Conversa usuario:Estevoaei/2022

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Cambiar titular dun artigo que publiquei hoxe, poñerlle o til á letra final[editar a fonte]

Ola Estevo, Grazas por arranxar a páxina, é a primeira que a fago, de Rufino Rodríguez Llau Resulta que o segundo apelido Llaú leva o til no u e non son quen de poñerllo nin no titular nin no encabezado do cadro da biografía. Moitas grazas. Saúdos. --Garrafón de Nadel (conversa) 17 de marzo de 2022 ás 11:40 (UTC)[responder]



Mellorar un artigo que publiquei o ano pasado - Necesito indicacións[editar a fonte]

Boas Estevo

Escríboche porque unha páxina que creei sobre Daniel Álvarez Lamas Daniel Álvarez Lamas , non consigo que cumpra os requisitos que pedides para que non teña ese estilo de currículo que se comenta nos avisos que aparecen o inicio do artigo.

¿Poderíasme axudar con isto ou con quen podería falar? Como creo que se pode ver, son moi novata neste tema de wikipedia jeje.

Mil gracias por atenderme. Quedo pendente da túa resposta.

Un saúdo. Bethlem2809 (conversa) 2 de febreiro de 2022 ás 13:58 (UTC)[responder]

Categorías[editar a fonte]

Boas Estevoaei. A ver se me podes axudar con isto. Ultimamente creei varias caixas de navegación sobre fútbol, pero teño problemas con algunhas categorías. Por exemplo con esta ou esta, que aparecen baleiras, cando deberían aparecer nelas varios modelos como este ou estoutro. En cambio, noutros que creei non houbo ese problema e non vexo que fixese nada diferente.

Algunha idea de por que pode ser? Saúdos. Nonsonninguen (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 10:48 (UTC)[responder]

Ola, @Nonsonninguen:. Fedellei para ver como estaban outros modelos similares, por exemplo Modelo:Celta de Vigo na Copa da UEFA de 1971/72, e vin que a categoría estaba así: <noinclude>[[Categoría:Caixas de navegación do Celta de Vigo]]</noinclude>. Probei a modificar Modelo:Real Sociedad na tempada 1980/81, e agora este xa aparece en Categoría:Caixas de navegación da Real Sociedad, así que coido que era ese o problema. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de febreiro de 2022 ás 11:00 (UTC)[responder]
Si, sabía que dese xeito funciona, pero tiña entendido que as categorías dos modelos deberían ir na subpáxina de documentación e non no propio modelo. Por exemplo este outro que creei si aparece na categoría correspondente, coa categoría incluída na subpáxina e non no modelo. É o que non entendo, que ás veces si e ás veces non. Saúdos. Nonsonninguen (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 11:30 (UTC)[responder]

No camiño de San-Yago[editar a fonte]

Boas, Estevo. Hai dúas frases que non entendo. Unha di que "logo de buscaren aloxamento, un camioneiro déixaos na caixa do Trabazo". ¿que é iso da "caixa de Trabazo"? A segunda di que "no parador de Antes da Ponte non hai oco para os sete": "Antes da Ponte" é un lugar ou se refire a que había un parador antes de chegar a algunha ponte? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 4 de febreiro de 2022 ás 19:49 (UTC)[responder]

Regueiro[editar a fonte]

Boas. Sobre os irmáns Regueiro xa tiña investigado un pouco por riba e non encontrei nada sobre a súa orixe galega, aínda que seguramente a tiñan. Saúdos. Xanetas (conversa) 2 de marzo de 2022 ás 15:33 (UTC)[responder]

Estevo Santamarina[editar a fonte]

Deberías falar con Don Estevo 31.221.157.156 22 de marzo de 2022 ás 08:14 (UTC)[responder]

Está perfecto.--HacheDous=0 (conversa) 5 de abril de 2022 ás 22:22 (UTC)[responder]

Nacionalidade *Australia (sic)[editar a fonte]

Ola Estevo. Australia é unha nación. A nacionalidade dos cidadáns que teñen a nacionalidade dela dise que teñern nacionalidade australiana.[1] Un saúdo, e moitas grazas polas moitas correccións correctas qu elle fas aos meus numerosísimos erros. --XoioÉche o que hai 6 de abril de 2022 ás 23:21 (UTC)[responder]

Ola, @Xoio:; o Modelo:Biografía ten a sección "nacionalidade", que o que indica é o "[país de] nacionalidade". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de abril de 2022 ás 04:32 (UTC)[responder]

Fotos capela da Eirita[editar a fonte]

Boas Estevo xa subin as fotos da capela da Eirita.

Espero que che gusten. Un saudo.Alfonso mande 7 de abril de 2022 ás 09:48 (UTC)[responder]

Ben fermosas, @Alfonso Márquez:! Xa as inclúo no artigo da Eirita, e vou movelas a Commons, para poder usalas tamén en Wikidata. Apertas!! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de abril de 2022 ás 10:40 (UTC)[responder]

Muchas gracias !!![editar a fonte]

Queridos Estevoaei, como estàs?

He colocado en la Discusòn de Lung Chien lo que he visto igual a ma manera italiana, porque la otra manera no la he entendida. Està todo correcto o hai algo acrescenatr?

