Conversa usuario:Estevoaei/2015

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Parece, pero non estou traducindo. Mais grazas pola atención. E un bo ano! Judcosta (conversa) 1 de xaneiro de 2015 ás 18:49 (UTC)[responder]

Olá, son martinfg998 son de Leborín, Barxa. Non sei porque revertiches os cambios feitos na miña aldea, pois o que puxen está perfecto, se ves eiqui e preguntas no serán dos veráns, xa saíu o tema varias veces, todos din o mesmo, significa terra de lebres pois ata hai ben pouco inda as había. O dos lobos foi o que me dixo un cura, non o teño moi claro. Os que somos de eiqui chamanos leboreiros ou lebreiros ou din (en fechiñas) os de Lebreirín.

Fontes[editar a fonte]

Si, si. Busco sempre indicar a orixe das informacións. Por isto demoro máis para facer cambios maiores. De agora en diante, procurarei facer conforme mo dixeches. Há braços. Judcosta (conversa) 1 de xaneiro de 2015 ás 22:56 (UTC)[responder]

Imaxes de...[editar a fonte]

Ola Adrián.

E logo, porqué lle quitas a categoría "X" ás categorías "imaxes de X"? --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2015 ás 20:15 (UTC)[responder]

santadas[editar a fonte]

Non tes unha fonte para [1] cos nomes dos santos? Creo que teño eu algo en base de datos ou táboa, déixame revisar, por que supoño que se pode automatizar cun bot. ※ Sobreira ►〓 parlez 8 de xaneiro de 2015 ás 10:59 (UTC)[responder]

Wikirreto[editar a fonte]

  Ola Estevoaei. Lánzoche un Wikirreto --~~~~

--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 11:02 (UTC)[responder]

Resposta a Vilariño[editar a fonte]

Listo, artigo e enlaces a el movidos a Capela de Santo Antón de Vilariño. Saúdos. --Iago dime 15 de xaneiro de 2015 ás 09:21 (UTC)[responder]

RE:crónicas[editar a fonte]

A que te refires co dos últimos eventos? O ano pasado non houbo realmente xuntanza de galipedistas..., ou refíreste ó editatón do día da ciencia en galego? Saúdos, (Elisardojm, esquecín asinar)

Vale, tentarei facer algo, aínda que sexa pequeno. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 19:19 (UTC)[responder]
Xa fixen a crónica do wikimaratón de Lugo pero non consigo que apareza na portada do xornal. É que xa non me lembro como funcionaba o tinglado ese, a ver se ti sabes como era. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 00:29 (UTC)[responder]

Tes razón, os datos totais de poboación deben ir ao principio mais o desglose de habitantes por zona/barrio, ao ser información moi específica, non debería ir nun apartado aparte? Sinto as molestias, sonche novo por estes lares (de feito non teño moi claro se esta é a forma correcta de responder as mensaxes). --Xocasgz (conversa) 16 de xaneiro de 2015 ás 18:55 (UTC)[responder]

Revisión[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Como seguramente saibas hai aberta unha votación para escoller á Revolución de Outubro como artigo de calidade, importaríache revisar a ortografía do artigo? Non me esquezo da petición que me fixeches sobre Cristóbal Halffter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2015 ás 15:00 (UTC)[responder]

Boas outra vez! Xa vin o dos días 6 e 7... eu non ampliei o artigo, hai uns días comenteillo a AMPERIO (que fixo a ampliación do artigo), mais aínda non me contestou (creo que está medio ausente. Non sei se aparece no cabezado o día 7 porque hai tradición de consideralo o día no que verdadeiramente comezou a revolución, ou se é un erro tipográfico... non son entendido no tema, por iso non o "corrixín", supoño que el saberá máis. Unha aperta e grazas!! Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2015 ás 20:21 (UTC)[responder]
Efectivamente, na wikipedia en castelán, que é onde collín o artigo o ten así, pero a revolución comezou o 7, así que xa está cambiado. Se atopades máis cousas dicídemo e verei se podo facer algo. --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 09:00 (UTC)[responder]

RE:Amparo Baró[editar a fonte]

Tes razón, non sabía que ese hospital estaba no outro concello, xa está amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2015 ás 23:53 (UTC)[responder]

Pedro González de Mendoza[editar a fonte]

Vexo ben que quites o de (cardeal) das ligazóns internas, mais ten en conta que houbo tres persoeiros con este nome. Saúdos--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 09:56 (UTC)[responder]

Estupendo, cando se fagan os artigos que faltan xa veremos como facemos. Eu deixaría esta como páxina principal á que redirixe Pedro González de Mendoza, e o resto, que son menos coñecidos xa especificamos de quen se trata. Non sei se de crear unha páxina de homónimos o título podería ser Pedro González de Mendoza (homónimos), que opinas? Saúdos! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 11:09 (UTC)[responder]

Artigo destacado[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Como lle comentei xa a Usuario:Elisardojm, estou pensando en propoñer o artigo Revolución de Outubro para destacado do mes de outubro. A cuestión é se se pode facer e de saír ocupar xa o espazo dese mes con este artigo. Que opinas? Saúdos! --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:49 (UTC)[responder]

modelos lugares[editar a fonte]

