Blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Blues
Orixes do estilo: espirituais negros, afroamericano, cancións de traballo
Orixes culturais: Antiga expresión musical e cultural do occidente africano (blue notes e chamada-e-resposta), fins do século XIX no Sur dos Estados Unidos de América, especialmente o Delta do Mississippi entre o Río Mississippi e mailo río Yazoo
Instrumentos típicos: guitarra, piano, gaita - baixo - batería - vocais
Popularidade: Na súa forma pura, modesta, mais forte; tamén no estilo mais baseados no rock
Derivados: Rhythm and blues, Soul, Neo soul, Jazz, Rock and roll
Subxéneros
blues feminino clásico - Country blues - Delta blues - Jazz blues - Jump blues - Piano blues
Xéneros de fusión
Blues-rock - Soul blues
Escenas rexionais
blues africano - blues británico - Chicago blues - Detroit blues - Kansas City blues - Louisiana blues - Memphis blues - Piedmont blues - St. Louis blues - Swamp blues - Texas blues - Western blues
Ligazóns
Lista de músicos de blues - escala blues

O Blues é un estilo musical vocal e instrumental que evoluiu dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O “blues” foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna.

As primeiras formas de blues apareceron nos fins do século XIX e principios do século XX no delta do Mississippi, nos estados do sur dos EUA. Usaban instrumentos simples como guitarra acústica, piano e harmónica (blues harp).

A escala de blues é atopada frecuentemente noutras formas musicais diferentes, en músicas como “Blues in the night”” de Harold Arlen, baladas de blues como “Since I fell for you” e “Please send me someone to love” e ata en traballos orquestrais como Rhapsody in Blue e “Concerto in F” de George Gershwin. De feito a escala do blues está omnipresente na música popular dos nosos días.

Frecuentemente o blues toma a forma dunha narrativa solta, moitas veces co cantor recitando as súas desgrazas. Moitos dos blues antigos conteñen letras coraxosas e realistas, contrastando coa maior parte da música que era escrita nesa época. Un exemplo é Down in the alley de Memphis Minnie, que fala dunha prostituta.

Nos fins do século XIX e principios do XX, W. C. Handy levou os blues para alén da liña, tornándoo respectábel, e mesmo ben recibido. Este músico, compositor e orquestrador foi a chave para a popularidade do blues, coñecido como “Father of the blues” (O pai do blues). Handy foi o primeiro a transcribir e a orquestrar o blues case como unha sinfonía. Extremadamente prolífico en toda a súa longa vida, o grande éxito de Handy foi “St. Louis Blues”.

Bandas de Jazz gravan por veces música de blues. Cara 1920 os blues tornaranse nun elemento destacado da música popular norteamericana. Co desenvolvemento da industria discográfica, houbo un crecemento da popularidade de cantores e guitarristas de country-blues como Blind Lemon Jefferson, Bling Blake, Son House, Robert Johnson, Charley Patton e Mississippi John Hurt, unha chea de músicos que influenciaron o blues, e máis tarde moitos dos músicos rock. Os discos destes artistas foron coñecidos como “race records” (discos raciais), debido a se destinaren case exclusivamente a audiencias afroamericanas. Tamén había cantoras de blues, e moi populares, destacando, Mamie Smith, Gertrude “Ma” Rainey, Bessie Smith e Victoría Spivey.

Bessie Smith, cantante de blues da primeira metade do século XX.

En 1940 e 1950, apareceu o blues eléctrico, moi popular en cidades como Chicago e Detroit, e os mellores exemplos son artistas como Howlin’ Wolf, Muddy Waters e John Lee Hooker. O blues eléctrico sería eventualmente o “pai” do rock and roll.

O blues continuou forte nas décadas seguintes. A música do American civil rights movement, Black pride movement e do Free speech movement nos Estados Unidos fixo rexurdir o interese polas raíces da música americana en xeral e na anterior influencia da música afroamericana en particular. Músicos como Eric Clapton, Janis Joplin e Jimi Hendrix, influenciados tanto polos primeiros bluesmen como polos máis recentes, levaron o blues a unha audiencia cada vez máis nova. A través destes músicos e doutros, anteriores e posteriores, o blues influenciou definitivamente no desenvolvemento do rock and roll.

Así como mestres do blues como John Lee Hooker, B.B. King e Muddy Waters continuaron a tocar para audiencias entusiastas inspirando a novos artista a mergullarse no blues tradicional, tales como Taj Mahal (músico). A música de Mahal foi preeminente no filme Sounder, nomeado para os Óscares de Hollywood en 1972, protagonizado por Cicely Tyson e Paul Winfield; a acción se desenvolvía na Louisiana dos anos 30, e foi moi importante no revivir do interese na vella escola do blues acústico. Oito anos despois, o filme The blues brothers foi tamén moi importante para axudar ao coñecemento do blues urbano do século XX por parte das xeracións máis novas.

Desde aí, o blues continuou a medrar tanto na súa forma tradicional como en novas direccións a través de músicos como Taj Mahal, Robert Cray, Bonnie Raitt, Keb’ Mo’ e outros.

Intérpretes de blues aparecen en practicamente todos os estilos musicais.

O blues aparece nos lugares máis sorprendentes. O tema da serie televisiva Batman era blues así como o primeiro éxito de Fabian, “Turn me loose”. Do mesmo xeito, moitos clásicos do jazz tal como “Now’s the time" de Charlie Parker, tamén usou o blues instrumental. A primeira grande estrela da Country music, Jimmie Rodgers, era tamén un intérprete de blues.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A frase the blues fai referencia aos blue devils (diaños azuis ou espíritos caídos), a depresión e a tristeza. Unha das primeiras referencias a the blues pode atoparse na farsa Blue Devils, a farce in one act (1798)[1] de George Colman.

Malia que a frase, na música afroamericana, poida ter un significado máis antigo testemuñouse que en 1912, en Memphis (Tennessee) o músico W. C. Handy xa utilizaba (no seu tema «Memphis Blues»[2][3]) o termo the blues para referirse a un estado de ánimo depresivo.[4]

Blues de danza[editar | editar a fonte]

O blues tamén se usa para un estilo de danza informal coñecido por “swing dancing”, estilo sen padróns fixos e principalmente baseado no contacto, sensualidade e improvisación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Trésor de la Langue Française informatisé ofrece esta etimoloxía para a palabra blues, sendo a comedia de George Colman a primeira obra inglesa na que aparece este termo; ver http://atilf.atilf.fr/dendien/scripts/fast.exe?mot=blues
  2. The Oxford English Dictionary (segunda edición, 1989) outorga a Handy a primeira mención acerca do blues.
  3. Eric Partridge: A Dictionary of Slang and Unconventional English, 2002, Routledge (UK), ISBN 0-415-29189-5
  4. Tony Bolden, Afro-Blue: Improvisations in African American Poetry and Culture, 2004, University of Illinois Press, ISBN 0-252-02874-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Blues

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]