Conversa usuario:Icaro106

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Icaro106!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Ícaro; para os nomes dos lugares, séguese o establecido no Nomenclátor de Galicia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de abril de 2022 ás 19:16 (UTC)[responder]

As Coutadas[editar a fonte]

Boas de novo Icaro106, como xa che explicou Estevoaei e eu mesmo, os nomes dos lugares están establecidos polo Nomenclátor. Os cambios que estás a facer serán revertidos a non ser que achegues unha referencia válida que afirme o que ti dis. A Galipedia non é fonte primaria e temos que poder comprobar o que dis. Por favor, antes de seguir editando achega unha referencia que o corrobore. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 21 de setembro de 2022 ás 14:48 (UTC)[responder]

Mellor o deixo asi, e non volvo a visitar a paxina en Galego. Nomenclator ten moitos erros, pero o mellor e mais fiable que o rueiro de Vigo , ou o que sabemos os propios veciños de Beade. Si eu edito algo e porque estou cen por cen seguro, pero o mellor non sei donde vivo, e Nomenclator si Icaro106 (conversa) 21 de setembro de 2022 ás 15:11 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Icaro106. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2023 ás 20:56 (UTC)[responder]

O artigo de Mia Bardolet.[editar a fonte]

Bos días! Vin no perfil de Estevoaei que precisabas dunha revisión do artigo; se non che parece mal eu reviseino un pouco nese aspecto. Coma poderás ver, tamén houberon uns pequenos cambios na redaccións (precisamente para que cumpra coa sintaxe do galego e para que sexa un pouco máis claro).

Por último che quería comentar que estaría ben que te leas isto. Vin que o teu artigo contiña algunhas frases coma "estaba nunha clara desvantaxe..." e, polo menos dende o meu punto de vista, eu considero que iso non é que sexa moi neutral; podes dicir (coma o cambiei no artigo) que ten unha desvantaxe porque o rendemento do seu coche era inferior ao do seu oponente malia dicir iso (polo menos para min, que non levo moito tempo na Galipedia) non é moi neutral. Se queres máis información nesta materia lee o que che puxen (dalle clic á palabra "isto" de enriba).

Iso é todo. Saúdiños. Tisment (conversa) 1 de outubro de 2023 ás 20:31 (UTC)[responder]

vamos a ver. Non e ser neutral ou non ser neutral. Si o Choco de Redondela xoga co Real Madris esta en clara desventaxe, e iso non significa ser non neutral. Si digo que estaba en desventaxa, e porque era certo,un grupo A estaba en desventaxa con respeto a un proto, pero iso non quere dicir que o coche tuvera un baixo rendemento. Icaro106 (conversa) 10 de outubro de 2023 ás 18:16 (UTC)[responder]