Conversa usuario:Estevoaei/2007

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007
Benvido á Galipedia, Estevoaei!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 16:02, 4 agosto 2007 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Ataque escampe.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Ataque escampe.JPG, {{{2}}} cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. {{{3}}}

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)

{{{4}}}

Lmbuga  Commons -  Galipedia 16:02, 4 agosto 2007 (UTC)

Problema imaxe[editar a fonte]

Xa vin o problema. Non cha visualiza porque a extensión é en maiúsculas: [[Image:Ataque escampe.JPG|miniatura|right|220px|Ataque escampe]]--Lmbuga Commons - Galipedia 08:01, 7 agosto 2007 (UTC)

Moi bo o teu artigo e o traballiño que che deu. O do título dos libros deixeino tal cal están as edicións galegas, que nun caso traduciron James por Iago e no outro deixaron George. Iso díxeno na páxina de discusión. O de só é igual, pero é que ademais só (adxectivo e adverbio) é con til en galego; non o é cando é preposición. Dous conselliños:

  1. Asina as túas mensaxes nas páxinas de discusión, para que sexa doado saber quen a deixou.
  2. Cando as discusións fan referencia a un artigo en concreto, é mellor que as deixes na páxina de discusión do propio artigo, para que así todo o mundo que vaia editar o artigo de Dahl nun futuro poida lelas e, chegado ao caso, emendarnos e rectificarnos.

Ánimo, e segue así, --Xabier Cid 11:23, 29 agosto 2007 (UTC)

Respostas[editar a fonte]

Moi ben, Estevoaei. Imos primeiro polo sinxelo.

  • Como asinar as mensaxes: Cando editas un texto, enriba da caixa branca hai unha serie de botóns para meter negriñas, ligazóns, fórmulas, etc... Unha delas, creo que a segunda pola dereita (digo creo porque non vaia ser que se non usas mac sexan distintas) é un garabato, unha especie de sinatura. Clicas nese botón e incorpórache no texto unha serie de liñas estrañas. Cando lle dás a gravar, queda a túa sinatura.
  • As equivalencias a outros idiomas: non sei exactamente como funciona isto, pero vouche dicir como fago eu, e quizais veña outro e me corrixa. Existen, ademais dos usuarios normais coma ti e coma min, uns usuarios que son robots, e que realizan edicións en automático. Unha das tarefas básicas é a das correspondencias noutros idiomas, ou interwiki. Pero para que o robot saiba que eses dous artigos están falando do mesmo hai que darlle algunhas pistas, é dicir, poñer algunhas desas referencias, aínda que non sexan necesarias todas. Se ti cubres o interwiki do artigo en galego e ao mellor un par de wikis máis co código de galego, os robots deberían facer o resto. Quizais non o fagan inmediatamente, pero quizais tampouco sexa tan urxente...
  • O difícil para o final. A Taberna. Basicamente non sei que parte é a que non entendes... ;) A taberna ten seis seccións principais, Novas, Políticas, Técnica, etc... Esas seccións son editábeis, así que se tes algunha petición de socorro, podes ir por exemplo á sección de Axuda e deixar a mensaxe como fixeches na miña páxina de discusión. Seguro que algún outro usuario ou usuaria moi amábel che bota un cabo. Esas son mensaxes para que vexa toda a comunidade, así que quizais ao principio se mas deixas na miña páxina e son dúbidas pequenas, resultará máis práctico. Cando sexan cuestións xerais que lle afecten ou poidan afectar a máis persoas, á Taberna de cabeza. E... non sei qué máis dicirche... Ti sigue preguntando que eu, se podo, irei respondendo. E ánimo. --Xabier Cid 21:27, 31 agosto 2007 (UTC)

Non hai mal. Iso sucede frecuentemente. Con todo, se buscas antes o termo que queres crear na caixa de busca, pero non como artigo, senón as referencias, ás veces podes evitalo.

O que se fai nestes casos, tanto se che pasa a ti como se atopas artigos repetidos creados por usuarios diferentes, é marcar eses artigos como duplicados. Iso permite que todos os usuarios o saibamos e actuar en consecuencia que, resumindo, é:

  • comparar o texto dos artigos para aproveitar o máximo dos contidos dos dous.
  • decidir cal dos dous queda
  • fusionar os historiais (isto só pode facelo un Administrador)
  • eliminar os contidos da páxina que se retira e substituíla, ou ben por unha redirección, ou ben suprimila (se o título é erróneo, por exemplo). Isto último tamén o ten que facer un Administrador.

Esta páxina vaiche ser de axuda: Wikipedia:Mensaxes_predefinidas --Xabier Cid 01:30, 1 setembro 2007 (UTC)

Xa marquei os artigos como duplicados. Aquí podes ver unha lista dos artigos que están duplicados: Wikipedia:Artigos_duplicados e Category:Artigos_duplicados. Creo que debería quedar o primeiro artigo, non só porque xa estaba antes senón porque esa é a forma correcta de titulalo. O teu, sen lelo (que non son horas) parece máis completo. O que podes intentar facer é copiar os contidos que creas conveniente de Durruti en Buenaventura Durruti, e así seguir o procedemento.--Xabier Cid 01:36, 1 setembro 2007 (UTC)

Ciclistas[editar a fonte]

  • Existe unha plantilla para ciclistas, como en Daniele Bennati, por se queres usala. --Xabier Cid 17:56, 1 setembro 2007 (UTC)
  • graciñas! busqueina en Indurain, e outros, pero como non atopaba tirei p'adiante;

a ver se agora a meto nos ciclistas que están dentro da categoría

--Estevoaei 18:04, 1 setembro 2007 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Ola, antes de nada felicitarche polo bo traballo que estás a facer. Só quería decirche que cando non sepas en que categoría meter un artigo podes poñerlle o marcador {{Semcat}} xa que deste xeito outros usuarios terán maiores facilidades para atopalo e categorizalo. A busca a través de categorías é moi útil para coñecer os artigos sobre un tema concreto e se eu estou interesado no mundo do cómic por exemplo podo mirar que é o que hai nel, pero para eso ten que ter a categoría Category:Cómic ou no caso do que creaches de Mortadelo e Filemón a subcategoría Category:Personaxes do cómic. Espero non te molestar co comentario e reitero os meus parabéns polo teu traballo. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 08:08, 3 setembro 2007 (UTC)

Grazas, xa non me acordaba deles. Van directos á miña lista. --Gallaecio 11:52, 4 setembro 2007 (UTC)

Fusionar artigos[editar a fonte]

Ola, vin o do Gran Wyoming. Ti mesmo podes propoñer para a fusión incluíndo as templates {{fusión}} e {{fusióndesde}} ao principio deles... Un saúdo. --Xabier Cid 15:10, 4 setembro 2007 (UTC)

Luis Buñuel[editar a fonte]

Ola, vin que estás a facer un artigo sobre buñuel. Semella que é unha tradución ou adaptación do artigo da wiki es. De ser ese o caso para respetar os dereitos dos autores a licenza GFDL obriga a que menciones expresamente a procedencia. esto é moi sinxelo de facer, en calquera edición que fagas no campo de resumo antes de gravar pos traducido ou adaptado dende a wiki es, ou algo similar. Debemos ser respetuosos con estos asuntos da referencia a procedencia. Parabéns polo traballo e un saúdo.

