Cerámica campaniense
A cerámica campaniense ou de verniz negro[1] é un tipo de cerámica de mesa con esmalte negro orixinaria de Italia (Campania, Etruria, etc.) entre finais do século IV a. C. e o último cuarto do século I a. C. Foi abundantemente imitada por numerosos talleres da Galia, de onde chegou á Península Ibérica, especialmente, despois da Segunda Guerra Púnica.
A Galiza (Gallaecia) comezaron a chegar despois da expedición de Décimo Xunio Bruto xunto a máis cantidade de moeda romana.[2]
Tipoloxía
[editar | editar a fonte]Cerámica campaniense A
[editar | editar a fonte]Precedido polo chamado pre- ou protocampaniense, o campaniense A foi a primeira e máis importante exportación de cerámica de solo italiano, cun gran volume de produción en todo o Mediterráneo central e occidental, sobre todo despois da Segunda Guerra Púnica. A súa produción céntrase principalmente nos obradoiros de Nápoles.
Está feito con arxilas da illa de Ischia, caracterizadas pola súa cor avermellada, a súa dureza e a presenza de partículas de mica. O verniz, pola súa banda, ten unha calidade desigual e reflexos que van dende o avermellado ata a agrisada ou azulada. O pé amosa pegadas dixitais, o que indicaría que o verniz foi aplicado mergullando a peza no líquido.
En canto á decoración destas pezas, o máis común son as estampas en relevo no interior das pezas. A decoración pintada en branco ou marrón tamén aparece en forma de círculos concéntricos.
Cerámica campaniense B
[editar | editar a fonte]A súa produción comezou en Etruria a mediados do século II a. C., expandíndose posteriormente polo Mediterráneo occidental. As súas formas imitan as dos recipientes metálicos con gran calidade.
Non hai decoración pintada, sendo a decoración máis común incisa con círculos concéntricos.
Cerámica campaniense C
[editar | editar a fonte]Mantén formas similares ao campaniense B, a súa fabricación centrándose na rexión de Siracusa. Presenta un verniz negro moi denso que cobre a metade superior das pezas e o interior. A súa cronoloxía sitúase entre o 150 a. C. e 50 a. C.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ribera Lacomba, Albert (2013). Manual de cerámica romana : del mundo helenístico al Imperio Romano. Museo Arqueológico Regional. ISBN 978-84-451-3455-9.
- ↑ Calo Lourido, Francisco; López Carreira, Anselmo; Carballo, Francisco; Obelleiro, Luís; Alonso Fernández, Bieito (1997). Historia xeral de Galicia. A Nosa Terra. p. 67. ISBN 84-89138-99-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerámica campaniense |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- N. Lamboglia, “Per una classificazione preliminare della ceramica campana”, Atti del 1. congresso internazionale di studi liguri 1950, Bordighera, 1952, pp. 139-206 (en italiano).
- J.-P. Morel, Céramique campanienne: les formes, París, 1981 (en francés).
- C. Guerrini, "Ceramica 'campana' a vernice nera", en "La ceramica di età romana", VV.AA., Introduzione allo studio della ceramica in Archeología, Dipartimento di Archeologia e Storia delle Arti, Università di Siena, Florencia, 2007, pp. 199-203 (bibliografía específica en pp. 221-223) (en italiano).
- "Cerámica campaniense"Arquivado 11 de setembro de 2014 en Wayback Machine., en "Cerámica", GEA (2000-2008).
- M. Beltrán Lloris, Cerámica romana. Tipología y clasificación, Zaragoza, 1978, pp. 47-60, láms. I-XV; id., "La cerámica ibérica de Azaila. Problemas de cronología del valle medio del Ebro", Caesaraugusta, 47-48, Zaragoza, 1979, pp. 141-232.