Conversa usuario:Estevoaei/2011

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007


Soluciónalle aí o das referencias, Estevo. --Atobar (conversa comigo) 14:53, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)

Cristina Ferreiro Real[editar a fonte]

Ola, Estevo; Respecto do que dis do artigo Cristina Ferreiro Real:

  • O nome é correcto como podes comprobalo no blog da propia autora que remite a un libro seu no que a autora aparece con ese nome [1]
  • En canto á data de nacemento, non recordo de onde a tirei (pode ser que desta información [2] onde dicía que tiña 24 anos cando recibiu o premio e eu fixen as contas...), pero parece que é incorrecta xa que aparte da referencia que ti das de galegos.info, nesta outra [3] tamén aparece como nada en 1983.

Grazas polo aviso, xa corrixo eu a data de nacemento. Saúdos! --Xas (conversa) 14:56, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)


Ola, Estevo e Xas; Pois si, o meu apelido real é Real, e son do 83. Graciñas aos dous por percatarvos dos erros e correxilos; Desculpade que introduza o comentario así, ¡pero non entendo como furrula isto da Galipedia!

Saudiñas, Cris Ferreiro

Re:artigos de futbolistas[editar a fonte]

Sen dúbida un reto interesante, apúntoma! --Krisko 17:05, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eduardo Sanjurjo[editar a fonte]

Sen problemas! Levo un anaquiño buscando pola rede e non atopo nada, tentarei buscar en prensa a ver.--Adorian (fálame) 21:23, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Poliamor[editar a fonte]

Ola, Estevo. Fixen unha pequena poda de cousas que me parecían excesivamente subxectivas e doutras que eran bastante irrelevantes, e outras modifiqueinas porque me parecían o resultado de traducir do castelán un texto traducido do inglés, de modo que as simplifiquei un chisco. O tema das referencias está máis que chungo, chunguérrimo, pois sobre este tema non hai moito publicado e non vai ser na biblioteca da Deputación onde o atope eu. Vou ver se consigo bibliografía xenérica para poñela no seu apartado correspondente, pero non en forma de notas. Se ves que se me foi a man co bisturí, ti desfai, desfai. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:04, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Bilbo Bulseiro[editar a fonte]

Ola, Estevo. En Conversa:Bilbo Bulseiro hai unha preguntiña que se cadra ti es quen de responder. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:55, 25 de xaneiro de 2011 (UTC)

Santa Cruz de Rivadulla[editar a fonte]

Boas, Estevo. Tes que confirmar uns datos que pos no artigo Santa Cruz de Ribadulla, Vedra. Dis que "O xardín [do pazo] conta coa fonte da Nogueira, a fonte da Coca (barroca e coroada por un escudo coa vieira de Santiago), e a fonte do Santiaguiño (de 1670). Pedro de Valdés Feixoo e Novoa, que mandara construír a fonte do Santiaguiño, ordeou en 1676 facer a capela, que está unida ao pazo por un arco". Ata onde eu sei, a capela e a fonte do Santiaguiño están na parroquia lindeira de San Pedro de Vilanova. Hai uns días estiven facendo unhas fotos da fonte, para un artigo que estou preparando sobre o coro pétreo do Mestre Mateo, do que foron parar dúas estatuas a esa fonte, e podo confirmar que os indicadores e o cartel dicían Capela do Santiaguiño e que eu estaba en San Pedro. Era xa case noite e pasei da capela, polo que non sei se ten ou non pazo ó lado, pero en principio non o lembro. Falas tamén dunha fonte barroca da fonte da Coca: na Gran Enciclopedia galega trae unha foto desta fonte e está coroada por un escudo no que non se aprecia viera ningunha. Non sei se haberá dúas capelas ó mesmo santo nas dúas parroquias nin se haberá dúas fontes do Santiaguiño, pero semella un erro. Mira a ver de onde quitaches eses datos e se podemos resolve-lo entuerto. Neste momento, a tal capela e fonte están citadas nos dous artigos. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 13:02, 12 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Outra cousa. Nun coleccionable deses da Voz sobre os pazos de Galicia fala deste de Santa Cruz. Descríbeo moi mal e vaise polas ramas de mala maneira, pero si que di que un tal Cardenal de Mondragón, en 1574, encargou un retablo para a capela e comprou a pía bautismal, o que contradí que a tal capela se mandara construír en 1676. Neste caso si que falamos da capela que haxa no pazo, que nunca vin. Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 12 de febreiro de 2011 (UTC)
    • Entón, e despois de le-las dúas ligazóns que me indicas, creo que debemos sacar deste artigo, Santa Cruz de Rivadulla, a denominación de capela e fonte do Santiaguiño deixando só que hai unha capela e unha fonte, fonte da Coca; segundo, saca-lo da vieira no escudo desta fonte; saca-la data de 1670 toda vez que nos consta que xa había capela en 1574. E manter toda esa información no artigo sobre San Pedro de Vilanova. ¿De acordo? Pedro --Lameiro (conversa) 17:37, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

