Disco de vinilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cápsula fonocaptora dun tocadiscos en funcionamento

O disco de vinilo,[1] tamén coñecido como disco microsurco ou simplemente como microsurco ou vinilo, é un medio de almacenamento analóxico de sinais sonoras, caracterizado por utilizar como material de soporte un plástico denominado policloruro de vinilo, do que recibe o nome.

Foi introducido oficialmente en 1948 pola compañía Columbia Records nos Estados Unidos,[2] como unha evolución moi mellorada dos anteriores discos de 78 rpm (fabricados cun material moito máis fráxil como a goma laca).

Actualmente o termo vinilo adoita utilizarse para indicar en particular o formato LP (discos de 30 cm xirando a 33⅓ revolucións por minuto), aínda que este uso sexa inadecuado, xa que tamén discos fabricados con outros materiais explotan o mesmo formato como soporte.

O son dun disco reprodúcese mediante un tocadiscos (polo xeral, conectado a un amplificador), que permiten utilizar discos de diferentes diámetros e elixir a velocidade de rotación mediante un selector.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. disco, 2ª acep. no Gran Dicionario Cumio.
  2. Shuker, Roy (2009). Rock total: Todo lo que hay que saber. Ediciones Robinbook. pp. 143 de 352. ISBN 978-84-9692-466-6. Consultado o 11 de decembro de 2022. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.