  • Podes empregar o que queiras procedente doutra wikipedia; os seus contidos son libres (ten coidado en manter o punto de vista neutral). --Xosé (✉) 19:50, 6 setembro 2007 (UTC)

Historia do pobo xitano[editar a fonte]

O marcador de tradución se está rematada ti mesmo es a autoridade para quitalo. O de en edición o normal é que o quite o que o puxo que o fixo paa que ninguén editase canda él. Como este non semella o caso coido que tamén se podería quitar, pero mellor comentarllo a algún administrador. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 21:54, 6 setembro 2007 (UTC)

Moitas grazas pela túa axuda. Eo non falo moito ben galego e a necesitaba. --Chabi 22:17, 7 setembro 2007 (UTC)

Comentario[editar a fonte]

Grazas por correxir o meu erro, non me decatara cando estaba a facelo e agradézoche que o arranxaras, e se iso é un ton duro, que todos sexan así, ja, ja. Un saúdo e moi bo o artigo de Olympe de Gouges (así xa me funciona tamén unha ligazón no que fixera).Alma 09:28, 9 setembro 2007 (UTC)

Vin que estás a traducir artigos desde outras wikis, recorda que para cumprir cos requisitos da licenza GFDL tes que mencionar a fonte da que tomas os datos. Basta con que no campo resumo poñas TRaducido dende o artigo [..] da wiki es ou a que sexa. Podes incluso facelo en edicións que fagas despois de crear o artigo, ainda que o preferible é facelo cando creas o artigo. Parabéns polo traballo que estás a facer e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 23:20, 9 setembro 2007 (UTC)

o artigo tal como está copiado directamente é unha violación de copyright, se o modificas e redactas ti tira-lle a etiqueta de copyvio ti mesmo, non te cortes Un saúdo e até logo! --Emilio juanatey 00:19, 10 setembro 2007 (UTC)

Ola, Estevoaei. Levo un tempo desconectado, e acabo de ver a túa mensaxe agora. Os artigos que son lixo, como usarios, debemos marcalos ou ben coa etiqueta {{lixo}} ou ben, se temos que explicar algo máis de por que entendemos que é lixo, coa etiqueta {{lixoporque|a explicación que creamos necesaria}}. Se fose un tema conflitivo levaríana os administradores á páxina de votación pra borrar, pero iso non sucede frecuentemente. Son os administradores os únicos capacitados pra borrar. Nós, os usuarios do común, namais que marcamos. --Xabier Cid 10:34, 10 setembro 2007 (UTC)

Durruti e Buenaventura Durruti[editar a fonte]

Boas, xa se ve que non paras de traballar. Unha cousa cando se remata a fusión de contidos de dous artigos duplicados falta unha última parte que é a fusión dos historiais de ambos artigos. Eso teno que facer un administrador e polo de agora a única forma de que o saiban é comunicándollo directamente ou eles se dean conta de que está rematada a fusión. Eu no de Durruti xa puxen o aviso no taboleiro dos administradores. Bo traballo e segue así. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 13:50, 10 setembro 2007 (UTC)

Template Empresa[editar a fonte]

Ola, vin que lle preguntaches a Xabier sobre un template dunha empresa, e para quitarlle algo de choio xa che respondo eu :). Existe o template Template:Infobox_Compañía, que é o que se está a empregar actualmente. Se necesitas algo máis non dudes en preguntar. Un saúdo --Banjo tell me 12:51, 16 setembro 2007 (UTC)

Vaia, cheguei tarde. ;) Grazas Banjo. --Xabier Cid 12:53, 16 setembro 2007 (UTC)

Hugo Chávez[editar a fonte]

Vaites! Grazas por avisar, non sei como debeu pasar, debín editar nunha versión anterior á túa última modificación. Perdoa, xa desfixen os trocos e volvín á túa última edición. Un saúdo e... pola sombra! AlberteSi, digame? 14:25, 20 setembro 2007 (UTC)

Perdoa que che resposte eu, pero Xabier Cid está ausente desde hai tres dias; a ver se che podo axudar. Que problema tes coa foto? Chegas a Cargar un ficheiro, dás-lle a "Examinar" para procurar o ficheiro no teu ordenador, dás-lle un nome (que pode ser o mesmo), copias completas a información detallada e escolles a licenza. Finalmente, dás-lle a "Cargar este ficheiro". En que paso tes problemas? --Xosé (✉) 20:54, 21 setembro 2007 (UTC)

Vale. Outra cousa, ainda que será mellor que llo perguntes a User:Lmbuga, que é quen máis entende de copyrights: a foto está escaneada e o seu autor (que pode ser un tío teu ou un dos teus pais) é o autor real da foto, o único que pode ceder o seu uso... Xa sei que resulta raro. Mellor pergunta-lle a Lmbuga. Tamén deberias copiar a fichiña de información que aparece na páxina de Cargar un ficheiro e completar os datos. Agora, como xa está enviada a foto, vás á páxina da foto e editas "Resumo" (onde pon "eu"), ainda que tamén o podes facer no momento de enviá-la. --Xosé (✉) 21:13, 21 setembro 2007 (UTC)

Si (e vexo que cambiaches de licenza). Lembra comentar-lle esa cuestión a Lmbuga. --Xosé (✉) 21:28, 21 setembro 2007 (UTC)

    • Desculpas, Estevoaei, andei fóra uns días... Xa vexo que amañaches, sorry por non estar atendendo...--Xabier Cid 10:11, 24 setembro 2007 (UTC)

Interesantes traducións[editar a fonte]

Fai uns días Enrique Morente, hoxe Nacho Vegas, haberá que vixiarte un pouquiño, quen sabe mañá ao mellor cae Astrud ou Los Planetas. Espero non te molestase o comentario e parabéns polo traballo que estás a facer. Debeuche dar forzas sobrehumanas a pesicola que tomabas canda neno. Ánimo e a turrar para adiante. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:03, 21 setembro 2007 (UTC)

Votación sobre as entradas de plantas e animais[editar a fonte]

Cando se trata un tema na Taberna ou na páxina de discusión dun artigo o que se tenta é de atopar un consenso; normalmente lógrase porque se van aclarando posturas, casos, etc. Nas opinións poñemos {{concordo}} ou o que sexa só para aforrar tempo, non se trata dunha votación, senón de chegar a un acordo que convenza a todos, o que sucede a maioría das veces. Cando non se atopa ese consenso, como é este caso, hai que recorrer ás votacións. Para iso hai que crear unha páxina específica para a votación, neste caso Wikipedia:Votacións/Nome científico como entrada principal, por exemplo (pode ser outro título, decide ti). Cando crees a páxina de votacións, sigue as instrucións que hai en Wikipedia:Votacións en "Como crear unha votación". Se tes máis dúvidas, escríbeme. --Xosé (✉) 23:07, 21 setembro 2007 (UTC)