Muchas gracias por todo y hasta luego

Rei Momo (conversa) 11 de abril de 2022 ás 13:24 (UTC)[responder]

Ligazóns non mortas[editar a fonte]

Boas. Vin que en varios resumos de edicións pos "reitrada ligazón morta" da sección de ligazóns externas cando non está morta, senón que a ligazón que figuraba era unha ligazón arquivada. Unha ligazón morta é aquela que non funciona e está regulada por esta política
: "Agás as URLs das seccións de ligazóns externas non usadas para referenciar contido nos artigos, non se debe eliminar unha URL soamente polo feito de que non estea xa dispoñible.
Non vou entrar a un novo debate, porque xa o tiven cando comecei a reparar, arquivar e tentar facer o seguimento e corrección do bot de ligazón mortas hai xa varios anos. Na miña opinión, na sección de ligazóns externas antes de borralas hai que ou darlles o mesmo tratamento que ao resto (reparalas) por razóns de interese digamos histórico, que está na filosofía da política ,ou mellor, substituilas polas novas webs ou páxinas equivalentes. Só cando isto non é posible (ligazóns mortas marcadas como permanentes das que non atopamos substitutos) estaría xustificado retiralas.
Por esta razón e tamén por ter en conta o traballo de arquivo realizado tanto por varias wikimedistas como polo bot, solicitaríache que cando menos: 1)distingas entre urlmortas e arquivadas, mantendo estas últimas na medida do posible, xa que o traballo está feito e 2) e máis importante: naqueles casos de urlmortas en artigos relacionados con Galicia, por favor, non as elimines. O volume do arquivo da internet en galego é moito máis baixo que o resto, polo que non é unha boa idea a longo prazo. É preferible deixalas e ilas revisando como ata agora, como se fixo coas de Blogaliza.E en todo caso sempre estamos a tempo de borralas en bloque cun bot. A supervivencia dese arquivo de urls a longo prazo depende, en certa medida, de que aínda figuren nalgunha wikipedia. Graciñas! Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2022 ás 20:27 (UTC)[responder]

Nomes lugares[editar a fonte]

Non sabia o dato de que os nomes, se publicaban do Nomenclátor de Galicia. Erro meu. O sinto. De todas formas, decirche, que o lugar Abalde en Beade-Vigo non existe. O lugar e "Balde", ou "A Balde". Había que darlle más orellas o da Xunta que escribiu iso Abalde e un apelido moi común en Beade, pero non ten nada que ver co barrio da Balde. Por cierto. Son de Beade e apelidome Abalde. Un saudo Icaro106 (conversa) 17 de abril de 2022 ás 16:28 (UTC)[responder]


Modelo Fundación[editar a fonte]

Boas @Estevoaei. Finalmente fun mudando as páxinas que apuntaban cara o modelo Fundación para o de organización. Compre borralo pois quedou sen uso. Podes facelo ti?. Saúdos. - Cossue (conversa) 18 de abril de 2022 ás 07:00 (UTC)[responder]

Ola, @Cossue:. Eu non podo eliminalo, que non son administrador. Pero podes poñerlle o marcador {{lixo|Modelo sen uso}} e xa queda listo para eliminar. Un saúdo, e mil grazas! Avisa se precisas axuda para ir fusionando algún outro modelo. --Estevo(aei)fálame aquí 18 de abril de 2022 ás 07:34 (UTC)[responder]

Formato correcto das referencias[editar a fonte]

Ola Estevo! Necesito axuda co tema do formato correcto das referencias, lin o artigo de axuda sobre o tema pero gustaríame que me axudaras xa que ata agora creei 3 artigos e os tres teñen un formato incorrecto e a miña intención é crear máis pero esta vez coas referencias no formato correcto. Poderías explicarme un pouco máis por enriba como se deben colocar as referencias ou os erros que estou a cometer nos artigos para cambialo? Moitas grazas e boa tarde :) Baintpq (conversa) 19 de abril de 2022 ás 18:20 (UTC)[responder]

Ola, @Baintpq:! Acabo de editar as referencias no artigo de Atoumane Diagne. Para darlle formato, empreguei os modelos Modelo:Cita web e Modelo:Cita novas. Neses tres casos, os artigos non teñen śinatura, pero se o tivesen podería engadirse o nome da persoa que o escribiu, por exemplo, e algunha cousa máis. Agardo que lle pilles o truco, para seguir construíndo :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2022 ás 18:26 (UTC)[responder]
Moitas grazas pola axuda! Acabo de actualizar as referencias nos outros dous artigos que fixen eu (Sergio García Martín e Facundo Freitas), espero que o fixera ben! Saúdos Baintpq (conversa) 19 de abril de 2022 ás 19:28 (UTC)[responder]

Modelo organización[editar a fonte]

Boas Estevoaei! Algunha suxestión para o modelo organización? Ando a voltas con el tentando que tome os mais dados posíbeis de wikidata. Agora estou a tentar que mude as cores das caixas en función do tipo de organización (propiedade P31). En principio, sen telo moi claro, coloquei estas: Fundación,Asociación,Asociación cultural e organización. Ti que opinas? Saúdos - Cossue (conversa) 20 de abril de 2022 ás 07:36 (UTC)[responder]