Ola! Saquei algo de tempo libre aquí no choio, tentarei voltar pouco a pouco, según teña algo de tempo por aqui. Correcto o que comentas, entendo a particularidade destes modelos, na maioría de sitios empréganse coma lista de lugares en sí, logo case mellor deixalos sen ser navbox, sí. De todas formas os navbox teñen unha variable de estado que creo que pode poñerse para que por defecto aparezan sen agochar, hei de revisar iso cando teña algo de tempo, pero polo momento concordo en que é mellor deixalos como ti dices. Perdón por darvos choio innecesario :). Un saúdo Banjo tell me 6 de febreiro de 2015 ás 14:12 (UTC)[responder]

Bring it back!!! It is notable. It needs articles in more languages. Rather than deleting it. Why not add more content to it yourself? It's not a waste. NativeCat (conversa) 17 de febreiro de 2015 ás 00:09 (UTC)[responder]

Yurta/Yurt/Iurta?[editar a fonte]

Boas Estevoaei, ti que es un entendido na lingua, sabes como se di Yurta en galego? Piquito na proposta Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Jurty w Parku Narodowym Gorchi-Tereldż 02.JPG expresou o problema e no dicionario da RAG non ven. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 09:08 (UTC)[responder]

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:12 (UTC)[responder]

Vémonos o sábado? Aínda que non poidas achegarte á actividade pola mañá podemos quedar coa xente pola tardiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:04 (UTC)[responder]
Vale, a ver se para outra. E por certo, a difusión esa si funciona, grazas a que a nova apareceu no twitter da Galipedia mandáronme esta finde un correo para ver se se pode organizar outra cousa similar na Coruña :) Xa darei máis detalles se vai para adiante. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 11:39 (UTC)[responder]

Boas Estevo, estou creando algúns artigos que teñen ligazón desde Revolución de Outubro, un deles é o Amotinamento junker, o problema é que o corrector marca como erro a palabra amotinamento, non é correcta? Cal cres que pode ser a solución, tal vez poñer só motín? --AMPERIO (conversa) 24 de febreiro de 2015 ás 09:29 (UTC)[responder]

Nome de usuario non permitido[editar a fonte]

Cal é a norma que non permite o nome de usuario Tuputavida (conversa · contribucións)? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 27 de febreiro de 2015 ás 06:28 (UTC)[responder]

Mover categoría[editar a fonte]

Non se pode pode mover unha categoría simplemente. Hai que ir a cada páxina que contén esa categoría e modificar o nome da categoría. Como fixeches movendo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais ca selección de fútbol de España a Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 27 de febreiro de 2015 ás 06:34 (UTC)[responder]

Pero entón non se pode mover a páxina. Porque despois ven outro usuario, vve a categoría baleira e borra a nova categoría. Como ocorreu con Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de febreiro de 2015 ás 09:44 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:12 (UTC)[responder]

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Boas, pois non o coñecía, graciñas por suxerirmo. Levo un tempo que deixei de ver cousas novas pero vou rachar con el con esta recomendación. Xa che comentarei cando o vexa. =) Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 6 de marzo de 2015 ás 10:11 (UTC)[responder]

Encontreino brillante, e coido que é un dos mellores deste xénero que teño visto. É incrible o efectiva que é a idea e como se vai tecendo a historia cun feixe de tubiños de luz. Sorprendeume moitísimo, non esperaba algo así. Moitísimas grazas por falarme dela.--Breogan2008 (conversa) 7 de marzo de 2015 ás 23:27 (UTC)[responder]

Ola! Engadín os teus encargos á miña lista de tarefas para o bot, deixareiche un aviso por aquí en canto estean terminadas :D. Grazas! -Banjo tell me 9 de marzo de 2015 ás 07:20 (UTC)[responder]

Ola! O cambio de *Celandia -> *Zelandia queda feito. Todavía estou mirando cómo facer o da cabeceira de ligazóns externas, en canto quede listo deixo un aviso aquí. Saúdos! -Banjo tell me 13 de marzo de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:27 (UTC)[responder]

Máis lixo[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Hai unha páxina máis marcada como lixo, por se non a viches e a queres borrar. Un saúdo!, --Piquito (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 17:40 (UTC)[responder]

Santa Locaia[editar a fonte]

Unha dúbida, tí que andas traballando nisto e sabes do tema. A parroquia de Santa Locaia, Castro de Rei está posta no modelo de parroquias coma "Santa Locaia (San Pedro)", e cando lle engadín a categoría non me parei moito e púxenlle a Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Pedro, pero non ten moito sentido, parece un erro no modelo, o propio nome da parroquia xa indica que debería ser Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Locaia... Preguntareille á xente da zona para asegurarme ao 100% o próximo finde que vaia por aló, pero igual tí tes máis referencias por ahí que poidan confirmar cal é a correcta :). Saúdos! Banjo tell me 16 de marzo de 2015 ás 19:20 (UTC)[responder]

Wiktionary[editar a fonte]

Boas Estevoaei.

É boa idea esa na que andas a traballar sobre o ir facendo ligazóns dos topónimos galegos cara ao Wiktionary, e che axudaría no que me pides, con tempo e tranquilamente, pero non hai fallo. Ademais das ligazóns cara á entrada no Wiktionary do nome común (en minúscula), tamén se pode facer cara á entrada en maiúscula, do topónimo, ou de nome propio, de apelido, cando corresponda, por exemplo: Veiga.