Tes que perdoar, o texto anterior ia dirixido a User:Lameiro --Xosé (✉) 07:22, 22 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:15, 3 outubro 2007 (UTC)

Pizzamovil e Paco Leiro[editar a fonte]

Estevoaei, tes que cambia-la descrición da fotografía de Pizzamóvil, que deixáche-lo da estatua de Leiro. A estas horas, non é de extrañar. Pedro --Lameiro (conversa) 00:39, 12 outubro 2007 (UTC)

  • Estevo, vexo que aínda non cambiáche-lo comentario da fotografía de Pizzamovil [1], e que segue constando como se fose a estatua de Paco Leiro. Pedro --Lameiro (conversa) 17:01, 22 outubro 2007 (UTC)

Neste caso o artigo R quedaría para a letra, a empresa quedaría en R (telecomunicacións) e crearías un artigo R (homónimos) (podes usar este mesmo enlace para creala). Crealo poñendolle o template: {{Homónimos}} e un texto similar a:

Cando falamos de R podémonos referir a:

  • R, Décimo sétima letra do alfabeto galego.
  • R, empresa de telecomunicacións galega.

Con eso xa estaría grabas e listo.

Quedaríache por poñer enlaces nas dúas páxinas a Homónimos co seguinte template: {{outroshomónimos|R (homónimos)}}, poñerialo ao principio dos artigos.

Se tes algún problema coméntamo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 09:48, 14 outubro 2007 (UTC)

Ola, as imaxes que estas a subir carecen dos datos suficientes para permanecer na Galipedia. Para completar os datos utiliza a caixa que aparece na páxina de cargar datos e que podes copiar.

{{Information|
|Description= Nome da foto
|Source= Feita por min o (self made)
|Date= 08/09/2007
|Author= [[User:Estevoaei]]
|Permission= (a licenza que sexa)
|other_versions=
}}


Engades os datos (tes que eleixr unha licenza C.C. 2.5, GFDL, PD...)e esto podes facelo ao cargar a imaxe ou despois editando nela, poñerías a caixa cuberta e engadiriaslle ao final a categoría Imaxes de Pontevedra. Despois se quixeras tamén poderías engadir as imaxes á Galería de imaxes de Pontevedra e deste xeito todos poderían atopala con maior facilidade. Parabéns polo traballo que estás a facer e boas fotos. Eu crieime en Pontevedra e dame morriña, jeje. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 10:27, 15 outubro 2007 (UTC)

  • O que ocorre é que si na caixa lle pos unha licenza en permission e escolles unha da caixa de abaixo aparécenche a licenza dúas veces. Se editas a foto despois de subila poderas ver o código e verás que o das licenzas é só un template tipo {{}} que podes poñer ou quitar se te trabucas ou cho pon varias veces. Se tes algún problema pregunta. É máis doado coa caixa pero tes razón de que non faltan datos pero porque ti sabes que Estevoaei é o que fixo as fotos pero os demais non. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 10:42, 15 outubro 2007 (UTC)

RE:xornal/periódico[editar a fonte]

OK, perdón polo meu erro. Agora mesmo procedo a desfacelo. --Toliño (Fala aquí comigo) 15:57, 16 outubro 2007 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

Parabéns polas imaxes que estás a subir, só unha cousa, cando as cargues podes engadirlle a categoría, por exemplo, nas dos concellos é moi doado, sempre é Category:Imaxes de Cotobade e xa as terías todas categorizadas. Un saúdo e segue a traballar así. ;)Alma (fálame eiquí) 23:20, 20 outubro 2007 (UTC)

  • Ola, podes facelo de dúas maneiras, ou ben insires a categoría debaixo do cadro cando cargas a imaxe (copias e pegas o cadro no seu apartado e xusto debaixo xa engades a categoría para que non se che esqueza) ou unha vez que a tes cargada, abres a foto, cliqueas en editar e debaixo de todo o que houbera (pode ser que non apareza nada) engades a categoría (que na Galipedia sempre son Imaxes de (algo, por exemplo, o nome do concello ou animais de Galicia, etc). Dicíasme o que te costou aprender en Commons, pero supoño que alí tamén lle meterás a categoría, porque aínda que as metas na galería se non lle das categoría, estás no mesmo, só terías que facer o mesmo que te estou a dicir, a diferencia é que en Commons as categorías chámanse só, por exemplo, Category:Cotobade (sen o de "Imaxes de" que temos nós). Un saúdo e espero que esto te axude a pescar. ;) Alma (fálame eiquí) 09:55, 21 outubro 2007 (UTC)

Sínto a tardanza[editar a fonte]

Ola, acabo de ver a túa mensaxe, sinto non haber respostado antes pero e que eu pola semana polas mañás traballo e non me conecto case nunca, pero xa vín que xa te solucionaron o da categoría, así que un saúdo e pola sombra, ;) Alma (fálame eiquí) 14:41, 22 outubro 2007 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Púxenlle as categorías: Category:Personalidades da historiografía e Category:Personalidades de Galicia, xa que non existe unha categoría de personalidades da historiografía de galicia que creo sería a mellor. Un saúdo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 14:58, 22 outubro 2007 (UTC)

Los Fabulosos Cadillacs[editar a fonte]

Ola, acabo de levar unha alegría enorme ao ver que estabas a traducir este artigo porque axúdasme a min a eliminar bastantes ligazóns en vermello dos artigos sobre a ditadura e represión en Arxentina que estaba a traducir, Graciñas e saúdos! Alma (fálame eiquí) 13:21, 24 outubro 2007 (UTC)

  • Pois con maior motivo grazas, pois é unha dos obxectivos que me puxen, converter todas as ligazóns en azul deses artigos e aforráchesme traballo, :) Saúdos de novo, Alma (fálame eiquí) 13:32, 24 outubro 2007 (UTC)

Un pequeno erro[editar a fonte]

Ola! acabas de facer unha modificación en "Moloko" e non sei que pasa que detrás do último álbum aparece "gl:Moloko" e non son capaz de eliminalo, se sabes sácao, gracias!

