Saltar ao contido

Canto de cego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perfecto Feijoo en 1919, vestido como se fose un cego ambulante de finais do XIX.

Os cantos e romances de cego son cancións interpretados por unha persoa ‑muller ou home, cego ou non‑ que cantaba cun marcado acento gutural ou nasal e que, normalmente, posuía unha postura característica coa cabeza deitada para un lado[1].

Características

[editar | editar a fonte]

Os instrumentos típicos destes cantos son o violín ou a zanfona, e ás veces levaban acompañantes (en ocasións levando estes percusión) e así xuntos ían ás festas e romarías, lugares de encontro da nosa xeografía co soporte inconfundible das súas historias e sucesos, mesmos crimes, moi popular sobre todo cando noutrora non existían os medios de comunicación de masas.

Os temas destes cantos son moi variados: crimes de paixóns, agresións á orde habitual, relatos da vida de sentenciados, de acontecementos notorios, incestos, amores e aventuras, de presos, de milagres e de santos milagreiros, de contos e rumores, de curas e criadas, de bandidos, de homes e mulleres valentes, relacións fantásticas, historias locais cheas de realismo que caricaturizaban os personaxes célebres...

Cronistas

[editar | editar a fonte]

No século XIX os medios de comunicación eran moi minoritarios e os cegos eran, dalgunha maneira, os cronistas que traían novas ás aldeas e poboacións. As persoas invidentes levaban un ou varios cartelóns grandes, chamados maltrañas, que representaban imaxes do relato que ía cantando o intérprete. No cartelón, o “moinante" (rapaz ou persoa que levaba a maltraña e guiaba ao cego) ía sinalando co punteiro o debuxo do texto que relataba o cantor e o texto escrito correspondente que acostumaba estar na parte inferior do debuxo.

  1. "Páxina O canto do pobo". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2010. Consultado o 07 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Castro, Castor (inverno de 2010-11). "A música tradicional na Limia Alta: romances e cegos músicos". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Xinzo de Limia) (10): 90–129. ISBN 978-84-937158-3-0. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]