Por certo, unha das miñas primeiras entradas no Wiktionary, senón a primeira, foi espectrograma, artigo que ti iniciaches aquí, e que eu continuara, e din así no Galizionario, proxecto que me engaiolou, ata daquela descoñecido, e que me parece que complementa bastante ben este. Quero dicir, que te animo a que fedelles por aló tamén...

Saúdos.--Calq (conversa) 21 de marzo de 2015 ás 17:18 (UTC)[responder]

Si, eu teño a GEG en DVD por se outra vez queres que che consulte algo ou che dea referencias. Xa creou o artigo HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 17:39 (UTC)[responder]

Raxo de polbo e raxo e porco[editar a fonte]

Ola. Non sei o que tiña de malo o que puxen da definición da raxo, primeiro artigo (que é o raxo do polbo) e sinónimo, por tanto de brazo (de polbo, of course). O que si estaba mal foi a corrección que ti fixeches, que remitía ao raxo, segundo artigo (que é o raxo —lombo— de porco. Onde eu aprendin galego (ría de Noia, entre outros sitios), raxo era sempre o do polbo. A primeira vez que escoitei falar de raxo (de porco), e de raxarías, estblecementos que servían ese produto, foi cando cheguei a vivir na Coruña, no ano 1975. Non sei se ao académico, ou ao lexicógrafo encargado das entradas raxo1 e raxo2 lle pasaría algo parecido. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 4 de abril de 2015 ás 20:19 (UTC)[responder]

Dáctilo[editar a fonte]

Ola outra vez. Aquí, si que estiveches ben. Congratulations. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 4 de abril de 2015 ás 20:39 (UTC)[responder]

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Imaxe borrada
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Ficheiro:Yolanda Díaz.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Ficheiro:Yolanda Díaz.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Yolanda Díaz en 2012.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Ficheiro:Yolanda Díaz.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Discasto (conversa) 4 de abril de 2015 ás 22:05 (UTC)[responder]

Crónica[editar a fonte]

Boas rapás, poderías mirar na miña conversa o tema sobre o artigo da Crónica Geral e Crónica de Castela? É que non teño nin idea de se ese libro está en galego-portugués nin se o título é correcto... Sabes ti algo deste tema? Se non sabes, a quen lle podo preguntar? Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2015 ás 14:59 (UTC)[responder]

Túnel da Madroa?[editar a fonte]

Ola Estevo. Haio uns anos subiches a imaxe que poño aquí ao lado na que indicas que se trata das «Obras de construción do eixe atlántico de alta velocidade; túnel da Madroa, entre Redondela e Vigo».
Que eu saiba, o túnel da Madroa está na Madroa (Vigo), na autoestrada AP-9, túnel no que se produciron unha chea de acidentes e tráfico, como se pode ver consultando Google. Por outra parte, e tamén consultando Google, pódese ver que o túnel entre Redondela e Vigo, por onde entra a liña do eixe atlántico de alta velocidade na estación de Vigo-Urzáiz é o túnel das Maceiras que vai desde a parroquia de Vilar de Infesta, Redondela (onde hai tamén un río Maceiras); concretamente en vin, nas imaxes que veñen deste túnel en Googkle, unha foto na que se idetifica perfectamente a casa branca que está na parte superior esquerda da túa foto (e as bocas dos dous tubos). Un cordial saúdo, Luís --XoioÉche o que hai 28 de abril de 2015 ás 00:37 (UTC)[responder]

Hola son nova na wikipedia preciso falar con vostede. hoxe modificaches una entrada, teño mais info e unha foto nova. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Usuario:MED G (conversacontribucións) o 3 de maio de 2015 ás 22:50

Links do artigo OS Maios.[editar a fonte]

Ola! creo que os links a outras wikis deberían ir ao artigo MAY DAY, antes que ao que están agora, xa que se refiren ´s festas en xeral no día de Maio mentres que o link ás outras wikis se refiren a un obxecto ritual desas festas.--Eoax (conversa) 4 de maio de 2015 ás 13:12 (UTC)[responder]

Dúbida lingüistica[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Teño unha dúbida lingüística acerca de como debería traducirse o título do artigo Deus salve ao Tsar. Eu mudei o texto que había orixinalmente que o traducía como Deus salve o Tsar, máis penso que debería ser ao ou no seu defecto ó non?. A dúbida tamén é aplicable á denominación de God Save the Queen (Deus salve a Raíña actualmente, pero que penso debería ser Deus salve á Raíña). Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2015 ás 10:00 (UTC)[responder]

Entón traduciríase ao castelán como Dios Salve el Zar? o Dios Salve al Zar? Só por saber. --AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2015 ás 10:10 (UTC)[responder]
Estupendo! Grazas pola axuda! --AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2015 ás 10:30 (UTC)[responder]

[editar a fonte]

Deixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)[responder]

Fotos fútbol[editar a fonte]

Xa subín as fotos a commons:Category:Gaelic_football_in_Galicia_(Spain). Escolle as que che gusten máis para poñer por aí, os vídeos tardarán un pouco máis que teño que buscar outro oco :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 17:00 (UTC)[responder]