Ola, @Cossue: pois non teño moi claro o tema; eu coido que o procedemento que estás a facer é o correcto, ir vendo que necesidades atopas para ir mellorando Modelo:Organización conforme vas fusionando outros modelos xa existentes. Non se me ocorren de momento máis posibilidades. Se che parece, pódese ir facendo unha "crónica" do proceso que estás a facer en Conversa categoría:Caixas de información, indicando cales Modelos se van marcando como lixo por quedaren obsoletos.
Onte incluín o modelo en todos os artigos da Categoría:Centros galegos no mundo, pero teño pendente ir revisando os correspondentes Qs en Wikidata, pois algúns deles están moi incompletos. Por outra banda, non me atrevo a meterlle man aos artigos que teñen o Modelo:ONG, porque son sumamente diversos. Acaso se pode consultar con @Moedagalega: sobre que apartados se poden incluír en Modelo:Organización específicas para as sociedades numismáticas. UN saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de abril de 2022 ás 07:42 (UTC)[responder]
Ola de novo, @Cossue:; Podes facer que no modelo organización aparezan as coordenadas, dentro do recadro de localización? E teño un problema cos pés de imaxe; por exemplo en Centro Gallego de Buenos Aires, a foto está tomada de Wikidata, e probei a poñer "pé" e a poñer "descrición imaxe", pero non logro que apareza o texto que meto a man no modelo. Graciñas!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de abril de 2022 ás 17:29 (UTC)[responder]

mudanzas vía Bot[editar a fonte]

Ola Estevoaei, comentáchesme o de modificar rexistrando como Bot, poderías indicarme porfa cal é o proceso concreto pra se rexistrar como bot? un saúdo!--Ourol (conversa) 23 de abril de 2022 ás 07:35 (UTC)[responder]

Ola, @Ourol: Podes ver como vai o proceso en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Eu non sei operar un bot, nin programalo (gustaríame aprender!), polo que non podo botarche unha man nese sentido. Unha vez que o deseñes, o proceso sería facer edicións de proba con el, e despois que a comunidade aprobe o seu funcionamento (nunca hai problema ao respecto). Un saúdo, e graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de abril de 2022 ás 07:58 (UTC)[responder]
Grazas pola pronta resposta!. Acabo de ler a páxina que indicas, pero xa encallei no primeiro paso: "Crear a páxina de usuario do bot e describir a súa función" ... Debo crear entón un novo usuario e rechear unha páxina de usuario ou vale a miña páxina? Un saúdo e grazas! Ourol (conversa) 23 de abril de 2022 ás 20:04 (UTC)[responder]
Coido que si, que terías que crear a páxina de usuario do bot. Bótalle un ollo, por exemplo, aos existentes en Categoría:Wikipedia:Bots. --Estevo(aei)fálame aquí 23 de abril de 2022 ás 22:40 (UTC)[responder]
OK, grazas. Acabo de rematalo (o que hai que facer para editar co replacer ! :-). Agora entendo que esperar pola aprobación, non? Ourol (conversa) 24 de abril de 2022 ás 07:30 (UTC)[responder]
Ben feito!! Agora terías que a) facer unhas edicións de proba co bot, e b) abrir votación en Wikipedia:Bots/Peticións_de_aprobación#Solicitudes_de_aprobación_de_bots (podes ver outras votacións pasadas en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación/Arquivo). Xa non queda nada! :D --Estevo(aei)fálame aquí 24 de abril de 2022 ás 09:15 (UTC)[responder]
grazas de novo!. No entanto, ao tentar usar "replacer" co novo usuario, dime que teño que ter feitas 50 edicións antes de o poder usar :-( Ourol (conversa) 24 de abril de 2022 ás 10:45 (UTC)[responder]

Ola Estevo, boas. Teño unha dúbida lingüística, a ver se me podes axudar. Vendo o artigo Virxe do Rosario quería engadir unha sección de *Patronazgo para poder organizar e engadir información. Porén, non atopo (ou non teño claro) unha equivalencia galega do "patronazgo" castelán... Seica Padroádego (https://academia.gal/dicionario/-/termo/padro%C3%A1dego)? Ou padroeiro? --Norrin (Fálame) 27 de abril de 2022 ás 07:58 (UTC)[responder]

Ola, @Norrin strange: Tanto "padroádego" como "padroado" son formas acaídas. Por exemplo, Cristovo de Licia é padroeiro dos condutores, pero o seu padroado abrangue tamén as parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de abril de 2022 ás 08:05 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Norrin (Fálame) 27 de abril de 2022 ás 08:40 (UTC)[responder]

Revisión dun modelo[editar a fonte]

Boas Estevo. Hai uns días creei o modelo:Xogo de mesa, mais hai algo que non funciona e non se visualiza (podes ver un exemplo en Afrikan tähti). Poderías ver que é o que non vai ben? Graciñas, Piquito (conversa) 3 de maio de 2022 ás 21:54 (UTC)[responder]

