Trombón
| Trombón | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
O trombón[1] é un instrumento de vento metal cun tubo de sección cilíndrica, boquilla de copa e mecanismo de corredeira. O seu antecedente é a bucina romana.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo trombón provén do italiano tromba (trompeta) co sufixo -one (grande), e quere dicir "trompeta grande".
Durante o Renacemento, o termo "sacabuche" testemuñouse en España xa en 1478. O equivalente francés "saqueboute" aparece en 1466.[2]
O termo alemán "Posaune" é moi anterior á invención ao trombón de varas e podería referirse a unha trompeta natural de comezos do século XV.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]
Inventouse ao redor do ano 1400 como unha mellora da trompeta e foi construído en varios tamaños. Os trombóns máis comúns foron os contralto, tenor e baixo. Con excepción do maior grosor do metal e do pavillón máis estreito, o que supón un son máis brando e delicado, o trombón antigo era case idéntico ao de agora.
Coñecíase co nome de sacabuche (polo parecido cunha arma do mesmo nome), foi un instrumento moi prezado na música relixiosa e da música de cámara. Perdeu importancia cara ao 1700 menos nas bandas das grandes cidades e recuperárono as grandes bandas militares a comezos do século XVIII. Foi entón cando se ampliou o pavillón até o tamaño actual. Os trombóns con válvulas apareceron a principios do século XIX en Viena pero considéranse de menor calidade e tenden a desaparecer.
Coa corredeira cerrada o trombón tenor en si bemol produce o si bemol 1 como nota fundamental ou pedal e, na mesma posición, toda a serie harmónica desta nota pedal (como o fliscorno ou a trompeta natural).
A corredeira ábrese en seis posicións máis, cada unha coa serie harmónica da súa fundamental. A extensión vai dende o mi 2 até o si bemol 4 máis catro notas pedal (si bemol 1, la 1, la bemol 1 e sol 1; as pedais por debaixo destas son difíciles de producir). A música orquestra usa un trombón baixo en fa (con frecuencia substituído por un trombón tenor-baixo en si bemol/fa, que ten unha válvula para cambiar o tubo a si bemol).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trombón.
- ↑ Michault, Pierre. Le doctrinal du temps présent , compilé par maistre Pierre Michault, secrétaire du très puissant duc de Bourgoingne (en francés). p. 16. Consultado o 4 de decembro de 2018 – vía Gallica, Bibliothèque nationale de France.
- ↑ Guion 2010, p. 22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trombón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adey, Christopher (1998). Orchestral Performance. Londres: Faber & Faber. ISBN 0-571-17724-7.
- Baines, Anthony (1980). Brass Instruments: Their History and Development. Londres: Faber & Faber. ISBN 0-571-11571-3.
- Bate, Philip (1978). The Trumpet and Trombone. Londres: Ernest Benn. ISBN 0-510-36413-6.
- Blatter, Alfred (1997). Instrumentation and Orchestration. Belmont: Schirmer. ISBN 0-534-25187-0.
- Blüme, Friedrich, ed. (1962). Die Musik in Geschichte und Gegenwart. Kassel: Bärenreiter.
- Carter, Stewart (2011). The Trombone in the Renaissance: A History in Pictures and Documents. Bucina: The Historic Brass Society Series. Hillsdale, N.Y.: Pendragon Press. ISBN 978-1-57647-206-4.
- Del Mar, Norman (1983). Anatomy of the Orchestra. Londres: Faber & Faber. ISBN 0-520-05062-2.
- Gregory, Robin (1973). The Trombone: The Instrument and its Music. Londres: Faber & Faber. ISBN 0-571-08816-3.
- Guion, David (1988). The Trombone: Its History and Music, 1697–1811. Gordon and Breach. ISBN 2-88124-211-1.
- Guion, David M. (2010). A History of the Trombone. Lanham, Maryland: Scarecrow Press. ISBN 9780810874459.
- Herbert, Trevor; Wallace, John, eds. (1997). The Cambridge Companion to Brass Instruments. Cambridge Companions to Music. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-56522-7.
- Herbert, Trevor (2006). The Trombone. New Haven: Yale University Press. ISBN 978-0-300235-75-3.
- Kunitz, Hans (1959). Die Instrumentation: Teil 8 Posaune. Leipzig: Breitkopf & Härtel. ISBN 3-7330-0009-9. This source is now considered unreliable.
- Lavignac, Albert, ed. (1927). Encyclopédie de la musique et Dictionnaire du Conservatoire. París: Delagrave.
- Maxted, George (1970). Talking about the Trombone. Londres: John Baker. ISBN 0-212-98360-1.
- Montagu, Jeremy (1979). The World of Baroque & Classical Musical Instruments. New York: The Overlook Press. ISBN 0-87951-089-7.
- Montagu, Jeremy (1976). The World of Medieval & Renaissance Musical Instruments. New York: The Overlook Press. ISBN 0-87951-045-5.
- Montagu, Jeremy (1981). The World of Romantic & Modern Musical Instruments. Londres: David & Charles. ISBN 0-7153-7994-1.
- Wick, Denis (1984). Trombone Technique. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-322378-3.