sonoridades[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. O que propós é moi interesante, e seguramente conseguiríamos que ós administradores de Commons lles saltasen os fusibles. O problemático do asunto é, penso eu, conseguir voluntarios/as que se presten a ser gravados. Ademais habería que illar os sons do orgasmo doutros máis accidentais, como o ñikiñiki da cama ou o da respiración apresurada. E outra cousa: ese voluntarios/as terían que ser en número significativo. Así que nada, a poñerse mans á obra. Eu xa teño unhas cantas persoas (sempre poucas) en mente ás que propoñerlles participar. Facemos un wikirreto? Fixamos unha cantidade de orgasmos gravados e un prazo para cargalos? :) Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:36, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

Administración[editar a fonte]

Xa es administrador, parabéns! Calquera dúbida sobre as novas funcións ou sobre como se fusionan artigos ou calquera cousa, pregunta sen problemas. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 14:23, 19 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Unha vez elevado ós altares da Administración, deséxoche sorte e paciencia. O rico refraneiro tenche un consello para esta ocasión: Paso de boi, dente de lobo e, de vez en cando, face-lo bobo. Espero que os malos momentos, que os haberá, sexan poucos e breves. Parabéns para ti e, con máis razón, para a Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 15:21, 19 de febreiro de 2011 (UTC)
Parabéns, agora a disfrutalo ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:53, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

Fonte da ferrería[editar a fonte]

Puxen a foto porque se fala dela no artigo e porque, no fondo, para min todo é Praza da Ferrería. Vexo que son entidades distintas, xuntas pero non revoltas, e que quizais incluí-la fonte neste artigo axude a asenta-la confusión. Fai o que vexas mellor. Chamoume a atención que na Categoría:imaxes de fontes de Pontevedra non tivésemos aínda esta, que está pedindo o seu artigo propio (Castelao ten escrito sobre a súa reconstrución). Repito os meus parabéns. Pedro --Lameiro (conversa) 23:22, 20 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Sabía que a fonte estivo no centro da Ferrería e que foi substituída por unha farola, perdéndose as pezas. Pero hoxe vin unha foto da tal fonte no medio e medio das ruínas de Santo Domingo, na Geografía general del Reino de Galicia, 1936. A foto é mala e non se distingue se completa ou non. Xa che darei máis datos mañá. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:19, 22 de febreiro de 2011 (UTC)
    • Trátase da Geografía general del Reino de Galicia (F. Carreras y Candi, Barcelona 1936), en reed. facsímile de Ediciones Gallegas S.A., La Coruña 1980. Os tomos XII e XIII están dedicados á provincia de Pontevedra e foron escritos por Gerardo Álvarez Limeses. No tomo I, px. 197, vén a fotografía que che dicía, con este pé: "Interior del Museo Arqueológico con la fuente monumental que estuvo siruada en el centro de la plaza de la Herrería". E na px. 215 di: "En el centro de ella [está describindo a cidade de Pontevedra] está situada la magnífica plaza de la Constitución, conocida con el nombre vulgar de plaza de la Herrería, que antiguamente tenía en medio una fuente monumental que se conserva hoy en el Museo Arqueológico y que motivó este antiguo cantar popular: 'Pontevedra e boa vila,/ da de beber o que pasa/ a fonte d'a Ferrería,/ San Bartolomé n'a praza'. Retirada esta fuente del centro de la plaza, se ha substituido aquella por una gran farola". Xa tes algún material máis para o futuro artigo sobre a fonte. Pedro --Lameiro (conversa) 22:52, 23 de febreiro de 2011 (UTC)
      • Supoño que coñecerás un texto de Castelao "Memoria e historia. A fonte da Ferreiría", sobre as peripecias da reconstrución. Este téñoo localizado (aínda que non ten data de cando o fixo): "Obras" , Galaxia 1999; é unha edición de 6+2 tomos, dirixida por Monteagudo, e o que nos intersda vén no tomo 1:577-578. E teño na memoria que tamén teño nalgún sitio os debuxos que fixo propoñendo as proporcións, alturas, etc., pero isto segundo non o dou atopado. Xa aparecerá e xa cho conbtarei. Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 23 de febreiro de 2011 (UTC)

Terei coidado co ano[editar a fonte]

E anoto esta tarefa para o botiño, agora teño metida outra cousa que está a medias pero cando a remate poreino con iso. O caso é que non o poño moito últimamente porque cando hai moitos cambios a facer non me deixa traballar porque está todo o rato a darme avisos e por iso déixoo para os ratos nos que estou un pouco menos liado. Que isto quere dicir que..., xa lle tocará pero non sei cándo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:25, 21 de febreiro de 2011 (UTC)

Masanobu Fukuoka[editar a fonte]

Fotos de Hadrián Fernández[editar a fonte]

Ola Adrián. De feito Hadrián Fernández xa é un editor da Galipedia, e un dos máis antigos: É o Usuario:Raposo, aínda que ultimamente non colabora moito... --Xas (conversa) 13:10, 3 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas pola axuda[editar a fonte]

Moitas grazas. Eu so estou empezando nisto e ando algo perdido. Aínda así según pasan os días a base de corrixirme os usuarios que xa tedes experiencia, algo vou facendo... Aínda así xa ves que me custa bastante...

