Armindo Pintos Crespo
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 6 de febreiro de 1940 O Porriño, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 1 de setembro de 2020 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1959 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Armindo Pintos Crespo[1] nado no Porriño o 6 de febreiro de 1940 e finado en Vigo o 1 de setembro de 2020,[2][3] foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de extremo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Zeltia Deportivo, un club da súa vila natal, fichou polo Celta de Vigo a comezos do ano 1959 como máis xogadores, nun intento da directiva de non descender esa tempada a Segunda División, non conseguiron o obxectivo pero Pintos fíxose cun sitio no equipo.
Militou oito tempadas no Celta, todas elas excepto a primeira na Segunda División, a pesar de que o equipo rozou o ascenso en varias ocasións. A súa mellor tempada como céltico foi a 1964/65, na que foi, xunto con Téllez e Goyarán, o máximo goleador do equipo con 6 goles.
Antes do comezo da tempada 1966/67 chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e fichou polo RCD Espanyol co que tiña a oportunidade de volver xogar en Primeira División, porén so disputou un encontro co equipo catalán. A final de tempada fichou polo Gimnástica de Torrelavega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén escrito Hermindo ou Hermino.
- ↑ "Fallece el excéltico Hermindo Pintos". La Voz de Galicia. 3 de setembro de 2020.
- ↑ "Fallece a los 80 años el excéltico Hermino Pintos". Faro de Vigo. 4 de setembro de 2020.