP (conversa) 17 de agosto de 2023 ás 11:34 (UTC)[responder]

Aplicación das políticas[editar a fonte]

Boas Estevoaei. O pasado día 19 de agosto un usuario abriu unha votación para artigo destacado sobre Galicia, concretamente a Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Arsenio Iglesias, ata aí todo ben, con todo, un día despois (20 de agosto) o mesmo usuario, sen consulta previa á comunidade e sen pechar a votación, editou o resumo de portada (como podes ver aquí). Eu revertín a edición sinalando que "A votación para o artigo leva aberta un día. A votación non está pechada. O período de votacións, de acordo coa política é de 15 días. Non se consultou á comunidade se concordaba con acurtar o período de votación" e marquei a páxina co marcador de "lixo" para que algún administrador a borrara (algo que non ocorreu). A partir de aí comezou unha guerra de edicións ata que finalmente vin que o usuario en cuestión marcou a páxina como "en uso" para tentar evitar que eu novamente revertira a súa edición. Eu non son administrador e xa fixen máis do que debía, polo que te pido que sexas ti (como administrador) quen se poña en contacto co usuario para sinalarlle que a política de votacións establece uns prazos e que non pode unilateralmente saltalos porque si, xa que a política foi debatida, consensuada e votada pola comunidade. Este feito pode crear un precedente que logo complique o bo funcionamento do proxecto, xa que abre a porta a que calquera poida pechar votacións ou facer efectivos os resultados dunha votación antes de que esta finalice, provocando mesmo que fora preciso revisar gran cantidade de artigos, e polo tanto perder unha boa cantidade de tempo. Ben é certo que era preciso abrir a votación porque non había artigo destacado para o mes de setembro e que tiña cinco votos, pero iso non xustifica en ningún caso a actuación polas bravas sen consenso da comunidade (eu tería votado a favor de acurtar o prazo, pero opóñome a que a votación se peche antes se non se lle consulta á comunidade), no peor dos casos o artigo sairía na portada o día 3 de setembro (que non é un gran desfase), ademais, con cinco votos e quedando máis de dez días pode que a votación non saia adiante se dúas persoas votan en contra (o cal é posible). Non considero que non haxa mala fe, xa que se o usuario tivera actuado sen mala fe, no momento no que eu lle tivera sinalado os motivos de borrado da páxina tería consultado á comunidade se concordaba co procedemento en lugar de xogar co sistema insistindo por dúas veces en reverter o borrado da páxina. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de agosto de 2023 ás 11:31 (UTC)[responder]

Fusión de historiais[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Acabo de fusionar os artigos Rana temporaria parvipalmata e Ra vermella. Poderías encargarte de fusionar os historiais? Mark Gasoline (conversa) 25 de agosto de 2023 ás 18:14 (UTC)[responder]

Revisión Armindo Pintos Crespo[editar a fonte]

Boas! Favorciño: Armindo Pintos Crespo aparece finado en eswiki catwiki e wikidata, pero a refencia que atopo é a de Wikidata e deixa que desexar. Poderías encargarte de verificalo e corrixir o artigo e o Q se é así? Graciñas! Maria zaos (conversa) 30 de agosto de 2023 ás 15:26 (UTC)[responder]

Persoeiros[editar a fonte]

Entón, a xente notable dunha vila, como se une categóricamente á vila? A ligazón da persoa á vila pode ser no propio texto, por nacemento,, morte, vida..., pero da vila á persoa? Agremon(contacto) 8 de setembro de 2023 ás 12:59 (UTC)[responder]

Campaniense ou Campaniforme[editar a fonte]

Boas @Estevoaei, vin que cambiaches "campaniense" por "campaniforme", non son un profesional no tema pero penso que son dúas cousas distintas. A cerámica campaniense sería a procedente da época romana da zona de Campania, e a campaniforme simplemente fai alusión a forma de campá de moitas pezas (definición da RAG) ou á cultura do vaso campaniforme que é moito anterior.