Categorías[editar a fonte]

Feito! Feito! Categoricei as pinturas de Mary Beale, como suxeriches. Para iso creei varias categorías para reordenar as que existían. Por exemplo, creei dúas categoría xerais dentro da "Categoría:Imaxes sobre arte" que chamei "Categoría:Imaxes sobre pintura" e "Categoría:Imaxes sobre gravado". Dentro de esta última, puxen as "Categoría:Imaxes sobre pintura en España" e "Categoría:Imaxes sobre pintura en Galicia", creando unha nova: "Categoría:Imaxes sobre pintura no Reino Unido". Dentro desta última creei ao final "Categoría:Imaxes de obras de Mary Beale". Crearei unha nova categoría que chamarei "Categoría:Imaxes sobre pintura no século XVII"

Gracias polo aviso e a categorización das outras imaxes.--Castelao (conversa) 2 de xuño de 2015 ás 07:25 (UTC)[responder]

Edicións na Desgalipedia[editar a fonte]

Por favor, pediron-me preguntar se é o mesmo usuario que editou estes artigos na sagrada Desgalipedia co seu nome de usuario.

Só veño con este cuestionamento porque torna-se común a creación de contas de usuarios da Wikipedia con intención de crear problemas de vandalismos e importación de problemas coas wikis. En caso positivo, a administración do sitio web dálle a benvida. MarceloRenard2 (conversa) 3 de xuño de 2015 ás 02:33 (UTC)[responder]

Feito! Feito! MarceloRenard2 (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 03:10 (UTC)[responder]

Bot:Florencia - Firenze[editar a fonte]

Feito! Feito! Queda sen borrar Florencia - Firenze, queda ao teu criterio se deixamo-la redirección ou non :) Banjo tell me 3 de xuño de 2015 ás 23:52 (UTC)[responder]

Borreina porque esa redireción non ten fundamento e non se usa en ningún lado :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 07:20 (UTC)[responder]

Boas! desculpa por tardar en contestar. A ver se dou feito algo, o malo que este mes estou moi moi liado, teño un exame de oposicións e case non teño tempo para nada. Saúdos!--Adorian (conversa) 7 de xuño de 2015 ás 18:40 (UTC)[responder]

Árbore xenealóxica[editar a fonte]

Boas, fixen outra versión da árbore en Usuario:Elisardojm/Árbore xenealóxica Álvarez - Bóveda con outro modelo porque o orixinal non me da deixado engadir máis raias, ou non sei engadirllas. Revísao e se está ben pásoo ó modelo que se usa no artigo. Falta definir os numeriños das novas caixas que engadiron porque non sei de onde se quitan, ti dirás (serán o 32 e o 33?). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 09:31 (UTC)[responder]

Creo que xa están ordenados os irmáns, agora coa ferramenta que trouxen da wiki inglesa a cousa é algo máis doada, está en Usuario:Elisardojm/familytree.js por se queres vela. Vou revisarlle un par de cousas e logo xa a comento na taberna por se lle vale a alguén. Eso si, esta árbore paréceme que xa está no límite de caixas, como saian máis familiares paréceme que xa non van entrar! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 15:25 (UTC)[responder]

I apologize for sending this message in English.

You are receiving this message because a technical change may affect a bot, gadget, or user script you have been using. The breaking change involves API calls. This change has been planned for two years. The WMF will start making this change on 30 June 2015. A partial list of affected bots can be seen here: https://lists.wikimedia.org/pipermail/wikitech-l/2015-June/081931.html This includes all bots that are using pywikibot compat. Some of these bots have already been fixed. However, if you write user scripts or operate a bot that uses the API, then you should check your code, to make sure that it will not break.

What, exactly, is breaking? The "default continuation mode" for action=query requests to api.php will be changing to be easier for new coders to use correctly. To find out whether your script or bot may be affected, then search the source code (including any frameworks or libraries) for the string "query-continue". If that is not present, then the script or bot is not affected. In a few cases, the code will be present but not used. In that case, the script or bot will continue working.

This change will be part of 1.26wmf12. It will be deployed to test wikis (including mediawiki.org) on 30 June, to non-Wikipedias (such as Wiktionary) on 1 July, and to all Wikipedias on 2 July 2015.

If your bot or script is receiving the warning about this upcoming change (as seen at https://www.mediawiki.org/w/api.php?action=query&list=allpages ), it's time to fix your code!

Either of the above solutions may be tested immediately, you'll know it works because you stop seeing the warning.

Do you need help with your own bot or script? Ask questions in e-mail on the mediawiki-api or wikitech-l mailing lists. Volunteers at m:Tech or w:en:WP:Village pump (technical) or w:en:Wikipedia:Bot owners' noticeboard may also be able to help you.