Ola, @Piquito:! Estiven a fedellar no código, pero non entendo moito, a verdade. Quizais saiban entendelo mellor @Cossue:, ou @Elisardojm:, por exemplo. Sinto non poder ser de axuda :/ Saúdos! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de maio de 2022 ás 22:00 (UTC)[responder]

Referencias[editar a fonte]

Ola, perdón, pero non entendo cal debería ser o formato correcto das fontes no artigo sobre Karl Janotta. Poderías axudarme por favor? --Caro de Segeda (conversa) 6 de maio de 2022 ás 08:54 (UTC)[responder]

Acabo de ver que o cambiaches, grazas. Caro de Segeda (conversa) 6 de maio de 2022 ás 08:54 (UTC)[responder]

Fusión artigos Iria Ribadomar e Iria Ribadomar Molina[editar a fonte]

Ola @Estevoaei! Descoñezo se calquera poder facer a fusión dos artigos, máis penso que como nos pasos a seguir di que "Esta sección é unha guía dos pasos a seguir polos administradores para completar o proceso, unha vez os artigos estean listos para a fusión de historiais", entendo que tes que ser administador/a. De tódolos xeitos, deixo o meu parecer, e por min adiante co proceso. Graciñas --Moniquiña (conversa) 8 de maio de 2022 ás 10:39 (UTC)[responder]

Ola! Efectivamente, só poden facer a fusión os e as administradoras, e de momento non o son :( Agardo que a fusión sexa feita en brve :) Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de maio de 2022 ás 11:58 (UTC)[responder]
Ola! supoño que hai que esperar sen máis...e non podemos solicitado doutro xeito? escribindo a quen sexa administrador/a. Se sabes xa me dirás. Graciñas. Moniquiña (conversa) 14 de maio de 2022 ás 18:34 (UTC)[responder]

Ola, Estevo. Benvido de novo. --MAGHOI (conversa) 18 de maio de 2022 ás 07:52 (UTC)[responder]

Eleccións a burócrata[editar a fonte]

Boas! Que tal todo, Estevoaei?. Mira, como ben sabes, é recomendable que as wikis pequenas conten cun mínimo de dúas persoas con dereitos de burócrata e levamos bastante tempo só con unha. Moitas das funcións anteriormente asignadas burócratas locais veñen menguando en favor dunha centralización en meta, pero igualmente, resulta recomendable manter o dereito ós botóns na Galipedia (conversas coma estas póden volver a producirse).
Eu veño de preguntarlle a MAGHOI se querería os botóns de burócrata, pero finalmente declinou esta posibilidade.
Ti xa fuches burócrata non hai tanto, polo que considero que se pode verificar que tes as capacidades para a tarefa. O obxectivo é garantir que as persoas con estes permisos dean a cobertura esperada cando a Galipedia o precise. Por esta razón, e porque só ti podes valorar o tempo do que dispós, é que veño preguntarche: estarías disposto a asumir de novo os botóns de burócrata?. Se a resposta fose si xa me encargaría eu de abrir a votación. Xa me contas. Aperta! --Maria zaos (conversa) 21 de maio de 2022 ás 12:45 (UTC)[responder]

Apoio a proposta de María. --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2022 ás 10:36 (UTC)[responder]
Aínda que isto non é propiamente a votación, eu tamén estou de acordo.--MAGHOI (conversa) 22 de maio de 2022 ás 16:11 (UTC)[responder]
Xa está aberta a votación, @MAGHOI. Saúdos! Maria zaos (conversa) 23 de maio de 2022 ás 20:22 (UTC)[responder]
@Maria zaos: si, non hai problema. Non me importa ser burócrata :) Graciñas pola proposta. --Estevo(aei)fálame aquí

Páxinas a borrar[editar a fonte]

Ola, Estevo. Queríache facer unha consulta. Borrei unha morea de páxinas en [Categoría:Wikipedia:Limpar], pero hai unhas poucas que teñen un marcador de que non se deben borrar polo que preferiría que lles botasen un ollo por se procede ou non. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 22 de maio de 2022 ás 16:22 (UTC)[responder]

@MAGHOI: Pois non o teño claro; vexo que @HombreDHojalata: engadiu o marcador {{lixo}} nalgunhas categorías que teñen o marcador {{Categoría baleira}}. Non teño moi claro se estes marcadores entran en contradición, tería que revisar cada caso, pero confío no criterio de HDH, polo que coido que si se deben borrar. En calquera caso, sempre serían recuperables se fixesen falta. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de maio de 2022 ás 20:52 (UTC)[responder]
Certo @MAGHOI:. Algunha tiña o {{Categoría baleira}}, pero xa non se empregan. Eran de mantemento e de mantemento de imaxes, que caeron en desuso. En calquera caso, como di Adrián, son moi doadas de restaurar, se for preciso. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2022 ás 21:25 (UTC)[responder]
Grazas @HombreDHojalata: e @Estevoaei:. Xa está feito. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 23 de maio de 2022 ás 19:48 (UTC)[responder]

Familia Regojo[editar a fonte]

