Conversa:Primeira República Española

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edición revertida[editar a fonte]

Revertín esta edición porque, ao ser o artigo tan breve e ter outro propósito informativo, queda desvirtuado, e dálle entidade de epígrafe ao que no conxunto non debería ter tanto peso. --Atobar (conversa comigo) 7 de febreiro de 2023 ás 12:40 (UTC)[responder]

Non me parece serio meter un episodio, que foi unha arroutada e que ao buscar na rede non aparece referencia ningunha de relevancia. E se as hai que se poñan no artigo para lle dar a mérito que merece: pero mentres non aparezan non pode aparecer aquí.--HacheDous=0 (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 16:34 (UTC)[responder]
Completamente de acordo. MAGHOI (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 16:39 (UTC)[responder]
Por parte dun editor queríanse referencias de historiadores e na entrada ía agora un artigo dun historiador de prestixio como considero que é Dionisio Pereira para sumar á referencia existente doutro historiador recoñecido como Xabier Moure, que no seu blog de Patrimonio Cultural dos Ancares falaba deste feito. Entendo e comparto que, nun primeiro momento, pode parecer que desvirtúa o conxunto, pero creo o propio Dionisio Pereira incide no seu artigo da necesidade de lembrar este episodio galego na Primeira República. Por tales motivos, considero que o os sucesos de Donís poden ter un oco nesta entrada. 81.39.166.246 8 de febreiro de 2023 ás 14:03 (UTC)[responder]
As referencias non son de historiadores: son de obras de historia: un historiador escribindo un artigo de opinión ou nun blog non é o mesmo que un historiador escribindo un libro ou un artigo científico. Se Dionisio Pereira escribe un artigo nunha publicación científica, neste caso histórica, sobre ese episodio, sen dúbida, vai engadir a documentación e bibliografía que corresponda, se escribe un artigo de opinión ou nun blog, pois loxicamente non vai meter bibliografía nin ten motivos para incluír/procurar documentos.--HacheDous=0 (conversa) 8 de febreiro de 2023 ás 15:17 (UTC)[responder]
Xa por non falar que lle poña aspas o que, dende o meu punto de vista, indica que o que lle interesa do episodio foi a rebelión contra as autoridades (neste caso republicanas) que non dubido que fose histórica aínda que tamén precisaría referencias, e non realmente se houbo ou non a proclamación dunha república.--HacheDous=0 (conversa) 8 de febreiro de 2023 ás 15:39 (UTC)[responder]