Carlos Santana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Santana
Carlos Santana.jpg
Carlos Santana no ano 2000
Nome completoCarlos Augusto Alves Santana
Data nacemento20 de xullo de 1947 (75 anos)
Nado enAutlán de Navarro
CónxuxeCindy Blackman e Deborah Santana
FillosSalvador Santana
IrmánsJorge Santana
Ocupacióncantautor, cantante, compositor, guitarrista de jazz e guitarrista
XéneroMúsica rock
Instrumento(s)Guitarra
Na rede
https://www.santana.com/
IMDB: nm0005396 Allocine: 689878 Allmovie: p109823
Twitter: SantanaCarlos Spotify: 7yGQgQiiKpg2k00JXf8hJk iTunes: 217174 Musicbrainz: f7fda030-0ba1-42e9-a385-3deebc939bc9 Songkick: 151868 Discogs: 79340 Allmusic: mn0000175196 WikiTree: Santana-38 Genius: Carlos-santana Editar o valor em Wikidata

Carlos Augusto Alves Santana, máis coñecido como Carlos Santana (Loudspeaker.svg [[:Media:|pronunciación]] ), é un guitarrista de rock e Jazz-Rock nado o 20 de xullo de 1947 na cidade de Autlán de Navarro, estado de Xalisco, México.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era violinista nunha banda de mariachi, e o mozo Carlos aprendeu a tocar o violín, pero mudou para a guitarra cando tiña 8 anos. En 1955 a súa familia mudouse para Tijuana, e Santana empezou a tocar en clubs e bares da zona turística. Ficou en Tijuana cando a súa familia mudou novamente de localidade, desta vez para San Francisco, California, pero despois seguiunos. En 1966 axudou a fundar a Santana Blues Band, que despois cambiou para Santana. A banda empezou a tocar en The Fillmore West, onde moitas das bandas lendarias de San Francisco tocaron. A súa estrea en gravación ocorreu con The Live Adventures of Mike Bloomfield and Al Kooper, con Al Kooper e Mike Bloomfield.

Despois de asinar coa Columbia Records, Santana lanzou un álbum chamado Santana. O grupo tiña a Carlos Santana na guitarra, Gregg Rolie (piano e voz), David Brown (baixo), Michael Shrieve (batería), Jose Areas (percusión) e Michael Carabello (percusión). Para promover o álbum, a banda Santana tocou en Woodstock. A presentación en Woodstock foi notábel e aumentou moito a súa popularidade. Santana tivo un grande éxito, así como Abraxas (1970) e Santana III (1971). A banda orixinal disolveuse. Rolie chegaría a ser un membro fundador de Journey.

Carlos Santana usou o nome Santana e unha serie músicos diferentes para continuar as súas presentacións nos Estados Unidos, lanzando varios discos. Durante este período, Carlos adoptou o nome "Devadip", conferido polo líder espiritual Sri Chinmoy. Lanzou ao mercado moitos traballos nas décadas de 70 e 80, incluíndo colaboracións con Willie Nelson, Herbie Hancock, Booker T. Jones, Wayne Shorter, Ron Carter e The Fabulous Thunderbirds. En 1991, Santana apareceu no álbum de Ottmar Liebert Solo Para Ti, nas cancións "Reaching out 2 U" e nunha regravación da súa propia canción "Samba Pa Ti". Foi instalado no Rock and Roll Hall of Fame en 1998.

En 1992 cancelou o seu contrato coa Columbia e despois gravou con Polygram e Arista Records.

Santana xurdiu novamente en 1999 co lanzamento de Supernatural, que incluíu colaboracións con Rob Thomas, Eric Clapton e Lauryn Hill. Supernatural foi o álbum de Santana de maior venda, alcanzando o número 1 na lista Billboard e mantendo esa posición por 12 meses, e gañando nove Premios Grammy.

A súa música integra elementos percusivos africanos, melódicos latinos e estruturais do rock anglosaxón e creou unha música nova.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Live at the Fillmore '68 (lanzado en 1997)
  • Santana (1969)
  • Abraxas (1970)
  • 3 (1971)
  • Caravanserai (1972)
  • Carlos Santana & Buddy Miles Live! (1972; C.S. con Buddy Miles)
  • Love Devotion Surrender (1973; C.S. con John McLaughlin)
  • Welcome (1973)
  • Lotus (1973)
  • Illuminations (1974; C.S. con Alice Coltrane)
  • Santana's Greatest Hits (1974)
  • Borboletta (1974)
  • Amigos (1976)
  • Festival (1976)
  • Moonflower (1977)
  • Inner Secrets (1978)
  • Oneness: Silver Dreams, Golden Reality (1979; C.S.)
  • Marathon (1979)
  • Zebop! (1979)
  • The Swing of Delight (1980; C.S.)
  • Shango (1982)
  • Havana Moon (1983; C.S.)
  • Beyond Appearance (1985)
  • Viva Santana! — The Very Best of Santana (1986)
  • Freedom (1987)
  • Blues for Salvador (1987; C.S.)
  • The Very Best of Santana vols 1 & 2 (1988)
  • Persuasion (1989)
  • Latin Tropical (1990)
  • Spirits Dancing in the Flesh (1990)
  • Milagro (1992)
  • Nineteen Eight-Six (1993)
  • Sacred Fire: Live in South America (1993)
  • Soul Sacrifice (1994)
  • Santana Brothers (1994; C.S. con Jorge Santana & Carlos Hernandez)
  • As Years Go By (1994)
  • Santana Jam (1994)
  • Every Day I Have the Blues (1994)
  • With a Little help from My Friends (1994)
  • Jin-Go-La-Ba (1995)
  • Dance of the Rainbow Serpent (1995)
  • Evil Ways (1997)
  • Jingo (1997)
  • Between Good and Evil (1998)
  • Awakening (1998)
  • Supernatural (1999)
  • Jingo Maniac (2000; C.S.)
  • Mother Earth 2000 (2001)
  • Nuclei/2 (2001)
  • Shaman (2002)
  • Ceremony: Remixes & Rarities (2003)
  • Jammin' Home (2004)
  • All That I Am (2005)