Conversa usuario:Estevoaei/2019

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007


Revisión lingua[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Poderías darlle unha revisión ortográfica ao artigo Concerto para piano n.º 24 (Mozart)? Hai outra cuestión que saiu na votación, agradeceríache a túa opinión. Graciñas e feliz ano, Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2019 ás 14:22 (UTC)[responder]

@Piquito: creo que xa está. Na bibliografía mudei a orde para respectar a orde alfabética dos apelidos, e dentro das obras dun mesmo autor púxenas por orde cronolóxica. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xaneiro de 2019 ás 01:40 (UTC)[responder]
Vin que nese artigo substituíches "cadenza" por "cadencia". É certo que cadenza non aparece no DRAG, pero eu deixárao porque pensei que sería un vocábulo italiano que se empregaría na música. Non entendo do tema, pero é o termo que aparece en inglés (en lugar de cadence), en castelán (en lugar de cadencia) e en portugués (en lugar de cadência). Pola contra, en alemán diferencian Kadenz (Instrumentalkonzert) e Kadenz (Harmonielehre).--Jglamela (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 22:43 (UTC)[responder]
Non vin os cambios de Estevoaei, pero Jglamela ten razón, debe ser cadenza. Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 22:48 (UTC)[responder]
@Piquito: @Jglamela: entón cadenza debería ir en cursiva, como estranxeirismo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xaneiro de 2019 ás 08:46 (UTC)[responder]

Frase en Oímbra[editar a fonte]

Ola Estevoaei, vexo que puxeches ti esta frase na sección de historia de Oímbra: Ao finalizar en 1668 a guerra entre España e Portugal, Cambedo e Souteliño, que pertencían a Oímbra, pasaron a formar parte do Couto Mixto. que supoño que misturaches varias cousas. One2 (conversa) 2 de xaneiro de 2019 ás 21:41 (UTC)[responder]

Creo que atopei de onde tiraches a información: [1]. Eu entendo que os lugares pertencían a Oímbra antes e despois de 1668. Así o puxen no artigo. Ademais penso que se pertencesen ó Couto Mixto nalgún momento saberiamolo :-D O que di polo medio do Couto non sei ben a que se refire. One2 (conversa) 4 de xaneiro de 2019 ás 19:39 (UTC)[responder]

Eduardo II de Inglaterra[editar a fonte]

Cando poidas pódeslle botar unha ollada a Eduardo II de Inglaterra? Escribinlle tamén a Breogan2008 polo mesmo reitero o que lle dixen a el: non hai présa, son consciente da súa lonxitude. Como sempre atopades algo que eu non fun quen de ver, se podes facer o favor de revisalo tamén estaría moi agradecido. :) --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 18:02 (UTC)[responder]

@AMPERIO: deixo unha lapela aberta, botareille un ollo na fin de semana. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xaneiro de 2019 ás 18:13 (UTC)[responder]

Antes de lle dar ás xurisdicións teño outras cousas na miña lista… :) Non sei se coñeces Río Barja, Francisco Xavier (1990). Cartografía Xurisdiccional de Galicia no Século XVIII (PDF). Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-55-5.  One2 (conversa) 4 de xaneiro de 2019 ás 19:46 (UTC)[responder]

Santoalla[editar a fonte]

Boas, botareille un ollo cando poida. Parabéns pola entrevista e grazas pola mención ;) Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 14:03 (UTC)[responder]

Lugares de Portugal[editar a fonte]

Boas,

Preguntábame se pós lugares portugueses hai algunha forma de que as caixas non liguen ó xeito galego ou precisaríase dunha nova caixa? (véxase Cambedo)

One2 (conversa) 14 de xaneiro de 2019 ás 21:30 (UTC)[responder]

@One2: efectivamente hai unha eiva. O ideal sería facer un modelo para freguesías portuguesas (podes ver na Categoría:Caixas de información sobre xeografía que hai algunhas ben máis estrañas) e mesmo para lugares. Outra opción é colocar o código do modelo en vez do modelo directamente, pero aí xa me perdo, a verdade :/ Sinto non poder axudar máis. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2019 ás 21:54 (UTC)[responder]

Boas Estevo, que mágoa o seu pasamento. Anotareino para facelo artigo máis adiante. E aproveitarei para ver algún filme del, recoñezo que non vin ningún. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 24 de xaneiro de 2019 ás 08:04 (UTC)[responder]

Caruncho/dentón[editar a fonte]