Teño libros en galego (pendentes de citar) na que chaman "campaniense" a cerámica de verniz negro feita durante a república romana.

Espero a túa resposta, un saúdo! O Breixo (conversa) 15 de setembro de 2023 ás 08:37 (UTC)[responder]

Oh! Moitas grazas pola aclaración, @O Breixo:. Procedo a restaurar o título do artigo, á espera das referencias para o nome en lingua galega. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de setembro de 2023 ás 08:42 (UTC)[responder]

Te apuntaràs ?[editar a fonte]

He visto tu agradecimiento a mi pàgina de discussión. Espero contar con tu ajuda. Amadalvarez (conversa) 22 de setembro de 2023 ás 11:13 (UTC)[responder]

Grace Wan[editar a fonte]

Por que eliminas o artigo de Grace Wan. Non permitir tradución automática, pero pode axudarme o artigo en lingua galega? Dobët100 (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 07:32 (UTC)[responder]

Missing Article[editar a fonte]

Falta un artigo para Grace Wan na Wiki en galego. Prefiro que non falte ningún artigo no seu sitio web, por iso engado artigo para que non falte. Podes axudarme a traducir este artigo ao galego? Dobët100 (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 07:40 (UTC)[responder]

Revisión dun artigo[editar a fonte]

Ola Estevo. Acabo de facer unha ampliación no artigo motoserra. Poderías botarlle un olliño? Agora non creo que teña investigacións orixinais. Non é moi extenso, levarache pouco tempo revisalo. O usuario que puxo o marcador de investigacións orixinais foi Banjo, pero el leva máis de 2 anos sen editar. Mark Gasoline (conversa) 10 de outubro de 2023 ás 16:03 (UTC)[responder]

Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia[editar a fonte]

Penso que non está desactualizado, coido que non se volveu a convocar o concurso dende o ano 2017. Non sei se nun futuro se volvera a celebrar ou se concluíu definitivamente. --Dodro (conversa) 12 de outubro de 2023 ás 08:36 (UTC)[responder]

crop tool[editar a fonte]

Boas, non me vai o croptool. Penso que podería interesarche recortar a primeira pola esquerda desta imaxe xa que achegaría unha foto a Izabela Lutoslawska. Graciñas! 64.225.168.226 16 de outubro de 2023 ás 14:11 (UTC)[responder]

Paso do tempo ou paso dos pés...[editar a fonte]

Estimado Estevo, antes de nada compre dicir que estou moi agradecido polas correccións que fas nas miñas entradas na Wikipedia. Teño tendencia a unha escritura máis florida do que é axeitado para unha enciclopedia (por non falar das miñas innumerables faltas ortográficas e gramaticais).

Pero nesta ocasión non estou de acordo cun cambio que fixeches, inda que sexa unha cuestión tan menor que case da vergonza.

Nunha das últimas actualizacións sobre o patrimonio existente na parroquia de Caritel falo dos pasos da Larpea, unhas pedras de época seguramente medieval que salvan un regato e que teñen a característica notable de estar profundamente desgastadas na súa parte central polo paso incesante das xentes que utilizaban ese camiño, antigamente moi transitado, ó longo dos séculos.

Na túa edición eliminas a referencia a ese desgaste polo paso de milleiros de persoas e substitúela por unha referencia ó seu desgaste “polo paso do tempo”. Na miña opinión iso altera completamente o senso do texto, que pretendía remarcar que ese camiño – hoxe deserto – foi unha vez unha importante arteria de comunicación.