Ola! Preguntábame se che prestaría (cando sexa) tentar facer a bio de Rita Regojo. É familia de Juan Manuel Otero Milleiro, Juan Ángel Regojo e José Regojo. Para a relevancia, destacar o seu papel en Aldeas infantiles[1]. A familia é relevante pola actividade empresarial[2]. Casou con Adriano Márquez Estévez, por se axuda.[3]Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2022 ás 18:01 (UTC)[responder]

José Luis Ponce[editar a fonte]

Interesante historia! Tomo nota para crear o artigo en breve. Saúdos. Xanetas (conversa) 27 de xuño de 2022 ás 15:32 (UTC)[responder]

Aquí o está: José Luis Ponce Alcázar.
Saúdos. Xanetas (conversa) 29 de xuño de 2022 ás 10:55 (UTC)[responder]

Sobre tradución con problemas e Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/IES Breamo[editar a fonte]

Ola! Ignoro se ten algunha relación con este proxecto pedagóxico ( ou a súa continuidade) que levaras ti, pero hai edicións de dúas persoas ligadas a ese centro. Temos esta entrada que á que puxeches o marcador de autotrad en abril do ano pasado a Thomas Brodie-Sangster. Poderías, por favor, buscarlle unha solución definitiva a este problema ? É dicir xa pasaron máis de 30 días e poderíase borrar, pero non sei se lle comunicaches no sei momento ás usuarias correspondentes os problemas que tiñan que solucionar, que é o máis acaído nos proxectos de iniciación á edición. Moitas grazas.-- Maria zaos (conversa) 1 de xullo de 2022 ás 21:13 (UTC)[responder]

Grazas por a resposta rapida, eu decidín crear a paxina basandome en outras similares que vin na Galipedia(De proxectos personais ou de centros similares) Se e necesario borren a paxina, de todos modos isto só era unha proba para ver que pasaba. Ricardo.Pazos. (conversa) 9 de xullo de 2022 ás 16:11 (UTC)[responder]

Borrar Redirección[editar a fonte]

Boas Estevoaei, poderías borrar a seguinte redirección: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Comarca_de_Barbanza&redirect=no. Quero mover "Comarca de Barbanza" a "Comarca do Barbanza" aínda que é un tema suxeito a debate esta denominación conta con máis fontes no propio corpo do artigo, así que penso que é unha mundanza xustificada. Saúdos --Cossue (conversa) 16 de xullo de 2022 ás 07:15 (UTC)[responder]

Boas, recordovos o último debate sobre este tema, porque non é tan fácil de dar con el nos arquivos da taberna. Saúdos @Estevoaei@Cossue:
Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 19#Comarcas en Galipedia e política de Toponimia. O termo oficial é de Barbanza. Maria zaos (conversa) 16 de xullo de 2022 ás 15:55 (UTC)[responder]

Historial de artigos[editar a fonte]

Ola! Primeiro desculpas polo lío. O problema e que non me deixaba redireccionar a páxina. O antigo artigo KK FMP movino a KK FMP Zeleznik, é un club de baloncesto que fai case unha década que non existe. Hoxe comunmente chámase KK FMP a secas ao que estaba como artigo como KK FMP Beograd. Movino para facilitar a procura e por ser o nome máis popular do equipo, máis agora que igual ten algunha visita por ser rival do Breogán en setembro. Arranxei tamén todas as redireccións e as ligazóns con outras linguas. Saúdos! --Adorian (conversa) 8 de agosto de 2022 ás 17:11 (UTC)[responder]

Substancia[editar a fonte]

Que tal, Estevo? Estiven a ir purgando as páxinas sen categorías e só queda unha, que é Substancia_(física), e que ten un marcador para pasala ao Galizionario. Hai alguén que a poida pasar, ou se elimina, por ser ademais moi curta. Podes botarlle un ollo, para ver que se fai con ela?. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 10 de agosto de 2022 ás 12:24 (UTC)[responder]

Borrado de borrador[editar a fonte]

Preparei o artigo Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy como Tfeliz/Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy. Xa o movín para a xeral, mais ficou a páxina do borrador e non a podo eliminar. Podes borrala porfa? Ou como teño que proceder? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 11 de agosto de 2022 ás 16:40 (UTC)[responder]

Duplicidade?[editar a fonte]

Cando unha parroquia ten varias aldeas, entendo que teña que haber dous artigos, pero non teño claro como diferenciar cando hai unha parroquia cunha única entidade. É o caso de Xares, A Veiga e Xares, Xares, A Veiga. Ten sentido manter 2 artigos? De ser así, como se distingue entre a información da parroquia e o da entidade? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 18 de agosto de 2022 ás 13:05 (UTC)[responder]

Pasei o contido de Xares, Xares, A Veiga para Xares, A Veiga. Baleiro Xares, Xares, A Veiga para redireccionar? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 21 de agosto de 2022 ás 08:53 (UTC)[responder]

Galería de imaxe de Commons[editar a fonte]

Seguindo a recomendación de Usuario:Alfonso Márquez, deixo aquí a mensaxe. Vou mirar o que me indicas. Unha última dúbida: Como se fai a referencia a Commons? Pode facerse estruturada como Galería de imaxes de Xares, A Veiga? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 19 de agosto de 2022 ás 13:28 (UTC)[responder]