A páxina do fungo Claviceps purpurea do que me falas xa existía co título cornizó. Fixen ademais algunhas engádegas na páxina de homónimos de caruncho e na de dentón.--Miguelferig (conversa) 5 de febreiro de 2019 ás 17:15 (UTC)[responder]

Seguintes pasos burocráticos de A3GAL[editar a fonte]

Boas a todos, fixen unha nova páxina con tarefas burocráticas que hai que facer ou ir preparando para poñer a funcionar a asociación, podedes vela en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Pasos burocráticos. Todas estas tarefas van levar bastante traballo facelas polo que se precisa a colaboración de todos para que a cada un lle toque só unha pequena parte do choio. Así que ídevos apuntando na lista na tarefa que máis vos preste e actualizando coas cousas que vaiades facendo/sabendo/investigando. Se o precisades para algo, podedes facer subpáxinas na miña páxina de usuario, co título "Elisardojm/A3GAL/Nome que vos pareza ben" para achegar a información que vexades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de febreiro de 2019 ás 00:47 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ola Estevoaei, moitas grazas por arranxares a redirección COI. --XoioÉche o que hai 20 de febreiro de 2019 ás 14:45 (UTC)[responder]

Revisión ortográfica[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Poderías votarlle un ollo á ortografía dos artigos Maija Isola e Revolución dos Crisantemos? Graciñas! Piquito (conversa) 2 de marzo de 2019 ás 18:36 (UTC)[responder]

Lugar asemblea A3GAL[editar a fonte]

Boas a todos, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL puxen os datos do lugar de celebración da asemblea deste sábado, tamén engadín dúas propostas para tratar na reunión. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 13:14 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]

Castelo de Montsoreau-Museu de Arte Contemporânea[editar a fonte]

Hola @Estevoaei:, corrixín o artigo esta mañá. Pódelo comprobar? Todo o meu mellor --Philippe49730 (conversa) 28 de marzo de 2019 ás 12:09 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)[responder]

Acta asemblea xeral A3GAL 2019[editar a fonte]

Boas a todos, comecei o bosquexo da acta da Asemblea Xeral de socios en usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019, os que asistiron, por favor ide enchendo o que poidades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de abril de 2019 ás 07:34 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Se che chega isto é que por fin sei como furrula o das conversas da Galipedia

Proxecto escolar, axudiña[editar a fonte]

Ola, boas, igual non o levas ti (se é así desculpa e informa a persoa adecuada, por favor). Unha das usuarias dun proxecto escolar semella non ter moi claro o funcionamento da edición en Wikipedia e/ou está preocupada pola súa avaliación académica, cousa entendible. Aínda que xa se lle deixaron varias mensaxes na páxina de conversa non se conseguiu que puxese un modelo de "en uso", que sería o máis práctico neste caso. Poderías intermediar co profesorado ao cargo? A páxina é Tuluá. Cando poidas. Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2019 ás 09:01 (UTC)[responder]

Strategy 2030[editar a fonte]

Ola! Son Francesc, o novo enlace comunitario para a Strategy.

Creo que Luís xa lle falou un pouco sobre o tema. Estaría interesado en poder falar contigo.

Na miña páxina de perfil tes o meu correo electrónico, o meu twitter e o meu telegram. Podes escribirme un correo electrónico e doulle o meu teléfono ou calquera canle máis cómodo para ti.

¡Un abrazo!--FFort (WMF) (conversa) 22 de abril de 2019 ás 12:49 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Fixen o ítem pero non puiden crear os elementos. Realmente a min o que me interesa é colaborar na Galipedia. Non teño moito tempo como para fedellar noutros proxectos. Síntoo.--HacheDous=0 (conversa) 23 de abril de 2019 ás 14:19 (UTC)[responder]

Q63430692[editar a fonte]

d:Q63430692 De momento. Teño que investigar algo máis. Sáudos Maria zaos (conversa) 2 de maio de 2019 ás 00:16 (UTC)[responder]

Wske in Fright[editar a fonte]

Boas Estevo. Non o coñecía a verdade. Parece moi interesante. Incluireina na miña lista de pendentes. Graciñas pola recomendación. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 1 de xuño de 2019 ás 15:42 (UTC)[responder]

O Amenal[editar a fonte]

Pois descoñézoo, mais consultando os límites parroquiais no IXG e a posición do letreiro de entrada do lugar no Google Maps, á parte de non atopar outro Amenal, seméllame claro que son o mesmo. One2 (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 21:48 (UTC)[responder]

