Miguel Gustavo
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (pt-br) Miguel Gustavo Werneck de Sousa Martins 24 de marzo de 1922 Río de Xaneiro, Brasil |
| Morte | 22 de xaneiro de 1972 Río de Xaneiro, Brasil |
| Lugar de sepultura | Cemitério de São Francisco Xavier (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Rádio Livre (pt) |
| Ocupación | xornalista, letrista, compositor, locutor de radio |
| Pseudónimo literario | Miguel Gustavo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sagramor de Scuvero Brandão (1946–1972) |
Miguel Gustavo Werneck de Sousa Martins, coñecido só polo nome de Miguel Gustavo,[1] nado en Río de Xaneiro o 24 de marzo de 1922 e finado na mesma cidade o 22 de xaneiro de 1972, foi un xornalista, locutor de radio e compositor brasileiro, autor, en 1962, da famosa canción "Brigitte Bardot", levada ao éxito por Jorge Veiga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou como disc-jockey en Radio Vera Cruz en 1941 e distinguiuse como compositor de jingles, ademais de acadar éxitos como compositor de samba e marchas. En 1962 compuxo, con Jorge Veiga, a peza "Brigitte Bardot". Para o Mundial de Fútbol de 1970 en México compuxo o himno "Pra Frente Brasil" que se converteu nun símbolo da Selección de fútbol do Brasil.[2] Nese mesmo ano compuxo a peza "A saia", inspirada en Miriam Batucada.[3]
Morreu en 1972 e foi enterrado no cemiterio de Caju en Río de Xaneiro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa actriz e locutora Sagramor de Scuvero Brandão e tiveron dúas fillas: Ana María e María Lúcia.
Composicións
[editar | editar a fonte]- "Baião das Mulheres (1952; Miguel Gustavo e João S. Guimarães)
- "Baião do Chofer" (1953)
- "A Dança Do Didu" (1956)
- "Boate Tra La Lá" (1956)
- "A Dança do Bidú" (1957)
- "A Fúria Louca de Jean Pouchard" (1957)
- "A Menina Canta" (1957)
- "Bem Vindo Seja" (1957)
- "Brabuletas de Brasília" (1958; Miguel Gustavo, Altamiro Carrilho e Carrapicho)
- "Baião Triste" (1959; Altamiro Carrilho e Miguel Gustavo)
- "Bacardy Chá-chá-chá" (1962)
- "Bloco Da Lua" (1970; Luiz Reis e Miguel Gustavo)
- "Brasil Eu Adoro Você" (1970)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ admin (24 March 2022). "Miguel Gustavo - 100 anos do autor de Pra frente Brasil" (en Portuguese). musicaehistoria.com.br. Consultado o 30 May 2023.
- ↑ "Evaldo Piccino: "Pra Frente Brasil", "Independência ou Morte" e o uso de música e cinema como propaganda oficial" (en Portuguese). revistas.usp.br. Consultado o 6 August 2023.
- ↑ "Miguel Gustavo". music.metason.net. Consultado o 30 May 2023.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Gustavo |