Ola, @Tfeliz:! Vexo que xa quedou aqueladiño o artigo Xares, A Veiga (grazas, @MAGHOI: pola fusión!). Agora ten os dous enlaces, tanto á Galería de imaxes de Xares, A Veiga, como a commons:Category:Xares, A Veiga. En Commons as imaxes adoitan clasificarse por categorías, mais tamén cabe a opción de facer galerías, cos correspondentes pés de imaxe e coas fotos clasificadas de forma temática e non por orde alfabética; podes ver un exemplo en commons:Santiago de Compostela, que á súa vez está categorizado en commons:Category:Santiago de Compostela. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de agosto de 2022 ás 08:37 (UTC)[responder]
Perfecto. Liguei a Commons desde a Galería de imaxes de Xares, A Veiga como estaba na Galería de imaxes da Veiga. Deizón!! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 22 de agosto de 2022 ás 09:58 (UTC)[responder]

RE:Imaxes[editar a fonte]

Ola, Estevo. A verdade en que non me fixara na resolución; simplemente entendín que se dúas imaxes son válidas, "pisar" unha edición allea non ten xustificación. Como dicía, non me fixara na resolución; desfago entón os cambios. --Norrin (Fálame) 22 de agosto de 2022 ás 08:18 (UTC)[responder]

Moving files to Commons[editar a fonte]

Hi! If you have time perhaps you could do a test and move one of the files Maria fixed to Commons? Also I just found out that files from Categoría:PD antigas could not easily be moved to Commons but that is fixed now. So I hope more files can be moved now :-) --MGA73 (conversa) 25 de agosto de 2022 ás 06:11 (UTC)[responder]

Awesome! Now less than 200 files in Categoría:Imaxes de Lugo! :-) Almost everyone now have some sort of description or location. However, those I added needs to be checked because I have no idea when to use "do", "de" or "dos" etc. I just copy pasted from Google. --MGA73 (conversa) 20 de setembro de 2022 ás 07:55 (UTC)[responder]
Thanks, @MGA73:!! Don't worry about the ortography, I really apreciate your colaborations! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de setembro de 2022 ás 08:31 (UTC)[responder]
I think I found all but one. That photo is a derivative work so it is only free if original photographer died more than 70 years ago. It is Ficheiro:100 1474.JPG. --MGA73 (conversa) 7 de outubro de 2022 ás 13:18 (UTC)[responder]
Dear @MGA73:: yes, that seems a derevative work, and I shall delete it. Thanks a lot one more time for your job! You should come to Galicia and visit Lugo, now that you know the streets! :D I'll pay the beers! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de outubro de 2022 ás 16:31 (UTC)[responder]

Eva Cárdenas[editar a fonte]

Bos días! Adín o artigo Eva Cárdenas, no que participaches, ao proxecto Translation of the week en Meta-Wiki. Por iso quería pedirche se podías votar nele aquí para que haxa máis posibilidades da proposta saír para adiante e pois o artigo ser traducido a máis linguas. Moitas grazas! --Brunnaiz (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 15:37 (UTC)[responder]

Narrativa (Ir Indo)[editar a fonte]

Ola Adri.

Quedei estancado en "Narrativa (Ir Indo)". Bótasme unha man a completar os títulos 22, 26, 45, 50, 51 etcétera?

Sen présas. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2022 ás 15:00 (UTC)[responder]

Ola, @HombreDHojalata:! Pois non atopo moita información ao respecto :/ A ver se van aparecendo os faltantes. Un saúdo, e graciñas por creares o artigo! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de setembro de 2022 ás 10:32 (UTC)[responder]

Ola, Estevo. Que tal vai todo? Pídoche que me botes unha man porque non dou. No artigo de Alavivo na nota 1 (todo ese parágrafo grande) quería meter a seguinte referencia (Hughs 2013, p. 153) onde aparece o [25]. Xa o intentei de varias xeitos, mesmo copiando código doutros artigos e son incapaz. Podes metela ti para ver como se fai? Graciñas por adiantado. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 28 de setembro de 2022 ás 17:32 (UTC)[responder]

Feito! Feito! @MAGHOI::
{{Cita Harvard|Hughs|2013|p=153}}
--. HombreDHojalata.conversa 28 de setembro de 2022 ás 22:10 (UTC)[responder]

Buenas dias, querido Estevoaei, como estàs?

Heco lo que me preguntabas. Hasta luego. Rei Momo (conversa) 17 de outubro de 2022 ás 07:01 (UTC)[responder]

Muchas Gracias por su respuesta, mas yo esperava que tu me contextasse un poquito la pagina, y no solamente me decir que "Obviamente està mal feito....". Desculpas, mas no podrias contextarla, por favor. Estarei disponible contextar por usted en Italiano. Muchas gracias y hasta luego Rei Momo (conversa) 17 de outubro de 2022 ás 07:10 (UTC)[responder]
Hecho tanbièn Barbosa, un saludo!!! Rei Momo (conversa) 17 de outubro de 2022 ás 07:36 (UTC)[responder]

Devastacións de Osorio[editar a fonte]

Ola, Estevo. Coido que agora o ficheiro está correcto. Grazas polas correccións. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 18 de outubro de 2022 ás 20:04 (UTC)[responder]