Thanks for your talk[editar a fonte]

Hi User:Estevoaei. I just stopped by to say thanks for your presentation at WOW2019, I found it very interesting. --99of9 (conversa) 13 de xuño de 2019 ás 01:47 (UTC)[responder]

Toponimia[editar a fonte]

Bah, doulle cando lle cadra ou non me presta facer outra cousa :-D Saúdos. One2 (conversa) 23 de xuño de 2019 ás 17:33 (UTC)[responder]

Ingreso bancario do CCG[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística, coméntase que o Consello da Cultura Galega aboou 340 euros polo obradoiro que se deu alí, e proponse que ese importe se traspase a A3GAL para realizar as súas actividades. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de xuño de 2019 ás 22:28 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

resposta a "notificación de mail"[editar a fonte]

grazas Estevo! Esto das conversas estanos dando un pouco de traballiño. Será unha tontería pero a min se me atasca. De feito non sei si te estou contestando ben porque cando lle dou a túa páxina de conversa desde a túa sinatura, entro na túa páxina de usuario pero non sei onde teño que escribir para que ti saibas a que fío te estou respondendo Xa me dirás si esto que te envío está ben --CoroRP (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 18:09 (UTC)[responder]

grazas pola axuda. A dúbida era que non sabía onde escribir cando entro na túa páxina de conversa. Entendo que debo abrir unha nova cabeceira como esta e continuar a conversa aqui. Saúdos CoroRP (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 18:29 (UTC)[responder]

Ola Adrián! Grazas pola túa información. Lin o do concurso si. Teño intención de continuar coas parroquias do concello de Baralla ( Lugo), a ver se é posible fotografar algo. Verei de categorizalas e incluírlles as coordenadas xeográficas.Un saúdoRiciños (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 15:10 (UTC)Riciños[responder]

Categorías fotografías Ola de novo, Adrián! Engadín fotos no concello de Baralla. Incluín coordenadas, pero non categorías. Non souben facelo, unha axuda será benvida. Grazas. SaúdosRiciños (conversa) 6 de xullo de 2019 ás 16:22 (UTC)Riciños[responder]

Graciñas Adrián!! Irei probando...sen medo.SaúdoRiciños (conversa) 6 de xullo de 2019 ás 20:36 (UTC)Riciños[responder]

Resposta a Literatura córnica[editar a fonte]

Ola, xa podes presumir por aí que na wikipedia en galego temos artigos sobre libros córnicos. Están traducidos da wikipedia en bretón e en inglés. Un saúdo. Servando2 (Dime) 6 de xullo de 2019 ás 23:20 (UTC)[responder]

Lista de lugares de Galicia da Galipedia[editar a fonte]

Boas, como sei que che gustan as cousas dos lugares coméntoche unha cousiña que ó mellor pode interesarche. Fixen a páxina Wikipedia:JavascriptWikiBrowser/Lista de lugares de Galicia que é unha lista dos artigos que hai na Galipedia de lugares de Galicia (hai un par deles de máis, se se quixera poderíase refinar a lista para que non aparecesen). Con esa lista estou facendo o arranxo do que falamos hai uns días, pero ó vela e darlle a ordenar por nome de artigo, decateime de que pode valer para completar as páxinas de homónimos, como acabo de facer en A Abeleira. Seguro que se che ocorren outros usos :) A lista ten 19.697 filas, xa che comentei que non son todas de lugares, metéronse algunhas de máis, pero penso que, se che interesa, podería facerse unha lista co bot Listeria que fixera esa lista e a mantivera actualizada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 14:28 (UTC)[responder]

Creo que xa están amañados os "lugares de *". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 20:11 (UTC)[responder]

Ola, creo que nin codia nin cortiza, senón córtex. Cortiza é o "corcho" (tecido suberoso das plantas). Codia é unha superficie externa que ten a característica de ser dura, como a codia de certos froitos ou a codia terrrestre (podes velo en: Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para codia.). Córtex é o termo que se usa en anatomía para as superficies de órganos (ás veces moi brandas) e o propio DRAG pono como exemplo, como podes ver en Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para córtex., e tamén é o termo que se utiliza no Diccionario galego de termos Médicos. Non obstante, hai tamén algunha contradición, porque o dicionario DIGALEGO dá como sinónimas as dúas opcións codia = cótex (codia cerebral = córtex cerebral) (ver codia), pero creo que o DIGALEGO non ten razón neste caso e que para termos anatómicos non se debe usar codia e hai que facerlle máis caso ao DRAG. Como ves, si que hai referencias.--Miguelferig (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 17:45 (UTC)[responder]

