Dick Van Dyke
Dick Van Dyke | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Richard Wayne Van Dyke |
Nacemento | 13 de decembro de 1925 |
Lugar de nacemento | West Plains |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Danville High School |
Ocupación | cantante, produtor de cinema, escritor, bailarín, actor de dobraxe, músico, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, guionista, humorista e produtor de televisión |
Pai | Loren Wayne Van Dyke |
Nai | Hazel Vorice McCord |
Cónxuxe | Margie Willett |
Fillos | Barry Van Dyke e Carey Van Dyke |
Irmáns | Jerry Van Dyke |
Premios | Tony Award de Melhor Ator Coadjuvante em Musical, Daytime Emmy Awards, Theatre World Award, Prémio Screen Actors Guild Life Achievement Award, Disney Legends, The Life Career Award, TCA Career Achievement Award, American Comedy Awards, People's Choice Awards, premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia, premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia, Grammy Award for Best Children's Music Album, Army Good Conduct Medal, premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia e star on Hollywood Walk of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Wayne "Dick" Van Dyke, nado en West Plains, Missouri, o 13 de decembro de 1925, é un actor de cinema e televisión estadounidense. É recordado polas súas actuacións nos filmes Mary Poppins e Chitty Chitty Bang Bang, e nos programas de televisión The Dick Van Dyke Show (na década de 1960) e Diagnosis: Murder (na década de 1990).[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en West Plains (Missouri)[3] Dick Van Dyke creceu en Danville (Illinois). Os seus pais foron o vendedor Loren Wayne Van Dyke (1902-1975) e a estenógrafa Hazel Vorice (de solteira, Hazel McCord) (1896-1992).[4][5][6] Era o irmán máis vello do actor Jerry Van Dyke (1931–2018), coñecido polo seu papel na serie Coach. A familia descende de John Alden, pasaxeiro do Mayflower.[7]
A partir de 1931 foi á escola primaria en Danville. Os Van Dyke mudáronse a Crawfordsville, Indiana, durante dous anos e cando regresaron foi á escola secundaria Danville. Entre os seus compañeiros estaban Donald O'Connor e Bobby Short, que tamén tiveron carreiras de éxito como artistas,[8] e un dos seus amigos íntimos era primo de Gene Hackman, que tamén vivía en Danville neses anos.[8] Cando era neno, animouse a entrar no mundo do espectáculo vendo os filmes de Laurel e Hardy.
Comezou a actuar na radio e apareceu tamén en televisións locais.[9] Lanzouse, entón, a comedias musicais grazas ás cales logrou o éxito en Broadway, incluíndo un Tony en 1961.[10] A principios dos anos 60, rodou o seu primeiro filme, Bye Bye Birdie, xunto a Janet Leigh e Ann-Margret. Despois deste éxito, protagonizou Mary Poppins da Disney.
Foi entón cando creou a súa propia serie de televisión, a comedia de situación The Dick Van Dyke Show.[11] Gañou o premio Emmy en tres ocasións entre 1963 e 1965.[12] En 1977, recibiu un cuarto Emmy por Van Dyke and Company. Tamén apareceu en varios filmes e series de televisión, como Colombo, Matlock e The Roads of Paradise.
Un día, fixo unha aparición en The Law is the Law no papel dun médico, o doutor Mark Sloan, acusado inxustamente de asasinato. Desta personaxe naceu a serie Diagnosis: Murder, en que interpretou dito doutor. Durou oito temporadas ata 2002, cando decidiu rematala.
A partir de entón, Van Dyke fíxose menos presente, a pesar de aparecer en Night at the Museum (2006).[13] En 2018, interpretou a Mr. Dawes Jr. en Mary Poppins Returns. Previamente interpretara a Mr. Dawes, Sr. (pai de Mr. Dawes, Jr.) no filme orixinal.[14]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
En 1948 casou con Margerie Willet[11] coa que tivo 4 fillos: Christian, Barry, Stacy e Carrie.[15] Divorciáronse en 1984.
