Riff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

En música, riff é unha serie de acordes, intervalos ou notas, breves e de moita forza, que se repite varias veces como contraste coa melodía principal, formando o acompañamento. Utilizada en especial no jazz, blues e no rock. É o equivalente ó ostinato na música clásica. Na maioría dos casos están compostos para instrumentos cunha importante función rítmica (guitarra ou piano) ou para seccións de instrumentos de vento.