Are you using someone else's gadgets or user scripts? Most scripts are not affected. To find out if a script you use needs to be updated, then post a note at the discussion page for the gadget or the talk page of the user who originally made the script. Whatamidoing (WMF) (talk) 17 de xuño de 2015 ás 19:03 (UTC)

Liberdade de panorama[editar a fonte]

Meu, está a argallarse unha boa na UE para quitar a liberdade de panorama, hai máis info na taberna ou tamén podes preguntarme a min. Quizais habería que comentalo tamén na páxina de facebuk. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:31 (UTC)[responder]

Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)[responder]

Tema na Taberna[editar a fonte]

Boas! Podes botarlle un ollo a isto a ver qué pensas? Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de xuño de 2015 ás 12:39 (UTC)[responder]

RE:help request[editar a fonte]

Para iso penso que o mellor será usar o Modelo:Mapa de localización+, creo que é máis doado de usar e permite cambiar o tamaño do mapa sen ter que volver a calcular as posicións. Ademais as posicións dos puntos son as mesmas que che da o Google Maps cando seleccionas un lugar co rato co botón dereito e escolles "Que hai aquí?" Pola noitiña a ver se o fago. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2015 ás 09:12 (UTC)[responder]

Xa está feito, se queres axustar algunha cousa ou non era esa a idea que tiñas pois xa me dis :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2015 ás 23:58 (UTC)[responder]

Correcións Fabiano Caruana[editar a fonte]

Moi boas Estevoaei. Agradezo as correcións que fixeches no artigo de Fabiano Caruana mais penso que non é apropiado dicir que é italiano cando naceu nos EEUU e non vivíu nunca en Italia. Se ben os seus pais son italianos, ten dobre nacionalidade e competiu baixo esa bandeira, anunciou vai pouco que probablemente deixe esa seleció e pase á americá para competir. Tómome a liberdade de desfacer esa correción e agradézoche de novo os cambios feitos. Un saúdo. --MagoCletus (conversa) 22 de xullo de 2015 ás 22:17 (UTC)[responder]

Mysterous activity[editar a fonte]

Paseille o teu correo ó preguntador. Tiven unha pequena conversa con ElisardoJM que creo que ven ó conto que a consideres e pedinlle permiso para renviarcha. En canto me autorice mándocha, se non resúmoa só coas miñas opinións. Gracias pola dispoñibilidade e a ver que sae. ※ Sobreira ►〓 parlez 23 de xullo de 2015 ás 09:28 (UTC)[responder]

As 3 da mañá xa non son horas :P[editar a fonte]

Falta engadir a orixe e o autor en Ficheiro:Santa María Rebordechán, Crecente.jpg, cando remates o descanso ben merecido :) Banjo tell me 24 de xullo de 2015 ás 07:28 (UTC)[responder]

por que borraches esto?[editar a fonte]

https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario_Discusi%C3%B3n:Jcfidy

Por que borraches ti esta páxina? Sabes ti que a wikipedia ES está a perseguir aos usuarios que protestan pola utilización de topónimos inventados? Por que un admin-usuario de wiki ES pode acudir a pedir "axuda" a un admin da galipedia cando ningún admin da galipedia move un dedo por defender a toponimia galega na wikipedia en español? E xa non digamos defender a un usuario tratado de xeito inxusto nesas páxinas. Déixoche tamén a ligazon a un post doutro admin da wikipedia en español que despois de banear a un usuario (que protesta por un tal exónimo Mujia/Mugia ou como o inventen eles) lle di que vaia á galipedia a vandalizar topónimos (cando queiras vas pedir que o quiten tamén) -> https://es.wikipedia.org/wiki/Usuario_discusi%C3%B3n:GolDOkiro Nemigo 26 de xullo de 2015 ás 00:38 (UTC)[responder]

Moitas grazas polas túas colaboracións Gaudio (conversa) 29 de xullo de 2015 ás 08:02 (UTC)[responder]

RE:Plan Marshall[editar a fonte]

Eran relativamente poucas (32), cambieinas ao bruto sen tirar de bot, creo que quedou listo. Máis que paciencia é deformación profesional, tocáronme moitas situacións semellantes durante estes últimos anos no chollo :) Banjo tell me 31 de xullo de 2015 ás 06:40 (UTC)[responder]

Boas Estevoaei! Non me acordei de preguntarche, que tal a ópera o outro día? Vin que ampliaches o artigo Die Zauberflöte, moitas grazas!! Unha aperta!!! Piquito (conversa) 14 de agosto de 2015 ás 00:21 (UTC)[responder]

Boas meu! É relativamente doado, aínda que algo de choio si vai dar. Teño o bot gripado, pero antes de rematar esta semana espero que xa estea funcionando de novo.

Unha cuestión, xa tiña unha encarga semellante, pero á inversa, polo que se comentou aquí. Segundo a RAG é Óscar/s con til. Antes de poñerme a nada mellor asegurar cal é a forma corrrecta :) Banjo tell me 27 de outubro de 2015 ás 05:38 (UTC)[responder]

Wikimaratón en Lugo[editar a fonte]

Ah, e cando poidas avisa na páxina de facebuk, di tamén que é interesante para que se achegue xente que queira coñecer o proxecto porque haberá un obradoiro de edición para novatos, ou algo así... Vémonos o 7!, saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 18:57 (UTC)[responder]

Audiovisual[editar a fonte]

Non sei se haberá que comentalo coa xente do wikimaratón ou se xa o podemos resolver nós aquí, cóntoche: nun montón de artigos relacionados co audivisual hai dous posibles erros moi comúns: *reparto e *perruquería, podes ver un exemplo en Premios Mestre Mateo 2012.

O de *perruquería é un erro que hai que cambiar por peiteado, penso que aquí non hai dúbida, o problema é co outro.