Congreso de Nacionalidades Europeas[editar a fonte]

O que xa non sei é a causa de non ligar co elemento de wikidata ( https://www.wikidata.org/wiki/Q65747570) cando a páxina da Galipedia está alí, eu con wikidata non me entendo ben. Antes incluía un artigo inglés en:International Congress of National Minorities pero esa foi outra organización que axuntaba organizacións sionistas de varios países europeos que se fundou logo da primeira guerra mundial, aínda que me dá a sensación que o artigo non é moi fiable no título, que non atopo en ningures, xa que o que Motzkin fundou en 1919 foi o Comité des Délégations Juives [2] ou de:Comité des Délégations Juives que se mantivo ata 1936. --HacheDous=0 (conversa) 22 de xullo de 2019 ás 14:44 (UTC)[responder]

Palacio Nacional de Mafra[editar a fonte]

Ola, grazas pola túa mensaxe. Seguirei as recomendacións. Por favor, podes revisar a ortogafia e o texto das miñas edicións, porque o meu galego non é nativo? Moitas grazas e boas contribucións a este proxecto!--188.81.156.141 31 de xullo de 2019 ás 15:01 (UTC)[responder]

Resumo, con atraso, da asemblea de socios[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL engadín un resumo do que se comentou na asemblea, creo que non estaba en ningún lado por despiste. Temos que facer a acta cos detalles, en canto a teñamos tamén se publicará. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2019 ás 11:01 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

DiGalego[editar a fonte]

Boas Estevo, estaría ben, creo que iso serviría tamén no caso de que a url cambiase, non? porque o número de referencia sería o mesmo.--Breogan2008 (conversa) 10 de agosto de 2019 ás 10:40 (UTC)[responder]

Vale tentareino, a ver se sae ben. Graciñas.--Breogan2008 (conversa) 10 de agosto de 2019 ás 10:49 (UTC)[responder]
A verdade é que non o teño moi claro, creo que é mellor que o fagas ti. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 10 de agosto de 2019 ás 11:03 (UTC)[responder]
Xenial, moitas grazas. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 10 de agosto de 2019 ás 16:13 (UTC)[responder]

Revisión de lingua[editar a fonte]

Ola Estevo! Se tes tempo podrías darlle unha revisión de lingua ao artigo do asasinato de Alexandre I de Serbia‎. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de agosto de 2019 ás 23:19 (UTC)[responder]

Grazas pola revisión e pola velocidade. Tentarei arranxar o que me dis da introdución. Un saúdo, Piquito (conversa) 13 de agosto de 2019 ás 00:31 (UTC)[responder]

Re: Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola! O único artigo que traducín dos 4 que creei na Wikipedia galega é «Refrain», e a razón pola que non engadín ningún recoñecemento á Wikipedia en español é porque fun eu quen redactou ese artigo en español e pensei que, ao ser redactado pola mesma persoa, non era necesario engadir o modelo xa que, aínda que non o traducise, redactaríao da mesma maneira en que eu o fixen en español. Se o mencionas porque a miña páxina de usuario di que traduzo artigos, iso é algo que adoitaba facer cando empecei en Wikipedia en español, hai case 4 anos.

No caso dese artigo, sería necesario engadir o modelo aínda que fose redactado pola mesma persoa en ambos os idiomas? Grazas! Gato con patas // Conversa, 13 de agosto de 2019 ás 05:00 (UTC)[responder]

Entendido! A partir de agora indicarei se se trata dun artigo novo ou dun artigo traducido no resumo de edición. Moitas grazas por a túa axuda! Gato con patas // Conversa, 13 de agosto de 2019 ás 05:43 (UTC)[responder]

encefalite / encefalomielite[editar a fonte]

Ola. Eu non son médico, pero encefalite é unha inflamación do encéflo, mentres que encefalomielite é a inflamación do encéfalo e da medula espiñal (de todo o SNC. Neste caso a páxina fala da EMAD, que como indican as siglas (ten M) é a encefalomielite aguda diseminda. No Diccionario galego de termos médicos de 2002 a forma que aparece é encefalomielite aguda diseminada (na entrada de encefalomielite). Puxen esta referencia na páxina. No CIE-10 do Ministerio de Sanidade, que recompila os termos de nomes de enfermidades, aparece tamén encefalomielite aguda diseminada (ver) e tamén aparecen as encefalites, pero como outro termo. Eu poñería encefalomielite.--Miguelferig (conversa) 15 de agosto de 2019 ás 11:45 (UTC)[responder]