Parecerache unha parvada, pero con ese tipo de detalles pretendo transmitir ó lector a idea de que as aldeas que hoxe en día conforman o interior da provincia de Pontevedra, na súa maioría silenciosas e case valeiras, nada teñen que ver con aquelas densamente poboadas, activas e barullentas que existiron ata fai non tanto – aínda están, por exemplo, na memoria da miña nai os seus 92 anos. Abraiator (conversa) 7 de novembro de 2023 ás 22:01 (UTC)[responder]

Ola, @Abraiator:; coido que te explicaches moi ben, e agradécese que compartas o teu desacordo. Efectivamente procurei quitarlle un pouco de "literatura" á redacción (evitar uso de adxectivos valorativos como "un entorno natural de grande beleza", "un espectacular exemplo de peto de ánimas..."), procurando seguir as directrices de Wikipedia:Punto de vista neutral, pero se cadra pequei e a deixei demasiado aséptica. A idea da redacción enciclopédica é precisamente evitar "transmitir ideas", senón deixar que a persoa lectora saque as propias conclusións en base a datos referenciados. No caso concreto, coido que a expresión "o desgaste causado polo paso incesante de milleiros de persoas durante séculos" paréceme unha apreciación redundante ao indicarse xa "testemuña da importancia que tivo antigamente a encrucillada de camiños na que se atopan". Pero en fin; matiza o artigo como consideres, claro, que esa é a idea: construírmos entre todos.
Por certo: anímote a subir fotos da contorna, coas coordenadas correspondentes, para ilustrar os artigos; avisa se precisas axuda ao categorizar as imaxes. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de novembro de 2023 ás 22:44 (UTC)[responder]
Grazas pola túa amábel resposta. Fixen un cambio mínimo que coido que conserva a intención inicial.
No futuro tentarei facer unha redacción máis "enciclopedista" :) Abraiator (conversa) 8 de novembro de 2023 ás 10:58 (UTC)[responder]

Modelo de mobiliario[editar a fonte]

Boas @Estevoaei, ando co tema do Mobiliario, e quería comezar a facer páxinas de mobles mentres investigo para o artigo principal; o caso é que me falta o Modelo:Mobiliario, en inglés: Template:Infobox furniture e descoñezo como crear novos modelos. Estiven buscando información de como facelos pero en Wikipedia:Modelos explica como incluilos no artigo, pero non como crear/editar un novo, e o mesmo coa maior parte de vídeos online que conseguín atopar.

Non sei se sabes dalgún artigo/vídeo, ou se me podes dar algunha indicación ao respecto. Saúdos e grazas!!

O Breixo (conversa) 8 de novembro de 2023 ás 13:57 (UTC)[responder]

Ola, @O Breixo:! Pois coido que non vou poder ser de moita axuda; segundo vin o en:Template:Infobox_furniture emprega Wikipedia:Módulos, entre eles o Módulo:Infobox. Ata onde sei non temos manual de instrución ou de tradución para modelos :/ Se acaso deixa a túa dúbida na páxina de conversa de Wikipedia:Wikiproxecto modelos, pero anda o proxecto un pouco parado; de feito a tendencia e fusionar modelos, ao igual que están a facer na Wikipedia en catalán, pero aí xa me perdo :/ Para min o ideal sería crearmos un único modelo multifuncional, similar ao commons:Template:Wikidata Infobox, pero non sei se é viable.
Sinto non poder ser de máis axuda. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de novembro de 2023 ás 21:51 (UTC)[responder]
Grazas pola axuda, ao final conseguín facelo co Módulo:Infobox como na wiki en inglés: [[gl:Modelo:Infobox mobiliario]] (coa axuda dun amigo programador). Si que estaría ben ter un multifuncional, pero descoñezo aínda como facelo ou se é posible, outro día intentarei volver recrutar ao meu colega a ver se probamos algo. Polo momento penso que poderei facer máis de estos Infoboxes se é preciso; gustaríame tamén conseguir que estes modelos collesen certa información directamente de wikidata..
Saúdos! O Breixo (conversa) 13 de novembro de 2023 ás 23:35 (UTC)[responder]

Verán de San Martiño[editar a fonte]

Ola @Estevoaei, gustaríame pedir a túa axuda cun novo artigo que intento crear sobre o verán de San Martiño. Ao publicalo por primeira vez saenme avisos do tipo "caracteres repetidos" que mo impiden. Busquei pola Galipedia e non atopo artigos que falen deste tema. Pode ser por repetir moitas veces a mesma frase? Se é así, a explicación é que me gustaría introducir refráns e repiten moito "San Martiño".

