Música africana
África é un vasto continente, tendo as súas diferentes rexións e nacións unha gran variedade de tradicións musicais. A música do norte de África (rexións en vermello do mapa) ten na súa maior parte unha historia diferente da rexión subsahariana.[1]
- O Norte de África é o berce da cultura mediterránea, incluíndo a Exipto e Cartago antes de ser gobernada sucesivamente por gregos, romanos e godos e converterse posteriormente no Magreb do mundo árabe. Como os xéneros musicais do Val do Nilo e do Corno de África (rexións de cor azul, verde escuro e vermello no mapa), as súas músicas teñen lazos coa música de Oriente Próximo.
- África do Leste e as illas do océano Índico (rexións en verde claro no mapa) tiveron unha lixeira influencia da música árabe así como pola música da India, música de Indonesia e a música da Polinesia. Con todo, as tradicións musicais indíxenas da rexión están baseadas na cultura de pobos subsaharianos como os falantes de linguas Níxer-Congo.
- África do Sur, Central e África Occidental (rexións marrón, azul escuro e amarelo do mapa) comparten unha tradición musical subsahariana entendida en sentido amplo, aínda que toman tamén influencias de Europa Occidental e Norteamérica. As formas musicais e de baile da diáspora africana, incluíndo a música afroamericana e moitos xéneros caribeños como soca, calipso e zouk, así como xéneros de música latinoamericana como rumba, salsa, baseáronse en maior ou menor medida na música dos escravos africanos, o que ao tempo influenciou a música popular africana.
Música do norte de África
[editar | editar a fonte]A música do norte de África abarca un amplo abano de tradicións, desde a música do Antigo Exipto até a música bérber e a música Tuareg dos nómades do deserto. A arte musical da rexión seguiu durante séculos as regras da música árabe e andalusí. Entre os seus xéneros populares contemporáneos atópase o Raï alxerino.
Logo, xunto a estas músicas pódese agrupar tamén a música do Sudán e do Corno de África, incluíndo a música de Eritrea, Etiopía, Xibutí e Somalia.
Música subsahariana
[editar | editar a fonte]A música tradicional africana adoita ser funcional por natureza. As interpretacións poden ser longas e facer á audiencia partícipe delas.[2] Entendida desta forma "práctica", a música consiste en diferentes tipos de canción de traballo, pezas que acompañan o nacemento, voda, caza e actividades políticas, música para escorrentar aos malos espíritos e render tributo aos bos, a morte e os devanceiros. Ningunha destas formas musicais se interpreta fóra do seu contexto e na súa maioría está asociada cun tipo de danza particular. Boa parte dela, interpretada por profesionais, é música sacra ou cerimonial e en ocasións tócase en cortes reais.
Ritmo subsahariano
[editar | editar a fonte]O pioneiro da etnomusicoloxía Arthur Morris Jones (1889–1980) observou que os principios rítmicos comúns á maior parte das tradicións musicais subsaharianas constitúen un sistema principal.[3] De modo similar, o mestre da percusión e académico C.K. Ladzekpo afirma que existe unha profunda homoxeneidade nos principios rítmicos da África Subsahariana.[4]
Rítmica en cruz
[editar | editar a fonte]A rítmica en cruz é a base de parte da música das xentes que falan linguas níxer-congo, o maior grupo lingüístico de África do sur e do deserto do Sáhara. A rítmica en cruz foi explicada por primeira vez como base do ritmo subsahariano polo profesor C.K. Ladzekpo e nos escritos de David Locke.
A polirritmia é a unión de dous ou máis ritmos. A superposición regular e sistemática de ritmos cruzados sobre un patrón rítmico principal crea un tipo específico de polirritmia denominado rítmica en cruz. Desde unha perspectiva filosófica da música africana, os ritmos en cruz poden simbolizar os momentos de desafío ou de presión emocional que todos atopamos. Tocar ritmos cruzados firmemente enraizados nun ritmo principal, prepara ao oínte para manter un propósito vital cando se enfronta aos desafíos vitais. Multitude de linguas subsaharianas non teñen unha palabra para ritmo, ou nin sequera para música. Desde o punto de vista africano, os ritmos representan a mesma fibra que dá forma á propia vida, están entroncados coa xente, simbolizando a interdependencia das relacións humanas.—Peñalosa (2009: 21)[5]
División rexional de África segundo criterios musicais
[editar | editar a fonte]Musicalmente, África pode dividirse en tres rexións:
- A rexión este inclúe a música de Uganda, Kenya, Ruanda, Burundi, Tanzania, Malaui, Mozambique e Cimbabue así como as illas de Madagascar, as Seychelles, Mauritania e Comores.
- A rexión oeste inclúe a música do Senegal e Gambia, de Guinea e Guinea-Bisáu, Serra Leoa e Liberia, das chairas interiores de Malí, Níxer e Burkina Faso, as nacións costeiras de Costa do Marfil, Ghana, Togo, Benín, Nixeria, Camerún, Gabón e República do Congo así como illas como San Tomé e Príncipe.
Instrumentos musicais
[editar | editar a fonte]Ademais de utilizar a voz, que foi desenvolvida até poder ser utilizada para diferentes técnicas complexas como melisma e yodel, utilízase unha gran variedade de instrumentos musicais. Os instrumentos musicais africanos inclúen unha ampla variedade de tambores, maracas ou kashakas e gonkoque así como instrumentos melódicos como instrumentos de corda, (arco musical, diferentes tipos de arpas ou instrumentos similares á arpa como o Kora ou os fiddles), moitos tipos de xilófono como o mbira, e diferentes tipos de instrumentos de vento como frautas e trompetas.
Relación coa linguaxe
[editar | editar a fonte]As linguas africanas son linguas tonais cunha estreita relación entre música e lingua en moitas culturas africanas. No canto, o patrón tonal ou o texto pon certas restricións sobre o patrón melódico. Por outra banda, na música instrumental un falante nativo dunha destas linguas adoita ser capaz de percibir un texto ou textos na música. Este efecto tamén forma a base das linguaxes de percusión (tambor parlante).[6]
Afropop
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Afropop.
Afropop ou Afro Pop é un termo algunhas veces usado para referirse á música pop contemporánea de África. O termo non se refire a un estilo específico ou son, senón que se utiliza como un termo xeral para describir a música popular africana, como é o caso de Joro do artista WizKid, cada vez máis popular no mundo enteiro polos seus ritmos africanos.
Música popular
[editar | editar a fonte]Algúns xéneros de música popular africana son os seguintes:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GCSE Music - Edexcel Areas of Study, Coordination Group Publications, RU, 2006, páxina 34.
- ↑ GCSE Music - Edexcel Areas of Study, Coordination Group Publications, RU, 2006, páxina 36.
- ↑ Jones, A.M. (1959). Studies in African Music. Londres: Oxford University Press. 1978 edition: ISBN 0-19-713512-9.
- ↑ Ladzekpo, C.K. (1996). Cultural Understanding of Polyrhythm. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2013..
- ↑ Peñalosa, David (2009: 21). The Clave Matrix; Afro-Cuban Rhythm: Its Principles and African Origins. Redway, CA: Bembe Inc. ISBN 1-886502-80-3.
- ↑ GCSE Music - Edexcel Areas of Study, Coordination Group Publications, RU, 2006, páxina 35.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- AMR - African Music Radio Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
- AfricanMusic.org
- African Music
- A glossary of African music styles
- International Library of African Music
- Rhythms of the Continent (BBC)
- African Drumming Festivals and Ceremonies
- Some African musical instruments
- Publishers of Scores and Manuscripts of traditional and contemporary African Music