Rana temporaria parvipalmata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Rana temporaria parvipalmata Seoane, 1855, é unha subespecie da Rana temporaria.

Características[editar | editar a fonte]

É semellante a R.temporaria temporaria, pero de menor tamaño. Acostuma a ter cor avermellada, presenta poucas manchas negras. Posúe unha membrana interdixital reducida, trazo que lle da o seu nome (palma pequena).

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Esta denominación corresponde ás poboacións de Galicia, que presentan as devanditas características. Non obstante, as poboacións das serras de España acadan un tamaño maior cás de terras baixas, e as R.temporaria da serra dos Ancares teñen unha morfoloxía semellante ás doutras zonas de altitude de España, polo que poderían pertencer á especie tipo Rana temporaria temporaria Linneaus, 1758.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]