Graciñas de antemán e un saúdo! Raciniense (conversa) 13 de novembro de 2023 ás 23:19 (UTC)[responder]

Ola, @Raciniense: Coido que o problema é que levas pouco tempo rexistrado e poucas edicións. Coido que te incluín en Wikipedia:Usuarios autoconfirmados, e agora non debería haber problema. Unha vez que crees o artigo podes ligalo con en:Indian summer; en pt:Veranico coméntase que en Portugal recibe o nome de verão de São Martinho. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de novembro de 2023 ás 07:36 (UTC)[responder]
Graciñas @Estevoaei! así o farei :)) Raciniense (conversa) 14 de novembro de 2023 ás 08:53 (UTC)[responder]

Dificultade para engadir referencias[editar a fonte]

Hola Estevo. Diríxome a ti como Administrador da wikipedia en galego para facer unha suxerencia. Se non é un asunto da túa esfera de responsabilidade espero que me disculpes e ao mellor sabes indicarme a quen dirixirme.

Estou estes días intentando engadir algunha que outra referencia a algúns artigos e tópome moitas veces coa dificultade de que existen modelos para "Libro" e para "Publicación periódica", pero non para publicacións doutra natureza como catálogos, artigos científicos, folletos, etc. Seguramente é posible engadir esas fontes dun xeito - digamos - "manual", pero sería moi útil ter un modelo xa feito.

Na wikipedia en español a existe o modelo "Publicación", que resulta - polo menos para min - máis doada de utilizar.

Crees que sería posible dotar a wikipedia en galego dun modelo similar?


Grazas pola túa atención. Abraiator (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 13:33 (UTC)[responder]

Ola, @Abraiator e @Estevoaei. Perdoade a intromisión. Igual podo axudar algo nisto. Dependendo do editor que se estea a usar, a lista de modelos referencias que saen para engadir (no visual) no menú "Citar" é máis limitada do que en realidade hai para modelar referencias na Galipedia. Así é que temos nesa opción de Citar : novas; pub. periódica, libro, audiovisual e básica, que son as máis usadas. Isto non significa que non se poidan usar outros modelos de referencias. O tema é que hai que premer en "inserir" en lugar de "Citar" e alí escoller "Modelo;" unha vez feito, na casiña que aparece hai que teclear o nome da cita, por exemplo "Cita informe" para poder escollela da lista e seleccionala. Vouche dar unhas solucións a algúns dos tipos de documentos que indicas na consulta, pero podes, consultando a páxina de calquera modelo localizar o resto de modelos, porque teñen este cadriño á dereita.
  • Folleto. Non hai un específico, pero poderíase usar sen maior problema o modelo libro, na miña opinión.Tamén pode ser que, segundo se explica no propio modelo, se che axuste máis o modelo informe.
  • Artigos científicos: aplícaselle modelo cita:publicación periódica polo xeral. Se tes un doi, handle ou PMID recomendo usar o xerador automático de cita con doi (primeira opción no menú "Citar".) Tamén poden ser preprints de Arxiv; informes técnicos ou un proceeding/paper nunha conferencia. Neste último caso, para recoller os datos da conferencia/congreso correspondente, cita conferencia
  • Catálogos: eu creo que moitas veces pode axustarse o modelo de informe, pero tamén o de libro. A maiores, se non quedase moi claro no título, podes engadir unha aclaración no campo título entre corchetes por exemplo [catálogo da exposición]
  • Teses e disertacións académicas: cita tese
  • Discursos (moitas veces publicados como folletos): cita discurso
  • Entrada nunha enciclopedia (temos tamén modelos para obras específicas, como o dicionario da RAG): cita enciclopedia
Penso que todas estas serián solucións acaídas para ese tipo de documentos que comentas, e a edición cómoda, seguindo os pasos que dixen máis arriba. Sobre o que indicass do modelo Publicación usado en eswiki, entendo perfectamente que é un tema ter que aprender un novo método cando un está afeito a outro, pero, que me corrixan se me equivoco, como modelo xenérico non existe aquí. Podería estudiarse incluílo, pero ao ter relación co funcionamento do Módulo de referencias tal e como o temos configurado acó, non sei a viabilidade final. Cada wiki ten unhas prestacións/formas de código descentralizadas. Por exemplo nesta desbotáronse os seguintes modelos de referencias citados acó. Póñochos para que os teñas en conta.
Espero que algunha destas cousas poida axudarche no teu traballo de edición. Moito ánimo e grazas por animareste a contribuír con este proxecto. Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 15:50 (UTC)[responder]
Grazas pola túa resposta, María. Non dispoño do coñecemento técnico suficiente para entendela na súa totalidade, pero quedei con que se uso "inserir" no lugar de "citar" dispoño de máis modelos.
Aínda así, repasando a lista de modelos de cita dispoñibles, continúo a botar de menos un modelo para unha publicación de tipo xenérico, que non sexa un libro pero tampouco unha publicación periódica: dende o programa de festas dunha vila á ficha técnica dun
producto fitosanitario. Non sei se me explico... Abraiator (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 16:57 (UTC)[responder]