Grazas, Estevo. Andiven mirando para ampliar, pero non din con máis e esqueceuseme a retirada do en uso.--Agremon(contacto) 16 de agosto de 2019 ás 16:32 (UTC)[responder]

Ola Estecoaei, onte creei a paxina dunha actriz galega, Rocío Barrio, creo que xa pasaches por alí, e engadín unha foto que lle fixen eun nunha rodaxe fai uns anos e un wikipedista clasificouna como vulneración do copy xa lle escribin pero temomen que non vai ter resposta, teño algo que facer? --GZKZ (conversa) 25 de agosto de 2019 ás 13:19 (UTC)[responder]

Personalidades de Galicia sen imaxes &WD[editar a fonte]

Ola! Que tal? Esta consulta de Petscan pódela activar aquí. Aquí podes copiar o código wiki para poñer nunha subpáxina (básicamente é escoller >pestana Output> Format: Wiki). Como podes ver na primeira ligazón hai unha opción abaixo, xusto antes dos resultados, titulada "Find images for Wikidata". Se non vai calquera cousa, xa me comentas. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 2 de setembro de 2019 ás 18:13 (UTC)[responder]

Community Insights Survey[editar a fonte]

RMaung (WMF) 9 de setembro de 2019 ás 16:20 (UTC)[responder]

Reminder: Community Insights Survey[editar a fonte]

RMaung (WMF) 20 de setembro de 2019 ás 19:49 (UTC)[responder]

Fusionar[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Fusionei os contidos de Colonia (homónimos) e Colonia. Agora faltaría fusionar os historiais. Podes botarlle unha ollada para ver se está correcto?. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 24 de setembro de 2019 ás 09:38 (UTC)[responder]

Maija Isola[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Poderías darle unha pasada á lingua do artigo de Maija Isola? Usuario:Viascos plantexou unha dúbida con respecto a "dende" vs "desde" e eu desgraciadamente non podo solucionarlla. E de paso mirar se ves algunha cousiña máis. Un saúdo! Piquito (conversa) 30 de setembro de 2019 ás 23:45 (UTC)[responder]

Collocalia sawtelli[editar a fonte]

Ola Estevo. Gustaríame que lle botases unha ollada á páxina de conversa deste artigo, que acabo de reeditar, por mor de cambiarlle o inadecuado título. --XoioÉche o que hai 1 de outubro de 2019 ás 16:51 (UTC)[responder]

Actas de A3GAL[editar a fonte]

Boas, xa están listos os bosquexos das actas da asociación, podedes consultalas en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Actas A3GAL.

Agora os socios que asistiron á Asemblea de socios de marzo poden comentar na páxina de conversa de Usuario:Elisardojm/A3GAL/Acta asemblea xeral socios 2019 o que pensan que debe engadirse ou amañarse, e entre todos iremos mellorando o contido.

Os membros da Xunta Directiva teñen que revisar o resto de actas e comentar na páxina de conversa de cada unha delas as modificacións que vexan necesarias. Se están de acordo deben concordar na páxina de conversa e cando toda a XD concorde poderemos dar por pechada a acta.

Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de outubro de 2019 ás 17:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Grazas pola acollida![editar a fonte]

Grazas pola acollida Estevo! --Llumeureka (conversa) 28 de outubro de 2019 ás 18:13 (UTC)[responder]

Viquitrobada[editar a fonte]

Si et passes per cawiki, tenim un banner per recordar la viquitrobada. Si estàs decidit a venir, pensa que Cervera està fotut d'allotjaments. Per la teva info, jo aniré en cotxe, o sigui que si et cal fer desplaçaments, compta amb mi com a xòfer. Respon-me amb ping aquí mateix que així tenim el fil sencer. A disposar, --Amadalvarez (conversa) 30 de outubro de 2019 ás 05:47 (UTC)[responder]

Publicación premio Wikidata en A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Usuario:Elisardojm/A3GAL/Publicación premio Wikidata hai unha proposta para publicar na web de A3GAL unha nota sobre o premio que recibiu Wikidata. Hai que revisala, mellorala e ampliala entre todos, e se estás de acordo en publicala vota a favor. O prazo de votación será dunha semana, ata o 20 de novembro incluído, e será publicada se é apoidada pola maioría simple dos socios.

Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 14:19 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lagarto e Camaleón[editar a fonte]

Ola. Gustaríame que lle botases unha ollada ás páxinas Lagarto e Camaleón, corrixidas e aumentadas por min nestes últimos días, para ver se é oportuno cambiarlles os títulos porque, en ambos os casos, non se trata de descibir un único animal, senón que se trata de dous amplísimos grupos, Lacertilios e Camaleónidos, respectivemnte (e isto xa se reflectía nas edicións anteriores ás miñas). Grazas por adiantado. --XoioÉche o que hai 13 de novembro de 2019 ás 22:54 (UTC)[responder]

Ola, Adrián. Grazas por axudarme. Unha aperta. --Sofonisba2020 (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 12:19 (UTC)[responder]

Resposta ao mesaxe que me deixache sobre a Wikidata.[editar a fonte]

Hola, Estevoaei! Moitas grazas pola túa axuda. Dixechesme que cree a ficha correspondente a David Pérez Doval, pero son novo aquí, non levo nin un mes, e complícaseme... Acabo de creala, guiándome como dixeche polo artículo de Iago Aspas, déixoche o enlace aquí para que revises que está ben e poidas correxirme os fallos. Teño dúas preguntas: ¿con esto que creamos en Wikidata, genérase o panel de información que aparece á dereita na búsqueda de Google? O que creei na Wikidata, ¿pode eliminalo alguén?

Espero unha resposta, grazas!.--Rlopglez (conversa) 29 de novembro de 2019 ás 22:24 (UTC)Rlopglez[responder]

Wikidata.[editar a fonte]

Hola Estevoaei, grazas pola túa axuda! Puxen unha referencia, que é a da páxina de lapreferente.com, que ten toda a información sobre os equipos nos que estivo. Tamén lín en internet que se introduces datos relevantes en Wikidata aínda que non haxa un artículo en Wikipedia, Google colle esos datos e créase o panel. Gustaríame que compartises a túa experiencia sobre esto conmigo. Un saúdo!

Información das aldeas[editar a fonte]

Xa, pero hai aldeas que non teñen páxina e por eso poño a información de todas na parroquia. Ademais, facendo iso evito a ambiguacion e facilito a organización de actividades nas parroquias por xente de fóra. AnxoLB (conversa) 30 de novembro de 2019 ás 14:25 (UTC)[responder]

Creación dun artigo.[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Son Rlopglez ¿Que che parecería crear un artigo sobre Jacobo Vilariño Sobrado, o irmán de Keko Vilariño? --Rlopglez (conversa) 30 de novembro de 2019 ás 23:55 (UTC) Rlopglez Enlace á miña conversa aquí.[responder]

Artigo David Perez Doval[editar a fonte]

Ola bos dias. Preciso da tua axuda xa que un usuario puxome a miña paxina para borrala. E eu non controlo moito... en ningun momento fago publicidade deste chico xa que non calquera debuta en terceira con 17 anos. Que podemos facer para manter o artigo? Un saudo e espero resposta. Rlopglez (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 10:57 (UTC)[responder]

RE: Artigo sen relevancia[editar a fonte]

Ola boas. Tamén creei un artigo sobre Adrián Pirata. Xoga no Santiago Futsal en segunda división e é campeón de Europa coa selección española sub-19. Se ese artigo non ten relevancia... non o ten ningún. E eu vin moitos artigos sobre futbolistas que xogaron en segunda B e non están eliminados por falta de relevancia. Un saúdo e espero resposta. --Rlopglez (conversa) 3 de decembro de 2019 ás 20:56 (UTC) Rlopglez[responder]

A viaxe de Chihiro[editar a fonte]

Boas Estevo! A verdade é que non me decatara que retiraras as ligazóns a estes portais. Engadinos porque pensei que se me pasara a min. É certo que non hai unha norma, pero eu son partidario de deixar estas ligazóns na sección de "Véxase tamén" como fan na wikipedia en inglés porque son os portais máis importantes de cinema, e aínda que estean tamén no control de autoridades pérdenseme entre a morea de ligazóns que hai. Na versión en inglés tamén teñen a mesma caixa de autoridades pero non duplican as ligazóns que xa hai en "External links", sabes como o fan? Dese xeito resolveríamos o das duplicidades. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 11 de decembro de 2019 ás 14:52 (UTC)[responder]