Mokgweetsi Masisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mokgweetsi Masisi
Illegal Wildlife Trade Conference London 2018 (45245990491) (cropped).jpg
Nacemento21 de xullo de 1962
 Moshupa
NacionalidadeBotswana
Alma máterUniversidade do Estado da Flórida
Ocupaciónpolítico
PaiEdison Masisi
CónxuxeNeo Masisi
editar datos en Wikidata ]

Mokgweetsi Eric Keabetswe Masisi, nado en Moshupa o 21 de xullo de 1962, é un profesor e político de Botswana.[1] Dende o 1 de abril de 2018 é o 5º presidente de Botswana. Foi Vicepresidente e Ministro de Educación dende 2014. Previamente, en 2011 asumira o Ministerio de Asuntos Presidenciais e Administración pública.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Masisi, Edison Setlhomo Masisi, que morreu en 2003, foi tamén membro do parlamento por Moshupa e, segundo os informes, foi un íntimo confidente do pai do presidente Khama e o primeiro líder de Botswana, Sir Seretse Khama.[4]

Inicialmente exerceu como profesor de inglés e historia. En 1984, ensinou na Escola Secundaria Mmanaana en Moshupa, mentres tamén dirixía iniciativas de desenvolvemento comunitario.

En 1987, Masisi foi transferido a Desenvolvemento de Currículo e Avaliación e traballou como Especialista de Currículo de Estudos Sociais, onde supervisou un grupo de temas (Estudos Sociais, Música, Educación Relixiosa e Moral)

En 1989 estuda unha licenciatura na Universidade Estatal de Florida, nos Estados Unidos, especializándose en Educación de Estudos Sociais e Deseño Instruccional de Sistemas.

En 1990, o Masisi uniuse de novo ó Desenvolvemento de Currículo e supervisou Estudos Sociais e outros temas. Xogou un rol importante no desenvolvemento dun novo sistema de valoración da Proba de Criterio Establecido (PCE). Alí faise o Coordinador Nacional para Educación de Estudos Sociais e o representante de Botswana para o Programa de Estudos Sociais e Ambientais africanos (ASESP, polas súas siglas en inglés) e membro do consello para a Asociación de Educación Ambiental de África Austral (EEASA, polas súas siglas en inglés) por máis de 5 anos. Foi tamén membro de varios consellos de ONG.

Uniuse á UNICEF en 1995 como Axente de Proxecto da Educación traballando en proxectos de educación en áreas remotas. Tamén desenvolveu e puxo en funcionamento a educación para estudantes embarazadas e iniciou a política e reformas de programa para os excluídos en Botswana e os das rexións da África oriental e austral.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

En 2003, renunciou para acceder á política, participando, sen bos resultados, nas primarias do Partido Democrático de Botswana (PDB) na circunscrición de Moshupa. Malia iso, seguiu activo na política e foi elixido Secretario de Deputado do comité ramal de Moshupa. Uniuse a unha ONG de Procura Internacional e centrouse na investigación da prevención do VIH e iniciou os seus estudos para obter un PhD en epidemioloxía.

En 2008 enfrontouse de novo a primarias e esta vez gañou, converténdose no cadidato parlamentario do PDB por Moshupa, logrando un escano nas eleccións xerais de outubro de 2009.

Tamén en outubro de 2009, Masisi foi nomeado como asistente de Ministro para Asuntos Presidenciais e Administración Pública e promovido a Ministro para Asuntos Presidenciais e Administración Pública en xaneiro de 2011, onde encabezou o Programa de Erradicación da Pobreza.

En abril de 2014, asumiu o Ministerio de Educación e Desenvolvemento de Habilidades como suplente até as eleccións xerais do 24 de outubro de 2014, cando foi reelixido membro do parlamento pola rexión de Moshupa-Manyana e mantívose á fronte do ministerio.

O 12 de novembro de 2014 foi designado vicepresidente de Botswana polo presidente Ian Khama mantendo tamén o ministerio de Educación e Desenvolvemento de Habilidades.

O 5 de xullo de 2017, o Presidente Khama nomeou a Masisi Chanceler da Universidade de Botswana. O nomeamento, que estaba en consonancia coa Sección 7 da Lei da Universidade de Botswana de 2008, foi por un período de cinco anos. Seguiu á morte do ex presidente Quett Masire, que se desempeñou como Chanceler ata que morreu o 22 de xuño de 2017.

Presidente do país[editar | editar a fonte]

O 1 de abril de 2018, xurou como o quinto presidente de Botswana sucedendo a Ian Khama obrigado a deixar a presidencia despois de dous mandatos de 5 anos.[4] Masisi converteuse así no terceiro líder de Botswana fóra da dinastía Khama dende a súa independencia do Reino Unido en 1966. Entre as prioridades presentadas no seu discurso ó asumir a presidencia destacou a necesidade de reducir a dependencia do país do mercado de diamantes e o compromiso do seu goberno en ampliar o acceso á educación técnica e establecer iniciativas en turismo, minaría, carnes e servizos financeiros.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Member of Parliament Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. CV".
  2. "Profile: Mokgweetsi Masisi". gov.bw. 13 de novembro de 2014.
  3. Allison, Simon (14 November 2014).
  4. 4,0 4,1 "Botswana: Mokgweetsi Masisi takes over presidency amid opposition resurgence | DW | 31.03.2018". 
  5. "New president looks to wean Botswana off dependence on diamonds".