Traducións wikidata e infotaulas[editar a fonte]

Boas! no proxecto das infotaulas traducirase P1449 por sobrenome; eu preferín en Wikidata alcume porque tamén temos outras propiedades relacionadas ( e porque era allea ao uso nestas infotaulas), pero agora hai que repensalo. Déixochas aquí para ver se podes achar unha solución elegante (co DRAG entro en bucle, xa que a maioría dos sinónimos só son de aplicación a persoas) para o conxunto delas, de xeito que quede fixada ben e sen dúbidas a P1449, xa que se vai usar nas caixas de xeografía política

Podes botarlle un ollo, por favor? P1149 (alcume- alias sobrenome)--- correspóndese con alcume Q49614 (alias"alias") Property:P742 (pseudónimo) -- correspóndese con pseudónimo (Q61002) alias: Seudónimo / con Q127843 pseudónimo literario e con nome artístico Q1055303; do que se di que é o mesmo que Q15622880 (nickname)

O único que non hai que tocar é:

Q113627911(alias)--> correspondese exactamente co que traudicimos como alias (alternative label), na cabeceira dos elementos wikidata

Moitas grazas. Se non che foran as ligazóns envíocho aló, era para que vises a mensaxe. Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 17:40 (UTC)[responder]

Tamén vai na infotaula este:Q11934751 Malnom Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 19:07 (UTC)[responder]
@Breogan2008 por favor, espera a que se revisen as traducións de todo este conxunto de propiedades e elementos relacionados, grazas! Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 19:09 (UTC)[responder]
Ola! sinto ser pesada :(. Poderías aclararme cando menos que diferenzas se poden establecer entre alcume, sobrenome e malnome en termos lingüísticos? Pensa que se van usar dous deles (malnome + outro) como calificativos de colectivos, entendo, ao iren no modelo de xeografía política. O problema co DRAG son definicións persoal/colectivo e matices como familiaridade ou escarnio/broma. Xa con iso reviso eu a traducións en Wikidata. Estaría ben sabelo para o traballo que estou a facer coa táboa de correspondencias para a migración. (e para o modelo en xeral, dous son campos fixos). Graciñas! Maria zaos (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 15:28 (UTC)[responder]

Infotáboas novas[editar a fonte]

Ola, Estevo. Co tema este das infotáboas novas, Amandalverez pediume que copiase e pegase un código en MediaWiki:Common.js GL. A cuestión é que ao intentar facelo, aparece que non teño permisos. Breogan88, díxome que seguramente só os teñen so administradores da interface, que eran Amperio e Banjo, polo que non sei como se pode solucionar isto. Se che ocurre algo? Saúdos. MAGHOI (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 14:27 (UTC)[responder]