Cargar fotos[editar a fonte]

Boas compañeiro. Xa vexo que pasas algún traballo correxindo os artigos que fago. Sinto que teñas que perder o teu tempo, pero nestes poucos meses que levo na Galipedia ainda non aprendín a facer moitas cousas. Queríache preguntar unha cousa. Ó marxe das fotografías que poidamos facer e achegar cada usuario, ¿qué páxinas web teñen imaxes que poidamos empregar?. E xa que me mencionaches o Google Earth, as imaxes de Panoramio, ¿tí sabes se son libres de dereitos (pois son achegadas por usuarios particulares), ou non?. Un saúdo. JonnyJonny 15:08, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Cuspedriños[editar a fonte]

Boas de novo, Estevo. Nestes intres estou a traballar no tema dos curros e as rapas das bestas, quizais coa idea de facer algún artigo novo, pero hai pouca información sobre algúns deles. A rapa do Monte do Castelo, Monte do Castelo de Cotobade, Cuspedriños, etc, eche todo a mesma cousa, polo que puiden ler nalgunha páxina, por exemplo: Cuspedriños vivió su cita anual con la rapa das bestas e incorporó una feria caballar para dinamizar la jornada A túa proposta de engadir o artigo O cabalo na cultura popular galega no modelo xa está feito. Boa idea. Tamén engadín o artigo Cabalo de pura raza galega. Ainda que no seu comezo este modelo tiña unha finalidade mais dirixida ós deportes ecuestres, cando engadín as rapas das bestas xa me decatei de que este tema do cabalo en Galicia é moi grande. Seguimos a traballar. Unha aperta. JonnyJonny 19:39, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Grazas polos retoques[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas polos retoques ao meu artigo, a verdade é que non teño moita experiencia... :) En canto á información, saqueina principalmente da páxina do pintor: www.xavierpousa.org/ onde teño q polo? Grazas!

Grazas de novo, a ver se collo un pouco de práctica nisto xD --Adri guarda 17:04, 19 de marzo de 2011 (UTC)

Estevo, pídoche un favor: adecéntasme este artigo? Era bo telo antes do mércores, polo ODF. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:05, 4 de abril de 2011 (UTC)

categorías lixo[editar a fonte]

Ola, Estevo. Queres dicir que antes de cambiar unha categoría por outra hai que cambialas nas wikis que ligan con ela? Eu pensaba que ese traballo xa o facían os bots automaticamente. Eu de bots non che controlo moito. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:24, 5 de abril de 2011 (UTC)

Boas. Tiven un erro. Estaba intentando facer unha páxina nova sobre Caseta de Ansemil (unha aldea de Ansemil, Celanova) e tiven un erro e escribin "Caseta de ansemil" (ansemil con minúscula). Sería interesante que puideses borra-la páxina para que eu poidese facer outra nova ou ben cambiar ese pequeno erro.--Doradorodriguez (fálame) 19:05, 14 de abril de 2011 (UTC)

Caseta de Ansemil[editar a fonte]

Eu o que tiña pensado facer era unir o enlace Ansemil que aparece en lugares de Ansemil con este novo de Caseta de Ansemil de maneira que o sinalar dentro da parroquia de Ansemil a aldea chamada Ansemil saíse Caseta de Ansemil. Fago esto por que mandeille un correo o Nomenclator para explicarlle o seu erro e contestáronme que xa o ían cambiar pero que tardarían un tempiño. De todas maneiras no INE( http://www.ine.es/nomen2/index.do )xa aparece o termo Caseta dentro da parroquia de Ansemil. Se vos parece ben uno Caseta de Ansemil co lugar de Ansemil e se non esperamos a que o corrixan no Nomeclator.--Doradorodriguez (fálame) 13:56, 15 de abril de 2011 (UTC)

Celanova[editar a fonte]

Perdoa que che moleste outra vez. Quería arranxar o artigo sobre o concello de Celanova: poñer máis información, a biografía do alcalde, o escudo... Bueno darlle un arranxiño! Fai uns días atopara nunha páxina (non sei se era de preguntas frecuentes) un guión para seguir ao elaborar os concellos mais agora non o atopo. Non saberás que guión hai que seguir. Un saúdo.--Doradorodriguez (fálame) 14:51, 15 de abril de 2011 (UTC)

Encontro[editar a fonte]

