Gospel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gospel pódese referir a música relixiosa que naceu nas igrexas afroamericanas no primeiro cuarto do século XX ou, máis xenericamente, tanto á música gospel negra coma á música relixiosa composta e cantada polos artistas de gospel sureños predominantemente brancos.

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que a separación entre ámbolos estilos nunca foi absoluta (ambolos dous compartían o himno metodista e artistas dunha tradición ás veces cantaban cancións pertencentes) a férrea división entre os norteamericanos brancos e os negros, e particularmente entre as súas igrexas, os mantivo apartados. Aínda que estas distincións se reduciron nos últimos cincuenta anos, as dúas tradicións seguen a ser distintas.

En ámbalas dúas tradicións, algúns intérpretes, tales coma Mahalia Jackson limitáronse a aparecer en contextos relixiosos, mentres outros, tales coma Sister Rosetta Tharpe, o Golden Gate Quartet e Clara Ward, interpretan gospel en circunstancias seglares, incluso en clubs. Moitos intérpretes, tales coma The Jordanaires, Al Green e Solomon Burke interpretaron música tanto relixiosa coma seglar. É común para estes intérpretes incluir cancións de gospel en interpretacións seglares, mais o contrario non acontece nunca[Cómpre referencia].

A cantante, compositora e guitarrista Sister Rosetta Tharpe foi a primeira grande estrela do gospel[Cómpre referencia], aparecendo nas listas de música popular en 1938. Mantivo a súa popularidade durante os 40, acadando éxitos nas listas e mantendo unha lexión de decenas de miles de seguidores. Perdeu o apoio dalgúns dos seus fans relixiosos ó comezar a cantar en sitios seglares, así coma cando gravou cancións non recoñecidas coma 'cristiás'.

Aínda que é un fenómeno predominantemente norteamericano, o gospel espallouse por todo o mundo incluíndo Australia con coros coma The Elementals e Jonah & The Whalers e festivais coma o Australian Gospel Music Festival. Noruega é o fogar dos coñecidos Oslo Gospel Choir e The Ansgar Gospel Choir. O gospel é tamén moi popular na provincia do Québec, Canadá, onde son famosos coros importantes coma o Montreal Jubilation Gospel Choir e o Québec Celebration Gospel Choir.