Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Blues-rock »)
Blues rock
Instancia de
Subclase de
Nome orixinal
Blues rock (en)
Influído por
Caracterizado por
Fundación / creación
1960
Wikidata C:Commons
O blues rock é un xénero musial que combina improvisacións de bluseiras sobre progresión de 12 compases do blues e extensas boogie jams con estilon rock and roll . O núcleo do son do blues rock está na guitarra eléctrica, no piano, no baixo e na batería, estando normalmente a guitarra eléctrica amplificada cun amplificador a válvulas, dándolle un carácter saturado.
O estilo comezou a desenvolverse nos anos 60 no Reino Unido e nos Estados Unidos . Bandas británicas, como The Rolling Stones e The Animals , e estadounidenses , como a Butterfield Blues Band e a Siegel–Schwall Band , experimentaron con música dos vellos bluesmen americanos, como Albert Kingand , Howlin' Wolf , Robert Johnson , Jimmy Reed , Muddy Waters e B.B. King . Mentres que as primeiras bandas de blues rock "intentaban tocar longas e complicadas improvisacións, que eran comúns nos discos de jazz ", cara aos anos 70, o blues rock volveuse máis pesado e baseouse máis nos riffs . A principios dos 70 "as liñas entre o blues rock e o hard rock apenas eran visibles", xa que as bandas comezaron a gravar álbums á maneira que se faía co rock. Nos anos 80 e 90, os artistas de blues rock volveron ás súas raíces bluseiras, e algúns deles, como The Fabulous Thunderbirds e Stevie Ray Vaughan , flirtearon co estrelato no mundo do rock.