Feito: Nemesio Martín ;)

Saúdos. Xanetas (conversa) 22 de outubro de 2022 ás 18:11 (UTC)[responder]

Igrexa de San Bartolomeu / Igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra[editar a fonte]

Boas tardes Estevoaei e grazas polos teus agradecementos polo meu traballo nos artigos na Galipedia! Creo que mentres eu estaba a traballar na adaptación do final do artigo que acabo de traducir: Igrexa de San Bartolomeu, ti realizaches algúns cambios, co que eu terminei de maquetar o artigo (adaptando as referencias ao galego e corrixindo outros detalles menores) e vexo que hai dous artigos publicados agora: Igrexa de San Bartolomeu (o que está perfectamente maquetado e corrixido no que eu estaba a traballar) e o outro que quizá ti duplicaches (igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra) que está sen terminar de maquetar e adaptar as referencias como corresponde á forma dun bo artigo. Por favor, agradezo que suprimas se che é posible o artigo inacabado de perfeccionar (o titulado: igrexa San Bartolomeu de Pontevedra) e as ligazóns no artigo principal "Pontevedra" que levan a el (para ligar ao "bo" artigo). Espero que poidas arranxalo. Espero tamén que se traduzo outros artigos ao galego teña un pouco máis de tempo para finalizar de maquetalos! Moitas grazas por adiantado e boa tarde! MJSB73MP (conversa) 23 de outubro de 2022 ás 15:05 (UTC)[responder]

Ola, @MJSB73MP:; o que fixen foi mover o título, de Igrexa de San Bartolomeu a Igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra; non o dupliquei, senón que movín o contido a outro título, seguindo o formato habitual (tipo de templo + advocación + lugar). Ao estares traballando no texto, creáchelo de novo, e logo @HombreDHojalata: converteu Igrexa de San Bartolomeu en páxina de homónimos. Para evitar conflitos de edición, podes empregar o Modelo:En uso, e así facer saber ao resto da xente que a edición aínda non está rematada. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de outubro de 2022 ás 08:09 (UTC)[responder]

Iso foi logo o que pasou. Moitas grazas pola explicación e moi bo día! MJSB73MP (conversa) 24 de outubro de 2022 ás 08:12 (UTC)[responder]

Paseo marítimo de Pontevedra[editar a fonte]

Ola Estevoaei. No artigo do paseo marítimo de Pontevedra puxera "Avda. de Bos Aires" porque é a denominación que consta no mapa de Google Maps (supoño que será a denominación oficial que lle transmitiría o concello de Pontevedra?). Bo día! --MJSB73MP (conversa) 27 de outubro de 2022 ás 10:53 (UTC)[responder]

Ola, @MJSB73MP:! Efectivamente, na placa co nome da rúa pon "Avenida de Bos Aires", polo que procedo a poñer de novo esa denominación no artigo Paseo marítimo de Pontevedra. Escribín ao departamento de Normalización lingüística do Concello para que me confirmen se é ese o nome oficial. Graciñas! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de outubro de 2022 ás 12:31 (UTC)[responder]

Renomear Foto Sede de Diario de Pontevedra[editar a fonte]

Ola de novo Estevoaei. Vin que pediras que se renomeara a foto do autobús na praza de España. Poderías pedir que se renomee a da Sede do Diario de Pontevedra? Equivoqueime no número da rúa no título (é o 5 e non o 7) e en lugar de poñer: File:Sede de Diario de Pontevedra calle Lepanto 7 - Pontevedra capital.jpg debe poñer "File:Sede de Diario de Pontevedra calle Lepanto 5 - Pontevedra capital.jpg". Grazas e bo día! --MJSB73MP (conversa) 8 de novembro de 2022 ás 10:24 (UTC)[responder]

@MJSB73MP:: Feito! Feito!! Feita a solicitude. Coido que ti tamén podes facelo, dándolle á lapela "mover" e despois indicando o novo nome e os motivos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de novembro de 2022 ás 10:34 (UTC)[responder]
Graciñas! Penso que non, en Wikimedia Commons non me aperece a lapela "Máis" nin "Mover". Un saúdo! MJSB73MP (conversa) 8 de novembro de 2022 ás 10:41 (UTC)[responder]
@MJSB73MP: OK renomeado. Estas cousas podédesmas pedir a min. Eu son renomeador en Wikimedia Commons. --. HombreDHojalata.conversa 8 de novembro de 2022 ás 10:49 (UTC)[responder]
Ok grazas! MJSB73MP (conversa) 8 de novembro de 2022 ás 13:55 (UTC)[responder]

Ok grazas! MJSB73MP (conversa) 8 de novembro de 2022 ás 11:24 (UTC)[responder]

Lig. ext.[editar a fonte]

Ese modelo: Cita Web é como se me falaras en chinés. Pero polo menos, a ligazón en "2 de outubro", xa funciona. Vexo que inclúes un parámetro "páxina-web" que non sei qué significa. Fago o que podo, pero sodes tan (innecesariamente) complicados... Saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 14 de novembro de 2022 ás 18:45 (UTC)[responder]