O de *reparto é unha praga na Galipedia, o que pasa é que non sei cal é a forma máis axeitada pola que substituir ese termo, ti que dis? pagará a pena tratalo no wikimaratón? Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2015 ás 14:22 (UTC)[responder]

Contesteiche na miña páxina porque crin que era o máis fácil para ti. Non puxen ningunha ligazón no último artigo, nin sequera cos premios que si existen noutras wikipedias.CiaoGaudio (conversa) 17 de novembro de 2015 ás 11:33 (UTC)[responder]

Re:Modelo:Verificada[editar a fonte]

Creo que xa está arranxado, metinlle o espazo co código html. Se queres cambiarlle calquera outra cousa (tamaño, posición etc) avisa. :) Banjo tell me 20 de novembro de 2015 ás 07:18 (UTC)[responder]

Juliana Awada[editar a fonte]

Hola, Estevoaei. ¿Serías tan amable de recrear el artículo sobre Juliana Awada? Es la inminente primera dama argentina. Los datos están todos en la versión española es:Juliana Awada. Saludos desde Montevideo, --Fadesga (conversa) 26 de novembro de 2015 ás 00:21 (UTC)[responder]

Poderías facer isto?[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Fixen unha proposta na taberna, poderías poñer unha desas mensaxes que se mandan automaticamente a todos os usuarios para darlle difusión? Creo que é algo importante sobre o que deberiamos reflexionar toda a comunidade. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 26 de novembro de 2015 ás 00:21 (UTC)[responder]

Re. Vicente Viqueira[editar a fonte]

Si. Que unha personalidade sexa coñecida por variantes do mesmo nome pode crear confusión. Mesmo os do ISNI tiñan dúas fichas diferentes para Vicente Viqueira.

Mandeilles un correo e o amañaron. Aquí está a súa contestación:

Hello,
Thank you for using the ISNI database and telling us about duplicate records for Xohan Viqueira Cortón / Juan Vicente Viqueira.
I have now merged the records.
This change is viewable on our public database.
If you have any further queries, please let me know.
Regards,
Christopher Briggs
ISNI Quality Team
The British Library
Boston Spa
Wetherby
West Yorkshire
LS23 7BQ
******************************************************************************************************************
Experience the British Library online at www.bl.uk
The British Library’s latest Annual Report and Accounts : www.bl.uk/aboutus/annrep/index.html
Help the British Library conserve the world's knowledge. Adopt a Book. www.bl.uk/adoptabook
The Library's St Pancras site is WiFi - enabled

Movín o artigo ao nome que emprega a Real Academia Galega e puxen as variantes na ficha, coas súas referencias.

--. HombreDHojalata.conversa 30 de novembro de 2015 ás 16:26 (UTC)[responder]

Sobre o artigo Blandín de Cornualla[editar a fonte]

Fixe unha serie de correccións ortográficas e sintácticas, coido que o artigo agora está redactado nun galego aceptable. É posible xa eliminar o aviso sobre a necesidade de revisar a ortografía e a gramática? Grazas! --Osarsan (conversa) 2 de decembro de 2015 ás 19:52 (UTC)[responder]

Blandín de Cornualla[editar a fonte]

Non coñezo ningunha edición en galego do Blandín, é un texto raramente publicado mesmo en provenzal e catalán. Nas edicións en catalán podes atopalo como Blandín de Cornualla. Grazas polas correspondentes correccións!

Club Baloncesto Breogán[editar a fonte]

Ola! Paréceme unha boa idea, póñome a elo! :) Saúdos Adorian (conversa) 7 de decembro de 2015 ás 13:12 (UTC)[responder]

Íame pór agora co cadro do Breogán, e mirei no artigo da wikipedia en inglés para ver por curiosidade como o fixeron eles, e gustoume bastante, xa que é máis completo. Paréceche ben se pomos ese en lugar do do estilo dos equipos de fútbol? Saúdos! Adorian (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 12:50 (UTC)[responder]

RE:Modelo:Vilavella[editar a fonte]

Ok no do nomenclátor da xunta, mágoa que non coincida co do IGE para ter estatísticas de poboación de tódolos lugares. O que non pillo é o de "aquelar os modelos do concello das Pontes e axeitalos ao formato seguido nos doutros concellos". Que hai que cambiarlles? Banjo tell me 8 de decembro de 2015 ás 10:12 (UTC)[responder]

Na miña opinión sería mellor ao contrario, pasar todos os modelos a navbox. O tema é que agora mesmo eses modelos fan unha dobre función, tanto de navegación entre artigos como de contido propio en forma de listas de lugares e parroquias. O modelo "vello" non casa ben na faceta de navegación, mentres que o navbox é o modelo "oficial" para iso (no senso de que está máis desenvolto e ten maior funcionalidade), e permite ámbalas duas funcións (con state=plain amósase sempre aberto e sen o botón de "agochar"). Poñéndonos nun caso "ideal" no que o artigo do lugar X da parroquia Y tivese unha extensión considerable, sería mellor xa directamente empregar o modelo "Lp Y" como navegación ao final do artigo dese lugar, sen que sirva tamén de contido. Seguindo co caso "ideal", o artigo da parroquia Y tería unha sección "lugares" onde se indicarían os lugares coa súa poboación e demáis datos, cun texto elaborado e/ou unha táboa, polo que o modelo de novo iría ao final do artigo. Sendo navbox xa teríamos ese traballo feito, non habería que ir cambiandoos daquela. Choio sempre hai, iso é o de menos, vaise pouco a pouco, concello a concello e parroquia a parroquia. De todas formas, facemos como consideres mellor. Banjo tell me 8 de decembro de 2015 ás 14:22 (UTC)[responder]