Queer as folk[editar a fonte]

Píllasme nun momento fraco, de moito choio... Vouno apuntar na miña caixa de tarefas, pero non sei se o poderei acometer antes de entrado novembro... Grazas de todos os xeitos, ;) --Xabier Cid 23:30, 24 outubro 2007 (UTC)

Claro, e que estiven uns días con moito traballo e tiven que deixar todas esas prioridades aparcadas. Levo nota na miña páxina de usuario, para que non se me despisten as actualizacións. Esta semana quería deixar iso rematado. Grazas de todos os xeitos, ;) Saudiñas. --Xabier Cid 09:02, 25 outubro 2007 (UTC)

HOme eso podería ser, pero eu seguín a de la Peña Santos para facer o artigo e teía que seguilo neso pero o certo é que foi unha suposición miña que o correcto fose Tegra e o castelán Tecla, e se procuras por internet saen moitisimas páxinas con Tegra. A documentación que usei para o artigo sinalaba Trega pero eu como sempre pensara que era Tegra leía Tegra (iso dice pouco da miña lectura comprensiva). O que me fai dubidar e optar polo cambio é que se procuras por Trega aparecen publicacións especializadas que penso eu terán consultado a microtoponimia da zona para a publicación, aínda qu poida ser un uso adquirido ou presuposto como o meu. Realmente non sei con cal quedarme e non sei onde se podería consultar a toponimia dos montes galegos, sabido o nome do monte en galego, sabido quedaría o do castro, quizais sexa que poida nomearse dos dous xeitos non sei, e ademais con Trega é case impronunciable ;) Tentarei buscar máis información. Lansbricae (Ti dirás) 23:50, 27 outubro 2007 (UTC)

Grazas por facerme pensar, o nomenclator da Xunta da como resultado o lugar de Tegra polo que vou de ixar a cousa como estaba e desfacer o feito. Grazas e saúde. Lansbricae (Ti dirás) 00:06, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Creo que de tratarse dun erro difundíuse a outras publicacións, e sobre todo no mundo da arqueoloxía, según os resultados que da google, ou quizais convivan ambas formas (esto dubidoo), pero o estar o nomenclator da Xunta que fala de Tegra xa non me enliei máis, desfixen o feito (creo que todo), e deixei Tegra.
Por certo, parabéns polas imaxes de igrexas. Non é que sexa moi relixioso pero se a arte está nas igrexas pois haberá que admiralas e en Galicia hainas ben fermosas. Mirarei de ver se algunha das que subiches teño información para iniciar algún artigo. Lémonos. Lansbricae (Ti dirás) 22:07, 29 outubro 2007 (UTC)

Compañía do Ruido[editar a fonte]

Tes razón. Con respecto ao uso de maiúsculas, o certo é que debería ser con maiúsculas só a primeira, pero se o nome que usan eles é así, pois nada, háillelo que respectar. Con respecto ao til, na súa web ás veces usan unha forma e outras veces outra. Así que creo que será mellor manter as dúas, e a que é correcta ortograficamente (con til), como base. Moitas grazas pola túa advertencia..., e desculpa. --Xabier Cid 10:56, 28 outubro 2007 (UTC)

Pasaraseme agradecerche o que me pos no talk. De vez en cando unhas palabras de ánimo sentan moi moi ben. Saudos meu!.---- Maañónoo (o que ho?) 14:06, 31 outubro 2007 (UTC)

Gilad Atzmon[editar a fonte]

ola! agora estou currando e non teño tempo, mas para ir comezando xa vale:

Gilad Atzmon

Eu non teño moita información (só un par de discos) pero internet está chea de críticas e declaracións. Até logo! --emilio juanatey(talk) 10:10, 2 novembro 2007 (UTC)

Semella boa idea. Eu o único que fixera fora crear unha categoría a imaxe da xa creada de xornais en lingua galega, pero a idea que tamén me gusta sería algo como publicacións escritas que despois se dividira en subcategorías, xornais, semanais... e por temáticas... E isto dentro de Medios de comunicación, pero esta última categoría ten unha estrutura un tanto frouxa polo que decidira fai tempo non seguir (por falta de coñecementos) (coincidirame cando andaba ordeando a cat Historia de Galicia onde hai unha boa cantidade de xornais e publicacións do sec. XIX e XX... pero non che estou moi posto no asunto polo que fago tentando seguir o xa feito.

De todos os modos cando alguén se poña a elo a idea sería unha subcategoría máis xenérica que recollese en subcategorías os distintos tipos de publicacións (que nalgúns casos xa hai algunhas). De momento como as cats non se poden mover só borralas, eu deixareino así. Se ti ou outro se puxera a categorizar unha cousa fácil sería crear esa categoría máis xenérica e darlla a subcategoría de xornais por linguas.

Anímote a que te atrevas co de categorizar xa que ainda que te poidas (como facemos todos a miudo) trabucar é un xeito moi bo de coñecer os contidos da Galipedia. Saúde. (tomo nota de todolos xeitos por se paso de novo por alí e non ando preguiceiro). ;) Lansbricae (Ti dirás) 00:38, 3 novembro 2007 (UTC)

Arxentina[editar a fonte]

As grazas de meterche no choio dallas a Alma que tamén me meteu a min. O contido está moi ben pero deprime un pouquiño darse conta con datos que na segunda metade do século XX os arxentinos levaron e díronse por todos os lados. O que vai quedar é a materia bastante completiña pero eu xa teño gañas de voltar cos menumentos jeje, pero por outra banda gústame traballar en artigos con varios editores, é máis ilusionante e o traballo soe quedar moito millor. Ánimo tamén para ti logo e a seguir facendo o bo traballo que levas. Saúdos e tomarei o consello irei pola sombra (ainda que estes días da gustiño andar polo sol) ;) Lansbricae (Ti dirás) 13:33, 5 novembro 2007 (UTC)

sinatura[editar a fonte]

Na lapela de arriba "As miñas preferencias", na pantalla principal "Información do usuario" tes que encher a caixa de "O seu alcume" con algo similar a isto:[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup>, e tes que marcar xusto embaixo o de "Sinatura tal e como esta..." e con iso xa terías a sinatura cun enlace ao teu talk. Tamén podes poñer imaxes e choios así pero deso xa non controlo, podes consultar en Axuda que creo hai un apartado específico, pero iso xa para cambiar cores e cousas así. Espero non teñas problema e un saudo. Lansbricae (Ti dirás) 20:52, 5 novembro 2007 (UTC)

Queer as Folk[editar a fonte]

Ola, despois de moito tempo con moito traballo conseguín facer un sitio para meterlle (algo) o dente a Queer as Folk. Comentei os cambios na páxina de discusión. Seguirei con iso en vindeiras xornadas. Ah, e iso, que moitas grazas --Xabier Cid 23:16, 9 novembro 2007 (UTC)

O Pe da Letra[editar a fonte]

Esculpado quedas fillo. Xa estaba a brindo as portas do coche que teño aparcado para pasear vándalos na miña páxina.

O malo é que pensaba que estaba a facer amigos a esgalla jeje;) O erro é mútuo eu por presupor e ti por tomar o exemplo tan a peito. Jeje.