Oes, acábaseme de ocorrer, ¿que che parece se aviso a Furado?. Non sei si lle apetecerá ir porque xa está moi descolgado da Galipedia pero non sei, ¿ti que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:56, 15 de abril de 2011 (UTC)

Xuntanza en Pontevedra[editar a fonte]

Ola! Na páxina que amablemente habilitou Elisardojm para a ocasión plantéxase o mércores, 20 ás 6 da tarde como día e hora da xuntanza. Por favor, pásate pola devandita páxina para confirmar a túa dispoñiblidade e propór un lugar exacto da cidade para quedarmos. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 21:10, 18 de abril de 2011 (UTC)

Bufos e mouchos[editar a fonte]

O caso é que habería que borrar tanto bufo coma moucho. Por seren duplicados e por seren xenéricos e utilizar en cada caso un nome común que non identifica o colectivo: nin bufo nin moucho designan o conxunto de aves rapaces nocturnas e moito menos se poden tratar como sinónimas. Para o colectivo xa temos Estrixiformes, e logo tamén temos artigos propios para as aves particulares (moucho común, bufo real e outros). É dicir, que xa temos todo no seu sitio e non se perde nada borrando eses dous artigos; non sei se perde-lo historial sería cousa grave. Quizais sería bo baleiralos totalmente e reducilos a unha páxina de homónimos que ligara cos ditintos bufos e os distintos mouchos (e así non se perde o historial). Logo, iso si, habería que lle encargar a Hugo que completara os artigos con máis información. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:23, 19 de abril de 2011 (UTC)

Cruceiro de capela[editar a fonte]

Feito! Feito! Efectivamente, é un típico cruceiro de capela ó que semella que lle cambiaron a cruz posteriormente (eu véxoa máis moderna). Xa está no seu sitio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:11, 25 de abril de 2011 (UTC)

Vótalle un ollo cando podas[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na Taberna dalgo que falamos en Pontevedra, vótalle un ollo e comenta alí o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:59, 27 de abril de 2011 (UTC)

Encontro no xornal[editar a fonte]

Boas, fixen unha crónica para o xornal, votádelle unha ollada por si queredes amañar ou engadir algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:50, 29 de abril de 2011 (UTC)

Grazas polos amaños, só unha cousa, aínda que pareza estraño cascabel sae no Volga e no Gran Xerais ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:33, 29 de abril de 2011 (UTC)

Re: Vilagarcía[editar a fonte]

Pois a verdade é que máis dunha vez pasoume pola cabeza, sobre todo cando andaba por aquí, e o pobre está necesitado de que lle voten unha man, pero agora ando metido noutros temas, e penso que vai ser moi difícil que me poña con él. Saúdos, Furado 09:00, 30 de abril de 2011 (UTC)


Re: Made in Galiza[editar a fonte]

Dáo por feito. Saúdos --Aprofa (Dime algo aquí) 13:56, 5 de maio de 2011 (UTC) Non me esquecín da entrada, manteño o compromiso de facela. Saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 18:50, 18 de maio de 2011 (UTC)

Ola Adrián.

No artigo mudaches un Sinbad por Simbad, referido ó filme.

Nas referencias que atopei aparece con "n", non con "m" [4] [5] !--. HombreDHojalata.conversa 18:23, 9 de maio de 2011 (UTC)

Quizais che interese esta edición que fixen. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 18:25, 9 de maio de 2011 (UTC)

Por que borraches o artigo Eleccións municipais en O Rosal? Creo eu que non fai mal que estea creado dito artigo por se alguén lle por buscar con ese xa que o concello chámase O Rosal, cousa que me pasou a min. Nos principios tiña dito nome, así que paréceme ben que se manteña a páxina. Noutras wikis existen miles de páxinas que redireccionan, e non pasa nada porque na Galipedia haxa unha máis. --Vivaelcelta 18:41, 25 de maio de 2011 (UTC)

Imaxe da igrexa de San Cibrán de Paredes[editar a fonte]

Ola Adrián, podes cerciorarte de se imaxe que que subiches como Ficheiro:IParedes.jpg corresponde realmente á igrexa de San Cibrán de Paredes en Ponteareas. Dígoo porque se miras o artigo Pazos, Pazos de Borbén, a imaxe que o ilustra Ficheiro:Igrexa de Santa María de Pazos, Pazos de Borbén.jpg (que corresponde á igrexa de Santa María de Pazos) é da mesma igrexa que a que ti pos como de Paredes. Non hai moitas outras imaxes na rede, pero polas que que vin, parece que é así... Se ves que é correcto o que te digo, poderías ti mesmo cambiar a descrición da imaxe? Un saúdo. --Xas (conversa) 18:16, 27 de maio de 2011 (UTC)

