Saltar ao contido

Sōsō no Frieren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sōsō no Frieren
 Título
葬送のフリーレン
Frieren: Beyond Journey's End Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
 Franquía de medios
Autoría
 Autor/a
 Ilustrador/a
Temática
 Universo ficticio
 Personaxes
Frieren (pt) Traducir
Land (en) Traducir
Richter (en) Traducir
Laufen (en) Traducir
Ehre (en) Traducir
Denken (en) Traducir
Wirbel (en) Traducir
Übel (en) Traducir
Lawine (en) Traducir
Kanne (en) Traducir
Sense (en) Traducir
Scharf (en) Traducir
Blei (en) Traducir
Dünste (en) Traducir
Genau (en) Traducir
Ton (en) Traducir
Länge (en) Traducir
Methode (en) Traducir
Edel (en) Traducir
Lernen (en) Traducir
Voll (en) Traducir
Gabel (en) Traducir
Eisen (en) Traducir
Flamme (en) Traducir
Qual (en) Traducir
Sein (en) Traducir
Heiter (en) Traducir
Stark (en) Traducir
Himmel (en) Traducir
Fern (en) Traducir
Gorilla (en) Traducir
Serie (en) Traducir
Aura (en) Traducir
Stoltz (en) Traducir
Orden (en) Traducir
Kraft (en) Traducir
Granat (en) Traducir
Linie (en) Traducir
Draht (en) Traducir
Lügner (en) Traducir
Falsch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Obra derivada
Publicación
 Editorial
 Público obxectivo
 Premios
Datas
 Data de comezo
28 de abril de 2020 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
18 de agosto de 2020 volume 1
15 de setembro de 2022 volume 9
17 de xuño de 2022 volume 8
16 de marzo de 2023 volume 10
18 de decembro de 2023 volume 12
15 de setembro de 2023 volume 11
17 de abril de 2024 volume 13
17 de marzo de 2022 volume 7
16 de xullo de 2021 volume 5
16 de outubro de 2020 volume 2
18 de novembro de 2021 volume 6
18 de decembro de 2020 volume 3
17 de marzo de 2021 volume 4
18 de marzo de 2025 volume 14 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Número de partes14 vols. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Publicado en
 País de orixe
Identificadores
VIAF1011163877710846060002 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Twitter: FRIEREN_PR Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Sōsō no Frieren (葬送のフリーレン?, lit. Frieren do funeral) é unha serie de manga xaponesa creada por Yamada Kanehito e ilustrada por Abe Tsukasa. Publícase na revista semanal Weekly Shounen Sunday dende o ano 2020. Foi gañadora da 14ª Edición do Manga Taishou e o Premio Shinsei da 25ª Edición do Premio Cultural Osamu Tezuka. En novembro de 2023, o número total de volumes en circulación superara os once millóns de copias.[1]

O grupo de catro heroes que derrotaron o rei Demo, formado polo heroe Himmel, o monxe Heiter, o guerreiro Eisen e a maga Frieren, volve á capital conmovido trala súa viaxe de 10 anos, se ben a Frieren, unha elfa que facilmente pode vivir máis de 1000 anos, lle resultou unha viaxe tremendamente curta. Antes de se separaren, coa promesa de volver encontrarse, os catro contemplan o Meteoro da Era, do cal se di que só pasa cada 50 anos.

Frieren reúnese cun Himmel xa envellecido 50 anos máis tarde e, xunto con Heiter e Eisen, volven ver a choiva de meteoros. Himmel falece pouco despois e, no seu funeral, Frieren chora ao entender que non sabía nada de Himmel e nunca se esforzara por descubrir máis del. Confundida pola súa dor, Frieren emprende unha viaxe para coñecer os humanos e coleccionar maxia e feitizos.

Vinte anos despois Frieren visita o ancián Heiter. Este pídelle a Frieren que descifre as escrituras dun grimorio e tome unha orfa de guerra, Fern, como aprendiz. Catro anos máis tarde Heiter falece, Frieren remata de descrifrar o grimorio e Fern converteuse nunha maga habilidosa. Entón, ambas emprenden xuntas unha nova viaxe.

  1. アニメ『葬送のフリーレン』いつから放送?毎週金曜23時より連続2クール. Abema Times (en xaponés). Consultado o 28 de novembro de 2023.