Ola! Pois non o sei; deixei aviso en Wikipedia:A Taberna (técnica)#Administración da interface para ver se alguén se anima a ser administrador da interface, e @Maria zaos: comentoullo a @O Breixo:. Pero tal e como está agora o asunto, non se pode editar MediaWiki:Common.js. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de novembro de 2023 ás 14:29 (UTC)[responder]
Boas, eu podo asumir o rol de administrador inda que sexa para copiar e pegar o código, de maneira temporal. Non sei exactamente como funcionan estas responsabilidades.. e o meu coñecemento limítase ao deseño máis que ao código en css e js, ainda que estudei programación básica na carreira. Tamén é certo que estou interesado en aprender aos poucos e gustaríame modernizar o deseño do portal de historia e quizais a portada no futuro. Pero como xa dixen agora non dispoño dos coñecementos para realizar mantemento nos bots por exemplo, polo que sería máis ben unha solución temporal.
Por certo, non sei se isto incumbe tamén ao administrador de interface e seguro que xa foi discutido con anterioridade, pero tamén me gustaría descubrir como traducir a páxina de usuario ao galego. O Breixo (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 15:55 (UTC)[responder]
Ola, @O Breixo. Moitas grazas por este paso adiante. A verdade é que estabamos un pouco necesitados. Hai que levar a cabo unha votación, para manter o procedemento, pero a poño a andar en breve. MAGHOI (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 21:05 (UTC)[responder]
Grazas, @O Breixo:; segundo o procedemento establecido, agora cumpriría abrir unha votación. @MAGHOI:, podes iniciar o proceso? --Estevo(aei)fálame aquí 20 de novembro de 2023 ás 07:52 (UTC)[responder]
@O Breixo moitísimas grazas por axudar!! Sobre as traducións incompletas que se poden ver aquí e aló (en portugués, inglés)na interface, moitas están traducidas e revisadas xa hai ben de tempo, pero non sei cal é o problema técnico polo que non se chegan a cargar aquí. Pode que dependa precisamente dalgo pendente da administración da interface. Sobre o proceso dese tipo de traducións podes preguntarlle tamén a @Xabier Cid Maria zaos (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 11:29 (UTC)[responder]

Consulta[editar a fonte]

Prezado Estevo, graciñas pola axuda cos novos perfís. Eu non lle vexo problema ao "conflicto de interese": a traxectoria no deporte galego paréceme acaida e o texto non é calificativo, senón puramente descriptivo. De tódo-los xeitos, penso que se o revisa un "editori imparcial" sairíamos de dúbidas. Ao mellor non era ese o problema, xa me dis cando podas. Moitas, moitas gracias, majo Majodomi (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 18:45 (UTC)[responder]

Busca Sigüeiro no Xeoportal de Santiago de Compostela[editar a fonte]

Link do Xeoportal do Concello de Santiago.

Sigüeiro é o ultimo lugar no limite norte do Concello de Santiago. https://xeoportal.santiagodecompostela.gal/Visor/#/Home?lang=gl

Poden superpoñerse capas con fotos históricas e información de urbanismo e por suposto os nome de lugar. 87.223.217.53 23 de novembro de 2023 ás 12:33 (UTC)[responder]

Vouche dar eu non ten relevancia enciclopédica.[editar a fonte]

Imos ter que republicar o Pravda.

https://www.facebook.com/UnionSovieticaSigueiro Migueldaborreira (conversa) 23 de novembro de 2023 ás 20:49 (UTC)[responder]

Traducción Automática[editar a fonte]

Bos días,

Borraches a páxina que creei "Sōsō no Frieren" por ser unha "traducción automática", pero non é caso, se entendo ben ao que se refire. Traducin eu a man parte da entrada en Xaponés (de feito, podes tratar de utilizar a ferramenta de tradución e xa se ve que o modelo de animanga nin sequera o detecta).