P.D. Non te metas tanto nos ríos que como abran un encoro inda imos ter unha desgracia. Lansbricae (Ti dirás) 23:33, 11 novembro 2007 (UTC)

Ola, Estevo[editar a fonte]

Repito a resposta á mensaxe que me enviaches, xa que non sei ode prefires que che responda. Hei revisar os títulos das películas que conforman as listaxes dos artigos aos que me remites. Por certo, tamén se inclúen títulos de versións subtituladas, non só dobradas. Sempre que estas versións sexan oficiais, claro está; un exemplo é a deliciosa película Cinema Paradiso da que, por desgraza, non me consta ningunha versión dobrada ao galego, pero si se emitiu na TVG en versión subtitulada nesta nosa lingua. Logo, hai títulos dos que estou case seguro que existe a versión dobrada (O bo, o feo e o malo, Por un puñado de dólares...), pero ata que non confirme eses datos, non os inclúo co fin de non caer en erros. Por certo, como curiosidade, dicirche que a dobraxe en castelán, para o cine, feita para a película En la línea de fuego foi realizado en Galicia con moi bo resultado. Para calquera dúbida que teñas ao respecto, aquí estou. Saúdos. --Uxío 23:40, 11 novembro 2007 (UTC)

Templates[editar a fonte]

Home eu facelos facelos non sei, como moito copialos e adaptalos un pouco. Para iso o que fago é ir ao artigo da wiki es. O edito, e voume ao final do texto onde se atopan os templates, o que che interesa sería o Plantilla:Infobox puente, clicas nel e xa estarías no template, o editas e copias todo o texto.

Vas a Galipedia e creas Template:Ponte como un artigo máis. Nel pegas todo o contido copiado da plantilla:Infobox puente, e gravas. (Habería que darlle unha categoría pero xa veriamos despois onde colocalo). Terías tamén que facer algúns cambios: traducir ao galego, cambiar Infobox puente por só Ponte e listo, xa tes o template para usar. Ademais poderías crear unha subpáxina para indicar como usar o template, pero eso xa non o controlo moito, a mediodía direille a Alma que cho explique (o que sei é que vai nunha subpáxina tamén a modo de template e despois se engade no Template:Ponte entre para que non apareza despois no artigo no que utilices o template (faise o mesmo coa categoría).

Tenta a facelo e se te atrancas miramos. Nesto como en case todo apréndese mirando paa quen o fixo antes e facéndoo (eu levo tempo querendo facer templates para os monumentos e non me atrevo).

Se quixeras facer modificacións sobre o template (cores, liñas, fondo...) podería botarche unha man Banjo, Alberte ou Xosé entre outros, ou a vía de probar - erro, ata chegar a probar - acerto. Saúdos e a seguir a facer un bo traballo, e xa me dirás. (Se prefires que o faga eu e mirar dimo, pero entendo que prefires facelo ti para irte afacendo). Lansbricae (Ti dirás) 11:14, 12 novembro 2007 (UTC)

Templates[editar a fonte]

Motivado pola túa iniciativa decidinme a traer a plantilla de castelo á galipedia. Cambieille algunhas cousas (con máis ou menos traballiño) e deixei algo bastante mellorable pero algo fixen, vid Castelo de Sobroso. Para poñelo máis bonito xa non dou (todo o fago a base de probar tratando de aprender aos poucos). Co tempo supoño. Lansbricae (Ti dirás) 12:19, 12 novembro 2007 (UTC)

Ola, vin o que lle pediches a lans e fixencho, os datos son todos inventados, así que espero que os corrixas, a imaxe non a puiden meter, penso que hai que correxilo tamaño no template porque sae enorme. Saúdos e se precisas unha man, ofrézoche as dúas pero pola noite que teño un curso, e non vou estar. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:06, 12 novembro 2007 (UTC)

Hahaha, :) De acordo, pero non creo que me dea tempo hoxe... A ver se podo.--Xabier Cid 22:29, 12 novembro 2007 (UTC)

Non me estraña que te rendeses... uffff, ;) Morente listo. Ese é un dos problemas que lle vexo ás traducións, que nos metemos a reproducir, non só citas (como neste caso) senón tamén estruturas que ao mellor non teñen demasiado sentido nunha enciclopedia galega. Ben, eu aprendín moito. Pero o wikiproxecto do flamenco non o hei de empezar esta semana... Saudiñas --Xabier Cid 00:57, 14 novembro 2007 (UTC)

O Pentágono[editar a fonte]

Ola, Estovoaei. Sobre a túa proposta de creación dun artigo sobre O Pentágono, témome que arestora non vou poder, porque aínda que me parece interesante, mentres non apareza mencionado nalgún dos artigos que estou desenvolvendo dentro do meu proxecto sobre os Estados Unidos, teño xa tantísimos artigos pendentes, que resúltame imposible porme con ese. Síntoo.

Un saúdo, --Furado 14:01, 14 novembro 2007 (UTC)

Avaristo[editar a fonte]

) Si, si... estaba aínda editando o artigo... Aos santos engádolle tamén a data. Para o caso dos papas estou tomando de referencia un libro de 1939 que pillei na biblioteca, e completo cos datos que achegan as outras wikipedias, que moitas veces difiren entre si. A miúdo as outras wikipedias arrastran erros e contradicións, e se traducimos a pelo herdámolas. Aquí entre nós, non sei se é moi interesante un artigo sobre San Evaristo, pero témome que cando lle deamos a última edición dentro deste proxecto... vai tardar en editarse de novo, así que prefiro que quede alguiño ben. Grazas por esa e por todas as luvas, por certo. --Xabier Cid 21:37, 15 novembro 2007 (UTC)

Máis sobre papas[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Non sei se entendín ben a mensaxe que lle deixaches a Alberte, pero creo que si. O problema das fusións xa está identificado e catalogado como tarefa en Wikiproxecto Papas, pero é algo que hai que realizar despois de mover os ", Papa" a ", papa". Na páxina do wikiproxecto podes atopar máis información. Polo tanto, se entendín ben, non meteches a zoca, e o que estás facendo é un bo traballo. Saudiños. --Xabier Cid 11:02, 16 novembro 2007 (UTC)

  • Si, así é. O que di Xabier Cid é certo. Non metiches a zoca. Saúdos. AlberteSi, digame? 14:19, 16 novembro 2007 (UTC)

39 Steps[editar a fonte]

Pois creo que tes moooita razón. Corríxoo agora mesmo. --Xabier Cid 16:00, 17 novembro 2007 (UTC)

Como andamos?[editar a fonte]

Como vaia cousa? Xa te recuperaches ben se ve. Vin que sigues a subir imaxes, bo traballo. Cando os cargas desde commons e os vas usar na galipedia estaría ben que lles puxeras categoría xa que dese xeito consta na galipedia como imaxe e pódese atopar buscando nas categorías. Mais nada a sejir a tope, saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 11:12, 19 novembro 2007 (UTC)

Elvira Riveiro[editar a fonte]

Pois a ver se teño tempo e me poño. Grazas. Xas (fálame) 20:47, 19 novembro 2007 (UTC)

RE: dous asuntos[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Tentarei conseguir esa información sobre Arturo Casas, a ver se a semana que vén o podo confirmar, que agora ando un pouco liada.

