Economía de Botswana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Botswana
Moeda pula
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana, SACU
Datos estatísticos[1]
PIB 32,06 mil millóns (2012)
Posición do PIB 112ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,8% (2012)
PIB per cápita 17 100 (2012)
PIB por sector agricultura 2,1%, industria 45%, servizos 52,9%
Inflación 7,5% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.288.000 (2012)
Forza de traballo por sector N/D
Desemprego 17,8%% (2009)
Industrias diamantes, cobre, níquel, sal mariño, carbonato de sodio, potasa, procesamento de produtos animais, téxtiles
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 6 259 millóns (2012)
Produtos de exportación diamantes, cobre, níquel, carbonato de sodio, carne, téxtiles
Principais mercados AELC 87 %, outros países da SACU 7 %, Cimbabue 4 % (2009) (2012)
Importacións 7 839 millóns (2012)
Principais produtos importados alimentos, máquinas, equipamentos eléctricos, equipamentos de transporte, téxtiles, combustibles e derivados de petróleo, produtos de madeira e papel, metais e produtos de metais
Principais mercados outros países da SACU 74 %, AELC 17 %, Cimbabue 4 % (2009) (2012)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2 437 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Mina de diamantes de Jwaneng, a máis grande do mundo.

Botswana é o terceiro produtor mundial de diamantes. O país ten unha economía de libre mercado. Entre 1987 e 1997 experimentou un crecemento medio do 7,3%, sendo unha das economías con máis alta taxa de crecemento do mundo. Entre 2006 e 2008 seu PIB creceu abaixo dos 5%, e o 2009 contraeuse fortemente, cunha caída da industria de case 30%[1]. A través dunha disciplina fiscal e unha eficiente xestión, o país transformouse dun dos máis pobres do mundo nunha economía de renda mediana, cun PIB per cápita de U$ 14.100 o 2008. Dous importantes bancos de investimento clasificaron o país como un dos mellores en termos de risco de crédito en África[1].

A minería de diamante axudou a expansión económica e actualmente representa máis de 1/3 do produto interno bruto, entre o 70 e o 80% das exportacións e preto de metade das rendas do goberno[1]. A súa renda per cápita aumentou de 7.800 dólares en 1997 para case o dobro, 14 700 dólares o 2007.A grande dependencia do país dun único produto de luxo nas súas exportacións foi un factor crítico na forte retracción económica o 2009. Outros sectores de importancia son o turismo, os servizos financeiros e a gandería de subsistencia.

A pesar do desemprego ser, segundo datos oficiais, soamente o 7,5% da forza de traballo o 2007, estimativas non oficiais dan conta de case 40%[1]. Os índices de infección polo VIH están entre os máis elevados do mundo, e ameazan as impresionantes ganancias económicas do país. Tamén se espera unha retracción da produción de diamantes nas próximas dúas décadas, o que pode significar unha forte redución do crecemento en longo prazo.

O seu maior socio comercial é Suráfrica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).