Ola de novo, Adrián, non sei se non farías moi ben os arranxos, porque temos dúas imaxes que corresponden á mesma igrexa: Ficheiro:Igrexa Borbén.jpg e Ficheiro:Igrexa de Santa María de Pazos, Pazos de Borbén.jpg colocadas en dúas parroquias distintas: Borbén, Pazos de Borbén e Pazos, Pazos de Borbén. E por outra banda, a imaxe que ti renomeaches como Ficheiro:Igrexa Paredes.jpg non se corresponde con estas colgadas en flickr: [6] [7]. Podes comprobalo de novo? Grazas. --Xas (conversa) 22:54, 27 de maio de 2011 (UTC)

Fernando Rodríguez Méndez[editar a fonte]

Meu caro: Non hai nada na AELG, porque non é socio. Na páxina de Sotelo Blanco figura o seguinte: [8]. Polo que vexo, non aporta nada sustancial respecto do que xa colocaches. Saúdos, igualmente! Ramiro Torres 15:35, 30 de maio de 2011 (UTC)

Paz Andrade[editar a fonte]

Boas Estevo. Acabo de ve-lo enlace do Diario de Pontevedra e xa puxeron a fonte, aínda que puxeron Wikipedia en lugar de Galipedia. Pero bueno, grazas por estar ó loro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Se cadra é boa idea que lle fagas un modelo aos libros do Calvino para o meter nos artigos correspondentes, ou? --Atobar (conversa comigo) 10:43, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Ribas de Miño[editar a fonte]

Non coñezo Santo Estebo nin nada daquela zona. Píllame un pouco lonxe e nunca tiven ocasión de ir alá. Buscarei material para ese artigo que propós, pero será a semana que vén. Cóidate. Pedro --Lameiro (conversa) 22:27, 16 de xuño de 2011 (UTC)

Pois nin me decatara de que llo pediras a Alberte! En calquera caso, como vin que leva uns días argallando nos interwikis e comprobei que se podía pechar a votación fíxeno decontado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:50, 21 de xuño de 2011 (UTC)

Estevo, faslle ti a wikificación (retirar ligazóns externas do corpo do texto) ao artigo Canción do verán? Se ademais te animas a galeguizalo e meterlle as cancións galegas daquel concurso de Vieiros e da Radio Galega, xa fas o pleno. Que dis? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:47, 21 de xuño de 2011 (UTC)

Re: Administrador[editar a fonte]

Grazas, Adrián--. HombreDHojalata.conversa 14:32, 24 de xuño de 2011 (UTC)

grilo ceboleiro[editar a fonte]

Paréceme perfecto. Deixa grilo, pero non esquezas as redireccións, ou homónimos se cadra. Outra cousa: ¿non se quedara en non subir imaxes a Galipedia senón directamente a Commons? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:42, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Castro da Subidá[editar a fonte]

Pois podo acompañarte sen problema ningún, aínda que eu on teño bici jeje. Estou libre as mañás do mércores, xoves e venres. Un saúdo. --Beninho 20:58, 27 de xuño de 2011 (UTC)

Non podo, síntocho. Pero pono na taberna, nunca se sabe--. HombreDHojalata.conversa 16:22, 5 de xullo de 2011 (UTC)

Dareille outra volta, sempre escápase algo. Graciñas polo aviso. --Ensada Fala ou cala 22:52, 6 de xullo de 2011 (UTC)

Por unha banda había unha páxina baleira que borrei. Asemellaba a categorización dunha imaxe de Wikimedia Commons borrada.

Por outra banda parece que hai discusión sobre o nome da localización da fotografía. A imaxe está aloxada en Wikimedia Commons así que cómpre discutilo alí, mesmo empregando o marcador {{rename}} (alí en Commons) ou o que faga falla--. HombreDHojalata.conversa 17:58, 13 de xullo de 2011 (UTC)

Continuamos, logo, o fío en commons:File talk:Perillo.Casa abandonada. Oleiros.jpg, a ver se se confirma a información e facemos as mudanzas precisas--. HombreDHojalata.conversa 18:07, 13 de xullo de 2011 (UTC)

Castro Candaz[editar a fonte]

Ola, Estevo. Estou un pouco apartado da vida secular, pero ando intentando ter unha conexión decente a la internet (o rural estache moi mal). Cando me reincorpore mirarei de facer algo con Castro Candaz. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:35, 13 de xullo de 2011 (UTC)

Re: Grupo Martín Códax[editar a fonte]

Boas Estevoaei!! O certo é que non me dera conta de que o artigo non existía, se o chego saber me aforraría un bo choio, claro que me animo a incluílo no artigo xa existente, a miña pregunta é: agora que está o marcador de fusión o podo facer? Non sei como é a mecánica da fusión de artigos. Se teño que pasar contidos de un a outro non hai ningún problema, tampouco creo que haxa moito novo no meu (non lin o outro aínda). Un saúdo, Piquitoconversa

Fusións[editar a fonte]