Non coñecía esa autora, polo que puiden averiguar dela sei que é de Vigo, colleita do 1975, que só ten un libro publicado, “Vidas Post-it” (o que vas ler ti, supoño, a ver que che parece…), e que empezou nisto da literatura case por casualidade; este libro que ten publicado escribiuno hai catro anos. Gústalle moito a música, de feito estudou no conservatorio dende os 7 ata os 15 anos; toca a zanfona e é, ademais, actriz e fotógrafa. Eu penso que merece ter a súa páxina na Galipedia. Xa sabes que facer…

Ah! Penso que te confundiches, eu non ampliei a páxina de Elvira Riveiro, foi Xas, pero xa que mo dixeches, engadinlle unha ligazón externa.
Un cordial saúdo. --Lara 00:43, 23 novembro 2007 (UTC)

tradución pendente.[editar a fonte]

Tes toda a razón co do artigo da tipografía que leva tempo sen traducir do francés: non o fixen por unha manchea de razóns que se poderían resumir nunha... esquecérame del. Agora que mo lembraches boteille un ollo e xa sei por qué non o traducira daquela: está moi feito á medida da lingua francesa e precisa un traballo de adaptación á nosa realidade, polo que realmente non sei se vale a pena mantelo como base do artigo que a nosa galipedia precisaría sobre esa materia ou se sería mellor borralo simplemente. --Servando2 (Dime) 01:51, 23 novembro 2007 (UTC)

Cadros de Abelardo[editar a fonte]

Costoume moito conseguir as cesións, teño o correo no que se me fixeron desde xa fai varios días, concretamente do 21 de novembro así que penso que non debería haber problemas con eso, non teño conexión na casa porque se me escacharrou o router e por iso as colgo hoxe, de feito quedara niso coa investigadora da obra de Abelardo Miguel, o resto de arranxos no artigo que quedara con ela terán que quedar para cando me traian un router novo. En canto o que me dis dunha foto mellor véxoo difícil, tentareino pero xa a teño un pouco farta co tema dos dereitos para aquí e para alá, de todas formas, se che interesa, pódoche enviar por correo unha foto dun mural incrible que me mandou a investigadora pero que non se pode colgar na Gali, pero é unha pasada, ;) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:31, 24 novembro 2007 (UTC)

Corroboración[editar a fonte]

Que tal Estevoaie? Xa corroborei esa información sobre Arturo Casas. Non é membro das "Redes escarlata", aínda que si ten colaborado nalgunhas cousas con ela. En canto a se ten algún poema publicado no recompilatorio da colección "biblioteca 120 galega", a resposta é afirmativa, pero non é un dato relevante, xa que a meirande parte (por non dicir todos) dos poetas galegos contemporáneos están nese recompilatorio.

Un saúdo. --Lara 0:55, 27 novembro 2007 (UTC)

Boas, perdoa por tardar tanto en responder :). Para ordear da forma que dís, así as présas só se me ocorre facer unha columna que teña un número, así por exemplo o 1 sería o máis preto á desembocadura e de aí en diante. Logo podería ordearse por esa columna, do número maior ao menor ou viceversa. De primeiras é unha solución un pouco "cutre", pero polo momento non se me ocorre nada máis, mirarei a ver se se pode facer dalgunha forma máis "profesional" :D.

Para meter unha nova entre outras dúas, neste caso, sería igual que poñer unha nova fila, simplemente habería que poñerlle tamén o número que lle correspondera. Sinto non poder darche unha solución mellor, pero prometo buscar algo máis axeitado, en canto saiba algo avísote :) --Banjo tell me 19:09, 27 novembro 2007 (UTC)

Re: Sergei Eisenstein[editar a fonte]

Ola, Estevo. Que tal? Non sen atraso, respondo á última mensaxe que me fixeches chegar: Lamento dicirche que non podo asegurar que exista título galego de ningún filme deste director, aínda que iso non quere dicir que non exista tal. Sobre o de como introducir os títulos: A entrada debe de ser o título galego, acompañada do título orixinal entre paréntese; se non existe título oficial en galego, non se debe traducir xa que, de ser así, resulta confuso (dá pé a pensar que hai versión galega da película cando non a hai). Penso que o artigo está ben, e é bo que os artigos de cine non só se refiran a producións patrias ou estadounidenses, xa que o cinema ten moitas máis nacionalidades (outra cousa será o que nos chega). Un saúdo. --Uxío 22:37, 27 novembro 2007 (UTC)

Moitas garzas, o do xaque mate é un pouco violento, hehe, pero... :) Saudiños. --Xabier Cid 19:47, 28 novembro 2007 (UTC)

Ola Estevoaei! Solucionei o problema coa camisola suplente. O erro era que en troques de pettern_la2 aparecía pattern_1a2. Co das bandeiras ejpañolas xa non fun de axuda. Un saúdo, meu. AlberteSi, digame? 14:13, 1 decembro 2007 (UTC)

Moitas, moitas grazas. ;). Aínda que non viría mal que te pasases polo wikiproxecto a escoller algún articuliño pequeno de música ou do que queiras e nos botases unha man. Saúdos e grazas de novo. Alma (fálame eiquí) 00:51, 2 decembro 2007 (UTC)

    • BENVIDO!! Non sei se lle botaches un ollo a páxina do wikiproxecto, alí como puxeches o de Dereito laboral fai a túa propia sección e así entre todos engadimos ideas, como fixemos co dos conflitos actuais de Maañón, o de Arxentina que comecei eu, etc... O que solemos facer é cando é pequeno vai na principal, cando a cousa xa ten unhas dimensións grandes pasámola a unha páxina dependente dela. Alédoume moito que te uniras e o tema, góstame especialmente o Dereito laboral, así que xa sabes, pra o que queiras. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 09:39, 2 decembro 2007 (UTC)
  • Noraboa, menudo artigo o de Dereito laboral, a ver se con tempo lle engado algunha cousa. O que sí lle podes engadir na páxina de conversa é o marcador de {{Wikiproxecto Dereitos humanos}}. Parabéns e saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:24, 3 decembro 2007 (UTC)

Grazas polo apoio :) Ás veces un ten medo de que alguén tome a mal as correccións. Alégrame saber que non é o caso. Un saúdo. --Manudosde 12:57, 3 decembro 2007 (UTC)

Estábache mirando a túa páxina de usuario e chamoume a atención o símbolo americano dos anarquistas(se en realidade nos EEUU hai anarquistas...), e fixeime no que poñías abaixo. Militas na CNT??Mimá, non sabía de ninguén. Eu estoume replantexando as ideas, estame gustando este sistema...jaja. Saúde, Meu rei

Retranca[editar a fonte]

Ola estevoaei, vin que engadiches un novo artigo ós solicitados: Retranca (publicación). Quería pedir a túa opinión: que prefires, Retranca (publicación), Retranca (revista) ou Revista Retranca? Eu quedo coa última. Ademais andiven fedellando no blog e utilízan moito esa denominación [2]. Xa me contarás, un saúdo. AlberteSi, digame? 16:15, 6 decembro 2007 (UTC)

Pois Retranca (revista) logo, paréceme ben. E tes razón, Kiko da Silva merece un artigo, gústame moito o seu xeito de debuxar e o humor que ten. Nótase que teño gañas de fincarlle o dente á revista, mandeilla mercar ó meu irmán pero non a atopou en ningures. Vou ter que subscribirme... Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:29, 6 decembro 2007 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