Giulia Tamayo León[editar a fonte]

Moi boas @Estevoaei! Que tal agora as obras do artigo de Giulia Tamayo León? Teño que revisar os formatos en xeral, xa sei...en español non é todo igual. A ver se retomo, que teño moito pendente que facer. Apertas. Moniquiña (conversa) 24 de novembro de 2022 ás 13:41 (UTC)[responder]

Ola, @Moniquiña:! Desculpa, que non me fixara na túa edición. Pois quedou fetén, así que procedo xa a retirar o aviso :) Un saúdo, e mil grazas polo teu traballo!! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de novembro de 2022 ás 13:44 (UTC)[responder]
Ola de novo! Parece que algo vai mal no artigo, non entendo porque non sae o control de autoridades...podes revisalo e contarme o motivo do erro? Graciñas! Moniquiña (conversa) 28 de novembro de 2022 ás 18:18 (UTC)[responder]
Ola!! Pois mira, coido que é porque en gl.wiki só aparece o modelo "control de autoridades" se o elemento de Wikidata ten enlazado algunha das autoridades incluídas no modelo. No caso de Giulia Tamayo León, en Wikidata aparece enlazada cos identificadores de Sandbox-External (?) e de Google Knowledge Graph, que non saen no modelo Control de autoridades. No caso de que se incluíse algún outro que si aparece (BNE, Dialnet...), xa sairía de forma automática o modelo. Non sei se me estou a explicar :D Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 28 de novembro de 2022 ás 18:47 (UTC)[responder]

Oriveden jäähalli[editar a fonte]

Veña meu, faille o Q en Wikidata ao Oriveden jäähalli. Este vai con foto ;)

Saúdos, Piquito (conversa) 24 de novembro de 2022 ás 23:39 (UTC)[responder]

Ola, @Piquito:! Feito! Feito! Agora cumpriría crearlle Q en Wikidata ao Fortuna Hockey :) --Estevo(aei)fálame aquí 25 de novembro de 2022 ás 07:28 (UTC)[responder]

Boas de novo Estevo! Ao final fun por Riihimäki e xusto agora veño de subir unhas imaxes que saquei do Riihimäen jäähalli (na categoría Riihimäki Ice Hall), por se queres poñer unha en Wikidata. Hai unha do interior (moi escura, teria que retocala porque na bancada non hai luz) e varias do esterior. A imaxe do interior non é da sala principal, é da segunda pista, a de adestramento. Ademais como ao lado estaba o Cocks Areena dos Riihimäen Cocks de balonmán pos xa aproveitei e saquei dúas fotos dende lonxe (que tiña presa e ademais estaba pechado), por se lle queres crear o Q en Wikidata e engadir unha. Saúdos! Piquito (conversa) 4 de decembro de 2022 ás 22:05 (UTC)[responder]

Bo día, @Piquito:! Quédame un pouco lonxe, ando perdido entre nomes de lugares e de equipos, a verdade :/ Pero está guai que lle creaches as categorías correspondentes, co cal xa non ten perda. Anímote a engadirlles as coordenadas correspondentes a cada imaxe, xa sexa ao cargalas ou posteriormente coa LocatorTool (podes activala nas preferencias de Commons), que resulta moi útil :) Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de decembro de 2022 ás 09:49 (UTC)[responder]

Pontevedra CF - Racing de Ferrol[editar a fonte]

Boas! Bo traballo coas fotos do partido. Pois polo que vexo tes por aí primeiros planos de Brais Abelenda, Tomás Bourdal, Aitor Pascual, Heber Pena... Todos eles sen artigo. Se tal, cando teña un pouco de tempo póñome a crealos se ninguén o fai antes. Dos que si teñen artigo tes aquí a Rufo Sánchez, aquí a Yelko Pino e aquí a Álex López. E estes son Bourdal, Joselu e Álex López.

Saúdos! Xanetas (conversa) 6 de decembro de 2022 ás 11:44 (UTC)[responder]

Cando poida bótolle un ollo a esas outras fotos. Saúdos! Xanetas (conversa) 15 de decembro de 2022 ás 19:45 (UTC)[responder]

Barca funeraria de Queops[editar a fonte]

Ola Estevo. Acabo de engadir unha fonte aquí, a que está no artigo en español, pero nese texto en francés non parece que se mencionen os nomes dos especialistas navais. Vale así ou deixo o modelo? Non teño nin idea de onde pode haber unha referencia que mencione os nomes dos especialistas. Mark Gasoline (conversa) 24 de decembro de 2022 ás 13:33 (UTC)[responder]

Ola, @Mark Gasoline:. A fonte que engadiches non fala en ningún momento da forma da barca, co cal a afirmación de que "presenta características dunha embarcación de alta mar, cunha proa levantada, o que lle permitía exceder as ondas do mar" segue sen estar referenciada. Non é só que non se diga quen son eses "especialistas", senón que nin sequera hai referencia para esa afirmación. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de decembro de 2022 ás 17:02 (UTC)[responder]
Mañá revisarei a páxina. Saúdos. Mark Gasoline (conversa) 24 de decembro de 2022 ás 19:58 (UTC)[responder]