Ruth Gordon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruth Gordon
Ruth Gordon 1919.jpg
Gordon en 1919.
Nome completo Ruth Gordon Jones
Nacemento 30 de outubro de 1896
Lugar Quincy, Massachusetts
Falecemento 28 de agosto de 1985 (88 anos)
Lugar Edgartown, Massachusetts
Causa Ictus
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Parella(s) Jed Harris
Cónxuxe(s) Gregory Kelly (1921–1927)
Garson Kanin (1942–1985)
Profesión Actriz, guionista

Ruth Gordon Jones, nada en Quincy, Massachusetts o 30 de outubro de 1896 e finada en Edgartown, Massachusetts o 28 de agosto de 1985 foi unha actriz e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Decidiuse polo mundo da interpretación no instituto, tras recibir unha carta da actriz Hazel Dawn, á que escribira pedíndolle un autógrafo. A pesar de que o seu pai consideraba difícil triunfar nesa profesión levouna a Nova York en 1914 onde a inscribiu na American Academy of Dramatic Arts.

O ano seguinte, ademais de aparecer como extra nalgúns filmes, debutou en Broadway interpretando un dos “nenos perdido” en Peter Pan, or The Boy Who Wouldn't Grow Up, obtendo boas críticas.

A principios da década de 1930 foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer, pero non apareceu en ningún filme da compañía ata Two-Faced Woman, de 1941. Mentres, xa aparecera en filmes doutros estudios.

En 1942 casou co escritor Garson Kanin, dezaseis anos menor ca ela, co que colaboraría en guións como os de Adam's Rib, de George Cukor, e The Actress, no que adaptarían a obra teatral autobiográfica de Gordon.

Tamén seguiu actuando no teatro e no cinema, e en 1968 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por Rosemary's Baby.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Actriz[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1940 Dr. Ehrlich's Magic Bullet
Abe Lincoln in Illinois
1941 Two-Faced Woman
1943 Action in the North Atlantic
Edge of Darkness
1965 Inside Daisy Clover
1966 Lord Love a Duck
1968 Rosemary's Baby
1969 What Ever Happened to Aunt Alice?
1970 Where's Poppa?
1971 Harold and Maude
1976 The Big Bus
1978 Every Which Way but Loose
1979 Caza de rapiñeiros
Boardwalk
1980 Any Which Way You Can
My Bodyguard
1982 Jimmy the Kid
1985 Voyage of the Rock Aliens
Mugsy's Girls
Maxie
1987 The Trouble with Spies

Guionista[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1947 A Double Life
1949 Adam's Rib
1952 Pat and Mike
The Marrying Kind
1953 The Actress
1967 Rosie!
1980 Hardhat and Legs

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]