Re: Bibliografía. J.M.[editar a fonte]

OK. Cando estea na casa ;-) --. HombreDHojalata.conversa 8 de decembro de 2015 ás 10:20 (UTC)[responder]

Juan Manuel, infante don Nobre e escritor castelán (1282-1348). A súa obra, de carácter didáctico e novelesco, exalta o ideal cristián e cabaleiresco... Diciopedia do século 21.

Juan Manuel (Escalona 1282 - Córdoba 1348) Escritor. Sobriño de Afonso X o Sabio, entregouse ás letras, ás armas e á política... Enciclopedia Galega Universal.

Don Juan Manuel (1282-1348), escritor español, uno de los narradores más originales de la literatura medieval española... Encarta, DVD, 2009 (en castelán).

Juan Manuel, Infante don (1282-1348) Noble y escritor español nacido en Escalona (Toledo) el 5 de mayo de 1282 y fallecido en Murcia el 13 de junio de 1348. Con su obra El conde Lucanor, se convirtió en el prosista más importante de la literatura medieval... Enciclopedia Universal Micronet, DVD, 2006 (en castelán).

Juan Manuel, Don (1282-1348). Escritor español, n. en Escalona... Nuevo diccionario enciclopédico ilustrado CIL-Durvan, 1996, (en castelán).

Non o dou atopado no Diccionario Enciclopédico Galego Universal. --. HombreDHojalata.conversa 9 de decembro de 2015 ás 10:07 (UTC)[responder]

RE: borrado en Commons[editar a fonte]

Non sei se neste caso admitirán o modelo {{duplicate}} pero, para ir sobre seguro, o máis sinxelo é facer unha nominación para borrado explicando o motivo. Agora hai unha ligazón no menú da esquerda, Nominate for deletion, que xa che saca unha pantalla na que só tes que poñer o motivo e xa se encarga de todo o lío burocrático. Se queres ocúpome eu sen problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 23:20 (UTC)[responder]

Xenial :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 23:35 (UTC)[responder]

Feito! Feito! O bot ata pola tarde non o teño á man. Non eran moitos, foi rápido :) Banjo tell me 9 de decembro de 2015 ás 07:09 (UTC)[responder]

RE:Imaxes[editar a fonte]

Ola meu.

  • O de *interés->interese queda listo, a lista esa pode editarse en MediaWiki:Filedelete-reason-dropdown
  • Para o das coordenadas no de Especial:Subir fixen un par de cousas. Modifiquei o modelo de información, {{Information}}, engadindo un campo novo de "Información Adicional" que é opcional. Logo no MediaWiki:Uploadtext engadín unha suxerencia para engadir o modelo de coordenadas nese campo cando se engade a información do ficheiro. Con MediaWiki:Upload.js podería forzar a que o texto {{Coordenadas|xxxx...}} xa aparecese por defecto na caixa de información, pero como non tódalas imaxes terían que levar coordenadas non me pareceu axeitado. O formulario en sí non se pode modificar, e polo que lin en meta e por ahi todavía non teñen pensado implementar o formulario novo que usa commons nas outras wikipedias, que xa de por sí ten unha opción de engadir coordenadas. O modelo de coordenadas en sí tampouco é do máis intuitivo, pero algo é algo. Se tes algunha idea máis avisa e reviso a ver se podo implementala dalgunha forma.
  • Para o de burócrata, por mín adiante. Non supón moito cambio con respecto a ser admin :). A maiores dos bots está ben ter un burócrata activo cando hai un evento tipo wikimaratón e demáis, porque así aos usuarios novos que asisten pódeselle asignar o grupo de "usuario confirmado" a man, para que teñan menos problemas ao engadir ligazóns externas ou subir imaxes xa dende o momento que se rexistran, sen ter que acadar un mínimo de edicións antes.

Banjo tell me 14 de decembro de 2015 ás 19:07 (UTC)[responder]

O tren que me leva...[editar a fonte]

Sinxelamente, grazas! Irei engadindo fotos e mirando o texto. Saúdos, --Agremon(contacto) 16 de decembro de 2015 ás 06:50 (UTC)[responder]

Exónimos[editar a fonte]

De momento engadín os da UDC, UVigo e DRAG, que eran os que tiña a man. Cando teña tempo consultarei o AXH e a D21 e a ver que contan de Iacarta.

