Chuck Berry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chuck Berry
Chuck-berry-2007-07-18.jpg
Nacemento 18 de outubro de 1926
Orixe Saint Louis, Missouri Flag of the United States.svg
Falecemento 18 de marzo de 2017 (90 anos)
Instrumento(s) guitarra
editar datos en Wikidata ]
Chuck Berry, You can't catch me, 1956.

Chuck Berry, nado en Saint Louis (Missouri) o 18 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 2017, foi un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano de rock and roll.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peiteador de señoras, foi un dos pioneiros do rock and roll, na década de 1950 e 1960. Berry interpretou cancións como Roll Over Beethoven, Rock and Roll Music, Route 66 de Nat King Cole, Johnny B. Goode e Maybellene que falan de liberdade, coches, rapazas e de todo aquilo que soñaba un mozo da época e que se converten en clásicos que versionarán Elvis Presley, os Rolling Stone, The Beatles, Beach Boys e Linda Ronstadt.

En 1959 foi condenado por delito sexual a sete anos de prisión, despois volvería a ela por evasión de impostos.

Gañou un Grammy en 1984. En 1989 publicou a súa autobiografía e fixo popular o Duck Walk (paso do parrulo) durante as súas actuacións.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.