Boas Estevoaei, comentáchesme hai tempo pasar o contido do artigo Grupo Martín Códax a Martín Códax (grupo de música antiga). Vin que hai unha proposta de fusión e certamente non sei qué teño que facer, se pasar contidos dun a outro, se hai algún tipo de votación... nunca me vin nunha situación así, se hai que pasar contidos non teño problema en facelo, pero se me podes explicar cal é o seguinte paso agradézocho ben. Un saúdo, Piquitoconversa

Campo Lameiro[editar a fonte]

Oes..., que mañán pola mañá teño pensado ir a Campo Lameiro ó Centro de interpretación de petróglifos, rebuscar en todo o que teñan alí e facer tódalas fotos que poda (ata levo trípode e todo), non pechan ata as 20:00 ;). Si che apetece ir aínda temos tempo de estar de leria un pouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:44, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Moi ben, xa nos veremos outro día. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:29, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Artigo nº x[editar a fonte]

Adrián, onde se pode ver cal é o artigo número x?!--. HombreDHojalata.conversa 22:25, 10 de agosto de 2011 (UTC)

Grazas, penso que inda é cedo para pedir o status. Déixame facer, sen bandeira, algunha proba máis --. HombreDHojalata.conversa 08:01, 15 de agosto de 2011 (UTC)

Feito! Feito! Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación--. HombreDHojalata.conversa 10:54, 16 de agosto de 2011 (UTC)

Galencontro na cidade da Cultura[editar a fonte]

Boas, acabo de actualizar a miña dispoñibilidade na conversa da taberna, ó final vou estar libre o 3º sábado de setembro. Había que tentar preparar o da Cidade da Cultura, eu aínda non fun :). ¿Sabes con quén se pode falar?, ¿que tiñas pensado montar?. O tempo está xusto pero si nos poñemos a elo facémolo!, :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:23, 27 de agosto de 2011 (UTC)

Fixen o que puiden. Non hai moitos datos sobre el na rede. Haber se o completo máis adiante. Saúdos. --Xas (conversa) 17:36, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Fotografías[editar a fonte]

Boas Estevo. Tes un correo que contestarme, sobre un par de fotos dunha Xornada memorable. Es o único que me falta. Veña, ho. Pedro --Lameiro (conversa) 18:22, 20 de setembro de 2011 (UTC)

O'Marisquiño[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Preguntábame se terías as gañas de facer un artiguiño sobre O'Marisquiño, o festival de skate, bmx etc. que se fai en Vigo, más que nada para que poida subir unhas fotos que saquei este verán. Así subireinas a Commons e votarei máis a conciencia na votación aberta nestes intres. Se non podes non te preocupes, cando remate os exames tentareino eu. Saúdos! --Alberte Si, dígame? 18:15, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Votacións[editar a fonte]

Non hai problema, descoñecía as condicións. Agardarei ata o 26 logo!

Grazas pola información. Saúdos--Xosé Antonio 19:58, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Sobre as votacións[editar a fonte]

Gracias polo aviso. Xa vira o voto riscado na páxina da votación coa explicación do motivo. Non teño moito costume de participar nos "asuntos internos" da Wiki e sequera sei como ver cantas colaboracións levo.

Aproveito para felicitarte polas tuas fotos en Panoramio (supoño que seras o mesmo Estevoaei que aló). Ainda que non son moitas crúzome con elas moitas das veces que exploro no Google Earth.

Saudos e gracias de novo.

--Edoarado 20:10, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Quen pode votar?[editar a fonte]

Adrian, as condición para poder votar teñen que darse, loxicamente, antes do inicio da votación, non poden acadarse durante o transcurso dela.

Máis info en WP:VO--. HombreDHojalata.conversa 20:20, 21 de setembro de 2011 (UTC)

Dereitos de imaxes[editar a fonte]

Ola, pregúntanme se as imaxes da Wikipedia poden ser utilizadas para ilustrar libros de texto de editoriais con fins comerciais. Grazas e saúdos.--Aprofa (Dime algo aquí) 22:17, 15 de outubro de 2011 (UTC)

Encargando fotos[editar a fonte]

Adrian, precisabamos dunhas fotiños dunha rúa que hai detrás do estadio de Pasarón (WP PDLG#Imaxes requiridas). Sen presa ningunha. Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 22:03, 16 de outubro de 2011 (UTC)

Re:votacións e comentarios[editar a fonte]

Tes razón que eses comentarios soan feos pero sei que os fas por ben así que non hai problema :).

Eu puxen os comentarios na votación porque ata o outro día que Elvira comezou a conversa da votación ninguén puxera nada nesa páxina..., e ademais foi un comentario no apartado de Comentarios! ;). Sobre o de pedir a reconsideración do voto penso que non é tan malo, coñezo bastante ben ós que traballan no proxecto e estou de acordo contigo en que son xente ben responsable, pero penso que nunca está de máis que todos nos paremos de cando en vez e reconsideremos as nosas posturas (tanto os que as manteñen dende fai tempo coma os que as adquiriron fai pouco) porque segundo dixo o filósofo: Rectificar é de sabios.