A pesar de ampliar o artigo (e pretender continuar a amplialo), eu persoalmente non son moi partidario de moitos dos exónimos da lista (Cabul, Turcu, Nasau, Cansas, Vancuver ou Vancúver, Punta-Negra...) que me parecen galeguizacións moi forzadas.--Jglamela (conversa) 16 de decembro de 2015 ás 19:35 (UTC)[responder]

Xa referenciei Iacarta.--Jglamela (conversa) 17 de decembro de 2015 ás 19:41 (UTC)[responder]

Papeletas Lugo[editar a fonte]

Fáltame unha. Vou por ela. Xa vin os cambios nos ficheiros, xa os poño no ficheiro que falta. Saúdos,--Agremon(contacto) 20 de decembro de 2015 ás 14:00 (UTC)[responder]

modelo:verificada / non verificada[editar a fonte]

Ola meu. Puxen o bot a engadir {{non verificada}} a tódalas imaxes, non creo que lle dea tempo de rematar hoxe, poñereino coas que falten para o domingo/luns que ven. Creo que non foi todo o ben que pensaba e engadiu o modelo a algunhas que xa revisaras ti e que teñen {{verificada}} xa engadido. Non é moito problema, en canto remate de engadir o de "non verificada" a todas as imaxes é facil decirlle que o quite só das que xa teñen "verificada". O único que por uns días estarán os dous modelos ahí, pero non debería ter moito problema. Se te pasas por aquí e detectas algunha outra cousa antes do domingo deixame unha mensaxe e xa reviso á volta. Felices festas! Banjo tell me 24 de decembro de 2015 ás 14:28 (UTC)[responder]

Solucionado o dos "non verificada" que engadíu as que xa estaban revisadas. O domingo á noite dareill para que siga coas que faltan sen marcar Banjo tell me 24 de decembro de 2015 ás 15:55 (UTC)[responder]

Boas Estevoaei, xa lle fixen a pregunta a Elisardojm, pero como vexo que estás en liña aproveito e cha fago a ti tamén. O códigos QR que aparecen ao final dos artigos de calidade para que é? Hai que poñelos en todos os artigos? Un saúdo e Boas Festas! --AMPERIO (conversa) 27 de decembro de 2015 ás 16:53 (UTC)[responder]

Wikimaratón audiovisual[editar a fonte]

Ola!, mira, fixen un pequeno resumo do wikimaratón de Pontevedra en Wikipedia:Primeiro_wikimaratón_do_audiovisual#Resultados, cando poidas bótalle un ollo e cambia o que queiras. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2015 ás 00:50 (UTC)[responder]

Liña Ribadeo - Vilaoudriz + modelo[editar a fonte]

Ola! Púxeneme días pasado co da Liña Ribadeo - Vilaoudriz e quixen seguir coa Ferrol - Xixón, pero comecei, din marcha atrás e parei. Coido que as caixas que se stán a usar nas liñas férreas son moi farragosas; decateime que non temos un modelo de caixa e íame a poñer a crealo a partires da plantilla castelá, pero o certo é que nunca o fixen e non quixera meter a pata. Algún consello? --Agremon(contacto) 28 de decembro de 2015 ás 19:13 (UTC)[responder]

Poñereime con calma, a ver que saco.--Agremon(contacto) 28 de decembro de 2015 ás 21:28 (UTC)[responder]

Dúbida lingüística[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Estou recompilando información para facer o artigo Xudeus en Galiza e outros relacionados, o caso é que quería preguntarche a ti que sabes de lingua se existe en galego o termo "xudería" ou "xudaria", ou se o correcto é "barrio xudeu". Aínda tardarei algo (teño varios artigos "en uso"), pero se mo podes ir dicindo xa se me quita a dúbida. Por certo, se tes ou consigues algo de información dos xudeus en Pontevedra agradeceríacho, conseguín atopar bastante, pero non viría mal algo máis para facer un artigo ben completo sobre esa parte tan descoñecida da nosa historia. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 29 de decembro de 2015 ás 22:11 (UTC)[responder]

Bandeira[editar a fonte]

Por que mudaches o marcador España España por Galicia Galicia en José Bascarán y Federic‎? Non había que respectar a edición do primeiro usuario nestes temas?? Por que non mudamos tamén a de Madrid? --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 11:33 (UTC)[responder]

Xa pero Galicia como Comunidade Autónoma (que é onde redirixe a ligazón Galicia non existía en 1923), por iso penso que é máis acertado deixar {{ESN}}España España--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 11:42 (UTC)[responder]
Fixen un arranxo para que os dous quedemos contentos :) --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 11:44 (UTC)[responder]

Un pouco de axuda con este. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:10 (UTC)[responder]

Eu son o creador do artigo Baixo (voz) porque eu son Baixo profundo aunque podo chegar ata notas máis profundas do Dó profundo chegando a gañar ó Contraballo sí só ten hata o Dó profundo.--Daniel Pita López (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:22 (UTC)[responder]

RE: Der Fliegende Holländer[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Claro que me animo!! De feito vou tentar ter listo o artigo de Der Fliegende Holländer, o de Richard Wagner, e se teño tempo o de Cosima Wagner (que son de calidade na Wikipedia en inglés) para a data, xa teño escusa para retomar o tema wagneriano, a ver se o imos deixando ben feitiño. De todos xeitos pediríache que cando acabe cos artigos (se dou acabado algún) vóteslle un ollo á ortografía, que non é o meu forte :O

E como estamos no Nadal deixoche este regalo e este outro a ver se che gustan ;)

Apertas!! --Piquito (conversa) 31 de decembro de 2015 ás 01:00 (UTC)[responder]