Colombo (serie de televisión)
Colombo | |
---|---|
Peter Falk, o protagonista de Colombo | |
Formato | Serie policial |
Creado por | Richard Levinson e William Link |
Intérpretes | Peter Falk |
País de orixe | Estados Unidos |
Temporadas | 10 |
Episodios | 69 |
Produción | |
Duración | 30 x 73 minutos 39 x 98 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | Cine |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Colombo (en inglés: Columbo) é unha serie de televisión estadounidense creada polos guionistas e produtores Richard Levinson e William Link. Titulada orixinalmente Columbo, en Estados Unidos emitiuse en sete temporadas entre 1971 e 1978, e como telefilmes entre 1989 e 2003. En Galicia emítese dobrada en lingua galega pola TVG. Na serie Peter Falk interpreta o papel do tenente Colombo, un detective de homicidios do Departamento de Policía dos Ánxeles.
A serie está estruturada en capítulos independentes nos que a trama se resolve no mesmo capítulo. O tenente Colombo é un insistente policía da brigada criminal dos Ánxeles, caracterizado cunha vella gabardina, o cigarro permanentemente nos beizos ou nas mans, que guía un coche europeo (Peugeot 403) cheo de aboladuras, afeccionado a comer chili con carne. Ás veces aparece acompañado do seu can (un basset hound) e está casado cunha muller á que habitualmente cita nas súas conversas pero á que nunca chega a verse en pantalla.
Ao contrario que nas series policiais nas que a tarefa do detective é descubrir o autor dun crime, o desenvolvemento de cada episodio de Colombo segue o camiño contrario. O punto de partida é un crime do que os espectadores adoitan coñecer o autor, a continuación o enxeño, a persistencia e minuciosidade na investigación de Colombo levan a tecer unha rede que atrapa ao asasino no clímax final.
Colombo componse de 69 entregas, das cales Steven Spielberg dirixiu a primeira da primeira tempada Asasinato polo libro (Murder by the Book), Steven Bochco escribiu o guión deste episodio emitido na NBC o 15 de setembro de 1971.
Estrelas invitadas
[editar | editar a fonte]Numerosos actores famosos encarnaron o asasino:
- Jack Cassidy (como Ken Franklin en Asasinato polo libro (Murder by the Book), 1971; como Riley Greenleaf en Publish or Perish, 1974; como o Gran Santini en Now You See Him..., 1976),
- Robert Culp (tres aparicións no papel de asasino: como Brimmer en Death Lends a Hand, 1971; como Paul Hanlon en The Most Crucial Game, 1972; como Bart Keppel en Double Exposure, 1973; tamén aparece en Columbo Goes to College, 1990),
- Eddie Albert (como o xeneral Martin Holliste en Dead Weight, 1971),
- Ross Martin (como Dale Kingston en Suitable for Framing, 1971),
- Susan Clark (como Beth Chadwick en Lady in Waiting, 1971),
- Roddy McDowall (como Roger Stanford en Short Fuse, 1972),
- Patrick O'Neal (como Elliot Markam en Blueprint for Murder, 1972),
- John Cassavetes (como Alex Benedict no episodio Étude in Black, 1972),
- Ray Milland (como asasino interpreta a Jarvis Goodland en The Greenhouse Jungle, 1972; no personaxe de Arthur Kennicut, marido da muller asasinada en Death Lends a Hand, 1971),
- Leonard Nimoy (como Dr. Barry Mayfield en A Stitch in Crime, 1973),
- Martin Landau (interpreta os irmáns xemelgos Dexter e Norman Paris en Double Shock, 1973),
- Vera Miles (como Viveca Scott en Lovely But Lethal, 1973),
- Donald Pleasence (como Adrian Carsinien en Any Old Port in a Storm, 1973),
- José Ferrer (como o Dr. Marshall Cahill en Mind Over Mayhem, 1974),
- Dick Van Dyke (como Paul Galesko en Negative Reaction, 1974),
- Patrick McGoohan (catro aparicións: como o coronel Lyle C. Rumford en By Dawn's Early Light, 1974; como Nelson Brenner en Identity Crisis, 1975; como Oscar Finch en Agenda for Murder, 1990; como Eric Prince en Ashes to Ashes, 1998),
- Robert Vaughn (como Hayden Danziger en Troubled Waters, 1975; tamén como Charles Clay no papel de vítima nun episodio que se sae do esquema habitual de Colombo Last Salute to the Commodore, 1976),
- Oskar Werner (como Harold Van Wick en Playback, 1975),
- Janet Leigh (como Grace Wheeler en Forgotten Lady, 1975),
- William Shatner (como Ward Fowler en Fade in to Murder, 1976; como Fielding Chase en Butterfly in Shades of Grey, 1994),
- Ruth Gordon (como Abigail Mitchell en Try and Catch Me, 1977),
- Faye Dunaway (como Lauren Staton en It's All in the Game, 1993),
- Richard Basehart, Anne Baxter, Laurence Harvey, Jackie Cooper, Johnny Cash, Richard Kiley, Robert Conrad, George Hamilton, Hector Elizondo, Ed Begley Jr., Tyne Daly, George Wendt, Louis Jourdan, Fisher Stevens, Rip Torn, Billy Connolly, Ian Buchanan e Theodore Bikel.
- A propia muller de Peter Falk, Shera Danese, apareceu en seis episodios de Colombo (Fade in to Murder, 1976; Murder Under Glass, 1978; Murder: A Self Portrait, 1989; Columbo and the Murder of a Rock Star, 1991; A Trace of Murder - 25th Anniversary Movie, 1997) .