Hai algunha forma de recuperala? Azuryii (conversa) 28 de novembro de 2023 ás 07:54 (UTC)[responder]

Ola, @Azuryii:; recuperei Sōsō no Frieren, pero o texto está inzado de erros (voulle facer unha revisión agora). Ademais, e o máis importante, eliminouse o contido porque non se indica a orixe da información. Os textos da Wikipedia publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría. Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras. A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 28 de novembro de 2023 ás 08:32 (UTC)[responder]
Pasara por alto o dos indicadores de traducións, agora o sei para a próxima, grazas. Respeto aos erros do texto, pois terei que admitir que por aquí falamos máis castrapo que nada...
Unha preguntiña extra: vin que Breogan enlazou o elemento de Wikidata ao artículo despois de eu publicar a versión. Hai forma de poder facelo na mesma revisión na que se publica, sen ter que editalo dúas veces? Ou a única forma e xerando o enlace desde Wikidata unha vez está publicado o artículo? Azuryii (conversa) 28 de novembro de 2023 ás 08:46 (UTC)[responder]
@Azuryii: Se empregas o propio tradutor da Wikipedia (este) de forma automática liga co artigo orixinal e xa o indica no resumo de edición. Se traduces de forma manual ou creas o artigo de cero, cómpre ligalo á man unha vez publicado. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 28 de novembro de 2023 ás 13:00 (UTC)[responder]

wikidata capitais[editar a fonte]

Boas, onte creei "entidades" (non están revisados se son lugares ou non, iso farei logo, xa falamos destes problemas sobre capitais/non lugares) P31= capital de concello para Galicia, de xeito que teñamos todas para todos os cadros de concello coa novoa táboa xeografía política. Pola tarde póñome a revisar eses conflitos que hai que volver refacer/fusionar con ceb.wiki. Avísoche por se te atopas con algunha deste grupo, para que non lle poñas "lugar" a estas capitais de concello xa que a info non vén de NdG, senón do Rexistro de Entidades Locais. Saúdos Maria zaos (conversa) 3 de decembro de 2023 ás 10:56 (UTC)[responder]

Catarina Parr[editar a fonte]

Boas! Hai tempo que non publico nada e estou dubidando sobre como incluir as ligazóns a outros idiomas neste artigo que estou traducindo Catarina Parr. Antigamente se puñan [[]] e toda a lista de linguas ao final de texto. Agora como se fai? Poderías explicarmo, por favor? Nonso91 (conversa) 10 de decembro de 2023 ás 11:30 (UTC)[responder]

Ola, @Nonso91: efectivamente, desde marzo de 2013 as ligazóns entre Wikipedias fanse a través de Wikidata. Tes dúas opcións: ou ben a través do propio elemento de Wikidata correspondente ao artigo (neste caso o de Catarina Parr é d:Q192943) ou ben na columna da esquerda, na parte inferior -se é que tes activadas nas preferencias de aparencia o vector antigo- clicando onde pon "linguas". No caso concreto de Catarina Parr xa engadiu Usuario:Breogan2008 a ligazón correspondente en Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de decembro de 2023 ás 20:41 (UTC)[responder]
Grazas, Estevoaei--Nonso91 (conversa) 14 de decembro de 2023 ás 13:05 (UTC)[responder]

Vinxeira, Celas, Culleredo[editar a fonte]

Boas! poderías revisar isto? Tanto no decreto orixinal, como no conxunto de datos do Nomenclátor de Galicia como no nomenclátor estatístico do IGE mencionanse claramente dous lugares: Vinxeira grande e Vinxeira pequena. Habería que modificar o cadro e o texto do artigo, non? Como vin que fixeras un movemento de título no historial, poderías revisalo ti? moitas grazas! Maria zaos (conversa) 12 de decembro de 2023 ás 22:56 (UTC)[responder]

@Maria zaos: Feito! Feito! Existen xa Vinxeira Grande, Celas, Culleredo e Vinxeira Pequena, Celas, Culleredo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de decembro de 2023 ás 07:44 (UTC)[responder]