Van Dyke viviu coa súa parella Michelle Triola Marvin durante máis de trinta anos, ata a morte dela en 2009.[16][17] Con 86 anos volveu casar o 29 de febreiro de 2012 cunha maquilladora de 40 anos, Arlène Silver.[18]
O seu fillo Barry Van Dyke tamén foi coñecido na pequena pantalla por interpretar o papel de Saint-John Hawke na serie Supercopter e de Dillon "Boxey" na serie Galactica 1980 .
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Bye Bye Birdie (1963)
- What a Way to Go!! (1964)
- Mary Poppins (1964)
- The Art of Love (1965)
- Lt. Robin Crusoe, U.S.N. (1966)
- Divorce American Style (1967)
- Fitzwilly (1967)
- Never a Dull Moment (1968)
- Chitty Chitty Bang Bang (1968)
- Some Kind of a Nut (1969)
- The Comic (1969)
- Cold Turkey (1971)
- Tubby the Tuba (1976, voz)
- The Runner Stumbles (1979)
- Dick Tracy (1990)
- Batman: New Times (2005, voz)
- Curious George (2006, voz)
- Night at the Museum (2006)
- Broadway: Beyond the Golden Age (2007, documental)
- Night at the Museum: Secret of the Tomb (2014)
- Alexander and the Terrible, Horrible, No Good, Very Bad Day (2014)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The New York Times (ed.). "Biografía de Dick Van Dyke".
- ↑ The New York Times (ed.). "Dick Van Dyke, premios".
- ↑ "Van Dyke, Dick: U.S. Actor". Museum of Broadcast Communications. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2014.
- ↑ "The Van Dyke – Smith Research – Person Page". Vandyke-smith-family.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2016.
- ↑ "The Family Forest Descendants of Lady Joan Beaufort". Books.google.com. p. 4519. Consultado o 24 de setembro de 2016.[Ligazón morta]
- ↑ "Van Dyke recalls learning shocking secret". Today.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2014.
- ↑ "Mayflower group not easy to get into". The Post and Courier. 23 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014.
- ↑ 8,0 8,1 Van Dyke, Dick. My Lucky Life In and Out of Show Business. New York: Crown Archetype.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 4 de xuño de 2010.
- ↑ "Masterworks Broadway/Dick Van Dyke". Sony Music Entertainment. 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2011. Consultado o 30 de abril de 2011.
- ↑ 11,0 11,1 King, Susan (6 de decembro de 2010). "A Step In Time With Dick Van Dyke". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2010. Consultado o 30 de abril de 2011.
- ↑ "The Museum of Broadcast Communications – Encyclopedia of Television". Museum.tv. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2016.
- ↑ "Night At The Museum: Battle of the Smithsonian (2009)". Baseline. 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Retire? F- That". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- ↑ Keveney, Bill (27 de abril de 2011). "Dick Van Dyke dances through life". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2014.
- ↑ O'Connor, Anahad (30 de outubro de 2009). "Michelle Triola Marvin, of Landmark Palimony Suit, Dies at 76". The New York Times.
- ↑ "Palimony figure Michelle Triola Marvin Dies". The Globe and Mail. 26 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2009. Consultado o 22 de maio de 2010.
- ↑ "Dick Van Dyke, 86, Marries 40-Year-Old Makeup Artist". Article and video interview with Van Dyke and Silver, RumorFix.com. 9 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dick Van Dyke ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio de fans de Dick Van DykeArquivado 06 de outubro de 2015 en Wayback Machine.
- Perfil de Disney Legends
- "Dick Van Dyke in Danville, Ill and Crawfordsville, Ind." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de novembro de 2006. Consultado o 4 de abril de 2017.
- Dick Van Dyke talks about his career for the Archive of American Television Arts and Sciences (requires Flash)
- Nados en Missouri
- Nados en 1925
- Cantantes de Missouri
- Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Actores de Missouri
- Estadounidenses de ascendencia escocesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Paseo da Fama de Hollywood