Dobraxe ao galego
[editar | editar a fonte]Na versión galega Tacho González pon voz ao tenente Colombo. En Peso morto Miguel Varela dobra a Eddie Albert. Alfonso Valiño é a voz de Leslie Nielsen.
Episodios
[editar | editar a fonte]Telefilme (1968)
[editar | editar a fonte]- Prescripción asasinato (Prescription: Murder). Director: Richard Irving, guión: Richard Levinson e William Link.
Primeira época da serie
[editar | editar a fonte]Piloto (1971)
[editar | editar a fonte]- Rescate por un morto (Ransom for a Dead Man)
Primeira temporada (1971-1972, 7 episodios)
[editar | editar a fonte]- Asasinato polo libro (Murder by the Book). Director: Steven Spielberg, Guión: Steven Bochco
- A morte bota unha man (Death Lends a Hand)
- Peso morto (Dead Weight)
- Listo para enmarcar (Suitable for Framing)
- Muller á espera (Lady in Waiting)
- Malas pulgas (Short Fuse)
- (Blueprint for Murder). Director: Peter Falk
Segunda temporada (1972-1973, 8 episodios)
[editar | editar a fonte]- Estudo en negro (Étude in Black)
- A selva invernadoiro (The Greenhouse Jungle)
- O partido máis crucial (The Most Crucial Game). Director: Jeremy Kagan
- Teatro mortal (Dagger of the Mind). Director: Richard Quine
- Requiem por unha estrela caída (Requiem for a Falling Star). Director: Richard Quine
- Unha puntada a tempo (A Stitch in Crime)
- A partida máis perigosa (The Most Dangerous Match)
- Choque dobre (Double Shock)
Terceira temporada (1973-1974, 8 episodios)
[editar | editar a fonte]- Fermosa pero letal (Lovely but Lethal)
- En tempo de fame non hai pan duro (Any Old Port in a Storm)
- Candidato do crime (Candidate for Crime)
- Descubrimento dobre (Double Exposure). Director: Richard Quine, Guión: Stephen J. Cannell
- Publica ou morre (Publish or Perish)
- Vontade ante o caos (Mind over Mayhem)
- O canto do cisne (Swan Song)
- Un verdadeiro amigo (A Friend in Deed). Director: Ben Gazzara, Guión: Peter S. Fischer
Cuarta temporada (1974-1975, 6 episodios)
[editar | editar a fonte]- Un exercicio de fatalidade (An Exercise in Fatality)
- Reacción negativa (Negative Reaction)
- A luz do amencer (By Dawn´s Early Light)
- Augas turbulentas (Troubled Waters)
- Playback (Playback)
- Un estado mental lamentable (A Deadly State of Mind)
Quinta temporada (1975-1976, 6 episodios)
[editar | editar a fonte]- Dama esquecida (Forgotten Lady)
- Un caso de inmunidade (A Case of Immunity)
- Crise de didentidade (Identity Crisis)
- Unha cuestión de honor (A Matter of Honor)
- Agora velo... (Now You See Him...)
- Derradeiro saúdo ó comodoro (Last Salute to the Commodore)
Sexta temporada (1976-1977, 3 episodios)
[editar | editar a fonte]- Fundido a asasinato (Fade in to Murder)
- Asasinato á antiga (Old Fashioned Murder)
- O asasinato do gran coeficiente intelectual (The Bye-Bye Sky High I.Q. Murder Case)
Sétima temporada (1977-1978, 5 episodios)
[editar | editar a fonte]- Atrápame (Try and Catch Me)
- Asasinato en botella (Murder Under Glass). Director: Jonathan Demme
- Fágame un asasinato perfecto (Make Me a Perfect Murder)
- A chamada da morte (How to Dial a Murder)
- Os conspiradores (The Conspirators)
Segunda época da serie
[editar | editar a fonte]Telefilmes
[editar | editar a fonte]1989, 5 episodios
[editar | editar a fonte]- Colombo pasa pola guillotina (Columbo Goes to the Guillotine)
- Asasinato, fume e sombras (Murder, Smoke, and Shadows)
- Sexo e o detective casado (Sex and the Married Detective)
- Grandes decepcións (Grand Deceptions)
- Autorretrato dun asasinato (Murder: A Self Portrait)
1990, 6 episodios
[editar | editar a fonte]- Colombo e o conto do lobo (Columbo Cries Wolf)
- A axenda do asasinato (Agenda for Murder)
- Descanse en paz, Sra. Colombo (Rest in Peace, Mrs. Columbo)
- Unha coroa inestable (Uneasy Lies the Crown)
- Asasinato en Malibú (Murder in Malibu)
- Colombo vai á universidade (Columbo Goes to College)
1991-1992, 5 episodios
[editar | editar a fonte]- Caution: Murder Can Be Hazardous to Your Health
- Columbo and the Murder of a Rock Star
- Death Hits the Jackpot
- No Time to Die
- A Bird in the Hand...
1993–1994, 3 episodios
[editar | editar a fonte]- It's All in the Game
- Butterfly in Shades of Grey
- Undercover
Especiais de TV (1995–2003, 5 episodios)
[editar | editar a fonte]- Strange Bedfellows
- A Trace of Murder - 25th Anniversary Movie
- Ashes to Ashes
- Murder With Too Many Notes
- Columbo Likes the Nightlife
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colombo |