Parabéns polo traballo que estás a facer sobre os anarquistas, é moi bo, que che parece facer un subapartado dentro do wikiproxecto dos dereitos humanos adicado á memoria histórica de España?, pensaba facelo en canto rematara con Arxentina, pero ti xa estás a traballar a reo niso, e podías incluilo. É unha idea, xa me contarás. Saúdos e parabéns de novo, Alma (fálame eiquí) 12:38, 9 decembro 2007 (UTC)

un momento[editar a fonte]

please non fagas nada agora no artigo de Fanny + Alexander que lle vou meter a discografía. Saúdos.--Jonathan Chapela 18:20, 9 decembro 2007 (UTC) Xa podes facer o que queiras no artigo que polo de agora non se me ocorre máis nada, saúdos.--Jonathan Chapela 18:45, 9 decembro 2007 (UTC)

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial[editar a fonte]

É un primeiro paso. Moitas grazas.----

Non pasa nada[editar a fonte]

Non pasa nada, supuxen que foi coincidencia, simplemente foi a segunda vez no día e non me sentou moi ben. Non hai que darlle importancia, como xa dixen non o tomo como nada persoal :). Un saúdo --Banjo tell me 00:36, 10 decembro 2007 (UTC)

*Periodistas[editar a fonte]

Ostra, nin conta me dera. Moitas grazas por avisar! Só son dúas categorías, supoño que con marcalas para o borrado rápido chegará. Un saúdo!FryantTralarí Tralará 01:32, 11 decembro 2007 (UTC)

Categorías pra borrar[editar a fonte]

Ipso facto;) --Xabier Cid 02:57, 11 decembro 2007 (UTC)

Xosé Manuel Pereiro[editar a fonte]

Pois síntoo, Xosé Manuel Pereiro é un personaxe que non me interesa nada, seguro que hai por aí alguén que queira intentalo. Xas (fálame) 11:15, 12 decembro 2007 (UTC)

encoro de Portodemouros[editar a fonte]

Estevoaei,como como vexo que correxiches o termo cerrada por o de pechada,eiche decir que o de cerrada e mais axeitado,entendendo que unha presa o que fai e cerrar o val,pero nón impedir que o rio continúe,que seria o emprego correcto do termo pechar no senso de impedir que algo sáia dun recinto ou continente. Pero compañeiro, doutores ten a iglésia e se tí o consideras correcto,pois adiante. sen máis un saúdo.pelos

Ola, Estevoaei. Substituíches cunca por conca, e as dúas formas son válidas en galego. Neses casos en que dúas formas son correctas, non semella axeitado mudar unha por outra. Eu metín ademais a pata, e son o culpable de todo este remexido, porque mudei e remudei decisións que non eran correctas. Cando súas formas son correctas, dáselle prioridade á que escolleu o primeiro editor. Moitas grazas, e perdoa este lío. --Xabier Cid 09:46, 14 decembro 2007 (UTC)

código Da Vinci[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Pensei facer unha cousa natural: é unha norma xeral nas wiki de pór nos titulos, mais non nos artigos, as maiusculas pa que se clasifiquen ben os artigos e tamen pa favorecer o traballo dos bots, istas duas cousas teñen que ver coa a cualidade do resultado da clasificacion, mais non buscan prioridad na importancia que poden ter as palabras. A c minuscula diste artigo crio unha lettra mais o final da categoria. Puxenlle unha mensaxe a Alberte [3] . Fixen eso pensando que era normal, pero si hai outro convenio na Galipedia, pois non me parece mal que se borre o que fixen. Trata eso con Alberte, xe que pa mín é cousa extraña. Por outra banda veño de ver que non estaras na xuntanza, e eu contaba preguntarche de donde ven a expresion Pola sombra, gostame moito e dame moita gracia, pero antes de utilizala queria saber de que se trata, pa non ser mui burra. Gracias. E pa o codigo Da Vinci facer por o millor. Saúdos ElviraConversa con mi 23:17, 12 decembro 2007 (UTC)

Poís esta todo solucionado : o orden na categoria e o respeto da traducion galega. A Galipedia vai pa diante con este tipo de colaboracion ! Saúdos Estevoaei (e Pola sombra ! )ElviraConversa con mi 23:26, 12 decembro 2007 (UTC)
As nosas mensaxes foron simultaneas. Gracias por a duas esplicacions e pola sombra ! (D:)ElviraConversa con mi 23:29, 12 decembro 2007 (UTC)

San Xurxo de Sacos[editar a fonte]

Como dicía un vello do meu pobo, "os libros dicen o que lles poñen", e non me saen, pero tentarase procurar algo con tempo. Si que tiña algo da Carballa de Santa Susana creo que se chama saín cara a Ourense que publicara o Concello de Pontevedra, se de carballos se trata que non creo, senón ouservar e se cae información wikiprocesala.

Xa de paso, a un anarquista declarado como ti non será moito o pedirlle que cando pase de novo por preto da igrexa de Santa María, busque algún dos canzorriños eróticos e tamén lle faga algunha retrataura a outra punta da igrexa que semella ser interesante (igrexa pero con cochinadas como diría algún). Eu agora cando paso por alí ou volvo ben comido ou vou con fame, supoño que me explico. Saúde e estes días vai un pouco máis polo sol que vai frío.Lansbricae (Ti dirás) 23:44, 12 decembro 2007 (UTC)

  • E iso sen cámara. Tan moi guapas as imaxes, si señor pero coido que onde ti vías unha muller abrindo as pernas hai un home agarrando a... (non digo nada). Claro que todo é cuestión de puntos de vista e onde uns vemos unha cousa outros ben outra. Troqueino pero inda estamos a tempo de darlle a volta ou propolo a consenso ou votación e de seguroo que daba moito xogo. Falando en serio, moitas gracias, con esas imaxes xa me pagaches 3 meses máis de wikitraballo. Un saúdo e a seguir ben (mágoa o da cea). Lansbricae (Ti dirás) 16:46, 13 decembro 2007 (UTC)

O bo, o feo e o malo[editar a fonte]

Onte emitiuse na Galega 'O bo, o feo e o malo', a estupenda película de Sergio Leone, como xa sabes. Foi un despiste pola miña parte o non avisarche para que a puideses ver per, con isto, queda confirmada a miña sospeita de que, en efecto, hai versión en galego desta película. A ver se emiten as outras dúas películas da "Triloxía do Dólar" (pese a ser esta película en cuestión a terceira). Un saúdo. --Uxío 14:35, 14 decembro 2007 (UTC)

mourente[editar a fonte]

¿Parecerme mal? En absoluto, ho, tranquilo e cámbiaa se cres que ilustra mellor o artigo. Pedro (que con esta friaxe, prefire ir polo sol) --Lameiro (conversa) 18:22, 15 decembro 2007 (UTC)

Revolución 1934[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Vin que creaches o artigo Revolución de 1934, traducíndoo da wikipedia española. Ó ver o artigo e mirar as fontes xa dixen eu "uuuui". Mirando a bibliografía vin a Stanley G. Payne e despois a Ricardo de la Cierva e Pío Moa [4]. Indo á wiki española atópome que teñen o marcador de non neutral, así que coido que non había que traducilo. De todos xeitos se rematas de traducilo, tentarei despois eliminar a prosapia franquista que posúe e darlle fontes fiables. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:05, 17 decembro 2007 (UTC)