Sobre a miña ortografía..., tódolos días me esforzo por mellorala, e ben choio que me da, pero vou pouco a pouco. O de instalar programiñas non vai comigo porque logo para quitalos hai veces que tes que tirar con todo e iso non me gusta nada. Normalmente uso un corrector externo pero ás veces esquézome e pasa o que pasa..., xa corrixín ese comentario, grazas polo aviso :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:23, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Grazas. Bo traballo. --. HombreDHojalata.conversa 10:07, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Sinaturas[editar a fonte]

Estiven vendo o tema.

En Wikimedia Commons teñen un modelo de licenza, unha categoría chea de exemplos e, o máis importante, unha páxina moi aclaratoria.

Mesmo no es:Wikiproyecto:Ilustración/Taller gráfico adícanse a vectorizalas, e parece que está moi de moda. --. HombreDHojalata.conversa 16:50, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Eduardo Cea Naharro[editar a fonte]

Hola Estevoaei, fixen una modificación da entrada de Eduardo de Cea Naharro, deputado e senador, teño moita máis información ao respecto desta entrada, xa que levo investigando a súa traxectoria dende fai tres anos e a dos seus fillos, que irei actualizando.

Un saudo.

"Lizdecea"

Indianapolis / Indianápolis[editar a fonte]

Pois non che sei. Eu cando editaba en galego utilizaba o que daquela era o documento que na Galipedia se escollera como referencia toponímica: a páxina de topónimos de Galego en liña da Universidade de Vigo. Agora vexo que a ligazón xa non funciona, pero pódese ver en web archive, e ahí Indianápolis o poñen con acento, pero non sei se che servirá, porque non sei o que se utiliza agora na Galipedia como fonte para os topónimos estranxeiros. Unha aperta, Furado 16:52, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Fábrica de *salazón[editar a fonte]

Boas, Estevo. Toma nota de que o castelán salazón, en galego é salga ou salgadura. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:41, 5 de novembro de 2011 (UTC)

1991: The Year Punk Broke[editar a fonte]

De principio metino nas categorías de grunge e rock alternativo. Talvez se podería crear unha categoría de videos relacionados coa música (non sei como bautizala), así que lle botarei un ollo a cantos artigos temos que puidesen incluírse. Un saúdo. --Beninho 10:16, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Categorías e imaxes de sinaturas[editar a fonte]

Con respecto ás categorías. As iremos creando segundo a capacidade de traballo, entidade do persoeiro, cantidade de contidos e necesidades de clasificación da información na Galipedia. Temos unha Categoría:Castelao e a inmensa maioría dos demais persoeiros da lingua ou da política non teñen categoría propia. Non pasa nada. Xa iremos desenrolando segundo o sentido común. Ten en conta tamén que o contido das categorías de imaxes, resulta, as veces, algo heteroxéneo, por iso temos o recurso das galerías de imaxes, para poder presentalas ordenadamente, poñerlles un pé de foto aclaratorio ...

En relación as imaxes de sinaturas, paréceme moi acertada a túa reflexión.

Graciñas por todo e un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 08:38, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Gómez Pérez das Mariñas[editar a fonte]

Ola Estevo. Penso que é unha boa idea a de facer a páxina de homónimos. Ademais dos tres Gómez Pérez das Mariñas, eu poñería tamén a Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira. Encargáste ti do asunto? Grazas polas túas palabras, non se merecen. Saúdos,--Xosé Antonio 20:44, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Non sae a imaxe da semana da portada[editar a fonte]

Boas, non sae a imaxe da semana na portada, ¿podes votarlle un ollo?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:33, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Grazas!, polas dúas cousas. En que andaría pensando o meu inconsciente? ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:50, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Retrato de Xabier P. Docampo[editar a fonte]

Hola: te escribo porque he subido a Commons el retrato que has realizado del escritor, con licencia CC 3.0, que me parece que es la homóloga a la que utilizaste. Por favor, si me he equivocado, hacémelo saber. ¡Saludos! Ferbr1 19:27, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Ya he visto tu edición, muchas gracias. ¡Saludos! Ferbr1 23:02, 22 de novembro de 2011 (UTC)

Creación de artigo[editar a fonte]

Non te animas a facer Culturgal? --Atobar (conversa comigo) 13:42, 29 de novembro de 2011 (UTC)

RE: Modelo:Libro[editar a fonte]

Eu véxoo centrado ao retirar o código <center>, tanto co Firefox coma no Chrome. Compróbao de novo e cóntame. O título en cursiva, heino ver, sen fedellar nada véxoo doado... o único problema que podo albiscar é que a dobre cursiva cree 'textos con este formato' (o formato anterior é intencionado). Poñendo o bot a funcionar soluciónase, coido. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:54, 30 de novembro de 2011 (UTC)

