Wim Wenders
Wilhelm Wim Ernst Wenders, nado en Düsseldorf o 14 de agosto de 1945, é un guionista, produtor, actor e director de cine alemán.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudou medicina e filosofía na universidade de Friburgo e planeou converterse en sacerdote, pero finalmente comezou a estudar na Escola de Cine e Televisión de Múnic.
De 1967 a 1970 frecuenta a Hochschule für Filme und Fernsehen en Múnic, pero xa en 1967 realizou a súa primeira curta Schauplätze. Ao ano seguinte fai outras tres: Same Player Shoots Again, Klappenfilm, dirixida xunto a Gerhard Theuring, e Victor I. O mesmo ano empeza a colaborar como crítico en "Filmkritk" e "Suddeutsche Zeitung".
Nado nunha época na que Alemaña comezou a virar cara á cultura estadounidense para esquecer o seu propio pasado, Wenders tende a explorar nas súas películas a presenza estadounidense no inconsciente europeo, ou máis concretamente a americanización da Alemaña de posguerra.
Coa súa película Der amerikanische Freund (1977), baseada na novela Ripley's Game, de Patricia Highsmith, Wenders obtivo recoñecemento internacional. A partir dese momento Wenders comezou o que podería denominarse a súa etapa máis prolífica, encadeando títulos experimentais como Lightning Over Water (1980) e Stand der Dinge (1982) con historias intimistas e máis convencionais como París, Texas (1984), Der Himmel über Berlin (1987) ou a súa secuela In weiter Ferne, so nah! (1993) .
En 2005 rodou a longametraxe en formato dixital Don't Come Knocking (2005).
Ademais de longametraxes, tamén tivo unha importante actividade como director de curtametraxes, de documentais e de programas para a televisión, así como guionista, produtor e ata actor.
Filmografía (longametraxes)
[editar | editar a fonte]- 1970 - Summer in the city, dedicado a The Kinks, guión: Wim Wenders.
- 1971 - Die Angst des Tormanns beim Elfmeter, guión: Wim Wenders baseado na novela de Peter Handke.
- 1972 - Der scharlachrote Buchstabe (A letra escarlata), guión: Wim Wenders, Ursula Ehler e Bernardo Fernández. Baseado na novela do mesmo título de Nathaniel Hawthorne.
- 1974 - (Alice in den Städten) (Alicia nas cidades), guión: Wim Wenders, Veith von Fürstenberg.
- 1974 - Falsche Bewegung (Falso movemento), guión: Peter Handke.
- 1975 - Im Lauf der Zeit (No curso do tempo), guión: Wim Wenders.
- 1977 - Der amerikanische Freund (O amigo americano) , guión: Wim Wenders baseado na novela de Patricia Highsmith Ripley's game.
- 1980 - Lightning over water (Lóstrego sobre a agua) - Codirección: Nicholas Ray.
- 1982 - Der Stand der Dinge (O estado das cousas), guión: Wim Wenders, Robert Kramer.
- 1982 - Hammett o home de Chinatown, guión: Ross Thomas e Dennis O'Flaherty, adaptación: Thomas Pope baseada no libro de Joe Gores, terminada case na súa totalidade por Francis Ford Coppola.
- 1984 - París, Texas, guión: Sam Shepard.
- 1987 - Der Himmel über Berlin (O ceo sobre Berlín), Wings of desire ou As as do desexo), guión: Wim Wenders e Peter Handke.
- 1991 - Bis ans Ende der Welt / Until the end of the world (Ata a fin do mundo), guión: Peter Carey e Wim Wenders segundo un argumento de Wim Wenders e Solveig Donmartin.
- 1993 - In weiter Ferne, so nah!, (¡Tan lonxe, tan cerca!) guión: Wim Wenders, Ulrich Zieger, Richard Reitinger. Continuación de Bis ans Ende der Welt.
- 1994 - Lisbon Story, guión: Wim Wenders.
- 1995 - Par delà les nuages (Máis alá das nubes) - Dirección: Michelangelo Antonioni e Wim Wenders. Guión: Tonino Guerra, Michelangelo Antonioni e Wim Wenders segundo relatos de Michelangelo Antonioni.
- 1996 - The Gebrüder Skaladanowsky (The Gebrüder Skaladanowsky), guión: Sebastian Andrae, German Kral, Alina Teodorescu.
- 1997 - The end of violence (A fin da violencia), guión: Nicholas Klein, Wim Wenders.
- 1999 - Buena Vista Club Social
- 2000 - The Million Dollar Hotel El hotel del millón de dólares, guión: Nicholas Klein, segundo un argumento de Bono (U2) e Nicholas Klein.
- 2003 - The soul of a man
- 2004 - Land of Plenty (Terra de abundancia), guión: Scott Derrickson.
- 2005 - Don´t come knocking (Chamando ás portas do ceo), guión: Sam Shepard e Wim Wenders
- 2007 - Invisibles (capítulo Crimes invisibeis)
- 2008 - Palermo shooting
- 2011 - Pina
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wim Wenders |