Ola, agora mesmo non teño tempo para facer o artigo, pero pra mediados de xaneiro tentarei facelo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:07, 23 decembro 2007 (UTC)

Non son con gran angular, son panorámicas, son varias imaxes, en algunha de Las ata 8 imaxes unidas cun programa como o ptgui, tamén tes o exemplo nunha da igrexa de Vilar de Donas que son como 10 imaxes en dúas fileiras Imaxe:Vilar de Donas Panorámica def .jpg. A de Donas fixoa Alma coa súa cámara (ben fodida de facer e máis de xuntar), unha panasonic FZ8. Mercámoslle un gran angular por ebay pero a FZ8 non é réflex de obxetivos intercambiables, senon que lle pos unha lente sobre outra e pouco uso lle levamos dado porque en bastantes situacións escurece as esquinas, que non gusta moito en definitiva.

As de Las están feitas algunhas con unha sony dscp32 vella que non ten nin zoom óptico pero que pese a estar un tempo nun puzo conmigo segue a facer fotos medianamente visibles, e outras coa cámara do meu pai unha fuji tamén de formato compacto máis nova que fai boas fotos pero non ten o zoom da panasonic, pero para panorámicas ten unha axuda que é un modo no que che superpón a imaxe anterior co enfoque seguinte, e iso está moi ben xa que todos estes programas funcionan por puntos de imaxe en común e senon traballas con trípode as panorámicas tenden a estreitarse porque a primeira foto a fas máis arriba que a segunda, a terceira un pouco torta, cun resultado non rectangular que vas ter que recortar. A Fz8 non ten esa modalidade pero non é difícil coller puntos en común para facer tiradas. A gran angular que mercamos non saiu moi cara (foi a hong kong, e 30 ou 40 €), pero a lente tampouco sei se é moi boa (supoño que non ). Eu pensaraa para facer fotos como a fachada de carboeiro, onde non tes máis sitio para ir para atrás e que saia todo, pero isto da fotografía é como todo co tempo iráselle collendo o tranquillo a algunhas cousas e outras seguiran a ser cousas a aprender.

Xa estivera mirando e vira a páxina do concello de cotobade, é moi interesante, seguireina de preto jeje. Un artigo destas cousas con imaxes gaña moitísimo. Saúdos e para o que gustes. Lansbricae (Ti dirás) 17:45, 17 decembro 2007 (UTC)

Noraboa Estevoaei! Hoxe vin o teu nome en A Nosa Terra, concretamente porque colleron unha imaxe túa para ilustrar unha nova. Parabéns. E xa de paso aproveito para dicirche que cando remates o da revolución de Asturias tentarei ampliar e mellorar algo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:52, 18 decembro 2007 (UTC)
  • Únome aos parabéns. así que saes e fas fotos, senon as tes na casa Eu pensei que te ía ter entretido un tempo entre as silveiras. CReo que para Cotobade sería unha boa cousa facer un artigo específico dos seus petróglifos (creo que co tempo, moito eso si, todos os concellos do val do Lérez deberían ter un. Eu co libriño de García Alén e de la Peña Santos teño pequenas descripcións e moita bibliografía. Tamén ten gráficos das pedras. Estaba a pensar en escanear e facer unha versión propia pero non sei como empezar, boeno si escaneando, pero non máis. Non creo que se tratase dalgo non permitido. ¿Qué tal se che dan eses asuntos? Senon habería que procurar máis colaboracións. Estaría ben ensaiar máis artigos sobre petróglifos, polo que tentarei ir facendo algún de cando en vez e mirar de facer ese artigo Petróglifos de Cotobade onde se cataloguen todos (moitos aparecen como desaparecidos cando se arranxou tal estrada...) e de ese ir facendo aquelas estacións rupestres das que se teña suficiente información (porque soen ser descricións moi básicas e repetidas case literalmente en outras fontes). Non che dou máis a chapa. Saúdos e boa foto da Pedra e bo traballo.

Alma (fálame eiquí) 18:31, 19 decembro 2007 (UTC) Lóxicamente esta non era Alma senón Lansbricae, a quen lle andiveron pola mañá no ordenador. Desculpas. Lansbricae (Ti dirás) 18:34, 19 decembro 2007 (UTC)

Artigos solicitados[editar a fonte]

Boas. O modelo non está nin estivo nunca protexido, eu e alberte revisámolo, podes velo aquí. O que estaba protexido era o Portal da Comunidade, púxenlle eu a protección, pero cando lla púxen non foi en serie, para que precisamente se puidese editar o modelo. Non sei porqué non deixaba editar, probei fai un rato a volver a poñer a protección sen ser en serie pero ao tentar editar o modelo sen estar rexistrado non me deixou, aparecíame o de protección en serie... Non sei o que pasou, pero tampouco é para poñerse así non? Quero dicir, avisaches no taboleiro de que estaba protexido, pero eu e alberte confirmamos que non o estaba. Se che seguía a aparecer a mensaxe quizáis con decir que seguía sen deixarche editalo chegaba, non fai falla decir que está "pechado ás bravas" ou que as túas aportacións son consideradas inútiles (que non é asi)... En fin, baixei a protección do portal, a ver se así se arranxa, proba a editalo agora a ver se che deixa, se non avísa e volvo a revisalo. Un saúdo --Banjo tell me 18:49, 19 decembro 2007 (UTC)

  • Creo que atopei o problema, proba a editar agora. --Banjo tell me 19:03, 19 decembro 2007 (UTC)

feito -- Sobreira (parlez) 18:17, 20 decembro 2007 (UTC)

Vémonos na cea logo. Só quería decirche cando cargas imaxes a través de commons cando as poñas na Galipedia editaas e ponlles unha categoría: Aquí son distintas que commons: Serían Categoría:imaxes de Cotobade (os dous puntos son apra que non che categorice esta páxina e apareza como ligazón, non llo poñas.. Deste xeito quedan categorizadas e son un novo rexistro á Galipedia e novos recursos para ghrafitear artigos desta terriña. Ata vernos logo. Lansbricae (Ti dirás) 18:41, 20 decembro 2007 (UTC)

Re:Imaxes[editar a fonte]

Grazas, e grazas polo aviso. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:07, 21 decembro 2007 (UTC)

Solleiro[editar a fonte]

Xa esta feito un pequeno esbozo de artigo co que fun topando. Por certo, lin a súa obra e non gosto moito dela.--Xas (fálame) 01:35, 23 decembro 2007 (UTC)

ligazóns[editar a fonte]

mimadriña, que regaliño me deixaches. Xa está feito (aínda que teño que revisar algunhas porque non acaba de convencerme o de "nacional" a lugares como Hong Kong), saúdos e bon 2008!--Jonathan Chapela 12:43, 31 decembro 2007 (UTC)