Esqueceu totalmente [9], menos mal que te teño aí. Prometo pór máis atención; éche falta de rutina cos defaultsort e as categorías nados en. --Atobar (conversa comigo) 17:25, 30 de novembro de 2011 (UTC)

Eu digo o mesmo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:29, 30 de novembro de 2011 (UTC)

Os dous de sempre[editar a fonte]

Boas, Estevo. Toma nota de que o Pedriño é o preguizoso e comellán (o prota), mentres que o Rañolas é o eivado, pícaro e reloxeiro en Francia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:27, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Boas Estevoaei, ultimamente estiveches arreglando articulos que creei recentemente, e a verdade é que non me acostumbro ó formato que tedes por aqui. A ver se me adapto pronto, saudos --Jorjum 16:10, 15 de decembro de 2011 (UTC)

Hola, por qué o borrado de Victor Senra?? --Jorjum 12:53, 16 de decembro de 2011 (UTC)
Pero precisamente as redireccions son para que leven ao artigo correcto, asi mesmo se evita que alguen cree o artigo de maneira incorrecta. Saudos --Jorjum 13:20, 16 de decembro de 2011 (UTC)
Non o tomo a mal, simplemente vexo que cada wiki ten unha maneira de facer as cousas. Tereime que acostumar, saudos --Jorjum 15:01, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Efectivamente boa falta lle fai modificar este artigo. Nin me lembraba de telo creado nin sei por qué tal cousa fixen, porque eu de remo non che teño máis idea que a de que os remeiros van en barco. A verdade é que non sabería nin por onde empezar a mellorar o texto (a non ser que traduza directamente doutra páxina). De non haber ninguén que o faga, case optaría por borralo, precisamente para incitar a alguén que saiba do tema a encher a ligazón vermella. Saúdos --Servando2 (Dime) 12:36, 19 de decembro de 2011 (UTC)

Bo Nadal !![editar a fonte]

Espero que disfrutes destas fermosas e entrañables festas, e deséxoche o mellor para o ano entrante. Unha forte aperta e... Bo Nadal!! Furado 14:03, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Localización en Pontevedra[editar a fonte]

Boas Estevo. Resulta que Elisardo anda recompilando estatuas de Ramón Conde, e esta mañán fíxenlle unha foto a unha que ten cerca da estación de autobuses. Elisardo necesita a rúa para saber as coordenadas, así que fai o favor de contestarlle, que eu non teño nin idea do nome desa r´´ua. Os datos da estatua -para que te sitúes- podes lelos na conversa de Elisardo, nun post que lle acabo de poñer. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 00:16, 22 de decembro de 2011 (UTC)

Ok, bo traballo!

Agora estou traballando no tema do atentado de Vigo.

Igual era mellor retirar a imaxe do escudo de Palacios, que ten unha relación anecdótica, para poder meter outras cousas (a foto da casa natal, outro anaco doutro poema, ...)--. HombreDHojalata.conversa 11:10, 22 de decembro de 2011 (UTC)

grazas polas indicacións.[editar a fonte]

Ola. si as duas fotos son miñas, esquecinme por completo de que xa tiña usuario nesta wiki,perdóns.Respecxto ó de colocar detalles das fotos(día d subida,lugar...)non os coloco debido a que estou sempre en cibers e o tempo se me escapa d etanto que quero facer en dez minutos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Titvs (conversacontribucións)

Pía megalítica[editar a fonte]

Boas Estevo. Retirei a descrición de "Pía megalítica" na foto da pía nun penedo porque iso é un efecto da erosión sobre o granito, algo moi común en toda Galicia. Non ten nada de obra humana e, se reles o artigo Pía megalítica insistimos na súa forma cuadrangular. Outro carácter que indica intervención da man humana sería a súa presenza nun entorno culturizado (castro, mámoa ou elementos similares). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:11, 23 de decembro de 2011 (UTC)

Escudería / escudaría / escuadra / equipo[editar a fonte]

Pois a verdade é que xa no seu día o falara con Xoán Carlos Fraga e como el ben dixo, nin escudería nin escudaría saen no VOLGA, co que non sei ben que facer. --. HombreDHojalata.conversa 22:25, 30 de decembro de 2011 (UTC)

Hospital Xeral[editar a fonte]

¡Acabo de quedar pasmado con que se poidan por as coordenadas! Mírase que xa vou vello, pero intentarei facelo, a ver como queda.

Pero necesito axuda con outra cousa. Este artigo forma parte dun máis principal, Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, neste artigo puxen a ligazón coa páxina web oficial, funciona correctamente pero, o que aparece no artigo é un [|], non sei se é porque o enderezo non empeza por www. pero non conseguín arranxalo.

En canto ao dos salmos, xa o arranxo en canto me recupere das festas. --Angeldomcer 12:42, 31 de decembro de 2011 (UTC)